ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
AGA ANO 2002

Durante o ano 2002 tramitáronse 27 expedientes ó abeiro dos procedementos de solución extraxudicial  de conflictos, dos que se da conta a continuación:

RESULTADO FINAL DE CADA EXPEDIENTE (01.01.2002 / 31.12.2002)

Expdtes iniciados Expdtes rexeitados ou desistidos Conflictos resoltos por acordo previo Expdtes tramitados Expdtes con resultado positivo Expdtes con resultado negativo Expdtes en tramitación
Com. Autónoma 2 2
A Coruña 19 3 16 16
Lugo 3 3 1 2
Ourense
Pontevedra 3 3 3
Total 27 5 22 20 2


Desagregando estes 27 expedientes que tiveron entrada no Servicio de Solución de conflictos no ano 2002, especificámo-la seguinte información:

Expediente AGA 1/02: Conciliación promovida polo comité intercentros da CRTVG e as súas sociedades polas diferencias na interpretación das funcións de documentalista no convenio de empresa. O procedemento arquivouse como un rexeitamento unha vez transcorrido o prazo para que a empresa manifestara a súa conformidade sen recibir resposta.
Expediente AGA 2/02: Mediación promovida na empresa TURISMOS MOTOR S.A. (TUMOSA), sita en Oleiros, polos delegados de persoal, para supera-lo bloqueo existente na negociación do convenio colectivo de empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe, e o procedemento rematou con resultado positivo, unha vez acadado acordo final sobre o obxecto do conflicto.
Expediente AGA 3/02: Arbitraxe promovida na empresa FERROPLAST, S.L., pola representación dos traballadores e maila empresa, por desacordo respecto do número de traballadores que deben ter contrato indefinido. O árbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron, rematando o procedemento con resultado positivo, unha vez dictado o correspondente laudo arbitral
Expediente AGA 4/02: Arbitraxe promovida nas empresas AUXIVIGO S.L. e AUCASOL S.L., pola representación empresarial e o comité de empresa, como consecuencia do procedemento de mediación tramitado nelas ó abeiro do AGA (novembro 2001). O árbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron, rematando o procedemento con resultado positivo, unha vez dictado o correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 5/02: Arbitraxe para a fixación dos servicios de mantemento na empresa CESPA S.A., concesionaria do servicio de conservación e mantemento dos parques e xardíns do concello de Santiago, promovido pola empresa e o comité de empresa. O árbitro designado foi D. Benigno Sánchez García, rematando o procedemento con resultado positivo, unha vez dictado o correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 6/02: Mediación promovida por UGT, CC.OO e CIG na empresa BABCOCK KOMUNAL MBH Y TÉCNICAS MEDIOAMBIENTALES, TECMED S.A. – UTE (ALBADA), concesionaria do servicio de reciclaxe de residuos sólidos urbanos no concello da Coruña, por mor do bloqueo existente na negociación do convenio colectivo de empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe, e o procedemento rematou inicialmente sen acordo, acadándose unha solución posterior.
Expediente AGA 7/02: Mediación promovida pola empresa CESPA, S.A. para tentar supera-las diferencias existentes coa representación dos traballadores sobre o acordo de condicións económicas que veñen negociando, e que deu lugar a unha folga indefinida. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo, unha vez acadado acordo final sobre o obxecto do conflicto.
Expediente AGA 8/02: Arbitraxe para a fixación dos servicios de mantemento por mor da folga indefinida convocada no INSTITUTO MUNICIPAL DE FACENDA DO CONCELLO DE FERROL (INFACOFE), responsable da recadación e xestión tributaria do concello. O árbitro designado foi D. Carlos Domenech de Aspe, rematando o procedemento con resultado positivo, unha vez dictado o correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 9/02: Procedemento de mediación promovido por CC.OO no sector galego de ambulancias polo incumprimento do convenio e a ruptura dos contratos coa Fundación 061. Non acadada a maioría suficiente para constituí-la comisión negociadora, arquivouse o procedemento como un rexeitamento.
Expediente AGA 10/02: Procedemento de conciliación promovido por UGT na empresa URBASER S.A. concesionaria do servicio de limpeza viaria da cidade de Lugo, polo bloqueo na negociación do convenio colectivo aplicable. O mediador designado foi D. Victoriano de Azcárraga Salvadores. O procedemento rematou con resultado negativo ó non chegar a acordo.
Expediente AGA 11/02: Procedemento de conciliación – mediación promovido pola representación dos traballadores na empresa FLEX EQUIPOS DE DESCANSO S.A.U (factoría da Coruña), polo bloqueo na negociación do convenio colectivo. O procedemento arquivouse como un rexeitamento unha vez rematado o prazo para a constitución da comisión negociadora.
Expediente AGA 12/02: Procedemento de mediación promovido pola representación dos traballadores (CIG) na empresa RUTA BUS, S.L. do grupo Arriba, sita na Coruña, por supostos incumprimentos do convenio provincial aplicable e dos acordos de empresa. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo.
Expediente AGA 13/02: Procedemento de mediación promovido polo Comité de Empresa na empresa LA VOZ AUDIOVISUAL S.A. (Grupo Voz) coa finalidade de abrir un proceso negociador de convenio de empresa. A empresa rexeitou o procedemento, ó mesmo tempo que convocaba á parte social a unha xuntanza para estudia-la posibilidade de constituí-la mesa negociadora.
Expediente AGA 14/02: Procedemento de arbitraxe promovido polo comité de empresa en SGL CARBÓN, S.L. (A Coruña) para supera-las discrepancias existentes entre as partes sobre o desfrute de cinco días adicionais de vacacións. O árbitro designado foi D. Benigno Sánchez García, rematando o procedemento con resultado positivo, unha vez dictado o correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 14B/02: Mediación promovida pola ASAP e a Asociación de detallistas de Alimentación de Pontevedra polo bloqueo na negociación do convenio colectivo de COMERCIO DE ALIMENTACIÓN de Pontevedra. O mediador designado foi D. José M Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo.
Expediente AGA 15/02: Mediación promovida na empresa CÍAS. AUXILIARES DO COMPLEXO SOGAMA (A Coruña) pola representación sindical e a empresa, polos reiterados incumprimentos do convenio. O árbitro designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo.
Expediente AGA 16/02: Mediación promovida pola Asociación de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais da Coruña e ASPEL, para supera-lo bloqueo na negociación do convenio do sector. O mediador designado foi D. Julio Portela Ceballos e o procedemento rematou con resultado positivo.
Expediente AGA 17/02: Arbitraxe promovida na empresa EMAFESA (A Coruña) pola empresa e o comité de empresa para a fixación dos servicios de mantemento na folga convocada os días 29 e 31 de outubro desde as 11,00 horas ás 13.00 horas, e os días 5 e 7 novembro, no mesmo horario. O mediador foi D. Jesús Martínez Girón. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez dictado o correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 18/02: Mediación promovida pola representación sindical na empresa ARRIVA NOROESTE, S.L. (A Coruña), para tentar supera-las discrepancias relativas a descansos, servicios, axudas de custo e materia disciplinaria. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo.
Expediente AGA 19/02: Arbitraxe promovida pola representación sindical na empresa SEVERIANO DE GESTIÓN, S.L. (A Coruña), para fixa-los servicios de mantemento na folga convocada na empresa. O mediador designado foi D. Julio Portela Ceballos. O expediente rematou con resultado positivo unha vez dictado o correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 20/02: Mediación promovida pola CIG na empresa STD MULTIOPCIÓN, (A Coruña). Solicitada a conformidade para o inicio do procedemento á representación maioritaria dos traballadores na empresa, e unha vez transcorrido o prazo sen recibir resposta, o expediente foi arquivado como un rexeitamento.
Expediente AGA 21/02: Mediación  promovida pola empresa e o comité en EMAFESA (A Coruña) polo bloqueo na negociación do convenio colectivo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo.
Expediente AGA 22/02: Arbitraxe promovida na empresa GRAFOPLAS DEL NOROESTE, S.A. ( A Coruña) pola empresa e UGT para a interpretación do punto cuarto do acordo celebrado no procedemento AGA que rematou o 18/01/2002. O árbitro designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez dictado o correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 23/02: Mediación promovida na empresa Alumina – Aluminio polo comité de empresa polo desacordo no recoñecemento de nivel retributivo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo.
Expediente AGA 24/02: Mediación promovida pola empresa PERFILES DE ALUMINIO, S.A. respecto da modificación do sistema de quendas. O mediador foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo.
Expediente AGA 25/02: Mediación promovida na empresa CEMENTOS COSMOS, S.A. respecto da aplicación do artigo 20 do convenio. O mediador foi D. José Vázquez Portomeñe. O procedemento rematou con resultado negativo ó non chegar a acordo.
Expediente AGA 26/02: Mediación promovida na empresa EINSA respecto da fixación do calendario de vacacións para 2003. O mediador foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo.