ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
AGA ANO 2011

A data 31 de decembro, xestionáronse ao abeiro do procedemento de solucion extraxudicial de conflitos (AGA) polo Servizo de solución de conflitos do Consello 75 expedientes, dos que se da conta a continuacion


RESULTADO FINAL DE CADA EXPEDIENTE (01.01.2011 / 31.12.2011)

Expdtes iniciados Expdtes rexeitados ou desistidos Conflictos resoltos por acordo previo Expdtes tramitados Expdtes con resultado positivo Expdtes con resultado negativo Expdtes en tramitación
Com. Autónoma 7 5 1 1 1
A Coruña 25 11 14 12 2
Lugo 11 7 4 3 1
Ourense 4 1 2 2 1
Pontevedra 28 7 3 14 14 4
Total 75 31 3 35 32 3 6


Desagregando estes 75 expedientes que tiveron entrada no Servizo de Solución de Conflitos ata o momento especificamos a seguinte información:




AGA 2011
20/09/2011
EXPEDIENTES XESTIONADOS

• Expediente AGA 1/11: Arbitraxe promovida na empresa FUNDACIÓN TIC pola UGT, con motivo dunha serie de discrepancias de carácter económico e sociolaboral. O procedemento rematou ao terse producido o desistimento das partes en conflito.
• Expediente AGA 2/11: Mediación promovida por parte do sindicato CIG na empresa PAPELEIRA DE BRANDÍA, S.A., polo non cumprimento por parte da empresa duns acordos en materia de cadrantes de traballo e incremento do plus de productividade. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 3/11: Arbitraxe promovida polo responsable do Sector de Administración Local na Federación de Servizos á Cidadanía de CC.OO de Vigo no CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS ante a situación de bloqueo producida na negociación de determinados puntos do Acordo regulador para o persoal funcionario e do Convenio Colectivo para o persoal laboral (xornada e horario, consolidación, funcionarización e promoción, causas de despido, constitución dun fondo social, réxime disciplinario, garantías e facultades dos representantes do persoal funcionario e laboral, xubilación anticipada e premios a xubilación, formación en materia de prevención de riscos e revisión de cadros de persoal). O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 4/11: Mediación promovida nas empresas GRÚAS VIDAL, S.A. e GRÚAS E TRANSPORTES VIDAL, S.A. por parte da CIG con motivo da convocatoria dunha folga convocada pola falla de aboamento de salarios e polo despido de seis traballadores. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 5/11: Mediación promovida pola organización UGT-Galicia (FTA) na empresa LEYMA, ante a situación de bloqueo na negociación do Convenio Colectivo de centro, e por determinadas decisións da empresa, como é a retirada do servizo de autobús. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 6/11: Mediación promovida pola responsable de FITEQA-CCOO de Ourense, en representación do Comité de Empresa de SOCIEDAD TEXTIL LONIA, S.A., ante discrepancias xurdidas no establecemento do cadro de vacacións. A mediadora designada foi Dª. Rocío de Frutos Madrazo. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 7/11: Arbitraxe promovida de mutuo acordo polos delegados de persoal e a representación empresarial nas empresas NODOSAT, S.L., NODOMAR MORRAZO, S.L. E NODOSA, S.L, ante as discrepancias xurdidas na consideración ou non como horas efectivas de traballo, aos efectos do computo anual de horas traballadas, das correspondentes a xornadas de folga levadas a cabo por parte dos traballadores. O arbitro designado foi José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 8/11: Mediación promovida polo Comité de Empresa da SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A., TURGALICIA, ante discrepancias xurdidas en materia de calendario laboral. A mediadora designada foi Dª. Rocío de Frutos Madrazo. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 9/11: Mediación promovida no SECTOR DO COMERCIO DETALLISTA TÉXTIL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, pola responsables de CC.OO e UGT na Mesa negociadora do antedito Convenio, con motivo das discrepancias xurdidas na interpretación do artigo 36 do mesmo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 10/11: Mediación solicitada polas organizacións sindicais UGT e CIG, así como polo Comité de Folga na empresa SOGAMA e todas as súas empresas Auxiliares, Contratas e Subcontratas do Complexo Medioambiental de Cerceda ante o que cualifican como incumprimento de diversos puntos do Convenio colectivo, e de acordos firmados en materia de Saúde laboral, e outras. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 11/11: Arbitraxe promovida de mutuo acordo polos membros da Comisión Paritaria do Convenio Colectivo de Actores e Actrices de Teatro de Galicia, con motivo das discrepancias xurdidas na interpretación do artigo 14 do mesmo. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 12/11: Mediación promovida polo SN de CC.OO. de Galicia na empresa Cooperativa Farmacéutica de Galicia S.A. (COFAGA), por discrepancias na aplicación do Artigo 9 (Niveis de desenvolvemento profesional) e 40 (Bolsa de emprego) do Convenio colectivo. O mediador designado é D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 13/11: Mediación promovida na empresa DORNIER S.A. polas discrepancias existentes entre a dirección empresarial e os representantes dos traballadores na organización do traballo por modificacións organizativas/productivas. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 14/11: Mediación promovida no SECTOR DO COMERCIO DE MOBLES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, polas centrais sindicais UGT, CC.OO e CIG, con motivo do bloqueo na negociación do convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 15/11: Mediación promovida na empresa PLASTICOS DE CARBALLO, S.A. (PLACASA), polo Comité de Empresa, con motivo da inaplicación do XV Convenio xeral da industria química en materia de xornada (artigo 42.1º). O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 16/11: Arbitraxe promovida na empresa ALMACENAMIENTOS Y MONTAJES, S.A.U. (ALYMOSA), pola Dirección da empresa e polo Comité de empresa, en virtude dos acordos acadados en anteriores procedementos de mediación, ao efecto de levar a cabo un estudio que determine o comenzo da escala proporcional do IP na antedita empresa (o valor da prima de producción IP 95 está pendente de estudo segundo o establecido no último parágrafo do artigo 17 do Convenio Colectivo) a fin de que garde o correspondente sistema de proporcionalidade cos da empresa do Grupo Viza, S.A. O arbitro designado foi José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 17/11: Mediación promovida na empresa GABISA AUTOMOCIÓN, S.A., pola central sindical UGT, polas discrepancias xurdidas na interpretación do artigo 4º do Convenio colectivo da antedita empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 18/11: Mediación promovida na empresa GRUPO STC SISTEMAS DE COMUNICACIÓN Y CONTROL, S.A., pola central sindical  CC.OO, con motivo da interpretación dos artigos 27 (desprazamentos) e 30 (xornada de traballo) do Convenio colectivo da industria siderometalúrxica da provincia da Coruña. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 19/11: Mediación promovida na empresa ELECTROQUÍMICA DEL NOROESTE, S.A.U. (ELNOSA), polo Comité de Empresa, polo bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou ao acadarse unha solución previa entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 20/11: Arbitraxe promovida na empresa PLASTIC OMNIUM COMPONENTES EXTERIORES, S.L., polo Comité de Empresa, con motivo das discrepancia xurdidas ao efecto de determinar o dereito ou non ao disfrute de vacacións  unha vez transcorrido o ano natural, e non ter sido disfrutadas por estar en situación de baixa. A arbitro designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 21/11: Mediación promovida pola empresa BOSCH SECURITY SYSTEMS, S.A.U., con motivo da convocatoria dunha folga. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 22/11: Mediación promovida na empresa UTE ALBADA. con motivo do bloqueo na negociación do convenio colectivo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 23/11: Mediación promovida na empresa LA TOJA, S.A. con motivo do estancamento na negociación do convenio colectivo. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 24/11: Mediación promovida na empresa ALUMINIO ESPAÑOL-ALÚMINA ESPAÑOLA, S.A. (ALCOA) por parte do Comité de Empresa, por discrepancias na aplicación do artigo 19 do Convenio colectivo de empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 25/11: Mediación promovida na empresa VDR CONFEC S.L:U. por parte dos traballadores da citada empresa, e ante a convocatoria de folga existente na mesma. En tramitación.
• Expediente AGA 26/11: Mediación promovida no SECOTRO DO COMERCIO DE ALIMENTACIÓN DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA por parte da UGT, ante discrepancias de interpretación do incremento polo concepto de antigüidade consolidada do artigo 25 do Convenio colectivo de aplicación. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 27/11: Arbitraxe promovida na empresa FUNDACIÓN TIC pola UGT, con motivo dunha serie de discrepancias de carácter económico e sociolaboral. O árbitro designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 28/11: Mediación promovida no SECTOR DE TRANSPORTE DE ENFERMOS E ACCIDENTADOS EN AMBULANCIA DE GALICIA por parte da Federación de Servizos a Cidadanía do SN de CC.OO. de Galicia, e motivado na inaplicación da cláusula de revisión salarial para 2011. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 29/11: Mediación promovida de mutuo acordo no SECTOR DE OFICINAS E DESPACHOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, e relativa ás Táboas salariais a aplicar no ano 2011. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 30/11: Mediación promovida polo Comité de Empresa de PLÁSTICOS FERRO, S.L., ante a situación de bloqueo existente na negociación do Convenio Colectivo de Empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 31/11: Mediación promovida por parte da Federación de Sanidade do SN de CC.OO. de Galicia, no SECTOR DE RESIDENCIAS PRIVADAS DA TERCEIRA IDADE DE GALICIA, ante as discrepancias de interpretación existentes na aplicación do Artigo 38 do Convenio colectivo de sector. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 32/11: Mediación promovida polos representantes da empresa M. González Suárez S.A. (GONSUSA) ante a convocatoria de folga producida na citada empresa. O procedemento rematou ao acadarse unha solución previa entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 33/11: Mediación promovida pola Delegada de Persoal da empresa ADICIONAL LOGISTICS ESPAÑA S.L.  no seu centro de traballo en Vigo, ante a situación de conflito colectivo existente na citada empresa. En tramitación.
• Expediente AGA 34/11: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ALCOA INESPAL, S.A., con motivo das discrepancias xurdidas na valoración de determinados postos de traballo e pola oferta de prazas vacantes. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 35/11: Mediación promovida na empresa DAN, S.A, no seu centro de traballo de San Xusto (Carballeda de Valdeorras), polo delegado de persoal da mesma e pola central sindical CC.OO, con motivo do retraso no aboamento de salarios así coma doutros complementos derivados dun ERE temporal. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 36/11: Arbitraxe promovida de mutuo acordo no SECTOR DO GRANITO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, pola Asociación do Clúster do Granito e polas centrais sindicais CC.OO, CIG e UGT, con motivo das discrepancias xurdidas na interpretación de se o IV Convenio Colectivo da Construcción é de aplicación no referido aos incrementos salariais dos anos 2010-2011, así como á posible revisión salarial. O arbitro designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 37/11: Arbitraxe promovida pola Delegada sindical de CC.OO na empresa INGESAN GRUPO OHL (SERVIZO DE LIMPEZA DO COMPLEXO HOSPITALARIO DA CORUÑA), solicitando a aplicación do artigo 7 do Convenio Colectivo ás vacantes que se produzan por xubilación ou por incapacidade permanente, que deberían ser ofertadas en primeiro lugar aos traballadores que xa prestan servizos na empresa e que deberían ser adxudicadas por riguroso orde de antigüidade. O procedemento rematou co rexeitamento da maioría da representación dos traballadores a participar no mesmo.
• Expediente AGA 38/11: Mediación promovida pola empresa DENSO SISTEMAS TÉRMICOS ESPAÑA, S.A., ante a situación de bloqueo na negociación do Convenio e pola convocatoria de folga indefinida. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 39/11: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ASIENTOS DE GALICIA, S.L., ante a situación de bloqueo na negociación do Convenio colectivo. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 40/11: Mediación promovida na empresa BORGWARNER EMISSIONS SYSTEMS SPAIN, S.L. con motivo da negociación do Convenio Colectivo. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 41/11: Mediación promovida pola Federación Nacional de Transportes, Comunicación e Mar da UGT de Galicia, no SECTOR DE TRANSPORTE DE MERCADORÁIS POR ESTRADA DA PROVINCIA DA CORUÑA, con motivo da negociación do Convenio Colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 42/11: Mediación promovida na empresa polo S. N de CC. OO de Galicia, ante a situación de bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial.
• Expediente AGA 43/11: Arbitraxe promovida de común acordo pola representación empresarial e sindical na empresa MAIER FERROPLAST, S.L., solicitando a interpretación dos artigos 48 (puntualidade e asistencia), 30 B (suspensión do contrato por paternidade) e 54 (baixas por enfermidade e accidente) do Convenio Colectivo. O arbitro designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 44/11: Mediación promovida na empresa BABCOK KOMMUNAL, MBH Y TÉCNICAS MEDIOAMBIENTALES, TECMED, S.A., UTE (ALBADA), con motivo da convocatoria dunha folga. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 45/11: Mediación promovida pola CIG na empresa GALISEC, S.L.U. con motivo do retraso no aboamento de salarios así como polas médidas de extinción de contratos adoptadas pola mesma. O procedemento rematou ao acadarse unha solución previa entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 46/11: Mediación promovida no Grupo EINSA, con motivo da convocatoria dunha folga. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez Díaz. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 47/11: Mediación promovida polo Comité de Empresa de VEICAR, S.L., con motivo de diversas reclamacións en materia salarial. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 48/11: Mediación promovida pola U.C. de CC.OO de Pontevedra na empresa URBASER, S.A. no seu centro de traballo de recollida pública de R.S.U de Marín, con motivo do bloqueo na negociación do convenio colectivo. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. En tramitación.
• Expediente AGA 49/11: Arbitraxe promovida polo Comité de Empresa de PLÁSTICOS FERRO, S.L., ante a situación de bloqueo existente na negociación do Convenio Colectivo de Empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial.
• Expediente AGA 50/11: Mediación promovida polo Comité de Empresa de FÁBRICA CERÁMICA DE SARGADELOS, S.L., polas discrepancias xurdidas con ocasión da elaboración do calendario laboral. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 51/11: Mediación promovida no SECTOR DO COMERCIO DE ALIMENTACIÓN DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, por parte de UGT, CC.OO, FETICO e USO, ante as discrepancias suscitadas con ocasión da interpretación do concepto de complemento de antigüidade do artigo 25 do Convenio colectivo do comercio de alimentación da Provincia de Pontevedra. En tramitación.
• Expediente AGA 52/11; Mediación promovida na empresa ALCOA INESPAL, S.A. polo Comité de Empresa, motivada pola existencia dun conflito en materia de mobilidade funcional. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial.
• Expediente AGA 53/11: Mediación promovida na empresa ALUMINIO ESPAÑOL-ALÚMINA ESPAÑOLA, S.A. (ALCOA) por parte do Comité de Empresa, por discrepancias na aplicación do artigo 17.1 do Convenio colectivo de empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 54/11: Mediación promovida na empresa SEVERIANO GESTIÓN, S.L. por parte do sindicato CIG, tras o desentendemento da proposta de descolgue salarial feita pola empresa. O mediador designado é D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 55/11: Mediación promovida na empresa ATENDO CALIDADE, S.L. no seu centro de traballo en Lugo, por parte da UC do SN de CC.OO. de Galicia en Lugo, pola existencia dun conflito relativo aos incrementos salariais correspondentes ao ano 2011. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 56/11: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa URBASER, S.A., nos servizos de recollida pública de R.S.U. nos concellos de Pontecandelas, Soutomaior e Vilaboa. O mediador designado é D. José Mª Casas de Ron. En tramitación.
• Expediente AGA 57/11: Mediación promovida pola representación empresarial das empresas GRUPO DE TRANSPORTES JAVIER ESTÉVEZ, S.L. TRANSPORTES CABALAR, S.A., TRANSPORTES CABALAR DE LÍQUIDOS ALIMENTARIOS, S.L. e TRANSPORTES CARBA-ESTE, S.L. con motivo dunha serie de discrepancias de carácter salarial.  A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. En tramitación.
• • Expediente AGA 58/11: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa VESTAS NACELLES SPAIN, S.A.U., con motivo do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 59/11: Mediación promovida polo Comité de Empresa de SOCIEDAD TEXTIL LONIA, S.A., ante discrepancias xurdidas en materia de reclasificacións de categorías. A mediadora designada foi Dª. Rocío de Frutos Madrazo. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 60/11: Mediación promovida pola empresa GAIA GD, SL – MOVEXVIAL S.L. UTE, ante a imposibilidade de pechar un acordo de empresa que regule a relación laboral, ante o desacordo existente pola aplicación do Convenio Colectivo de instalacións deportivas e ximnasios de Galicia. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 61/11: Mediación promovida na empresa ALUMINIO ESPAÑOL, S.A. - ALÚMINA ESPAÑOLA, S.A. (ALCOA) por parte do Comité de Empresa, ante o desacordo existente na conformación do plan de igualdade. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 62/11: Mediación promovida de mutuo acordo no SECTOR DO GRANITO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ante a situación de bloqueo na negociación do convenio colectivo. En tramitación.
• Expediente AGA 63/11: Mediación promovida no SECTOR DA PRIMEIRA TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA DA PROVINCIA DE LUGO, por parte de FECOMA- CCOO Galicia, con motivo da non aplicación dos salarios mínimos establecidos na Disposición Adicional 3ª do III Convenio colectivo estatal da madeira. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 64/11: Mediación promovida no SECTOR DE HOSTALERÍA DA PROVINCIA DA CORUÑA, por parte de CC.OO, UGT e CIG, ante a situación de bloqueo na negociación do convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 65/11: Mediación promovida de mutuo acordo no Grupo EINSA, con motivo da negociación da negociación dun ERE suspensivo. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez Díaz. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 66/11: Mediación promovida polo comité de empresa de GEA GRENCO IBÉRICA, S.A., ante a situación de bloqueo na negociación do convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 67/11: Mediación promovida pola CIG na empresa LIMPISA – GRUPO NORTE (Servizo de limpeza da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela), con motivo dunha serie de discrepancias en materia de cobertura de vacantes e categorías profesionais . O procedemento rematou ao terse producido o desistimento das partes en conflito.
• Expediente AGA 68/11: Mediación promovida polo central sindical STL na empresa CESPA,, S.A. no Concello de A Coruña, ante a situación de bloqueo no inicio da negociación do convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 69/11: Mediación promovida pola central sindical CIG na empresa VALORIZA AGUA, S.L., ante a situación de bloqueo no desenvolvemento da negociación do convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 70/11: Arbitraxe promovida polo Comité de Empresa do CENTRO RICARDO BARÓ – ASPRONAGA, ante as discrepancias na interpretación do artigo 45 (Vacacións) do Convenio Colectivo. O árbitro designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 71/11: Mediación promovida polo central sindical UGT no SECTOR DE COMERCIO POR XUNTO DE PEIXE FRESCO DE PONTEVEDRA, ante a situación de bloqueo no inicio da negociación do convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 72/11: Mediación promovida na empresa CARROCERÍA CASTROSÚA, S.A., polo Comité de Empresa, ante o que consideran incumprimento do disposto no artigo 32 do Convenio de aplicación, no tocante a fixación pola empresa do calendario laboral para o ano 2012. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 73/11: Arbitraxe promovida pola representación da empresa CONSERVAS ISABEL DE GALICIA, S.L., ante a situación de desacordo existente durante a negociación do período de consultas nunha modificación substancial de condicións de traballo (aboamento dun concepto extraestatutario denominado “condición máis beneficiosa”). O procedemento rematou co rexeitamento da parte social a participar no mesmo.
• Expediente AGA 74/11: Mediación promovida pola representación da empresa SEVERIANO SERVICIO MOVIL, S.A., ante a situación de bloqueo na negociación do convenio colectivo do Arquivo de Historias Clínicas de A Coruña. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 75/11: Mediación promovida polos representantes da Comisión Paritaria do convenio de FUNDACIÓN CAMIÑA SOCIAL, ante a situación de desacordo existente en materia de xornada. En tramitación.