ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
AGA ANO 2008

A data 31 de decembro de 2008, xestionáronse ao abeiro do procedemento de solucion extraxudicial de conflitos (AGA) polo Servizo de solución de conflitos do Consello 60 expedientes, dos que se da conta a continuacion:


RESULTADO FINAL DE CADA EXPEDIENTE (01.01.2008 / 31.12.2008)

Expdtes iniciados Expdtes rexeitados ou desistidos Conflictos resoltos por acordo previo Expdtes tramitados Expdtes con resultado positivo Expdtes con resultado negativo Expdtes en tramitación
Com. Autónoma 3 1 1 1 1
A Coruña 21 6 15 13 1 1
Lugo 8 2 6 4 2
Ourense 1 1
Pontevedra 27 5 22 22
Total 60 15 1 44 40 3 1


Desagregando estes 60 expedientes que tiveron entrada no Servizo de Solución de Conflitos ata o momento especificamos a seguinte información:



AGA 2008
31/12/2008
EXPEDIENTES XESTIONADOS

• Expediente AGA 1/08: Arbitraxe promovida na empresa DORNIER S.A. polos delegados de persoal en base ás discrepancias xurdidas na interpretación do artigo 12 do laudo arbitral (cambios organizativos) con data 17 de outubro de 2007. O árbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
• Expediente AGA 2/08: Mediación promovida na empresa VALORIZA FACILITIES S.A.U. no seu centro de traballo no servizo de limpeza no Hospital Meixoeiro de Vigo, para clarificar a aplicación de diversos puntos do Convenio colectivo de centro. O mediador designado é D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes..
• Expediente AGA 3/08: Mediación promovida por parte do Comité de Empresa de ALUMINIO ESPAÑOL, ALÚMINA ESPAÑOLA S.A.(ALCOA) acerca da descrición e valoración de posto de traballo Brigada de Alta Tensión de Alúmina. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 4/08: Arbitraxe promovida na empresa DORNIER S.A por parte da empresa, relativo ás discrepancias xurdidas cos traballadores pola instauración dunha nova norma establecida pola empresa. O árbitro designado é D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
• Expediente AGA 5/08: Arbitraxe promovida na empresa JOSÉ LANTERO E HIJOS S.A. por no terse acadada solución algunha no apartado 7 do acordo ó que se chegou o día 9 de novembro de 2007, e que incluía sometemento ao AGA. O árbitro designado é D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
• Expediente AGA 6/08: Mediación promovida pola CIG ante o conflito xurdido e convocatoria de folga plantexada no Sector de Grúas Autopropulsadas da Comunidade Autónoma de Galicia. O mediador designado é D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 7/08: Mediación promovida na empresa INGEMARGA S.A. por parte dos sindicatos UGT e CIG, debido á convocatoria de folga realizada na empresa, así como as discrepancias ante a planificación de quendas propostas. O mediador designado é D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 8/08: Mediación promovida polo Comité de Empresa en VÍCARO CONFECCIÓN S.L. motivada polas discrepancias na asignación de competencias de negociación do calendario de vacacións na empresa. A mediadora designada foi Dª Teresa Díaz López. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 9/08: Mediación promovida na empresa DORNIER S.A. polos delegados de persoal en base ás discrepancias xurdidas na interpretación do artigo 12 do laudo arbitral (cambios organizativos) con data 17 de outubro de 2007. O árbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 10/08: Mediación promovida na empresa URBASER S.A. por parte da dirección da empresa, a causa da convocatoria de folga promovida na súa concesión do servizo de limpeza do Concello de Santiago de Compostela. O mediador designado é D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes..
• Expediente AGA 11/08: Mediación promovida polos representantes sindicais do SN de CC.OO. de Galicia e da CIG na empresa LECHE PASCUAL ESPAÑA S.L.U. no seu centro de traballo de Outeiro de Rei (Lugo), ante a situación de vulneración de dereitos dos traballadores alegada polos devanditos representantes sindicais. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 12/08: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa AUTO RES S.L. ante a convocatoria de folga existente na devandita empresa nos seus centros de traballo en Vigo, Ourense e Pontevedra. O mediador designado é D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes..
• Expediente AGA 13/08: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa MGI COUTIER ESPAÑA, en Vigo, a causa da existencia de discrepancias entre a empresa e os traballadores. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes..
• Expediente AGA 14/08: Mediación promovida polo sindicato FETICO nos centros de traballo de DIA S.A. na provincia de Pontevedra, ante o desexo da empresa de abrir os seus locais en domingos e festivos. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo..
• Expediente AGA 15/08: Arbitraxe promovido de mutuo acordo na CORPORACIÓN DE PRÁCTICOS DEL PUERTO Y LA RÍA DE VIGO S.C. en canto ás cláusulas de suba e revisión salarial. O mediador designado é D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
• Expediente AGA 16/08: Mediación promovida polos representantes da empresa BABCOCK KOMMUNAL MBH Y TECMED S.A. – U.T.E. ante a convocatoria de folga indefinida na planta de tratamento de R.S.U. na Coruña. O mediador designado é D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes..
• Expediente AGA 17/08: Mediación promovida polos representantes do Comité de Empresa de ELABORADOS GALLEGOS S.A. (ELGASA) ante diversas discrepancias xurdidas en materia de vacacións e calendario. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.

• Expediente AGA 18/08: Mediación promovida pola parte social no SECTOR DE INDUSTRIAS E COMERCIO VITIVINÍCOLA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ante o bloqueo producido na negociación do Convenio colectivo de sector. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 19/08: Mediación promovida pola UGT-Galicia, SN de CC.OO. de Galicia e a CIG no SECTOR DE LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ante a ruptura das negociacións do Convenio colectivo de Sector. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 20/08: Mediación promovida polo Comité de Empresa de VEICAR S.L. pola existencia de diversas discrepancias entre a empresa e os traballadores. O mediador designado é D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 21/08: Mediación promovida por parte do Comité de Empresa no HOSPITAL POVISA de Vigo, por diversas discrepancias entre a empresa e os traballadores, incluíndo o que consideran incumprimento do Convenio colectivo de empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 22/08: Arbitraxe promovida de mutuo acordo no SECTOR DE LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA para resolver discrepancias en materia salarial entre 2008-2001. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 23/08: Mediación promovida polos representantes de UGT-Galicia na LIMPEZA DE CONCELLO E DIPUTACIÓN DE LUGO, solicitando a equiparación co persoal laboral equivalente. O mediador designado é D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 24/08: Mediación promovida pola Federación Agroalimentaria do sindicato UGT-Galicia na empresa ARTABRA S.A.U. polo que entenden como modificación unilateral da xornada laboral, e a ruptura de negociación do Convenio colectivo de empresa. A árbitro designada foi Dª Teresa Díaz López. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes..
• Expediente AGA 25/08: Arbitraxe promovido polo Comité de Empresa de GAREVOL S.L. para o proceso de forrado de pomos (modelos 250 e 35-X). O árbitro do procedemento é D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral..
• Expediente AGA 26/08: Arbitraxe promovida polo Comité de Empresa de VEICAR S.L. pola existencia de diversas discrepancias entre a empresa e os traballadores na interpretación do Convenio colectivo de empresa. O árbitro designado é D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
• Expediente AGA 27/08: Mediación promovida polas organizacións sindicais UGT, CSI-CSIF E CIG, no sector da SANIDADE PRIVADA DE OURENSE, ante o estancamento nas negociacións do novo Convenio colectivo de sector. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 28/08: Mediación promovida pola Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte, Téxtil e Telecomunicacións (FGAMT) da CIG na empresa GRÚAS EIRIZ S.A. polas discrepancias xurdidas entre as partes en conflito relativas a determinados complementos salariais. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 29/08: Mediación promovida CIG na empresa LA VOZ DE GALICIA S.A. (Servizo D.O.G.) ante as discrepancias producidas en diversos puntos relativos ás condicións de traballo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 30/08: Mediación promovida por parte do Comité de Empresa de ALUMINIO ESPAÑOL, ALÚMINA ESPAÑOLA S.A.(ALCOA) acerca do conflito xurdido na interpretación do artigo 6.12, Anexo V, 13º, do Convenio colectivo de empresa, relativo ás bolsas para campamentos. A mediadora designada foi Dª Teresa Díaz López. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 31/08: Mediación promovida por parte da FeS de UGT-Galicia (S. Comarcal da Coruña) no sector de AXUDA A DOMICILIO DE GALICIA, ante o bloqueo producido nas negociacións do novo Convenio colectivo de sector. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 32/08: Mediación promovida polas organizacións sindicais CIG, CUT e o SN de CC.OO. de Galicia, e producida na empresa CLECE S.A. no seu servizo de limpeza do Campus da Universidade de Santiago de Compostela. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 33/08: Mediación devenida en arbitraxe, e promovida polos representantes empresariais de CESPA S.A, no seu servizo de recollida de lixo no Concello de Nigrán, ante o bloqueo na negociación do Convenio colectivo do centro, e a convocatoria de folga derivada desa situación. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
• Expediente AGA 34/08: Mediación promovida de forma conxunta na empresa VISTEON SISTEMAS INTERIORES ESPAÑA, S.L., ante o bloqueo na negociación do Convenio colectivo do centro, e a convocatoria de folga derivada desa situación. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 35/08: Mediación promovida polo Comité de Empresa en AGUAS DE MONDARIZ – FUENTE DEL VAL S.A., ante as discrepancias xurdidas entre a empresa e os traballadores na aplicación do Convenio colectivo de empresa en materia salarial. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 36/08: Mediación promovida polos representantes da empresa CESPA S.A., no seu servizo de recollida de lixo no Concello de Pontevedra, ante o bloqueo na negociación do Convenio colectivo do centro, e a convocatoria de folga derivada desa situación. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 37/08: Arbitraxe promovida por parte da representación empresarial en CESPA S.A., no seu servizo de recollida de lixo no Concello de Nigrán, relativa á fixación de servizos mínimos ante a convocatoria de folga no devandito centro de traballo. A árbitro designada foi Dª. Ana Isabel Mariño Baamonde. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
• Expediente AGA 38/08: Arbitraxe promovida de mutuo acordo na empresa TELECYL S.L, en tanto que adxudicataria da contrata lote 2 na exposición GALICIA DIXITAL en Santiago de Compostela, e referida á posibilidade ou non de declarar a subrogación dun determinado colectivo de traballadores. O árbitro designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
• Expediente AGA 39/08: Mediación  promovida polos representantes da empresa CELTA PRIX S.A. no seu centro de traballo en Cedeira (A Coruña), ante o bloqueo na negociación do Convenio colectivo do centro, e a convocatoria de folga derivada desa situación. A mediadora designada foi Dª Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 40/08: Mediación promovida pola FeS UGT-Galicia en Pontevedra, e os Delegados de persoal na empresa CESPA S.A. en tanto que concesionaria do servizo de limpeza no Concello de Poio (Pontevedra), relativa á fixación de servizos mínimos ante a convocatoria de folga no devandito centro de traballo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 41/08: Arbitraxe promovida pola CIG na empresa INDUSAL RÍAS ALTAS, co obxecto de determinar o numero e importe de horas extraordinarias no ano 2007. O árbitro designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
• Expediente AGA 42/08: Mediación promovida polos representantes da empresa CESPA S.A. en tanto que concesionaria do servizo de limpeza no Concello de Poio (Pontevedra) ante o bloqueo na negociación do Convenio colectivo de empresa no devandito centro de traballo. A árbitro designada foi Dª Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 43/08: Mediación promovida pola FeS UGT-Galicia en Lugo na empresa URBASER S.A., no seu centro de traballo en Vilalba (Lugo), ante o bloqueo na negociación do Convenio colectivo do centro, e a convocatoria de folga derivada desa situación. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 44/08: Arbitraxe promovida pola FeS UGT-Galicia en Lugo na empresa URBASER S.A., no seu centro de traballo en Vilalba (Lugo), ante o bloqueo na negociación do Convenio colectivo do centro, e a convocatoria de folga derivada desa situación. O árbitro designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
• Expediente AGA 45/08: Arbitraxe promovida de mutuo acordo na empresa SOGAMA, relativa a discrepancias na valoración de antigüidade en determinados procesos de promoción profesional. O árbitro designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
• Expediente AGA 46/08: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ALCOA INESPAL S.A., polas discrepancias xurdidas na interpretación do Convenio Colectivo de empresa en materia de pago de atrasos. A mediadora no procedemento é Dª Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 47/08: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa Boteros Amarradores de Vigo, SL (BOTAMAVI) ante o bloqueo xurdido na negociación do Convenio colectivo de empresa. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 48/08: Mediación promovida na empresa Galery Engineering S.I.N.F. por parte do Secretario de Acción Sindical de COMFIA Galicia – CC.OO., e mailo delegado de persoal, e motivada pola reclamación de salarios non abonados nos últimos meses. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 49/08: Mediación promovida nas empresas Grúas Vidal S.A. e Transportes Vidal S.A. por parte da CIG, ante a convocatoria de folga nas devanditas empresas. O procedemento rematou por acadar as partes unha solución previa ao mesmo.
• Expediente AGA 50/08: Mediación promovida na empresa Metalúrgica Gallega S.A. (MEGASA) por parte da Secretaría de Política Sindical de MCA-UGT Galicia, a causa da situación de bloqueo producida na negociación do Convenio colectivo de empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 51/08: Arbitraxe promovida de mutuo acordo na empresa Boteros Amarradores de Vigo, SL (BOTAMAVI) co gallo de determinar o número de traballadores axeitados para realizar as actividades de amarre e desamarre. O árbitro designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
• Expediente AGA 52/08: Mediación promovida por parte do Comité de Empresa de ALUMINIO ESPAÑOL, ALÚMINA ESPAÑOLA S.A.(ALCOA) acerca do conflito xurdido na interpretación do artigo 10º do 13ºConvenio colectivo de empresa, relativo ao desempeño de traballos de nivel superior, e a súa retribución. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 53/08: Mediación promovida por parte do Delegado de Persoal na empresa Sociedad Casino Ferrolano – Tenis Club, dada a situación de bloqueo na negociación do Convenio colectivo de empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 54/08: Mediación promovida na empresa CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA na Coruña por parte do Comité de Empresa e a Unión Comarcal da CIG da Coruña, dado o bloqueo na negociación do Convenio colectivo provincial de empresa. O mediador designade e D. Carlos Domenech de Aspe. En tramitación.
• Expediente AGA 55/08: Mediación promovida na empresa IBERPHONE S.A.U. no seus centros de traballo na provincia da Coruña por parte do Comité de empresa, ante as diversas discrepancias existentes entre a empresa e os traballadores, e a convocatoria de folga derivada delas. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 56/08: Arbitraxe promovido de mutuo acordo na CORPORACIÓN DE PRÁCTICOS DEL PUERTO Y LA RÍA DE VIGO S.C. en canto ao réxime de xornada, gardas/ quendas e distribución de horas de presenza, días de descanso semanal, festivos, días de vacación e réxime dos usos profesionais ou costumes de porto. O árbitro designado é D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o correspondente laudo arbitral.
• Expediente AGA 57/08: Mediación promovida de mutuo acordo no Sector de Oficinas e Despachos da provincia de Pontevedra, e derivada da negociación do seu Convenio colectivo de sector. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 58/08: Mediación promovida por parte de diversas asociacións empresariais no Sector do Comercio Vario da Coruña, e motivada polo bloqueo da negociación do Convenio colectivo de Comercio vario nesa provincia, e a posterior convocatoria de folga. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 59/08: Mediación promovida por parte do sindicato UGT-Galicia na empresa Repsol Productos y Servicios Petrolíferos S.L., no seu centro de traballo no Aeroporto de Lavacolla, por discrepancias relativas en canto a cal sería a lexislación, Acordo marco o convenio a aplicar. Esta mediación non tivo efecto, por non ser esta empresa a contraparte empresarial afectada.
• Expediente AGA 60/08: Mediación promovida de mutuo acordo no SECTOR DE INDUSTRIAS E COMERCIO VITIVINÍCOLA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ao xurdir conflitos de interpretación no Convenio colectivo de sector. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.