ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
AGA ANO 2005

En todo o ano iniciáronse 50 expedientes ao abeiro do procedemento de solución extraxudicial de conflitos, dos que se da conta a continuación:

RESULTADO FINAL DE CADA EXPEDIENTE (01.01.2005 / 31.12.2005)

Expdtes iniciados Expdtes rexeitados ou desistidos Conflictos resoltos por acordo previo Expdtes tramitados Expdtes con resultado positivo Expdtes con resultado negativo Expdtes en tramitación
Com. Autónoma 7 2 5 3 2
A Coruña 21 7 1 12 7 5 1
Lugo 6 1 5 4 1
Ourense 3 1 2 2
Pontevedra 13 5 8 6 2
Total 50 16 1 32 22 10 1


Desagregando estes 50 expedientes que tiveron entrada no Servizo de Solución de Conflitos ata o momento especificamos a seguinte información

· Expediente AGA 1/05: Mediación promovida na empresa TRANSPORTES CABALAR, S.A. da provincia de Pontevedra polo delegado de persoal (UGT) respecto ao conflito xurdido pola interpretación de determinados artigos do Convenio Colectivo de Transportes de Mercadorías por Estrada da Provincia de Pontevedra. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 2/05: Mediación promovida por UGT e CIG nas EMPRESAS AUXILIARES DE SOGAMA en Cerceda, respecto da interpretación do convenio colectivo asinado en Agosto de 2004 para as empresas auxiliares de Sogama en Cerceda. O mediador designado foi D. José Vázquez Portomeñe. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 3/05: Conciliación - Mediación promovida pola empresa VALEO SISTEMAS DE CONEXIÓN ELÉCTRICA, S.L. da provincia de Ourense polo bloqueo na negociación dun expediente de regulación de emprego, con convocatoria de folga. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 4/05: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ALUMINIO ESPAÑOL – ALÚMINA ESPAÑOLA, S.A. (ALCOA) polo conflito xurdido na confección do calendario laboral sobre os días de exceso de xornada para o ano 2005 no Departamento de Electrólisis de esta empresa. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
· Expediente AGA 5/05: Conciliación - Mediación promovida polo Comité de Empresa de ISOLUX WAT, S.A. da provincia da Coruña, polo conflito xurdido respecto da interpretación de determinados artigos do Convenio Colectivo da empresa. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
· Expediente AGA 6/05: Conciliación - Mediación promovida polos delegados de persoal (CC.OO. e CGT) de PARADORES DE TURISMO DE ESPAÑA, S.A. no seu centro de traballo de TUI, respecto ao conflito xurdido pola aplicación e interpretación que fai a empresa do artigo 19 do convenio colectivo de empresa. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 7/05: Mediación promovida pola Central Unitaria de Traballadores (CUT) na empresa CASTROMIL, S.A., polo incumprimento por parte da empresa entre outros dos puntos 1, 5, 6 e 8 do Acordo asinado o día 21 de outubro de 2003 entre CUT, Comité de Folga - Comité de Empresa e Empresa CASTROMIL, S.A. Arquivouse como un rexeitamento unha vez transcorrido o prazo para que S.N. de CC. OO. de Galicia e CIG manifestaran a súa conformidade sen recibir resposta, e recibida a desconformidade por parte de Grupo de Traballadores.
· Expediente AGA 8/05: Mediación promovida pola Federación Agroalimentaria de CC.OO. de Galicia na empresa PANRICO, S.A. no seu centro de traballo de Santiago de Compostela, respecto á aplicación por parte da empresa do artigo 17 do convenio colectivo de Empresa para a Comunidade Autónoma. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo ao non chegar as partes a ningún acordo.
· Expediente AGA 9/05: Conciliación - Mediación promovida polo Comité de Empresa de ISOLUX WAT, S.A. da provincia da Coruña, polo conflito xurdido respecto da interpretación de determinados artigos do convenio colectivo da empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo ao non facer efectivo a empresa, un acordo verbal entre as partes en presenza do mediador.
· Expediente AGA 10/05: Conciliación – Mediación promovida na empresa Paradores de Turismo de España no seu centro de traballo de Ferrol, polo conflito xurdido respecto da interpretación do artigo 19 do convenio colectivo de empresa. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 11/05: Conciliación – Mediación promovida na empresa TRAPSA de Santiago de Compostela, polo conflito xurdido polo horario de traballo efectivo. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado negativo ao non atopar as partes un acordo ao conflito plantexado.
· Expediente AGA 12/05: Conciliación – Mediación promovida na empresa ASOCIACIÓN DE BINGOS DE GALICIA – ABIGA respecto da negociación do novo convenio colectivo de Empresas Organizadoras do xogo do Bingo da Comunidade Autónoma Galega. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. En tramitación.
· Expediente AGA 13/05: Arbitraxe (inicialmente Conciliación – Mediación) promovida pola Federación de Servizos de Galicia – UGT na empresa SETEX APARKI, S.A. no seu centro de traballo de Lugo, polo bloqueo na negociación colectiva. O árbitro designado foi D. José Vázquez Portomeñe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
· Expediente AGA 14/05: Conciliación – Mediación promovida pola Central Unitaria de Traballadores (CUT) na empresa URBASER, S.A.de Ribeira, pola paralización das negociacións do novo convenio colectivo de empresa. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 15/05: Conciliación – Mediación promovida polos delegados de persoal da empresa EYSSA – FCC – UTE ORA de Vigo, pola negativa da empresa a aceptar as propostas dos traballadores na negociación do convenio. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 16/05: Conciliación – Mediación promovida na empresa ISOLUX WAT, S.A., respecto ao conflito xurdido pola aprobación do calendario laboral. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade do comité de empresa para o inicio do procedemento.
· Expediente AGA 17/05: Conciliación – Mediación promovida por UGT, CC.OO. e CIG no sector de Centros e Establecementos Sanitarios Privados da provincia de Lugo, respecto ao conflito xurdido na negociación do convenio colectivo. O mediador designado foi D. José Vázquez Portomeñe. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 18/05: Mediación promovida por CIG, UGT, CC.OO e SITA na empresa Autopistas del Atlántico – AUDASA nas provincias da Coruña e Pontevedra, respecto ao conflito xurdido na negociación do convenio colectivo. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. En tramitación.
· Expediente AGA 19/05: Arbitraxe (inicialmente Conciliación – Mediación) promovida polo comité de empresa de MAVIVA, S.A. de Vigo, respecto á rotura das negociacións do convenio colectivo de empresa. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
· Expediente AGA 20/05: Mediación promovida na empresa CESPA – INUSA, empresa concesionaria do RSU e limpeza viaria no Concello de Pontevedra, respecto ao conflito xurdido pola folga mantida polos traballadores como consecuencia do despido por parte da empresa dun membro do comité de empresa. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 21/05: Mediación promovida polo comité de empresa do PARADOR “HOSTAL DOS REIS CATÓLICOS” de Santiago de Compostela, respecto ao conflito xurdido na negociación do convenio colectivo de empresa. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 22/05: Conciliación promovida polo comité de empresa de ARTEIXO TELECÓM, S.A., respecto ao conflito xurdido polo traslado da empresa de Arteixo á localidade de As Pontes. O conciliador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 23/05: Mediación promovida polo comité de folga da Compañía de Radio – Televisión de Galicia - CRTVG, respecto á ruptura da mesa de negociación do convenio, con convocatoria de folga. Arquivouse como un rexeitamento unha vez transcorrido o prazo para que a Compañía de Radio – Televisión de Galicia - CRTVG manifestara a súa conformidade sen recibir resposta.
· Expediente AGA 24/05: Mediación promovida por CC.OO., UGT e CIG no SECTOR DO COMERCIO TEXTIL MINORISTA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, respecto ao bloqueo na negociación do convenio. Arquivouse como un rexeitamento unha vez transcorrido o prazo para que a Asociación de Empresarios manifestaran a súa conformidade sen recibir resposta.

· Expediente AGA 25/05: Mediación promovida pola Federación de Comunicación e Transporte de CC.OO. na empresa JOSÉ LANTERO E HIJOS, S.A. de Vilagarcía de Arousa, respecto ao conflito xurdido polo cambio de prima variable a fixa, con folga indefinida desde unha semana. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 26/05: Mediación promovida polo Comité de Empresa de CORPORACIÓN ALIMENTARIA PEÑASANTA, S.A. (C.A.P.S.A.) no seu centro de traballo de Outeiro de Rei, respecto ao conflito xurdido pola interpretación e aplicación do artigo 29.h do convenio colectivo de empresa. O mediador designado foi D. José Vázquez Portomeñe. O procedemento rematou con resultado negativo ao non atopar as partes un acordo ao conflito plantexado.
· Expediente AGA 27/05: Mediación promovida pola CIG na empresa NISO RODRÍGUEZ TABOADA, de Pontevedra, respecto ao conflito xurdido pola folga iniciada polas melloras salariais a tratar no convenio. O mediador designado foi D. José Vázquez Portomeñe. O procedemento rematou con resultado negativo ao non atopar as partes un acordo ao conflito plantexado.
· Expediente AGA 28/05: Arbitraxe promovida pola empresa Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. no seu centro de traballo de Outeiro de Rei, ao non poder conseguir con carácter voluntario, cubrir as quendas de produción para o sábado 2 de xullo de 2005, necesidade ocasionada por razóns de tipo produtivo. O árbitro designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
· Expediente AGA 29/05: Mediación promovida pola empresa U.T.E. CONTENUR – OTTO, adicada ao lavado e reposición de contedores e papeleiras encadradas no Concello de Vigo, pola convocatoria de folga xeral indefinida a partir do día 4 de xullo de 2005. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado negativo ao non atopar as partes un acordo ao conflito plantexado.
· Expediente AGA 30/05: Mediación promovida por CC.OO. na empresa MACONSI, S.L. responsable do Servizo da Cafetería no Hospital do Meixoeiro de Vigo, polo conflito xurdido á hora de constituír a mesa de negociación do convenio colectivo de empresa. Arquivouse como un rexeitamento unha vez transcorrido o prazo para que a empresa manifestara a súa conformidade sen recibir resposta.
· Expediente AGA 31/05: Mediación promovida polos Delegados de Persoal de SOLUZIONA O & M de Cerceda, polo conflito xurdido ao cancelar a empresa as negociacións do convenio de empresa. O mediador designado foi D. José Vázquez Portomeñe. O procedemento rematou con resultado negativo ao non atopar as partes un acordo ao conflito plantexado.
· Expediente AGA 32/05: Mediación promovida pola Sección Sindical da CIG na Empresa de ALUMINIO ESPAÑOL – ALÚMINA ESPAÑOLA, S.A. (ALCOA), polo conflito xurdido polo incumprimento por parte da empresa, do acordo asinado o 4 de outubro do 2004. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito..
· Expediente AGA 33/05: Conciliación-Mediación promovida polo Comité de Empresa de VICARO CONFECCIÓN, S.A., respecto ao conflito xurdido pola elaboración do calendario vacacional. O procedemento rematou cunha solución previa.
· Expediente AGA 34/05: Mediación promovida polos administradores da empresa GALAIMANTSA, S.L., respecto ao conflito xurdido polo despido de tres traballadores. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade para o inicio do procedemento.
· Expediente AGA 35/05: Mediación promovida na Mancomunidade de Concellos da Limia polo conflito xurdido no establecemento dos servizos mínimos na folga dos traballadores de dita Mancomunidade. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da Mancomunidade para o inicio do procedemento.
· Expediente AGA 36/05: Mediación promovida conxuntamente pola empresa SOFTGAL, S.A. e o seu comité de empresa respecto á elaboración do novo convenio colectivo. O mediador designado foi D. Carlos Fernández Pedreira. En tramitación.
· Expediente AGA 37/05: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ISOLUX WAT, S.A. respecto ao conflito xurdido na interpretación/aplicación do artigo 22F do convenio colectivo de empresa. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
· Expediente AGA 38/05: Arbitraxe (inicialmente Conciliación – Mediación) promovida coa solicitude verbal conxunta na empresa ARRIVA NOROESTE, S.L. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
· Expediente AGA 39/05: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ISOLUX WAT, S.A., respecto ao conflito xurdido na interpretación/aplicación do artigo 18 do convenio colectivo de empresa. Arquivouse como un rexeitamento unha vez transcorrido o prazo para que a empresa manifestara a súa conformidade sen recibir resposta.
· Expediente AGA 40/05: Mediación promovida no SECTOR DO COMERCIO METAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, respecto ao conflito xurdido nas negociacións do Convenio Colectivo de Sector, con convocatoria de folga indefinida. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da Asociación de Empresarios do Comercio do Metal da Provincia de Pontevedra para o inicio do procedemento.
· Expediente AGA 41/05: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ISOLUX WAT, S.A., respecto ao conflito xurdido na aplicación de normas legais e regulamentarias que establecen a obrigatoriedade empresarial de constituír comedores de empresa. Arquivouse como un rexeitamento unha vez transcorrido o prazo para que a empresa manifestara a súa conformidade sen recibir resposta.
· Expediente AGA 42/05: Mediación promovida pola empresa PIZZA HUT de Santiago de Compostela, respecto ao conflito xurdido pola realización de paradas intermitentes no seu traballo por parte de varios empregados os sábados pola tarde. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 43/05: Mediación promovida pola Federación Agroalimentaria de CC.OO. de Galicia na empresa PANRICO, S.A. na empresa PANRICO, S.A., respecto ao bloqueo na negociación do convenio colectivo de Empresa para a Comunidade Autónoma. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo ao non atopar as partes un acordo ao conflito plantexado.
· Expediente AGA 44/05: Mediación promovida pola empresa FEU VERT IBÉRICA, S.A. respecto á declaración de folga indefinida por parte dos traballadores nos centros da Coruña e Lugo para o día 7 de decembro. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 45/05: Mediación promovida na empresa ALCAMPO, S.A. no seu centro de traballo de Redondela, respecto ao conflito xurdido polo cobro dun sistema de produtividade. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
· Expediente AGA 46/05: Arbitraxe promovida na empresa PIZZA HUT de Santiago de Compostela, respecto ao conflito xurdido pola realización de paradas intermitentes no seu traballo por parte de varios empregados os sábados pola tarde. O árbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
· Expediente AGA 47/05: Mediación promovida CC.OO., UGT, CIG, CSI-CSIF no Sector da Sanidade Privada de Ourense respecto ao conflito xurdido na negociación do Convenio Colectivo da Sanidade Privada de Ourense. O mediador foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 48/05: Mediación promovida pola Asociación de Establecementos Sanitarios da Coruña, respecto ao conflito xurdido na negociación do Convenio Colectivo de establecementos sanitarios, hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicos da Provincia da Coruña. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo ao non atopar as partes un acordo ao conflito plantexado
· Expediente AGA 49/05: Mediación promovida polo Comité de Empresa de La Opinión de A Coruña respecto ao conflito xurdido polo bloqueo na negociación do convenio colectivo. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
· Expediente AGA 50/05: Mediación promovida por FSP UGT – GALICIA no sector da sanidade privada da provincia de A Coruña respecto do complemento de traballo nocturno. Arquivouse como un rexeitamento unha vez transcorrido o prazo para que a parte empresarial manifestara a súa conformidade sen recibir resposta.
.



Información actualizada a 31/12/2005