ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
AGA ANO 2012

Unha vez rematado o ano 2012, xestionáronse ao abeiro do procedemento de solucion extraxudicial de conflitos (AGA) polo Servizo de solución de conflitos do Consello 66 expedientes, dos que se da conta a continuacion


RESULTADO FINAL DE CADA EXPEDIENTE (01.01.2012 / 31.12.2012)

Expdtes iniciados Expdtes rexeitados ou desistidos Conflictos resoltos por acordo previo Expdtes tramitados Expdtes con resultado positivo Expdtes con resultado negativo Expdtes en tramitación
Com. Autónoma 7 3 2 2 2
A Coruña 36 16 19 14 5 1
Lugo 2 2 2
Ourense 3 1 2 2
Pontevedra 18 3 1 14 14
Total 66 23 1 39 32 7 3


Desagregando estes 66 expedientes que tiveron entrada no Servizo de Solución de Conflitos ao longo do pasado ano, especificamos a seguinte información:



AGA 2012
20/12/2012
EXPEDIENTES XESTIONADOS


• Expediente AGA 1/12: Arbitraxe promovida pola parte empresarial na empresa LEYMA CENTRAL LECHERA, SA, ante a situación de bloqueo xurdida na negociación do novo Convenio colectivo de empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte sindical a participar no mesmo.
• Expediente AGA 2/12: Mediación promovida por parte Federación de Industria e Traballadores Agrarios de UGT de Galicia na empresa LEYMA CENTRAL LECHERA, SA, ante a situación de bloqueo xurdida na negociación do novo Convenio colectivo de empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 3/12: Mediación promovida polo Comité de Empresa de AUTOESTRADAS DE GALICIA, CXG, SA ante a situación de bloqueo xurdida na negociación do novo Convenio colectivo de empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 4/12: Mediación promovida polo Comité de Empresa de SOCIEDAD TEXTIL LONIA, S.A. ante as discrepancias existentes en materia de vacacións para o ano 2012. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 5/12: Arbitraxe promovida de mutuo acordo na CORPORACIÓN DE PRÁCTICOS DEL PUERTO Y RÍA DE VIGO, ante as discrepancias existentes en materia de quendas, descansos e vacacións. O arbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 6/12: Mediación promovida pola CIG e a representación sindical da empresa CESPA, SA (Consorcio As Mariñas) alegando incumprimento da normativa en materia de descansos. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 7/12: Mediación promovida de polos sindicatos FeS-UGT e CIG na empresa LIMPISA GRUPO NORTE, SA, no seu centro do servizo de limpeza no Hosptial Virxe da Xunqueira (Cee) relativa á equiparación do persoal de limpeza do citado centro co grupo E do SERGAS, e a convocatoria de folga derivada do conflito resultante. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 8/12: Mediación promovida pola Federación Nacional de Actividades Diversas do SN de CC.OO. de Galicia no SECTOR DE AXUDA A DOMICILIO DE GALICIA, ante as dificultades xurdidas á hora de por en marcha a Comisión Negociadora para o novo Convenio Colectivo de sector. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 9/12: Mediación promovida pola CIG na empresa CONSTRUCCIÓNES CRESPO, S.A, motivada pola reclamación do cobro de atrasos devengados no ano 2011. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 10/12: Mediación promovida por CC.OO no SECTOR DE EMPRESAS CONCESIONARIAS DOS SERVIZOS MUNICIPAIS DE REGULACIÓN DE APARCAMENTOS E/OU RETIRADA DE VEHÍCULOS DA VÍA PÚBLICA DA PROVINCIA DA CORUÑA, con motivo do inicio da negociación do convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 11/12: Mediación promovida na empresa SARQUAVITAE, S.A. polo Comité de Empresa, con motivo de discrepancias xurdidas en relación coas materias relativas a, por unha banda, o dereito adquirido de tempo de traballo necesario para acudir ao médico e a súa consideración como tempo efectivo de traballo e por outra, sobre compensación de festivos traballados. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 12/12: Mediación promovida pola representación da empresa SETEX-APARKI, S.A. con motivo do inicio da negociación do convenio colectivo. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 13/11: Mediación promovida por CC.OO no SECTOR DE TRANSPORTE DE ENFERMOS/AS E ACCIDENTADOS/AS EN AMBULANCIA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, con motivo da interpretación do contido da Acta de data 13.10.09, sobre aboamento da paga de 950 euros no ano 2010 e integra no ano 2012. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 14/12: Mediación promovida de xeito conxunto pola representacións empresarial e sindical na empresa CLECE, S.A. (Servizo de limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela), con motivo de discrepancias derivadas da fixación do cadro horario. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 15/12: Mediación promovida de xeito conxunto pola representación empresarial e sindical na empresa AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN E RÍA DE PONTEVEDRA, sobre discrepancias xurdidas na normativa de aplicación á hora de establecer o cómputo da xornada de traballo. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 16/12: Mediación promovida na empresa URBASER, S.A. SERVIZO DE LIMPEZA VIAIRIA DO CONCELLO DE SADA, por parte do sindicato CIG, con motivo das discrepancias existentes co horario e o réxime de descanso semanal establecido na empresa. A mediadora designada foi D. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 17/12: Mediación promovida por parte do sindicato CIG na empresa PAPELEIRA DE BRANDÍA, S.A., motivado, por unha banda polo non cumprimento por parte da empresa do establecido no convenio en materia de actualización de salarios e aboamento de atrasos, e por outra pola falla de comunicación ao comité de empresa do calendario laboral anual para o 2012. O procedemento rematou co rexeitamento da parte sindical a participar no mesmo.
• Expediente AGA 18/12: Mediación promovida por parte da empresa HOTEL BALNEARIO HESPERIA ISLA DE LA TOJA, S.A., no conflito xurdido en relación aos criterios de aplicación do acordo acadado en data 26.04.11, no concepto de antigüidade preexistente/clasificación profesional e na necesidade manifesta da empresa de adecuar o tempo de prestación anual de servizos do persoal do balneario ás necesidades produtivas reais. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 19/12: Arbitraxe promovida polas centrais sindicais UGT, CC.OO e CIG.  membros da Comisión Paritaria do Convenio Colectivo de Actores e Actrices de Teatro de Galicia, en relación co establecido na Disposición Derradeira do referido convenio colectivo. En tramitación.
• Expediente AGA 20/12: Arbitraxe promovida pola parte empresarial na empresa LEYMA CENTRAL LECHERA, SA, ante a situación de bloqueo xurdida na negociación de determinados puntos do novo Convenio colectivo de empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte sindical a participar no mesmo.
• Expediente AGA 21/12: Mediación promovida na empresa CARROCERÍA CASTROSÚA, S.A. por parte do Comité de Empresa, ante as discrepancias na interpretación e aplicación do establecido na Cláusula Primeira do acordo adoptado no ERE da mesma empresa, relativo as retribucións a percibir polos traballadores durante o período de prestación efectiva de servizos. A mediadora designado foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 22/12: Mediación promovida por parte da central sindical CIG no SECTOR DE ATENCIÓN PRIMARIA DO SERGAS, con motivo das discrepancias existentes coa fórmula utilizada para o cómputo da xornada e o pago das correspondentes retribucións no devandito sector. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 23/12: Mediación promovida na UTE PRTE CERCEDA, adxudicataria da explotación da Planta de Reciclaxe, Tratamento e Elaboración (PRTE) do Complexo Medioambiental de Cerceda (SOGAMA), por parte do Comité de Empresa, polas discrepancia existentes coas decisións adoptadas pola empresa relativas a modificación substancial das condicións de traballo, así como a inaplicación por parte da mesma do establecido no artigo 15  (Regulamento de promoción interna, control de ascensos e provisión de postos vacantes) do Convenio de aplicación. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 24/12: Mediación promovida por parte dos sindicatos CIG, CC.OO e UGT no SECTOR DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS EN AUTOBÚS POR ESTRADA DA PROVINCIA DA CORUÑA, para a constitución da Comisión negociadora do Convenio colectivo do referido sector. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 25/12: Mediación promovida na empresa ISOWAT MADE, S.L. A CORUÑA, por parte do comité de empresa, polas discrepancias na aplicación pola empresa do artigo 66 do Convenio colectivo de empresa, relativo ao Premio de Permanencia. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 26/12: Arbitraxe promovida pola empresa GAIA GESTIÓN DEPORTIVA, S.L. (Centro Deportivo Municipal de Noia), con motivo dun descolgue salarial do Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios de Galicia, de acordo e tralo cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 47 do mesmo. O árbitro designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 27/12: Mediación promovida polo Comité de Empresa no Grupo EINSA, con motivo da celebración dunha folga convocada de xeito indefinido. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 28/12: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ALCOA INESPAL, S.A. (Fabrica de A Coruña), ante as discrepancias existentes en materia de calendario do persoal de laboratorio da antedita empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 29/12: Mediación promovida no SECTOR DE LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA,  pola central sindical CIG, con motivo do bloqueo na negociación do convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 30/12: Mediación promovida no SECTOR DE LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA PROVINCIA DE OURENSE,  polas centrais sindicais UGT e CC.OO e pola asociación profesional ASOREL, ante a situación de bloqueo na negociación do convenio colectivo do referido sector. A mediadora designada foi D. Rocío de Frutos Madrazo. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 31/12: Mediación promovida no SECTOR DE SANIDADE PRIVADA DA PROVINCIA DE OURENSE,  polas centrais sindicais UGT, CC.OO e CSI-F, ante a situación de bloqueo na negociación do convenio colectivo do referido sector. A mediadora designada foi D. Rocío de Frutos Madrazo. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.


• Expediente AGA 32/12: Mediación promovida na empresa VIZA AUTOMOCIÓN, SAU,  polo Comité de Empresa, con motivo da sentencia ditada polo Xulgado do Social nº 4 de Vigo en data 16.04.12 no conflito colectivo presentado como consecuencia da supresión do plus de ruídos de xeito unilateral por parte da empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 33/12: Mediación promovida de mutuo acordo entre a representación da empresa e a dos traballadores na empresa VIZA AUTOMOCIÓN, SAU, derivada das discrepancias existentes na compensación económica en días de flexibilidade. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 34/12: Mediación promovida de mutuo acordo entre a representación da empresa e a dos traballadores na empresa INDUSTRIAS XOVE, SA, con motivo dunha serie de discrepancias en materia salarial. O mediador designado foi D. José Vázquez Portomeñe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 35/12: Mediación promovida pola empresa SOCIEDAD DE ESTIBA DO PORTO DA CORUÑA. SAGEP, con motivo dunha folga convocada na mesma. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 36/12: Mediación promovida pola CIG na empresa HOSTELERÍA UNIDA,S.A. nos centros de traballo HOTEL SANTIAGO APOSTOL e HOTEL CIUDAD DE COMPOSTELA radicados en Santiago de Compostela, con motivo dunha reclamación de atrasos derivados do convenio colectivo. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 37/12: Arbitraxe promovida de xeito conxunto pola representación empresarial e sindical na empresa GRUPO 4S PROTECCIÓN Y CUSTODIA, S.L., por inaplicación de determinadas condicións salariais do convenio colectivo de aplicación, en concreto a paga de beneficios e os pluses de transporte e vestiarios. A arbitro designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 38/12: Mediación promovida polo Comité Intercentros da empresa LA VOZ DE GALICIA, S.A., pola modificación levada a cabo pola empresa de xeito unilateral en materia de horarios, cómputo dos días de libranza asignados por traballar os festivos e o encaixe nos grupos profesionais do persoal de sistemas, fotógrafos e infografistas. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 39/12: Mediación promovida polo Comité Intercentros da empresa LA VOZ DE GALICIA, S.A., polas diferenzas de interpretación dada no momento da negociación ao redactado da Disposición Adicional Primeira do Convenio Colectivo de aplicación, relativa aos criterios para ofertar unha baixa incentivada. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 40/12: Mediación promovida polas centrais sindicais CC.OO, CIG e UGT no SECTOR DA SANIDADE PRIVADA DA PROVINCIA DA CORUÑA., con motivo do bloqueo existente na negociación do Convenio Colectivo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 41/12: Arbitraxe promovida polo Comité de Empresa de FARO DE VIGO, S.A.U., polas discrepancias existentes na interpretación do artigo 10 do Convenio Colectivo relativo ao plus de nocturnidade. O arbitro designado foi D. Francisco Pazos Pesado. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 42/12: Mediación promovida pola representación legal dos traballadores de FOREM GALICIA, pola situación de estancamento existente na negociación dun expediente de regulación de emprego. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 43/12: Mediación promovida pola CIG nas empresa CAMPIÑAS DE LAÍÑO, S.A., REFOJO Y GONZÁLEZ, S.L. e HIPESCAR, S.L., pola convocatoria dunha folga motivada polo retraso no aboamento de salarios e das axudas de custe por desprazamento fora do centro de traballo.  O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 44/12: Mediación promovida polo Comité Intercentros de BEBIDAS GASEOSAS DEL NOROESTE, S.A. (BEGANO), polas diferenzas de interpretación do establecido no artigo 27 do Convenio Colectivo, relativo ao computo da xornada. O mediador designado foi D. Carlos Fernández Pedreira. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 45/12: Mediación promovida pola Federación Agroalimentaria de CC. OO no SECTOR DE INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACIÓN, CONFEITERÍAS, PASTELERÍAS, REPOSTERÍAS E PRATOS PREPARADOS (CONFEITERÍAS E PANADERÍAS) DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, con motivo da revisión das táboas salariais do antedito convenio relativas ao ano 2011 e polo bloqueo na constitución da mesa de negociación do novo Convenio Colectivo. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado un acordo previo entre as partes.
• Expediente AGA 46/12: Mediación promovida pola representación legal dos traballadores na empresa SABA APARCAMENTS, S.A, pola substitución do plus persoal de asistencia, por un novo plus denominado de presenza, recollido no V Convenio Colectivo de Galicia para o sector de aparcadoiros, garaxes e establecementos regulados de superficie, para os anos 2010-2012. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 47/12: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ALCOA INESPAL, S.A.(FÁBRICA DA CORUÑA), con motivo da falla de acordo na determinación dos servizos mínimos para a folga xeral do 14 de novembro de 2012. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 48/12: Mediación promovida polo Comité de Empresa de BABCOCK KOMMUNAL MBH Y TÉCNICAS MEDIAMBIENTALES TECMED, S.A.- UTE (ALBADA), polas discrepancias existentes na interpretación do establecido no artigo 28 do Convenio Colectivo.  O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 49/12: Mediación promovida pola empresa NAVALIBER, S.L., con motivo da inaplicación do plus de xefe de equipo previsto no convenio colectivo por causas económicas, organizativas e de produción. A mediadora designada foi Dª. Ana Pouso Lijó. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 50/12: Mediación promovida pola empresa FERROATLÁNTICA, S.A. (FÁBRICA DE SABÓN) polas discrepancias existentes na interpretación do establecido no artigo 53 do Convenio Colectivo, relativo a axudas especiais. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 51/12: Mediación promovida pola central sindical CC.OO na empresa ISOLUX INGENIERÍA, S.A., polas discrepancias existentes na aplicación do artigo 65 do Convenio Colectivo relativo ao premio de permanencia. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 52/12: Mediación promovida pola Comisión Negociadora do Convenio Colectivo SECTOR DE EMPRESAS ORGANIZADORAS DO XOGO DO BINGO, polas discrepancias na revisión salarial dos anos 2011 e 2012. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 53/12: Mediación promovida pola Federación de Químicas e Enerxía da CIG e pola representación do persoal na empresa AUGARSA, con motivo do bloqueo existente na negociación do convenio colectivo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 54/12: Mediación promovida na empresa OH VIGO, S.L., con motivo da folga que se está a levar a cabo na mesma. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 55/12: Arbitraxe promovida de xeito conxunto pola representación empresarial e sindical na empresa OH VIGO, S.L., polas discrepancias existentes en materia de determinación de convenio colectivo aplicable, cláusulas sobre nocturnidade, días de libre disposición, incapacidade temporal, táboas salariais, vixencia, e réxime das débedas salariais existentes ata a actualidade. O arbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 56/12: Medicación promovida por MCA-UGT na empresa CASTELO SOLUCIONES ESTRUCTURALES, S.L.L.., derivado de modificacións substanciais das condicións de traballo, despedimento de traballadores e desplazamentos levados a cabo na referida empresa. A mediadora designada foi Dª. Ana Pouso Lijó. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 57/12: Mediación promovida na empresa URBASER, S.A. no seu centro de recollida de R.S.U. do Concello de Lugo, con motivo da convocatoria dunha folga. O mediador designado foi D. José Vázquez Portomeñe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 58/12: Mediación promovida na empresa SOCIEDAD DE ESTIBA DO PORTO DA CORUÑA. SAGEP, con motivo da situación de bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. En tramitación.
• Expediente AGA 59/12: Mediación promovida polo Comité de Empresa de VIZA AUTOMOCIÓN, S.A., con motivo da negociación do Convenio Colectivo e especificamente polas discrepancias en materia de flexibilidade-xornada, salarios e categorías profesionais. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 60/12: Mediación promovida de xeito conxunto pola representación empresarial e sindical na empresa VIGUESA DE TRANSPORTES, S.L. - VITRASA, con motivo da negociación do Convenio Colectivo  en materia de xornada, vacacións retribucións e outras. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 61/12: Mediación promovida de xeito conxunto pola representación empresarial e sindical na empresa HOTEL HESPERIA ILLA DE A TOXA, polas discrepancias existentes en materia de organización do traballo. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 62/12: Mediación promovida polo Comité de Empresa na empresa HOSTAL DOS REIS CATÓLICOS, polas discrepancias existentes en materia retributiva e salarial. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 63/12: Mediación promovida polas centrais sindicais FeS - UGT e COMFIA - CC.OO no SECTOR DE OFICINAS E DESPACHOS DA PROVINCIA DA CORUÑA, polas discrepancias existentes na aplicación do disposto no artigo 5 do Convenio Colectivo que establece a revisión dos conceptos económicos establecidos no mesmo conforme ao IPC real do anterior namentras non se asine un novo Convenio. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 64/12: Mediación promovida na empresa CAMINO SANTO, S.L. – HOTEL PUERTA DEL CAMINO, polo Comité de Empresa, con motivo da inaplicación do Convenio Colectivo ao reducirse as retribucións nun 5%. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 65/12: Mediación promovida de xeito conxunto pola representación empresarial e sindical na empresa VIZA AUTOMOCIÓN, S.A., polas discrepancias existentes en materia de xubilación con contratos de relevo, novas categorías profesionais de entrada e solución de conflitos colectivos. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 66/12: Mediación promovida pola FITAG de UGT - Galicia na empresa TANFRESCO, S.L., polo retraso no aboamento de salarios e pagas extraordinarias. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.