ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
AGA ANO 2010

A data 31 de decembro, xestionáronse ao abeiro do procedemento de solucion extraxudicial de conflitos (AGA) polo Servizo de solución de conflitos do Consello 65 expedientes, dos que se da conta a continuacion


RESULTADO FINAL DE CADA EXPEDIENTE (01.01.2010 / 31.12.2010)

Expdtes iniciados Expdtes rexeitados ou desistidos Conflictos resoltos por acordo previo Expdtes tramitados Expdtes con resultado positivo Expdtes con resultado negativo Expdtes en tramitación
Com. Autónoma 8 4 4 2 2
A Coruña 27 10 17 11 6
Lugo 8 7 1 1
Ourense 4 4 2 2
Pontevedra 18 3 2 13 11 2
Total 65 24 2 39 27 12


Desagregando estes 65 expedientes que tiveron entrada no Servizo de Solución de Conflitos ata o momento especificamos a seguinte información:


AGA 2010

EXPEDIENTES XESTIONADOS

• Expediente AGA 1/10: Mediación promovida na empresa GARSAN, S.A. polos Delegados sindicais da antedita empresa, pola folga indefinida existente na citada empresa para desbloquear as negociacións do pacto de empresa de adición ao convenio colectivo. A mediadora designada foi Dna. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 2/10: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa BOTEROS AMARRADORES DE VIGO, S.A. (BOTAMAVI) ante a situación de bloqueo xurdida na negociación do Convenio colectivo de empresa. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 3/10: Arbitraxe promovida de mutuo acordo na empresa BOTEROS AMARRADORES DE VIGO, S.A. (BOTAMAVI) para acadar unha solución nunha serie de puntos que quedaron pendentes na mediación previa, referentes ás negociacións existentes para o próximo Convenio colectivo de empresa. O árbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 4/10: Mediación promovida na empresa IBERPHONE por parte do Comité de Empresa, ante as discrepancias xurdidas pola negativa da empresa a pagar unha serie de incentivos por realización dunha determinada campaña de atención ao cliente, e polo incumprimento do convenio no relativo a horarios e pago das xornadas do 24.12.09.e 31.12.09 como festivos especiais. A mediadora designada foi Dna. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 5/10: Mediación promovida na empresa LA VOZ DE GALICIA, S.A – SERVIZO D.O.G. DA XUNTA DE GALICIA, por parte da central sindical CIG, ante as discrepancias xurdidas nas materias relativas, entroutras, a aplicación das equivalencias de categorías profesionais establecida no Convenio Colectivo de Artes Gráficas, e a falla de abono das mesmas, realización e abono dos traballos relativos aos “indices”, horas extraordinarias, licenzas e prohibición das cotraprestacións de servizos con ETTs. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 6/10: Arbitraxe promovida na empresa TRANSPORTE SANITARIO PONTEVEDRA NORTE, S.L. – TRANSA, ante as discrepancias xurdidas sobre como deberán computarse os excesos de xornada ordinaria laboral, ben como horas de presencia, ou ben como horas extraordinarias. O árbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 7/10: Mediación promovida na empresa ISOLUX INGENIERÍA, S.A, por parte da central sindical CC.OO. polo que estiman adopción de medidas por parte da empresa que teñen a condición de modificación substancial das condicións de traballo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 8/10: Mediación promovida na empresa SODEXHO ESPAÑA, S.A. por parte da mesma empresa, con motivo da folga convocada na mesma. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 9/10: Mediación promovida na empresa SYKES ENTERPRISES INCORPORATED, S.L, por parte da mesma empresa, con motivo da presentación dun expediente de regulación de emprego que afecta aos centros de traballo de Coruña e Lugo. O procedemento rematou co rexeitamento da representación dos traballadores a participar no mesmo.

• Expediente AGA 10/10: Mediación promovida na empresa ALUMINIO ESPAÑOL SA – ALÚMINA ESPAÑOLA SA (ALCOA), por parte do Comité de Empresa, sobre a percepción de incrementos salariais. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 11/10: Arbitraxe promovida no SECTOR DE RESIDENCIAS PRIVADAS DA TERCEIRA IDADE, por parte das centrais sindicais CIG e CC.OO, sobre aplicación do disposto no art. 5 e Disposición Adicional 4ª do actual convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 12/10: Mediación promovida na empresa ALCOA INESPAL, S.A. por parte do Comité de Empresa, con motivo da interpretación de varios artigos do convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 13/10: Arbitraxe promovida na empresa GARSAN, S.A. por parte dos delegados de persoal, con motivo da aplicación e interpretación duna cordo acadado no seo do AGA. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 14/10: Mediación promovida na empresa CALVO CHANTADA., S.L. por parte de CIG, con motivo da inaplicación do convenio colectivo e pola situación derivada do despido dun traballador. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 15/10: Arbitraxe promovida na empresa IBERPHONE, S.A.U. por parte do Comité de Empresa, con motivo da clasificación das categorías profesionais. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 16/10: Mediación promovida na empresa AQUAGEST, S.A. por parte da empresa, con motivo da convocatoria dunha folga. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 17/10: Arbitraxe promovida na empresa CESPA,, S.A. no Concello de A Coruña, por parte do Comité de Empresa, con motivo da interpretación e aplicación do Capítulo II e a táboa salarial do Convenio Colectivo do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria, oficinas e talleres do centro de traballo da empresa CESPA, S.A. en A Coruña. O arbitro designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 18/10: Mediación promovida na empresa CESPA,, S.A. no Concello de A Coruña, por parte do Comité de Empresa, con motivo da negociación dun plan de igualdade na empresa, dos protocolos de acoso sexual e psicolóxico, do protocolo de actuación para os casos de violencia de xénero e o acordo de inserción de persoas con discapacidade. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito
• Expediente AGA 19/10: Mediación promovida nas empresas GRÚAS VIDAL, S.A. e GRÚAS E TRANSPORTES VIDAL, S.A. por parte da CIG con motivo da convocatoria dunha folga. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 20/10: Mediación promovida na empresa CESPA,, S.A. no Concello de A Coruña, por parte de CC.OO e CIG, con motivo da negociación dun plan de igualdade na empresa. O procedemento rematou co rexeitamento do Comité de Empresa a participar no mesmo.

• Expediente AGA 21/10: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa BOTEROS AMARRADORES DE VIGO, S.A. (BOTAMAVI) ante a situación derivada da negociación de diversos aspectos do Convenio Colectivo de empresa. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 22/10: Mediación promovida na empresa URBASER, S.A. por parte da propia empresa con motivo da convocatoria dunha folga derivada de desacordos na negociación do convenio colectivo. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 23/10: Mediación promovida na empresa ASIENTOS DE GALICIA, S.L. por parte do Comité de Empresa con motivo da aplicación do artigo 16 (vacacións) do convenio colectivo da antedita empresa . O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 24/10: Mediación promovida na empresa FCC, S.A. – MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS “SERRA DO BARBANZA” por parte do Comité de Empresa, sobre a interpretación do convenio colectivo (artigo 4.2) na cuestión relativa os incrementos salariais a aplicar en caso de prórroga do mesmo. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 25/10: Mediación promovida na empresa CORPORACION ALIMENTARIA PEÑASANTA, S.A. por parte da Federación Agroalimentaria de Galicia de UGT, con motivo do bloqueo na negociación do convenio colectivo. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 26/10: Mediación promovida na empresa CESPA,, S.A. no Concello de A Coruña,  con motivo da negociación dun plan de igualdade na empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 27/10: Mediación promovida no SECTOR DE LIMPEZA DE  EDIFICIOS E LOCAIS DA PROVINCIA DE OURENSE, por parte de FeS – UGT Ourense,  con motivo do bloqueo na negociación do convenio colectivo. A mediadora designada foi Dª. Rocío de Frutos Madrazo. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 28/10: Mediación promovida na empresa LIMPIEZAS PISUERGA GRUPO NORTE LIMPISA, S.A (servizo de limpeza da Xunta de Galicia Servizos Administrativos de San Caetano), polas centrais sindicais UGT, CC.OO e CUT, derivada das discrepancias xurdidas na interpretación do artigo 44 (xubilación obrigatoria aso 65 anos) do Convenio Provincial de Limpeza de Edificios e Locais da provincia da Coruña. O procedemento rematou co rexeitamento da maioría da representación social a participar no mesmo.
• Expediente AGA 29/10: Mediación promovida na empresa CLECE, SA. -  SERVICIO DE LIMPEZA DA U.S.C., CAMPUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, con motivo na negociación dun acordo de condicións económicas e sociais. A mediadora designada foi Dna. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 30/10: Mediación promovida no SECTOR DE COMERCIO DO METAL DA PROVINCIA DE OURENSE, por parte de CHTJ – UGT Ourense, CIG - Ourense e CC.OO Ourense, con motivo do bloqueo na negociación do convenio colectivo. A mediadora designada foi Dª. Pilar Cancela Rodríguez. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 31/10: Arbitraxe promovida no SECTOR DE RESIDENCIAS PRIVADAS DA TERCEIRA IDADE, por parte de CC.OO., sobre aplicación do disposto no art. 5 e Disposición Adicional 4ª, así como do artigo 28, do actual convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 32/10: Arbitraxe promovida na empresa CENTRO “RICARDO BARO” - ASPRONAGA, por parte do Comité de Empresa., sobre recoñecemento de días de vacacións e sobre pagamento do complemento do 20% pola realización de traballo nocturno. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 33/10: Mediación promovida na empresa ALUMINIO ESPAÑOL SA – ALÚMINA ESPAÑOLA SA (ALCOA), por parte do Comité de Empresa, sobre percepción de retribucións de traballos de superior categoría por aqueles traballadores que realizan substitucións de persoas de función directiva, e aplicación dos permisos de por nacemento ou adopción estando o traballador afectado en período de vacacións. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 34/10: Mediación promovida na empresa TROQUELES Y MOLDES DE GALICIA, S.A. (TROMOSA), por parte do Comité de Empresa, derivada das discrepancias xurdidas trala aplicación pola empresa a partires do xaneiro de 2010 dun suba do 5% no salario base e complementos con cargo a unha absorción do plus de actividade, plus que os traballadores non consideran absorvible, e a creación de conceptos novos na nómina igualmente con cargo ao antedito plus de actividade. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 35/10: Mediación promovida na empresa AGUAS DE MONDARIZ, S.A., por parte de UGT e CIG, derivada do bloqueo na negociación do convenio colectivo. A mediadora designada foi Dna. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 36/10: Mediación promovida na empresa U.T.E. EXPLOTACIÓN PISCINAS DE VIGO, por parte do Comité de Empresa, con motivo do sistema de elección de horarios, que estiman contradictorio co disposto no convenio colectivo, e polas diferenzas de criterio na aplicación dos dereitos dos traballadores para acceder á conciliación familiar. A mediadora designada foi Dª. Ana Isabel Mariño Baamonde. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 37/10: Mediación promovida no SECTOR DO COMERCIO DO TEXTIL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, por parte de CC.OO, UGT e CIG, derivada da ruptura na negociación do convenio colectivo, que motivou a convocatoria de folga. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 38/10: Mediación promovida na empresa YUDIGAR GALICIA, S.A., por parte do Comité de Empresa, por discrepancias de interpretación na aplicación da suba porcentual que marca o convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 39/10: Mediación promovida na empresa CESPA,, S.A. no Concello de A Coruña,  por parte do Comité de Empresa, con motivo do desenvolvemento do acordado no abeiro do AGA (Expte. 26/10) relativo ao plan de igualdade na empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 40/10: Mediación promovida na empresa IBERHEALTH CORUÑA, S.A  con motivo da presentación dun expediente de regulación de emprego extintivo e pola falla de ocupación efectiva dos traballadores afectados. O procedemento rematou co desestimento no procedemento de mediación.
• Expediente AGA 41/10: Mediación promovida na empresa CESPA,, S.A. encargada do servizo de recollida de lixo no Concello de Nigrán,  por parte da CIG, con motivo da convocatoria dunha folga no antedito servizo. O procedemento rematou con acordo previo ao procedemento de mediación.
• Expediente AGA 42/10: Mediación promovida na empresa COMPONENTES AERONAUTICOS COASA, S.A.U., por parte do Comité de Empresa, motivado no conflito xurdido como consecuencia da presentación dun ERE por parte da empresa. A mediadora designada foi Dª. Rocío de Frutos Madrazo. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 43/10: Mediación promovida na empresa ALMACENAMIENTOS Y MONTAJES, S.A.(ALYMOSA),  por parte da empresa, con motivo do bloqueo na negociación do convenio colectivo. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 44/10: Mediación promovida no CONSELLO REGULADOR DE AGRICULTURA ECOLÓXICA DE GALICIA (CRAEGA),  por parte de UGT, con motivo do bloqueo na negociación do convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 45/10: Mediación promovida na empresa TRAMAGA, S.A.,  por parte da empresa, motivado do conflito xurdido como consecuencia das pretensións de descolgue salarial instadas pola empresa con respecto a determinadas categorías de traballadores. O procedemento rematou co rexeitamento da parte sindical a participar no mesmo.
• Expediente AGA 46/10: Mediación promovida na empresa MAIER FERROPLAST, S.L.  por parte da empresa, con motivo do estancamento na negociación do convenio colectivo. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 47/10: Mediación promovida no SECTOR DE TINTURARÍAS, LAVANDERÍAS E  PRANCHADO DE ROUPA DA PROVINCIA DA CORUÑA, promovida polo secretario da Comisión paritaria do convenio colectivo, con motivo da solicitude de descolgue salarial presentada por dúas empresas do sector. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co desestimento no procedemento de mediación.
• Expediente AGA 48/10: Mediación promovida na empresa COMPONENTES AERONAUTICOS COASA, S.A.U., por parte do Comité de Empresa, motivado no conflito xurdido como consecuencia da presentación dun ERE por parte da empresa. A mediadora designada foi Dª. Rocío de Frutos Madrazo. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 49/10: Arbitraxe promovida na empresa ALMACENAMIENTOS Y MONTAJES, S.A.(ALYMOSA) de mutuo acordo pola empresa e o comité, motivado polas diverxencias na interpretación de diversos puntos do acordo acadado en data 19.07.10 no seo do AGA , para a redacción do convenio colectivo. O árbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 50/10: Mediación promovida na empresa ALUMINIO ESPAÑOL SA – ALÚMINA ESPAÑOLA SA (ALCOA), por parte do Comité de Empresa, sobre valoración de postos de traballo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 51/10: Mediación promovida no SECTOR DE HOSTALERÍA DA PROVINCIA DA CORUÑA, por parte do SN de CC.OO. de Galicia, ante as dificultades xurdidas para asinar as táboas salariais para o presente ano. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 52/10: Mediación promovida na empresa GALAUREA SL pola representación empresarial derivada da presentación de documento de inaplicación do Convenio. O procedemento rematou co rexeitamento da parte sindical a participar no mesmo.
• Expediente AGA 53/10: Mediación promovida na empresa DRAGADOS SL no seu centro de traballo do aparcadoiro municipal de Vigo pola parte empresarial, ante a convocatoria de folga promovida no devandito centro. O procedemento rematou con acordo previo ao procedemento de mediación.
• Expediente AGA 54/10: Mediación promovida na empresa CESPA,, S.A. no Concello de A Coruña,  por parte do Comité de Empresa, con motivo do desenvolvemento do acordado no abeiro do AGA (Expte. 26/10) relativo ao plan de igualdade na empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 55/10: Mediación promovida na empresa CEMENTOS COSMOS, S.A. polos sindicatos UGT-Galicia, SN de CC.OO. de Galicia e CIG, ante o bloqueo existente na negociación do convenio colectivo de empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 56/10: Mediación solicitada pola empresa MAIER FERROPLAST, S.L.  ante as dificultades xurdidas na elaboración do texto definitivo do Convenio colectivo de empresa. Os mediadores designados foron Dª. Beatriz Sueiro Padín e D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 57/10: Mediación solicitada polas empresas AGARTE e ACOLLE no SECTOR DE RESIDENCIAS PRIVADAS DA TERCEIRA IDADE, ante as discrepancias existentes na aplicación de diversos artigos do II Convenio colectivo de sector. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito. .
• Expediente AGA 58/10: Mediación solicitada polas organizacións sindicais UGT, CIG e SN de CC.OO. de Galicia, así como polo Comité de Folga na empresa SOGAMA e todas as súas empresas Auxiliares, Contratas e Subcontratas do Complexo Medioambiental de Cerceda ante o que cualifican como incumprimento de diversos puntos do Convenio colectivo, e de acordos firmados en materia de Saúde laboral, e outras. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 59/10: Mediación promovida polas organizacións sindicais UGT e SN de CC.OO. de Galicia na empresa Fundación Camiña Social, por problemas derivados da situación de bloqueo na negociación do Convenio colectivo de empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 60/10: Mediación promovida polas organizacións sindicais CIG e SN de CC.OO. de Galicia no SECTOR DE INSTALACIÓN DEPORTIVAS E XIMNASIOS DE GALICIA ante a falta de acordo na Comisión Paritaria en diversos puntos. A mediadora designada foi Dª Teresa Díaz López.. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 61/10: Mediación promovida polos representantes empresariais de TOP WASH S.L. nte a situación de bloqueo existente na negociación das condicións de traballo na mesma. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• . Expediente AGA 62/10: Arbitraxe promovida na empresa ALMACENAMIENTOS Y MONTAJES, S.A.(ALYMOSA) de mutuo acordo pola empresa e o comité, motivado polas diverxencias na interpretación de diversos puntos do acordo acadado en data 19.07.10 no seo do AGA , para a redacción do convenio colectivo. O árbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expendiente AGA 63/10: Mediación promovida polos representantes das empresas INDUSAL RÍAS ALTAS, S.A., FUNDOSA LAVANDERÍAS INDUSTRIALES, LAVANORTE, S.L. e na ASOCIACIÓN GALLEGA DE GRANDES Y MEDIANAS EMPRESAS DE ALQUILER Y LAVADO DE ROPA, ante a existencia de desacordos xurdidos na aplicación do Plan de Actividade. A mediadora designada foi Dª Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 64/10: Mediación promovida polos representantes da empresa CESPA,, S.A. no Concello de A Coruña,  con motivo da convocatoria de folga existente no citado centro de traballo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 65/10: Mediación promovida no SECTOR DE AXENCIAS MARÍTIMAS E ADUANEIRAS, EMPRESAS ESTIBADORAS PORTUARIAS E COMISIONISTAS DE TRA´NSITO DA PROVINCIA DA CORUÑA promovido polos representantes de APEMCO E PROAMAR, co obxectivo de resolver o Convenio colectivo provincial do sector. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.