ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
AGA ANO 2003

No que vai de ano iniciáronse 34 expedientes ó abeiro do procedemento de solución extraxudicial de conflictos, dos que se da conta a continuación:

RESULTADO FINAL DE CADA EXPEDIENTE (01.01.2003 / 31.12.2003)

Expdtes iniciados Expdtes rexeitados ou desistidos Conflictos resoltos por acordo previo Expdtes tramitados Expdtes con resultado positivo Expdtes con resultado negativo Expdtes en tramitación
Com. Autónoma 4 2 1 1 1
A Coruña 16 7 9 7 2
Lugo 4 2 2 2
Ourense 1 1 1
Pontevedra 9 8 8 1
Total 34 11 21 18 3 2


Desagregando estes 34 expedientes que tiveron entrada no Servicio de Solución de Conflictos no ano 2003 especificámo-la seguinte información:


Expediente AGA 1/03: Conciliación - mediación promovida por CC.OO e CIG nas empresas AMBULANCIAS MARÍA PITA, EMPRESA GALLEGA DE TRANSPORTE SANITARIO e AMBULANCIAS GONZÁLEZ CUNDÍNS da provincia da Coruña polo incumprimento de acordos asinados cos representantes dos traballadores, exceso de xornadas e incumprimentos salariais. O procedemento arquivouse como un rexeitamento unha vez transcorrido o prazo para que as empresas manifestaran a súa conformidade sen recibir resposta.
Expediente AGA 2/03: Arbitraxe promovida pola comisión paritaria do convenio colectivo para as empresas do metal sen convenio propio de Pontevedra para a interpretación do artigo 45ºc do citado convenio sobre a cláusula de revisión salarial do ano 2002. O árbitro designado foi D. José M. Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez dictado correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 3/03: Mediación promovida pola representación das traballadoras na empresa ESCURÍS, S.A. da provincia da Coruña respecto da interpretación do acordo sobre estabilidade e permanencia dos postos de traballo (fixos- descontinuos) asinado o 21 de marzo de 2000. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflicto.
Expediente AGA 4/03: Mediación promovida por CC.OO na empresa GESTIÓN Y TÉCNICAS DEL AGUA – GESTAGUA, dedicada á recollida de lixo, limpeza viaria, mantemento da rede e subministro de auga potable e rede de sumidoiros do concello de Noia (A Coruña) polo número de persoas que deben cubri-lo servicio de recollida de lixo os domingos e festivos. O procedemento arquivouse como un rexeitamento unha vez transcorrido o prazo para que as empresas manifestaran a súa conformidade sen recibir resposta.
Expediente AGA 5/03: Arbitraxe promovida por CC.OO e CIG na empresa CONSERVAS CARNOTA, S.A. da provincia da Coruña, polo desacordo sobre a data de desfrute das vacacións. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
Expediente AGA 6/03: Arbitraxe promovida na empresa VIGUESA DE TRANSPORTES, S.A. – VITRASA da provincia de Pontevedra respecto do acordo número 3 do pacto celebrado en Vigo o 22.08.2002 para os efectos de dirimi-las cuestións que se producen no sistema de tempos de receso nas cabeceiras de liña e toma e deixa do servicio. O árbitro designado foi D. José M. Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez dictado correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 7/03: Arbitraxe promovida na empresa FERROPLAST, S.A. da provincia de Pontevedra respecto da interpretación do artigo 43º b do convenio (desde que mes se debe aplica-la revisión salarial pola desviación do IPC real respecto do previsto). A árbitro designada foi Dona Pilar Sánchez-Cuervo Peña. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez dictado o correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 8/03: Mediación promovida por CC.OO na empresa CONSEVAS CARNOTA, S.A. da provincia da Coruña, polo desacordo sobre a data de desfrute das vacacións. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflicto.
Expediente AGA 9/03: Mediación promovida por UGT, CC.OO e CIG no convenio de HOSTALERÍA da provincia da Coruña, polo bloqueo na negociación do convenio. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflicto.
Expediente AGA 10/03: Mediación promovida por CC.OO na empresa ÁNGEL LÓPEZ SOTO, S.L. da provincia da Coruña, respecto da implantación da xornada continuada. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
Expediente AGA 11/03: Inicialmente mediación promovida pola empresa SETEX – APARKI, S.A. (Servicio ORA) de Ourense, polo bloqueo na negociación do convenio. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. Pasou a Arbitraxe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez dictado correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 12/03: Arbitraxe promovida na empresa TREVES GALICIA, S.L.U., polas discrepancias na valoración da actividade productiva. O árbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez dictado correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 13/03: Mediación promovida polo comité de empresa de PULEVA FOOD, S.L. da provincia da Coruña, polo incremento nos prezos dos productos da empresa para os traballadores. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo ó non acadar acordo.
Expediente AGA 14/03: Mediación promovida polo comité de empresa de MAVIVA, S.A. da provincia da Pontevedra, polo bloqueo na negociación do convenio. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflicto.
Expediente AGA 15/03: Arbitraxe promovida na empresa ASTILLEROS ARMON VIGO, S.A. da provincia da Pontevedra. Na acta final de sinatura do convenio, acórdase no punto 8 someter ó AGA a negociación en materia de horario. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez dictado o correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 16/03: Arbitraxe promovida na empresa VIGUESA DE TRANSPORTES, S.A. – VITRASA da provincia de Pontevedra polas discrepancias relativas ó incremento salarial pactado no artigo 11 do convenio colectivo 2001 – 2003. O árbitro designado foi D. José M. Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez dictado correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 17/03: Mediación promovida polo Comité de empresa da AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN E RÍA DE PONTEVEDRA da provincia de Pontevedra polo conflicto en relación coas oposicións. O mediador designado foi D. Javier Gárate Castro. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflicto.
Expediente AGA 18/03: Mediación promovida pola empresa SERVICIOS SOCIOSANITARIOS GENERALES, S.L. da provincia da Coruña polo conflicto presentado pola convocatoria dunha folga indefinida. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da contraparte afectada para o inicio do procedemento.
Expediente AGA 19/03: Conciliación promovida por CC.OO e SITA na empresa AUTOPISTAS DEL ATLÁNTICO CONCESIONARIA ESPAÑOLA, S.A. de ámbito de Comunidade Autónoma respecto da interpretación dos artigos 26 e 32 do convenio colectivo. Arquivado logo do desestimento dos promotores do procedemento.
Expediente AGA 20/03: Mediación promovida polo delegado de persoal (CIG) da empresa SERVICIOS SOCIOSANITARIOS GENERALES, S.L. da provincia da Coruña respecto da interpretación e aplicación do convenio colectivo do sector. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. Arquivado logo de manifestar as partes a súa intención de non continuar co procedemento debido o cambio de circunstancias producido na empresa.
Expediente AGA 21/03: Arbitraxe promovida nas empresas auxiliares de SOGAMA da provincia da Coruña pola falta de acordo acerca se determinados traballadores poden seguir contratados como eventuais ou son tributarios dun contrato de obra. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez dictado correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 22/03: Mediación promovida na empresa CASTROMIL, S.A. da provincia da Coruña. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflicto.
Expediente AGA 23/03: Conciliación promovida por CC.OO e SITA na empresa AUTOPISTAS DEL ATLÁNTICO CONCESIONARIA ESPAÑOLA, S.A. de ámbito de Comunidade Autónoma respecto da interpretación dos artigos 26 e 32 do convenio colectivo. O mediador designado foi D. Julio Portela Ceballos. O procedemento rematou con resultado negativo ó non chegar a acordo.
Expediente AGA 24/03: Mediación promovida polo comité de empresa na FCA. DE CERÁMICA DE SARGADELOS, S.L. da provincia de Lugo, respecto da adscrición das diferentes categorías ós novos grupos profesionais. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflicto.
Expediente AGA 25/03: Mediación promovida por CC.OO e CIG na empresa na PANRICO, S.A., no seu centro de traballo de Santiago de Compostela, respecto da modificación dos horarios. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflicto.
Expediente AGA 26/03: Mediación promovida por ASEPARC respecto da constitución da comisión negociadora do convenio de Aparcamentos e Garaxes de ámbito de Comunidade Autónoma. Arquivado logo de transcorrer máis dun mes sen recibir resposta desde a última comunicación remitida á citada asociación.
Expediente AGA 27/03: Mediación promovida por CIG, CC.OO e UGT respecto da constitución da comisión negociadora do convenio de Grupo de Espectáculos e Deportes da provincia da Coruña. Arquivouse como un rexeitamento ó non obterse a conformidade da maioría das empresas afectadas para o inicio do procedemento.
Expediente AGA 28/03: Mediación promovida na empresa CROWN CORK IBÉRICA, S.L.U. da provincia da Pontevedra, polo bloqueo na negociación do convenio. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflicto.
Expediente AGA 29/03: Mediación promovida na empresa VIPROGA, S.A., no seu centro de traballo de Santiago de Compostela, respecto da modificación dos horarios e quendas. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. Pasou a arbitraxe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez dictado correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 30/03: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ARTEIXO TELECOM, S.A., respecto da interpretación – aplicación en materia de percepcións salariais. O procedemento rematou con resultado negativo ó non chegar a acordo.
Expediente AGA 31/03: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ALÚMINA-ALUMINIO, S.A., respecto da retribución de traballos de superior nivel. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da contraparte afectada para o inicio do procedemento.
Expediente AGA 32/03: Arbitraxe promovida polo Comité de Empresa de ALÚMINA-ALUMINIO, S.A., respecto da valoración do posto de traballo Polivalente “A” picado central. O árbitro designado polas partes foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez dictado correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 33/03: Mediación promovida polo comité de empresa na FCA. DE CERÁMICA DE SARGADELOS, S.L. da provincia de Lugo, respecto da contía a disgregar do complemento de asistencia. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
Expediente AGA 34/03: Mediación promovida na empresa ARRIVA NOROESTE, S.L. pola centrais sindicais U.G.T., CC.OO., C.I.G. e C.U.T. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. En tramitación.