ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
AGA ANO 2004

No que vai de ano iniciáronse 39 expedientes ó abeiro do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo, dos que se da conta a continuación:

RESULTADO FINAL DE CADA EXPEDIENTE (01.01.2004 / 31.12.2004)

Expdtes iniciados Expdtes rexeitados ou desistidos Conflictos resoltos por acordo previo Expdtes tramitados Expdtes con resultado positivo Expdtes con resultado negativo Expdtes en tramitación
Com. Autónoma 4 1 3 2 1
A Coruña 22 4 1 17 14 3
Lugo 3 1 2 2
Ourense 2 1 1 1
Pontevedra 8 1 6 5 1 1
Total 39 8 1 29 23 6 1


Desagregando estes 39 expedientes que tiveron entrada no Servizo de Solución de Conflictos ata o momento especificamos a seguinte información:

Expediente AGA 1/04: Conciliación - mediación promovida por UGT, CC.OO e CIG na empresa LA REGIÓN da provincia de Ourense polo bloqueo na negociación do convenio. Arquivouse como un rexeitamento unha vez unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
Expediente AGA 2/04: Mediación promovida por CUT, CIG, UGT e CC.OO na empresa MACONSI, S.L. concesionaria da limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, respecto do pagamento do “Plus de atención continuada”. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflicto.
Expediente AGA 3/04: Arbitraxe promovida polo comité de empresa da AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN E RÍA DE PONTEVEDRA respecto da negociación do calendario laboral. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
Expediente AGA 4/04: Conciliación - mediación promovida polas empresas ARRIVA NOROESE, S.L., RUTABUS, S.A. e TROLEBUSES CORUÑA – CARBALLO, S.A. polo conflicto que desembocou na convocatoria de folga nas citadas empresas. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflicto.
Expediente AGA 5/04: Mediación promovida polos delegados de persoal (UGT) na empresa  MEGASIDER, S.L. da provincia da Coruña, polo conflicto xurdido respecto do calendario laboral. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
Expediente AGA 6/04: Mediación promovida no sector do COMERCIO DE ALIMENTACIÓN de Pontevedra polo bloqueo na negociación do convenio. O mediador designado foi D. José M. Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflito.
Expediente AGA 7/04: Arbitraxe promovida no sector de TRANSPORTE DE VIAXEIROS EN AUTOBÚS POR ESTRADA da Coruña respecto da interpretación do artigo 2 do convenio colectivo provincial. O árbitro designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez dictado o correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 8/04: Arbitraxe promovida no sector de COMERCIO DE ALIMENTACIÓN de Pontevedra respecto do número de asistentes ou asesores na comisión deliberadora do colectivo provincial. O árbitro designado foi D. José M. Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 9/04: Mediación promovida na empresa MATERIALES CERÁMICOS, S.A. de Lugo respecto da negociación do convenio e o sistema de quendas. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflicto.
Expediente AGA 10/04: Arbitraxe promovida pola empresa SETEX-APARKI, S.A. da provincia da Coruña, respecto da discrepancia na negociación individual das actividades de ora e grúa en dous convenios provinciais distintos. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da contraparte afectada para o inicio do procedemento.
Expediente AGA 11/04: Mediación promovida no sector de LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS de Pontevedra respecto do convenio colectivo. O mediador designado foi D. José M. Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflicto.
Expediente AGA 12/04: Mediación promovida na empresa FCA. CERÁMICA DE SARGADELOS, S.L. de Lugo respecto da converxencia de categorías e a constitución da comisión negociadora do convenio. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
Expediente AGA 13/04: Mediación promovida  por CC.OO e UGT na empresa AUTOESTRADAS DE GALICIA respecto da negociación do convenio. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflicto.
Expediente AGA 14/04: Mediación promovida no sector de EMPRESAS CONCESIONARIAS DOS SERVICIOS DE REGULACIÓN DE APARCAMENTO E/OU RETIRADA DA VÍA PÚBLICA da Coruña respecto da negociación do convenio colectivo provincial. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflicto.
Expediente AGA 15/04: Mediación promovida polo comité de empresa de RADIOTELEVISIÓN DE GALICIA, S.A. respecto da realización de funcións de técnico de control por parte dos traballadores das delegacións. Arquivouse como un rexeitamento unha vez transcorrido o prazo para que a empresa manifestaran a súa conformidade sen recibir resposta.
Expediente AGA 16/04: Mediación promovida por CC.OO na empresa PANRICO, S.A. – Centro de traballo de Santiago de Compostela, respecto da retribución da nocturnidade. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflicto.
Expediente AGA 17/04: Mediación promovida por CIG e a empresa FERROLVISIÓN, S.L. respecto do establecemento dos servicios mínimos pola folga declarada na empresa. O mediador designado foi D. Julio Portela Ceballos. O procedemento rematou con resultado negativo ó non chegar as partes a ningún acordo.
Expediente AGA 18/04: Mediación promovida por CIG na empresa MACONSI, S.L.- Limpeza do H.P. de Conxo respecto da distribución das vacacións do cadro de persoal masculino de dito centro. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflicto.
Expediente AGA 19/04: Mediación promovida por UGT na empresa INSTITUTO POLICLÍNICO ROSALEDA, S.A respecto dos complementos de traballo nocturno, persoal e complemento por domingos e festivos. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflito.
Expediente AGA 20/04: Mediación promovida por CC.OO na empresa CONSERVAS FRISCOS, S.A. respecto da modificación da distribución da xornada laboral. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflito.
Expediente AGA 21/04: Mediación promovida pola empresa GRUPO ARRIVA – Centros de traballo de Arteixo, A Coruña e Ferrol respecto do traslado da sede da empresa de Arteixo a Ferrol. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. A empresa desistiu de continuar co procedemento  antes da constitución da comisión de conciliación – mediación.
Expediente AGA 22/04: Mediación promovida polas empresas auxiliares de SOGAMA respecto da aplicación do R.D. 664/97 sobre riscos biolóxicos. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflito.
Expediente AGA 23/04: Arbitraxe promovida conxuntamente pola empresa SOGARISA e UGT respecto da interpretación do pacto de empresa (gratificacións extraordinarias). A árbitro designado foi Dona Pilar Cancela Rodríguez. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 24/04: Arbitraxe promovida conxuntamente por UGT respecto do convenio de aplicación na empresa NERVIÓN, MONTAJES Y MANTENIMIENTO, S.L. O árbitro designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
Expediente AGA 25/04: Mediación promovida por CC.OO na empresa HORNOS LAMASTELLE, S.A. respecto da aplicación da xornada laboral. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo ó non chegar as partes a ningún acordo.
Expediente AGA 26/04: Arbitraxe promovida  por UGT na empresa AUTOESTRADAS DE GALICIA respecto da xornada. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
Expediente AGA 27/04: Mediación promovida por CC.OO na empresa UTE SALNÉS polas diferenzas xurdidas na negociación do convenio. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflito.
Expediente AGA 28/04: Mediación promovida por CIG na empresa TRAPSA respecto do servizo de transporte dos traballadores. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
Expediente AGA 29/04: Mediación promovida nas empresas SOLUZIONA O & M, SERLIMAT, MASA GALICIA S.A., AMASA, SERVIGUIDE, DANIGAL, NERVIÓN, SERVILIMPSA para fixar os servizos mínimos. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo ó non chegar as partes a ningún acordo.
Expediente AGA 30/04: Mediación promovida na empresa HOTELERA NOROESTE, S.A. pola empresa e o comité polo bloqueo na negociación do convenio. O mediador designado foi D. José M. Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ao conflito.
Expediente AGA 31/04: Mediación promovida por CIG na empresa Ente Público Autoridad Portuaria de Vigo respecto do Plan de Xubilacións Voluntarias e Anticipadas. O mediador designado foi D. Julio Peláez Rodríguez. O procedemento rematou con resultado negativo ao non chegar as partes a ningún acordo.
Expediente AGA 32/04: Mediación promovida no sector de TRANSPORTE DE VIAXEIROS EN AUTOBÚS POR ESTRADA da Coruña por TRANSVIAC, ANETRA GALICIA e TRANSGACAR polo bloqueo na negociación do convenio. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo trala consecución do acordo que pon fin ó conflito.
Expediente AGA 33/04: Mediación promovida na empresa CELTA PRIX, S.L. – centros de traballo de Melide e Curtis polo bloqueo na negociación do convenio. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
Expediente AGA 34/04: Mediación promovida polo comité de empresa de AMALIS, S.A., que presta os seus servizos no Hospital Meixoeiro de Vigo, respecto á negociación de artigos conflitivos do convenio que se esta a negociar. O mediador designado foi Dona Pilar Cancela Rodríguez. En tramitación.
Expediente AGA 35/04: Mediación promovida polo comité de empresa de ISOLUX WAT, S.A., na Coruña, respecto á interpretación do convenio colectivo suscitado no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
Expediente AGA 36/04: Mediación promovida pola empresa Corporación Alimentaria PEÑASANTA, S.A., no seu centro de traballo de Outeiro de Rei, respecto ao bloqueo na negociación do convenio colectivo. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
Expediente AGA 37/04: Mediación promovida no sector de TRANSPORTES DE VIAXEIROS EN AUTOBÚS POR ESTRADA da Coruña, por CIG, UGT e CC.OO respecto á negociación do Convenio. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
Expediente AGA 38/04: Mediación promovida pola empresa Seguridad Gallega Nosa Terra, S.A.-SEGANOSA, no seu centro de traballo sito no Parque Comarcal de Salvamento e Contra Incendios da Comarca de Valdeorras - A Rúa – Ourense, respecto aos conflitos de interpretación/aplicación do convenio ou pacto. O mediador designado foi Dna. Rocío de Frutos Madrazo. O procedemento rematou con resultado negativo pola negativa dos traballadores de aceptar a aplicación do convenio de empresa.
Expediente AGA 39/04: Mediación promovida pola empresa GRUPO ARRIVA NOROESTE, S.L., pola convocatoria de folga proposta polos sindicatos CIG e UGT-Galicia na totalidade dos centros de traballo da empresa nas provincias da Coruña e Lugo. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado negativo pola negativa dos sindicatos a continuar co procedemento.

Información actualizada a 18/05/2005