ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
AGA ANO 2013

Unha vez rematado o ano 2013, xestionáronse ao abeiro do procedemento de solucion extraxudicial de conflitos (AGA) polo Servizo de solución de conflitos do Consello 94 expedientes, dos que se da conta a continuación

RESULTADO FINAL DE CADA EXPEDIENTE (01.01.2013 / 31.12.2013)

Expdtes iniciados Expdtes rexeitados ou desistidos Conflictos resoltos por acordo previo Expdtes tramitados Expdtes con resultado positivo Expdtes con resultado negativo Expdtes en tramitación
Com. Autónoma 10 2 1 5 4 1 1
A Coruña 43 16 3 21 14 7 2
Lugo 7 4 2 2 1
Ourense
Pontevedra 34 5 27 24 3 2
Total 94 27 4 55 44 11 6


Desagregando estes 94 expedientes que tiveron entrada no Servizo de Solución de Conflitos ao longo do pasado ano, especificamos a seguinte información:

AGA 2013
25/03/2014
EXPEDIENTES XESTIONADOS


• Expediente AGA 1/13: Arbitraxe promovida na empresa SANTA BÁRBARA SISTEMAS, S.A., polo Comité de Empresa, polas discrepancias en materia de contratación de relevistas. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 2/13: Mediación promovida pola Federación Agroalimentaria de CC.OO no SECTOR DE INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACIÓN, CONFEITERÍAS, PASTELERÍAS, REPOSTERÍAS E PRATOS PREPARADOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, derivado do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo de empresa. A mediadora designada foi D. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 3/13: Medicación promovida pola Federación Provincial de Traballadores de Comercio, Hostalería-Turismo e Xogo e Xogo de UGT no SECTOR DE HOSTALERÍA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, con motivo da situación de bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 4/13: Mediación promovida na empresa GABISA AUTOMOCIÓN, S.L., por parte da UGT ante a situación de bloqueo xurdida na negociación do Convenio colectivo de empresa. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. En tramitación.
• Expediente AGA 5/13: Mediación promovida polo Comité de Empresa na empresa JOSÉ LANTERO E HIJOS, S.A., con motivo de discrepancias en materia de vacacións  e de procedemento para o desfrute dos días de libre disposición. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 6/13: Mediación promovida na empresa CAMINO SANTO, S.L. – HOTEL PUERTA DEL CAMINO, polo Comité de Empresa, con motivo de discrepancias en materia de distribución da compensación dos festivos. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 7/13: Mediación promovida polo Comité de Empresa na empresa ALUMINIO ESPAÑOL, S.A., ALUMINA ESPAÑOLA, S.A. ALCOA, derivada da falla de entrega ao comité da información relativa a descrición dos niveis salariais 50 e 60 establecidos no Convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 8/13: Mediación promovida na empresa CONSERVAS SELECTAS DE GALICIA, S.A. por parte da Federación Agroalimentaria de CC.OO, con motivo das medidas de suspensión e peche do centro de traballo da empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 9/13: Mediación promovida pola representación da empresa LA VOZ DE GALICIA, S.A. polas discrepancias na interpretación da Disposición Adicional 1ª do convenio Colectivo da empresa, en concreto no relativo determinación do cadro de persoal, cómputo, criterio de mantemento de emprego e número de baixas. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 10/13: Mediación promovida na empresa VALORIZA SERVICIOS A LA DEPENDENCIA, S.L. por parte da U.C de CC.OO da Coruña, polas discrepancias en materia de organización de xornadas e quendas de traballo, compensación do traballo en días festivos, así coma a ampliación de xornadas a traballadores a tempo parcial. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 11/13: Arbitraxe promovida na empresa CRTVG por parte do Comité Interempresas, co obxecto de recoñecer a lexitimidade do referido Comité Interempresas para negociar o convenio colectivo para a CRTVG, TVG e RTG. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 12/13: Mediación promovida na empresa CLECE, S.A. (Servizo de limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela), por parte das centrais sindicais CIG, CUT, UGT e CC.OO, con motivo de discrepancias en relación a aplicación do establecido no Artigo 2º no que fai referencia á prórroga e denuncia do mesmo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 13/13: Mediación promovida na FUNDACIÓN FORMACIÓN E EMPREGO DE GALICIA (FOREM GALICIA) por parte da dirección da mesma, con motivo do bloqueo na negociación do proceso de inaplicación no exercicio 2013 do Anexo III “Retribucións “ do Convenio de FOREM. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 14/13: Mediación promovida polo Comité de Empresa de HOSPITAL POVISA, S.A., por discrepancias en diversas cuestión de índole laboral derivadas da aplicación da aplicación de sentenza. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 15/13: Mediación promovida de xeito conxunto na empresa LUMAR NATURAL SEAFOOD, S.A. pola situación derivada do impago de salarios. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 16/13: Mediación promovida na empresa IBERPHONE, SAU pola central sindical CC.OO, polo incumprimento do establecido no artigo 58 do Convenio colectivo de aplicación relativo a prevención de riscos laborais. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 17/13: Mediación promovida de xeito conxunto na empresa ASTILLEROS Y VARADEROS MONTENEGRO, S.A. polas diferenzas existentes en materia  de aplicación do convenio colectivo, atrasos salariais e novas táboas salariais. A mediadora designada foi Dª. Ana Pouso Lijó. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 18/13: Mediación promovida polo Comité de Empresa da empresa FCC - PLANTA DE TRATAMENTO E RECOLLIDA DE RSU DA MANCOMUNIDADE DO BARBANZA, derivado da non aplicación dos disposto no artigo 4 (Prórroga) do Convenio colectivo. A mediadora designada foi Dª. Ana Pouso Lijó. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 19/13: Mediación promovida na empresa BEBIDAS REFRESCANTES SUÁREZ, S.L. pola Federación de Industria e Traballadores Agrarios de UGT, con motivo do retraso no aboamento das pagas extras de xullo e Nadal, bolsa de vacacións e os meses de xaneiro e febreiro. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 20/13: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ALCOA INESPAL, S.A. (Fabrica de A Coruña) con motivo da falla de pagamento dos incrementos salariais pactados para o ano 2013 e por non devolver as achegas do Fondo de Axuda do ano 2012 (artigo 42 do Convenio colectivo). O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 21/13: Mediación promovida no SECTOR DO COMERCIO DE ALIMENTACIÓN DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, por parte das asociacións empresarias ASAP, FEGACOIN e Asociación de Maioristas de Alimentación de Pontevedra, ante a situación de bloqueo na negociación do Convenio colectivo. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 22/13: Mediación promovida de común acordo na central sindical CIG, pola representación do sindicato e a representación legal dos traballadores, en aras a dirimir unha controversia en materia de xubilacións parciais e contrato de relevo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 23/13: Mediación promovida pola empresa ALCOA INESPAL, S.A. (Fabrica de A Coruña) derivado da falla de acordo no procedemento da inaplicación de determinados artigos do Convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte sindical a participar no mesmo.
• Expediente AGA 24/13: Mediación promovida na empresa ALUMINIO ESPAÑOL, S.A., ALUMINA ESPAÑOLA, S.A. ALCOA. polo Comité de Empresa, derivado dos incumprimentos pola empresa do establecido no artigo 64 do Estatuto dos Traballadores, ao non facilitar determinada información solicitada por aquel e relativa ao Persoal de Función Directiva. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 25/13: Mediación promovida na empresa ALUMINIO ESPAÑOL, S.A., ALUMINA ESPAÑOLA, S.A. ALCOA, polo Comité de Empresa, por discrepancias na consideración dos permisos por ingreso hospitalario ata o segundo grao de afinidade. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 26/13: Arbitraxe promovida na empresa CORPORACIÓN DE PRÁCTICOS DEL PUERTO Y RÍA DE VIGO, S.L., con motivo das discrepancias na negociación salarial para o convenio colectivo 2013-2014. O árbitro designado foi D. José Mª. Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 27/13: Arbitraxe promovida na empresa BOTEROS E AMRRADORES DE VIGO, S.L., sobre diferenzas na negociación do convenio colectivo, nas materias relativas a salarios, xornada, fixos-discontinuos e modificación substancial das condicións de traballo. O árbitro designado foi D. José Mª. Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 28/13: Arbitraxe promovida na empresa BOTAMAVI SERVICIOS GENERALES MARÍTIMOS, S.L. (SEGEM), sobre diferenzas na negociación do convenio colectivo, nas materias relativas a determinación e valoración das horas extraordinarias  e outras referidas a cuestións de carácter salarial. O árbitro designado foi D. José Mª. Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 29/13: Mediación promovida pola Unión Sindical Obrera na empresa PROTECCIÓN Y VIGILANCIA GALAICA, S.A., pola falla de aboamento dos incrementos salariais previstos para o ano 2012 no Convenio colectivo estatal  das empresas de seguridade 2009-2012. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 30/13: Mediación promovida pola Unión Sindical Obrera na empresa S & V SEGURIDAD, S.A., pola falla de aboamento dos incrementos salariais previstos para o ano 2012 no Convenio colectivo estatal  das empresas de seguridade 2009-2012. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 31/13: Mediación promovida pola Unión Sindical Obrera na empresa SA DE XESTION DO PLAN XACOBEO, sobre as discrepancias xurdidas no relativo á aplicación da Lei 1/2012, de 29 de febreiro, de medidas temporais de emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia aos traballadores da antedita empresa, cuxas relacións laborais réxense por un convenio colectivo de empresa propio. En tramitación.
• Expediente AGA 32/13: Mediación promovida pola Federación Agroalimentaria de CC.OO no SECTOR DE INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACIÓN, CONFEITERÍAS, PASTELERÍAS, REPOSTERÍAS E PRATOS PREPARADOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, derivado do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo de empresa. A mediadora designada foi D. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 33/13: Mediación promovida de xeito conxunto na empresa VALORIZA SERVICIOS A LA DEPENDENCIA, S.L., polas discrepancias en materia de organización de xornadas e quendas de traballo, compensación do traballo en días festivos, así coma a ampliación de xornadas a traballadores a tempo parcial. A mediadora designada foi D. Teresa Díaz López. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 34/13: Mediación promovida pola UGT na empresa GAIA GESTIÓN DEPORTIVA – MOVEX VIAL S.L. UTE, con motivo da interpretación de determinados puntos do acordo acadado no seo do AGA en data 4.11.11. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 35/13: Mediación promovida na empresa GESTIÓN SANITARIA GALLEGA, S.L. (HOSPITAL NOSA SEÑORA DE FÁTIMA), derivado dunha serie de discrepancias en materia de condicións de traballo relativas, entre outras a, horario, xornada e réxime de gardas. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. En tramitación.
• Expediente AGA 36/13: Mediación promovida pola CIG na empresa CONCENTRA -ALDESA SERVICIOS Y MANTENIMIENTO, S.A., con motivo do impago dun complemento permanencia e rendemento). O procedemento rematou ao acadarse unha solución previa entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 37/13: Mediación promovida pola Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte, Téxtil e Telecomunicacións (FEGAMT) da CIG  na empresa AMBULANCIAS XUVIAS, S.L., con motivo da convocatoria dunha folga. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 38/13: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ALCOA INESPAL, S.A. (Fabrica de A Coruña) con motivo da impugnación dun proceso de adxudicación de prazas por entender que o proceso no respectaba o principio de igualdade ao detectarse varias irregularidades. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 39/13: Mediación promovida polas centrais sindicais CIG, UGT e CC.OO no Sector de industrias vinícolas ou adegas, comercio de viño, licoreiras e viticultura nas adegas de Pontevedra, con motivo do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo de referido sector. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 40/13: Mediación promovida por CC.OO na empresa NOVOTEC CONSULTORES, S.A., con motivo de discrepancias en materia de calendario laboral. O procedemento rematou ao acadarse unha solución previa entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 41/13: Mediación promovida de xeito conxunto en FUNDACIÓN CAMIÑA SOCIAL, con motivo do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo de empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 42/13: Mediación promovida polas empresas SANJURJO ALONSO, S.L.U., FARMACÉUTICA YEBRA, S.L. e FARMACÉUTICA DEL NOROESTE, S.A. con motivo dun procedemento de descolgue salarial do Convenio colectivo estatal para o comercio de maioristas distribuidores de especialidades e produtos farmacéuticos. O mediador designado foi D. José Vázquez Portomeñe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.  
• Expediente AGA 43/13: Mediación promovida na empresa STOLT SEA FARM, S.A. polo Comité de empresa, con motivo do bloqueo na negociación do Convenio colectivo. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 44/13: Mediación promovida na empresa CAMINO SANTO, S.L. – HOTEL PUERTA DEL CAMINO, polo Comité de Empresa, con motivo da substanciación dun expediente de regulación de emprego na antedita empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 45/13: Mediación promovida polo Comité de Empresa na empresa ALUMINIO ESPAÑOL, S.A., ALUMINA ESPAÑOLA, S.A. ALCOA, derivada das discrepancias en materia de formación e perfeccionamento profesional (falla de implantación de Matrices de formación no laboratorio), así como falla de convocatoria de cobertura de prazas nunha determinada situación dunha traballadora da empresa, en aplicación do establecido no artigo 26.4 do Convenio colectivo de aplicación. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 46/13: Arbitraxe promovido de xeito conxunto nas empresas UTE PLANTAS DE TRANSFERENCIA ZONAS I Y II – GESECO e DAORGE MEDIAMBIENTE, S.A., ao efecto do regulamento e establecemento de  determinadas condicións de traballo para os seus traballadores. A árbitro designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 47/13: Mediación promovida na empresa LA TOJA, S.A, polas discrepancias en materia de Comisión Paritaria, cuadrantes e negociación colectiva de 2013. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron.  O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 48/13: Mediación promovida polo Comité de Empresa de VEICAR, S.L., con ocasión do desenvolvemento na referida empresa dun procedemento de modificación substancial de condicións de traballo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 49/13: Mediación promovida polo Comité de Empresa de VEICAR, S.L., polas discrepancias existentes en materia de vixencia do Convenio colectivo de aplicación. O procedemento rematou ao acadarse unha solución previa entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 50/13: Mediación promovida polo Comité de Empresa da SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A. (TURGALICIA, S.A.), derivado das discrepancias existentes en materia de xornada laboral de verán do persoal docente no Centro Superior de Hostalería de Galicia. A mediadora designada foi D. Teresa Díaz López. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 51/13: Mediación promovida polo Comité de Empresa de EMPRESA DE ELABORADOS METÁLICOS EMESA, S.L., con motivo do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 52/13: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ISOLUX INGENIERÍA, S.A., con motivo do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. O procedemento rematou ao acadarse unha solución previa entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 53/13: Mediación promovida na empresa INERGY AUTOMOTIVE SISTEM, S.A. polo Comité de Empresa, polas discrepancias no sistema de toma e aplicación de tempos nos postos de traballo. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento derivou na decisión das partes de someter as discrepancias ao procedemento de arbitraxe e rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 54/13: Mediación promovida no SECTOR DE EMPRESAS EXPORTADORAS DE PEIXE FRESCO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, por CHTJ – UGT de Pontevedra, con motivo do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 55/13: Mediación promovida no SECTOR DE COMERCIO MAIORISTA TÉXTIL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (CONVENIO COLECTIVO DO SECTOR DE VENDA POR XUNTO DE TECIDOS, MERCERÍA E PAQUETERÍA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA), por CHTJ – UGT de Pontevedra, con motivo do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 56/13: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ALCOA INESPAL, S.A. (Fabrica de A Coruña), polas discrepancias coa comunicación de non aboamento integro da paga extraordinaria do mes de xullo de 2013. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 57/13: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa COMPONENTES DE VEHÍCULOS DE GALICIA, S.A., con motivo da convocatoria dunha folga derivada do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron.  O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 58/13: Mediación promovida polos representantes sindicais de CIG na empresa GERIATROS, S.A.U., con motivo da minoración das cantidades aboadas como paga extra no mes de decembro de 2012. A mediadora designada foi D. Teresa Díaz López. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 59/13: Mediación promovida no CONCELLO DE PONTEDEUME pola CIG, polas discrepancias en materia de xornada de verán. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 60/13: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa ASTILLEROS Y VARADEROS MONTENEGRO, S.A. co obxecto de atopar unha solución negociada ao conflicto en materia de atrasos salariais, vacacións, organización do traballo e seguridade social. A mediadora designada foi Dª. Ana Pouso Lijó.  O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 61/13: Arbitraxe promovida na empresa LIMPIEZAS PISUERGA, S.A. GRUPO NORTE – LIMPISA (Servizo de Limpeza do Hospital meixoeiro de Vigo) derivado das diferenzas de interpretación do artigo 19 e concordantes do vixente Convenio Colectivo de empresa sobre os días de libre disposición. O árbitro designado foi D. José María Casas de Ron.  O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 62/13: Mediación promovida polo Comité de Empresa na empresa JOSÉ LANTERO E HIJOS, S.L. con motivo da convocatoria dunha folga polas medidas disciplinarias adoptadas nos seo da empresa. A mediadora designado foi Dª. Rocío Mariño Debén. O procedemento derivou na decisión das partes de someter as discrepancias ao procedemento de arbitraxe e rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 63/13: Mediación promovida polo Comité de Empresa de BABCOCK KOMMUNAL MBH Y TÉCNICAS MEDIAMBIENTALES TECMED, S.A.- UTE (ALBADA), polo bloqueo na negociación do Convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 64/13: Mediación promovida polo Comité de Empresa de BABCOCK KOMMUNAL MBH Y TÉCNICAS MEDIAMBIENTALES TECMED, S.A.- UTE (ALBADA), polo bloqueo na negociación do Convenio colectivo. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 65/13: Mediación promovida de mutuo acordo polas representacións empresariais e sindicais no Sector de industrias vinícolas ou adegas, comercio de viño, licoreiras e viticultura nas adegas de Pontevedra, con motivo do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo de referido sector. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 66/13: Mediación promovida polo Comité de Empresa na empresa JOSÉ LANTERO E HIJOS, S.L., relacionada con discrepancias de interpretación na aplicación do laudo arbitral ditado no expediente AGA 62/13. O procedemento derivou na decisión das partes de someter as discrepancias ao procedemento de arbitraxe, sendo a árbitro designada Dª. Rocío Mariño Debén e rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 67/13: Mediación promovida polo sindicato intercomarcal FeS-UGT A Coruña na empresa CLUB DEL MAR DE SAN AMARO, ante a falta de acordo no referente a atrasos do Convenio de Instalacións Deportivas. O procedemento rematou co desestimento no procedemento de mediación.
• Expediente AGA 68/13: Mediación promovida pola empresa CESPA, S.A con motivo da convocatoria dunha folga na referida empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 69/13: Mediación promovida pola FITAG - UGT na empresa  BAJAMAR SÉPTIMA, S.A. polo bloqueo na negociación do convenio colectivo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 70/13: Mediación promovida polos delegados sindicais do LABORATORIO INTERPROFESIONAL GALEGO DE ANÁLISE DO LEITE (LIGAL), polas discrepancias en materia de aplicación de incrementos salariais para o ano 2012.  O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 71/13: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa VESTAS NACELLLES SPAIN, S.A.U., polo bloqueo na negociación do Convenio colectivo de empresa. O mediador designado foi D. José Vázquez Portomeñe. En tramitación.
• Expediente AGA 72/13: Mediación promovida polo Comité de Empresa de BABCOCK KOMMUNAL MBH Y TÉCNICAS MEDIAMBIENTALES TECMED, S.A.- UTE (ALBADA), con motivo da presentación por parte da empresa dun expediente de regulación temporal de emprego. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 73/13: Mediación promovida pola Federación Nacional de Transportes, Comunicación e Mar de UGT Galicia na empresa TALLERES CASTMART, S.L., derivado das discrepancias en materia de compensación dos excesos de xornada do ano en curso e a aplicación efectiva dunha serie de acordos acadados entre empresa e traballadores. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 74/13: Mediación derivada en arbitraxe promovida na empresa CLECE, S.A. (SERVIZO DE LIMPEZA DO HSOPITAL XERAL-CÍES), con motivo da convocatoria dunha folga. O árbitro designado foi D. José Mª. Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 75/13: Mediación promovida polo Comité de Empresa de COMPONENTES DE VEHÍCULOS DE GALICIA, S.A, polas discrepancias en materia de métodos e tempos de traballo nos postos de traballo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 76/13: Mediación promovida polas centrais sindicais CIG, CC.OO e CSI-CSIF no PERSOAL LABORAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS (PAS) DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, derivado da interpretación e aplicación do disposto no artigo 2 do Real Decreto-Lei 20/2012, do 13 de xullo, , no que se refire ao recoñecemento do dereito dos afectados polo conflito a percibir as cantidades correspondentes ás pagas extras correspondentes aos servizos efectivamente prestados con carácter previo a entrada en vigor  do referida norma. O procedemento rematou co desestimento no procedemento de mediación.
• Expediente AGA 77/13: Mediación promovida polas centrais sindicais CIG, CC.OO e CSI-CSIF no PERSOAL LABORAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS (PAS) DA UNIVERSIDADE DE VIGO, derivado da interpretación e aplicación do disposto no artigo 2 do Real Decreto-Lei 20/2012, do 13 de xullo, , no que se refire ao recoñecemento do dereito dos afectados polo conflito a percibir as cantidades correspondentes ás pagas extras correspondentes aos servizos efectivamente prestados con carácter previo a entrada en vigor  do referida norma. O mediador designado foi D. José Mª. Casas de Ron. En tramitación.
• Expediente AGA 78/13: Mediación promovida na empresa FEIRACO S. COOP. GALLEGA; FEIRACO LACTEOS, SLU; e FEIRACO PIENSOS, SLU., polas centrais sindicais CC.OO, CIG e UGT, polo bloqueo na negociación do Convenio Colectivo de empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 79/13: Mediación promovida na empresa STOLT SEA FARM, S.A. polo Comité de empresa, con motivo do bloqueo na negociación do Convenio colectivo. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 80/13: Arbitraxe promovida na empresa STOLT SEA FARM, S.A. polo Comité de empresa, con motivo do bloqueo na negociación do Convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 81/13: Mediación promovida de xeito conxunto pola representacións sindical e empresarial na empresa CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A., polas discrepancias nas materias de modificación substancial das condicións salariais por encima de convenio aplicada pola empresa, cantidades adebedadas por paga extra e atrasos de Convenio, e Comisión de seguimento de ERE. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 82/13: Mediación promovida no SECTOR DO COMERCIO DE ALIMENTACIÓN DA PROVINCIA DA CORUÑA, polas centrais sindicais UGT, CC.OO e USO, polas discrepancias na interpretación do artigo 18 do convenio colectivo (“Enfemidade, accidente e maternidade”). A mediadora designada foi Dª. Eva Fernández Pardo. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 83/13: Mediación promovida pola representación da empresa SEVERIANO SERVICIO MÓVIL, S.A. con motivo Do bloqueo na negociación do convenio colectivo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 84/13: Arbitraxe promovida de xeito conxunto na empresa VEICAR,S.L. con motivo da clarificación da aplicabilidade das quendas de 24 horas na profesión de bombeiro. O árbitro designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 85/13: Mediación promovida na empresa GRUPO TROLLEY, S.L. polos representantes sindicais, polo que estiman incumprimento do artigo 25 do Convenio de limpeza de edificios e locais de Pontevedra. A mediadora designada foi Dª. Ana Pouso Lijó. O procedemento rematou co resultado positivo unha vez acadado o acordo entre as partes.
• Expediente AGA 86/13: Arbitraxe promovida polo Comité de Empresa de BABCOCK KOMMUNAL MBH Y TÉCNICAS MEDIAMBIENTALES TECMED, S.A.- UTE (ALBADA), polo bloqueo na negociación do Convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 87/13: Mediación derivada en arbitraxe promovida na empresa TRANSPORTES SANITARIOS PONTEVEDRA NORTE, S.L. TRANSA, polas discrepancias en materia de distribución e valoración do tempo de traballo, así como por unha serie de expedientes sancionadores incoados na antedita empresa. O árbitro designado foi D. José Mª. Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 88/13: Mediación promovida na empresa TELEVES, S.A. polo Comité de Empresa, polos discrepancias en materia de V.P.P. (Valores Prima) en distintas referencias na sección de antenas. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 89/13: Mediación promovida na empresa POLIPROPILENO DE GALICIA, S.A.U. (POLIGAL) polo Comité de Empresa, con motivo da inaplicación por parte da empresa da revisión salarial 2011-2012, e polo incumprimento dun acordo acadado con motivo dun ERE, no relativo a a amortización de emprego, actualización de salarios, plan de viabilidade e ámbito temporal do acordo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 90/13: Arbitraxe promovida de mutuo acordo polas representacións empresariais e sindicais no Sector de industrias vinícolas ou adegas, comercio de viño, licoreiras e viticultura nas adegas de Pontevedra, polas discrepancias en materia de condicións salariais e contractuais.  O árbitro designado foi D. José Mª. Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 91/13: Mediación promovida na empresa JOSÉ LANTERO E HIJOS, S.A., pola Federación de Servizos á Cidadanía de CC.OO de Galicia, con motivo do bloqueo na negociación dun acordo de empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 92/13: Mediación promovida pola CIG na empresa HOSTELERÍA UNIDA,S.A. nos centros de traballo HOTEL SANTIAGO APOSTOL e HOTEL CIUDAD DE COMPOSTELA radicados en Santiago de Compostela, con motivo do incumprimento de parte dos acordado no seo do AGA no ano 2012 en materia de pago de atrasos do Convenio de Hostalería. En tramitación.
• Expediente AGA 93/13: Arbitraxe promovida de mutuo acordo polas representacións empresariais e sindicais na empresa CONSERVAS ANTONIO ALONSO, SA, ante a situación de bloqueo das negociacións no conflito existente na empresa, e a folga indefinida convocada. Os árbitros designados foron D. José Mª. Casas de Ron e Dona Ana Pouso Lijó. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 94/13: Mediación promovida de mutuo acordo polas representacións empresariais e sindicais na empresa CONSERVAS ANTONIO ALONSO, SA, relativo ó proceso de axuste de plantilla no centro de traballo de Bueu, con despedimento de seis traballadores. Os mediadores designados foron D. José Mª. Casas de Ron e Dona Ana Pouso Lijó. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.