ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
AGA ANO 2006

Durante o ano 2006 xestionáronse 59 expedientes  ao abeiro do procedemento de solucion extraxudicial de conflictos , dos que se da conta a continuacion:

RESULTADO FINAL DE CADA EXPEDIENTE (01.01.2006 / 31.12.2006)

Expdtes iniciados Expdtes rexeitados ou desistidos Conflictos resoltos por acordo previo Expdtes tramitados Expdtes con resultado positivo Expdtes con resultado negativo Expdtes en tramitación
Com. Autónoma 6 2 6 3 1
A Coruña 22 10 22 8 2 2
Lugo 12 5 12 6 1
Ourense 4 4 4
Pontevedra 15 5 15 8 1 1
Total 59 22 59 29 3 5


Desagregando estes 59 expedientes que tiveron entrada no Servizo de Solución de Conflitos ata o momento especificamos a seguinte información :

AGA 2006
EXPEDIENTES XESTIONADOS
Datos a 31/12/06

· Expediente AGA 1/06: Arbitraxe promovida polo Comité de Empresa de EMALCSA – EMPRESA MUNICIPAL DE AUGAS DA CORUÑA, S.A. respecto ao conflito xurdido polo reparto do fondo social para os traballadores en activo. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
· Expediente AGA 2/06: Mediación promovida polo comité de empresa de CALVO CONSERVAS, S.A. respecto ao conflito xurdido pola distribución do período vacacional. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
· Expediente AGA 3/06: Mediación promovida polo Comité de empresa ALCOA INESPAL, S.A. da Coruña polo conflito xurdido na interpretación do artigo 12.2 do convenio colectivo de empresa. O mediador designado foi D. Julio Portela Ceballos. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 4/06: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ISOLUX INGENIERÍA, S.L. polo conflito xurdido pola interpretación/aplicación de determinados artigos do convenio colectivo de empresa. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
· Expediente AGA 5/06: Mediación promovida polo Comité de Empresa de CORPORACIÓN ALIMENTARIA PEÑASANTA, S.A. (C.A.P.S.A.) respecto ao conflito xurdido pola modificación unilateral e substancial de condicións de traballo que implican o incumprimento do E.T. e do vixente convenio. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 6/06: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ISOLUX INGENIERÍA, S.L. polo conflito xurdido pola interpretación/aplicación de determinados artigos do convenio colectivo de empresa. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
· Expediente AGA 7/06: Arbitraxe conxunta no Sector da Sanidade Privada de Ourense respecto ao conflito xurdido na negociación do Convenio Colectivo da Sanidade Privada de Ourense. O árbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
· Expediente AGA 8/06: Mediación promovida por CIG de Lugo na empresa INDALUSA respecto ao conflito xurdido pola modificación unilateral e substancial das condicións de traballo da totalidade do cadro de persoal da referida empresa (calendario 2006). Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.

· Expediente AGA 9/06: Mediación promovida polo Comité de Empresa de MAPFRE QUAVITAE, S.A. no seu centro de traballo de Castro Riberas do Lea en Lugo, respecto ao conflito xurdido polo incumprimento por parte da empresa do vixente convenio colectivo ao establecer o calendario laboral para 2006. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
· Expediente AGA 10/06: Mediación promovida na empresa CROWN CORK IBÉRICA, SL respecto ao conflito xurdido na negociación do convenio colectivo de empresa. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 11/06: Mediación promovida polos delegados de persoal da empresa EYSSA – FCC – UTE ORA de Vigo respecto ao conflito xurdido pola interpretación do artigo 13 do convenio colectivo, días por nacemento de fillos non habendo asistido acordo na comisión paritaria. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 12/06: Arbitraxe promovida pola empresa Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. no seu centro de traballo de Outeiro de Rei, ao non poder conseguir con carácter voluntario, cubrir as quendas de produción para o sábado 11 de marzo de 2006, necesidade ocasionada por razóns de tipo produtivo. O árbitro designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
· Expediente AGA 13/06: Arbitraxe  promovida no Sector de Transporte Sanitario na Comunidade Autónoma de Galicia, respecto ao conflito xurdido na negociación do convenio colectivo e ante as intensas negociacións que resultaron infrutuosas. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
· Expediente AGA 14/06: Arbitraxe promovida polo comité de empresa de GANDARA CENSA, SAL, respecto do conflito xurdido na negociación do convenio. O árbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
· Expediente AGA 15/06: Mediación promovida no Sector de Transporte Sanitario na Comunidade Autónoma de Galicia, respecto ao conflito xurdido na negociación do convenio colectivo e ante as intensas negociacións que resultaron infrutuosas. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito
· Expediente AGA 16/06: Mediación promovida polo comité de empresa de ISOLUX INGENIERÍA, SL respecto ao conflito xurdido pola aplicación por parte da empresa do artigo 30 do convenio colectivo de empresa. Arquivouse como un rexeitamento unha vez transcorrido o prazo para que a empresa manifestara a súa conformidade sen recibir resposta.
· Expediente AGA 17/06: Mediación promovida polo comité de empresa de ALUMINIO ESPAÑOL, SA – ALÚMINA ESPAÑOLA, SA (ALCOA) respecto ao conflito xurdido polo incumprimento por parte da empresa dos convenios colectivos (XII e XIII, art. 7). O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito

· Expediente AGA 18/06: Arbitraxe promovida no Sector do Comercio de Alimentación da Provincial da Coruña respecto ao conflito xurdido na porcentaxe de representatividade da parte social da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo de Comercio de Alimentación da Provincia da Coruña que se debe aplicar. O árbitro designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
· Expediente AGA 19/06: Mediación promovida por U.C. de CC.OO. da Coruña na empresa VEICAR, SL respecto ao conflito xurdido na negociación do 1º Convenio Colectivo do Persoal dos Parques Comarcais de Bombeiros da Provincia da Coruña, xestionados por dita empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito
· Expediente AGA 20/06: Arbitraxe promovida polos delegados de persoal da empresa EYSSA – FCC – UTE ORA de Vigo respecto ao conflito xurdido pola interpretación do artigo 13 do convenio colectivo. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade da empresa para o inicio do procedemento.
· Expediente AGA 21/06: Mediación promovida por CIG, CC.OO, UGT, respecto ao prego de condicións  para contratación do servizo de xestión integral dos complexos deportivos de Elviña, Sardiñeira e Agra. Arquivouse como un rexeitamento unha vez transcorrido o prazo para que as empresas Metoseyco CMII e UTE GAIA MOVEXVIAL  manifestaran a súa conformidade sen recibir resposta.
· Expediente AGA 22/06: Mediación promovida por CIG, CC.OO, UGT e CUT na empresa MACONSI, SL no seu centro de Traballo na Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, respecto ao conflito xurdido pola negativa da empresa de aplicar a redución da xornada durante os meses de xullo e agosto. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 23/06: Mediación promovida por CIG, CC.OO, UGT e CUT na empresa MACONSI, SL no seu centro de Traballo na Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, respecto ao conflito xurdido no calendario vacacional. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 24/06: Mediación promovida por UGT – Galicia, SN de CC.OO. de Galicia e CIG no Sector de Residencias Privadas da Terceira Idade respecto ao bloqueo xurdido na negociación do convenio Autonómico. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. En tramitación.
· Expediente AGA 25/06: Arbitraxe promovida pola empresa Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. no seu centro de traballo de Outeiro de Rei, ao non poder conseguir con carácter voluntario, cubrir as quendas de produción para o sábado 6 de maio de 2006, necesidade ocasionada por razóns de tipo produtivo. O árbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral

· Expediente AGA 26/06: Mediación promovida polo SN de CCOO de Galicia na empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., concesionaria do servizo de limpeza da rede de alcantarillado da Coruña, respecto ao conflito xurdido pola percepción do plus de perigosidade especificado no artigo 34 do Convenio Xeral de Limpeza Pública, Viaria, Regos, Recollida, Tratamento e Eliminación de Residuos e Limpeza e Conservación de Alcantarillado de ámbito Español. O mediador designado foi D. Julio Portela Ceballos. O procedemento rematou con resultado negativo ao non atopar as partes un acordo ao conflito plantexado
· Expediente AGA 27/06: Arbitraxe promovida na empresa CORPORACION ALIMENTARIA PEÑASANTA, S.A. – C.A.P.S.A., no seu centro de traballo de Vilagarcía de Arousa, respecto ao conflito xurdido pola modificación substancial das condicións de traballo que afectan aos traballadores das seccións de recepción e tratamento de lácteos, ultrafiltración e cubas. O árbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.    · Expediente AGA 28/06: Arbitraxe promovida pola empresa Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. no seu centro de traballo de Outeiro de Rei, ao non poder conseguir con carácter voluntario, cubrir as quendas de produción para o sábado 20 de maio de 2006, necesidade ocasionada por razóns de tipo produtivo. O árbitro designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
· Expediente AGA 29/06: Mediación promovida pola empresa MACONSI, S.L., no seu centro de traballo da Xunta de Galicia en Lugo respecto ao conflito xurdido polo impresentable estado dos servizos de hixiene persoal, conflito derivado nunha folga continuada. Arquivouse como un rexeitamento unha vez recibida a desconformidade dos membros do Comité de Folga.
· Expediente AGA 30/06: Mediación promovida no SECTOR DE AXUDA A DOMICILIO DE GALICIA, respecto ao bloqueo xurdido na negociación do II Convenio Colectivo de Axuda a Domicilio de Galicia. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 31/06: Mediación promovida na empresa URBANOS DE OURENSE, respecto ao conflito xurdido pola ruptura das negociacións do convenio colectivo. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 32/06: Arbitraxe promovida pola SN de CC.OO. no Sector do Comercio de Alimentación de Pontevedra, respecto ao conflito xurdido ante o desacordo das partes en canto a número de reunións e tempo de negociación, número de integrantes da comisión negociadora, número de asesores sindicais e orde temático da propia negociación. O árbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
· Expediente AGA 33/06: Arbitraxe promovida na empresa URBANOS DE OURENSE, respecto ao conflito xurdido ante o bloqueo na negociación dun punto relativo á incapacidade laboral e á aplicación na mesma, dunha cláusula de absentismo. O árbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.

· Expediente AGA 34/06: Mediación promovida pola SN de CC.OO. no Sector do Comercio de Alimentación de Pontevedra, respecto ao conflito xurdido polo bloqueo na negociación do convenio colectivo. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez alcanzado o acordo que pon fin ao conflito..
· Expediente AGA 35/06: Arbitraxe promovida polos Delegados de Persoal na empresa Maconsi, SL no seu centro de traballo da Xunta de Galicia en Lugo, respecto ao conflito xurdido sobre interpretación de dúas condicións sociais pactadas no acordo 2º (xornada laboral e descanso) e aplicación do acordo 3º da Acta de 29/05/06. Arquivouse como un rexeitamento unha vez transcorrido o prazo para que a empresa manifestara a súa conformidade sen recibir resposta.
· Expediente AGA 36/06: Mediación promovida pola parte social na Asociación de Supermercados e Autoservicios da Coruña (ASAC), respecto ao bloqueo na negociación do Convenio Colectivo Provincial de Comercio de Alimentación da Coruña. Arquivouse como un rexeitamento unha vez transcorrido o prazo para que a devandita Asociación manifestara a súa conformidade sen recibir resposta..
· Expediente AGA 37/06: Mediación promovida na empresa Paradores de Turismo de España S.A. (Parador de Turismo Conde de Gondomar-Baiona) respecto ás modificacións nas funcións a desenrolar polos vixiantes do centro. Arquivouse como un rexeitamento unha vez transcorrido o prazo para que a empresa manifestara a súa conformidade sen recibir resposta.
· Expediente AGA 38/06: Mediación promovida pola UGT na empresa Cespa S.A. Jardinería – Vigo referente á interpretación de certos puntos do Convenio Colectivo. Arquivouse con resultado negativo por non terse chegado a un acordo.
· Expediente AGA 39/06: Mediación promovida no Sector de Oficinas e Despachos da provincia de Pontevedra, respecto á reanudación das negociacións para acadar un novo convenio colectivo. En tramitación
· Expediente AGA 40/06: Mediación promovida na empresa MACONSI S.L., respecto ao conflicto xurdido polo cobro de determinadas cantidades pendentes de liquidar. O mediador designado foi D. Julio Portela Ceballos. O procedemento rematou con resultado positivo tras o acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 41/06: Mediación promovida na empresa Aluminio Español, S.A. – Alúmina Española , S.A: (Alcoa) respecto ao conflicto xurdido sobre a disolución do economato da empresa. Arquivouse como un rexeitamento por carecer a parte promotora da representatividade esixida entre as organizacións sindicais no centro de traballo.
· Expediente AGA 42/06: Mediación promovida nas Empresas Auxiliares do Complexo Medioambiental de SOGAMA, respecto ao conflito xurdido pola fixación de servicios mínimos nos paros puntuais convocados polo Comité de Empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo tras alcanzarse acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 43/06: Mediación promovida na empresa Interparking Hispania S.A. respecto ao conflicto xurdido na negociación do convenio a aplicar na devandita empresa. O mediador asignado foi D, Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo tras alcanzarse acordo que pon fin ao conflito
· Expediente AGA 44/06: Mediación promovida na empresa PERFÍS 2000 SERVICIOS S.L. O representante da empresa denuncia incumprimento de servizos mínimos. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo tras alcanzarse acordo que pon fin ao procedemento.
· Expediente AGA 45/06: Mediación promovida nas Empresas Auxiliares que prestan servizos no complexo medioambiental de SOGAMA, a causa de diferenzas na aplicación do Convenio. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo ao non atopar as partes un acordo ao conflito plantexado
· Expediente AGA 46/06: Mediación promovida na empresa ISOLUX INGENIERÍA S.L. GRUPO ISOLUX CORSÁN, por discrepancias na aplicación do Convenio da empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da empresa a participar na devandita mediación
· Expediente AGA 47/06: Mediación promovida na empresa ISOLUX INGENIERÍA S.L. GRUPO ISOLUX CORSÁN, por discrepancias na aplicación do Convenio da empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da empresa a participar na devandita mediación
· Expediente AGA 48/06: Mediación promovida na empresa ARTEIXO TELECOM S.A. a iniciativa dos representantes da devandita empresa. O mediador designado foi D. Jesús Martínez Girón. O procedemento rematou con resultado positivo tras alcanzarse acordo que pon fin ao conflito
· Expediente AGA 49/06: Mediación promovida na empresa CESPA XARDINERÍA (FERROL) por discrepancias na aplicación dun pacto laboral. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo tras alcanzarse acordo que pon fin ao conflito.
· Expediente AGA 50/06: Mediación promovida na empresa MACONSI S.A. pola falta de equiparación entre o persoal da empresa que presta servizos nos edificios da Xunta e o persoal laboral. O procedemento rematou co rexeitamento das outras partes sindicais representativas a participar no mesmo.
· Expediente AGA 51/06: Mediación promovida na empresa DIA S.A. por discrepancias xurdidas na aplicación do Convenio da empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da empresa a participar na devandita mediación.
· Expediente AGA 52/06: Mediación promovida na empresa TURGALICIA S.A. por discrepancias xurdidas na aplicación do Convenio da empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da empresa a participar na devandita mediación.
· Expediente AGA 53/06: Mediación promovida na empresa CYM LÉREZ S.A., polas alegacións de discriminacións entre traballadores presentadas pola parte sindical. O procedemento rematou co rexeitamento da empresa a participar na devandita mediación.
· Expediente AGA 54/06: Arbitraxe promovida nas EMPRESAS AUXILIARES DE SOGAMA, polas discrepancias xurdidas na aplicación de certos artigos do convenio. O mediador designado foi D. Julio Portela Ceballos. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral


· Expediente AGA 55/06: Mediación promovido no sector de Aparcamentos, zona azul e garaxes de vehículos por parte dos representantes de ASESGA para a negociación do Convenio Colectivo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo tras alcanzarse acordo que pon fin ao conflito..
· Expediente AGA 56/06: Mediación promovida polo Comité de Empresa de VESTAS NACELLES SPAIN S.A.U. pola situación de bloqueo xurdida na negociación do Convenio Colectivo de Empresa. En tramitación
· Expediente AGA 57/06: Arbitraxe promovida polos representantes da empresa SODEXHO ESPAÑA S:A: ante a convocatoria de folga no seu centro de O Barco de Valdeorras. O árbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
· Expediente AGA 58/06: Mediación promovida polos representantes do sindicato UGT – Galicia na empresa A.J.M. CARBALLO S.L. ante a convocatoria de folga na devandita empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da empresa a participar na devandita mediación.
· Expediente AGA 59/06: Mediación promovida polos representantes sindicais da CIG na empresa EUROLIMP S.A. ante as discrepancias xurdidas na aplicación do convenio. En tramitación