ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
AGA ANO 2014

Unha vez rematado o ano 2014 o balance global da actividade en 2014 indica que xestionáronse ao abeiro do procedemento de solucion extraxudicial de conflitos (AGA) polo Servizo de solución de conflitos do Consello 105 expedientes, dos que se da conta a continuación

BALANCE DOS EXPEDIENTES PRESENTADOS (01.01.2014 / 15.05.2014)


RESULTADO FINAL DE CADA EXPEDIENTE (01.01.2014 / 31.12.2014)

Expdtes iniciados Expdtes rexeitados ou desistidos Conflictos resoltos por acordo previo Expdtes tramitados Expdtes con resultado positivo Expdtes con resultado negativo Expdtes en tramitación
Com. Autónoma 14 8 1 6 5 1
A Coruña 45 19 22 15 7 2
Lugo 12 3 8 5 3
Ourense 3 1 2 2
Pontevedra 31 4 1 24 16 8 2
Total 105 35 2 62 43 19 4


Desagregando estes 105 expedientes que tiveron entrada no Servizo de Solución de Conflitos ao longo do pasado ano, especificamos a seguinte información:


AGA 2014
14/04/2015
EXPEDIENTES XESTIONADOS

• Expediente AGA 1/14: Mediación promovida na empresa ARRIVA NOROESTE, SL, pola FGAMT-CIG, derivada dunha convocatoria de folga existente na empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 2/14: Mediación promovida polos representantes sindicais de UGT-Galicia, SN de CC.OO. de Galicia e CIG presentes na Comisión Paritaria do Convenio Colectivo do SECTOR DE POMPAS FÚNEBRES DE GALICIA, derivado das discrepancias existentes á hora de elaborar as táboas salariais do 2014. A mediadora designada foi Dona Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 3/14: Mediación solicitada polo Comité de Empresa de Aluminio Español, SA – Alumina Española, SA (ALCOA) e relativa á revisión, valoración e descrición de diversos postos de traballo. A mediadora designada foi Dona Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 4/14: Mediación promovida pola CIG na empresa HOTEL EUROSTARS ARAGUANEY con motivo do non aboamento das pagas extras de setembro e decembro de 2013 e os atrasos de convenio desde o 2011. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 5/14: Mediación promovida na  empresa CONSTRUCCIONES NAVALES PAULINO FREIRE, S.A., derivada da aplicación das medidas contidas nun expediente de regulación de emprego. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 6/14: Mediación promovida na empresa TRANSPORTES SANITARIOS PONTEVEDRA NORTE, S.L. TRANSA, polas discrepancias sobre os efectos económicos dos sistema de cómputo e distribución de xornada de traballo. O mediador designado D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 7/14: Mediación promovida pola representación empresarial na  empresa CLECE, S.A (Servizo de Limpeza do Hospital Xeral-Cíes de Vigo), con motivo do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 8/14: Mediación promovida na empresa URABASER, S.A. polo Comité de Empresa pola modificación unilateral adoptada pola empresa no sistema de devengo de antigüidade. O procedemento rematou co desestimento no procedemento de mediación.
• Expediente AGA 9/14: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ALCOA INESPAL CORUÑA, S.L., con motivo das discrepancias en materia de Prima de resultados de 2013 (Artigo 34 do Convenio Colectivo). O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 10/14: Mediación promovida na empresa FEPER MENSAJEROS, S.L., pola FGAMT-CIG, polas discrepancias en materia de convenio colectivo de aplicación. A mediadora designada foi Dona Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 11/14: Mediación promovida polos representantes sindicais da empresa REPSOL BUTANO, S.A. FACTORÍA DE BENS A CORUÑA, polas discrepancias xurdidas con ocasión da implantación e revisión efectuada pola empresa no sistema organizativo de control do traballo e estudo de tempos de traballo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 12/14: Mediación solicitada polo Comité de Empresa de Aluminio Español, SA – Alumina Española, SA (ALCOA) e relativa á revisión, valoración e descrición de diversos postos de traballo. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 13/14: Mediación promovida na empresa GERIATROS, SAU, pola central sindical CC.OO de Galicia, con motivo das discrepancias xurdidas na aplicación pola empresa do establecido no artigo 7 do convenio colectivo no relativo á actualización dos conceptos económicos segundo o establecido no mesmo.  O procedemento rematou co rexeitamento do representación empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 14/14: Mediación promovida na empresa GLOBAL SALES SOLUTIONS LINE ATLÁNTICO, S.L. (GSS) pola representación das centrais sindicais CC.OO e UGT, derivada das discrepancias relativas á formula de cálculo de xornadas semanais dos traballadores e traballadoras a tempo parcial, cando as súas xornadas son ampliadas por existencia de horas a cubrir.  A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. En tramitación.
• Expediente AGA 15/14: Mediación promovida pola representación da empresa INDUSTRIAS FRIGORÍFICAS DEL LOURO, S.A., con motivo da convocatoria dunha folga na mesma. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 16/14: Mediación solicitada polo Comité de Empresa de ISOLUX INGENIERÍA, S.A., con motivo das diverxencias en materia de aboamento de dietas por gastos de desprazamento. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 17/14: Mediación promovida no SECTOR DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS DA PROVINCIA DE OURENSE, pola Federación de Servizos á Cidadanía de CC.OO de Galicia, con motivo do bloqueo na constitución da mesa de negociación do convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento do resto da parte social a participar no mesmo.
• Expediente AGA 18/14: Mediación promovida no SECTOR DE TRANSPORTE DE MERCADORÍAS POR ESTRADA DA PROVINCIA DA CORUÑA, pola Federación Nacional de Transportes, Comunicacións e Mar de UGT Galicia, con motivo do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 19/14: Mediación promovida pola empresa BABE Y CÍA, motivada polas discrepancias na interpretación da cláusula de ultraactividade do convenio colectivo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 20/14: Mediación promovida na empresa VIAQUA, SAU, polo Comité Intercentros e derivada das diverxencias sobre a interpretación do convenio colectivo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 21/14: Mediación solicitada polo Comité de Empresa e derivada en arbitraxe na empresa IKF ESPAÑA, S.L, con motivo das discrepancias xurdidas na aplicación dun ERE por parte da empresa. O arbitro designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 22/14: Mediación promovida de común acordo na empresa CLECE, S.A. (Servizo de loxística prestado na empresa GEFCO), polas discrepancias existentes á hora de aplicar o convenio de empresa ao servizo de loxística prestado nas dependencias da empresa GEFCO. A mediadora designada foi Dª. Ana Pouso Lijó. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 23/14: Mediación solicitada pola representación dos traballadores na empresa ERMA, S.L. con motivo da convocatoria dunha folga na antedita empresa. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 24/14: Mediación derivada en arbitraxe, solicitada polo Comité de Empresa coa conformidade da representación empresarial na empresa de MGI COUTIER ESPAÑA, S.L.. polas discrepancias na materia relativa á toma de tempos nos procesos de fabrica. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 25/14: Arbitraxe inicialmente solicitada polo Comité de Empresa de SAMYL, S.L. (Servizo de limpeza do Hospital da Costa de Burela), e convertida en Mediación, derivada da decisión unilateral adoptada pola empresa de minorar a soldada das traballadoras nun 1% en todos os conceptos retributivos, tanto salariais como non salariais, así coma a base de cotización. O mediador designado foi D. José Váquez Portomeñe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 26/14: Mediación promovida na empresa VALORIZA FACILITIES, SA. (Servizo de limpeza do Hospital Materno Infantil da Coruña) polo Comité de Empresa con motivo do bloqueo na constitución da mesa de negociación do convenio colectivo así como por un despido dunha traballadora levado a cabo na referida empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 27/14: Mediación solicitada polo Comité de Empresa de GRANDES ALMACENES FNAC ESPAÑA EN A CORUÑA, derivada da convocatoria dunha folga na mesma. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 28/14: Mediación solicitada polo CIG no SECTOR DE TRANSPORTE DE ENFERMOS/AS E ACCIDENTADOS/AS EN AMBULANCIA, derivado das discrepancias na interpretación e aplicación do establecido no artigo 15 e 24, a) do Convenio colectivo de sector, relativo ás horas de presenza. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 29/14: Mediación derivada en arbitraxe, promovido na empresa GERIATROS, S.A. de común acordo entre a representación da empresa e dos traballadores, con motivo das diverxencias na actualización e aboamento dos salarios correspondentes aos anos 2013 e 2014 no servizo de axuda a domicilio da Coruña, en cumprimento do establecido na Sentenza do TSXG de 28 de outubro de 2013. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 30/14: Mediación solicitada na empresa ALCOA INESPAL CORUÑA, S.L., por parte da Confederación de Cuadros Profesionales, derivado do desacordo coas decisións adoptadas pola empresa en relación coa supresión ou modificación de determinadas axudas que viñan desfrutando os traballadores. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 31/14: Mediación promovida na empresa GAIA GESTIÓN DEPORTIVA, S.L. – MOVEX VIAL, S.L. UTE, polo Comité de Empresa, con motivo da convocatoria dunha folga na antedita empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 32/14: Mediación solicitada na empresa ASTILLEROS Y VARADEROS MONTENEGRO, S.A., con motivo da negociación do período de consultas nun expediente de regulación de emprego. A mediadora designada foi Dª. Ana Pouso Lijó. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 33/14: Mediación solicitada polas mercantís UTE HASA – NATUTECNIA, UTE EIMFOR – NATUTECNIA – EURAL, UTE NATUTECNIA – EIMFOR – EURAL e UTE NATUTECNIA – EURAL, con motivo do bloqueo na negociación do convenio colectivo. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 34/14: Mediación promovida na empresa CESPA, S. A. (Centro de traballo do Complexo Medioambiental de SOGAMA), con motivo da inaplicación pola empresa das normas establecidas no Convenio colectivo (artigo 55) para as empresas que prestan servizos no Complexo Medioambiental de Cerceda como subcontratistas de SOGAMA. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 35/14: Mediación promovida de xeito conxunto na empresa VIZA AUTOMOCIÓN, S.A., derivada das discrepancias na interpretación de determinados artigos do convenio colectivo, relativos a permisos e licenzas. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 36/14: Mediación promovida pola empresa SETEX APARKI, S.A.  derivada do bloqueo na negociación do convenio colectivo e da convocatoria dunha folga na mesma. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 37/14: Mediación promovida na empresa MAIER FERROPLAST, S. COOP., por parte da CIG, derivada do bloqueo na sinatura do convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 38/14: Mediación promovida no CONCELLO DE MUROS, por parte de CC.OO, derivada da adopción de determinados acordos en materia laboral polo mesmo. O procedemento rematou co rexeitamento da representación daquel a participar no mesmo.
• Expediente AGA 39/14: Mediación promovida na empresa PULEVA FOOD, S.L..no centro de traballo de Nadela en Lugo,  por parte de FITAG - UGT Lugo, derivada do bloqueo na negociación do convenio colectivo. O procedemento rematou ao acadarse unha solución previa entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 40/14: Mediación solicitada pola UTE NATUTECNIA – EURAL, con motivo do bloqueo na negociación do convenio colectivo. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 41/14: Mediación promovida na empresa UNIVERSAL SUPPORT, S.A.U., polo Comité de Empresa, con motivo da convocatoria dunha folga. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 42/14: Mediación promovida no SECTOR DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS EN AUTOBUS POR ESTRADA DA PROVINCIA DA CORUÑA, polas centrais sindicais CIG, UGT e CC.OO, e derivada do bloqueo na negociación do Convenio colectivo. O procedemento rematou ao acadarse unha solución previa entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 43/14: Mediación promovida na empresa TYSSENKRUPP ELEVADORES, polo Comité de Empresa, e derivada do bloqueo na negociación do Convenio colectivo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 44/14: Mediación promovida de conformidade co establecido no Artigo 13 do AGA na empresa URBASER, S.A. no seu centro de traballo de recollida pública de R.S.U. de Lugo, con motivo da convocatoria dunha folga derivada do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 45/14: Mediación promovida na empresa ASIENTOS DE GALICIA, S.A., polo Comité de Empresa, motivada nas discrepancias en canto á aplicación do establecido no artigo 16 do Convenio Colectivo, relativo ao calendario laboral. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 46/14: Mediación promovida na empresa TRANSPORTES MUJICO SANTIAGO, S.L., promovida por UGT Galicia, derivada da falla de aplicación do Convenio Colectivo e de aboamento e retrasos continuados na nómina. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 47/14: Mediación promovida na empresa URBASER, S.A. no seu centro de traballo de recollida pública de R.S.U. de Marín, polo representante legal dos traballadores, polas discrepancias na intrepretación do artigo 28 do Convenio Colectivo relativo a licenzas dos traballadores. A mediadora designada foi Dª. Ana Pouso Lijó. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 48/14: Mediación promovida de xeito conxunto na empresa TABLEROS DE FIBRAS, S.A., con ocasión da negociación dun ERE. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 49/14: Mediación promovida no SECTOR DE RESIDENCIAS PRIVADAS DA TERCEIRA IDADE, por parte da CIG, derivado dos acordos adoptados pola Comisión Paritaria do Convenio Colectivo de sector en materia retributiva.  O procedemento rematou co rexeitamento da maioría da parte social a participar no mesmo.
• Expediente AGA 50/14: Mediación promovida na XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR DA CORUÑA, por parte do Comité de Empresa, pola falla de negociación das carteleiras 2014 do persoal laboral e das quendas de traballo.  O procedemento rematou co rexeitamento daquela a participar no mesmo.
• Expediente AGA 51/14: Mediación promovida na empresa TRINEON, S.L., por parte da representación sindical na mesma (CC.OO), con motivo do retraso no aboamento das contías adebedadas por conceptos salariais e a interrupción da prescripción. A mediadora desiganda foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 52/14: Mediación promovida na empresa COMPONENTES DE VEHÍCULOS DE GALICIA, S.A., con motivo do bloqueo na negociación dos artigos 3 (vixencia), 9 (quendas), 10 (distribución irregular da xornada), 24 bis (incrementos) e 30 (prima de produción) do Convenio Colectivo. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 53/14: Mediación promovida na empresa ASIENTOS DE GALICIA, S.A. motivado na convocatoria dunha folga na mesma con ocasión do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 54/14: Mediación promovida na FUNDACIÓN CAMIÑA SOCIAL, por parte da representación sindical coa conformidade da representación empresarial, polas discrepancias na interpretación do artigo 41 do Convenio colectivo da empresa. O mediador designado foi D. José Vázquez Portomeñe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 55/14: Mediación promovida no SECTOR DE TRANSPORTE DE ENFERMOS/AS E ACCIDENTADOS/AS EN AMBULANCIA DE GALICIA, por parte de CIG,  polas discrepacias na interpretación dos artigos 15 e 24 Convenio Colectivo de aplicación. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 56/14: Mediación promovida na empresa PROTEL, S.L., polo delegado de persoal da mesma (CC.OO), con motivo do retraso no aboamento de salarios. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 57/14: Mediación promovida no SECTOR DE EMPRESAS CONCESIONARIAS DOS SERVIZOS DE REGULACIÓN DE APARCAMENTO E RETIRADA DE VEHÍCULOS DA VÍA PÚBLICA DA PROVINCIA DA CORUÑA, por UGT- Galicia, con motivo do bloqueo da negociación do Convenio Colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 58/14: Mediación promovida pola representación da empresa DENSO SISTEMAS TÉRMICOS ESPAÑA, S.A., derivada do bloqueo na negociación do convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte social a participar no mesmo.
• Expediente AGA 59/14: Mediación solicitada pola UTE HASA – NATUTECNIA, con motivo do bloqueo na negociación do convenio colectivo. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 60/14: Mediación solicitada pola UTE EIMFOR – NATUTECNIA – EURAL, con motivo do bloqueo na negociación do convenio colectivo. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 61/14: Mediación solicitada polas mercantís UTE NATUTECNIA – EIMFOR – EURAL, con motivo do bloqueo na negociación do convenio colectivo. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 62/14: Mediación promovida na empresa ASPANAS TERMAL, S.L, de común acordo pola representación da empresa e dos traballadores, e derivada da inaplicación temporal do plus non consolidable por asistencia por causas económicas. A mediadora designada foi Dª. Rocío de Frutos Madrazo. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 63/14: Arbitraxe promovida na empresa COESCO DEZA, S.L.  derivada en mediación,  orixinado na decisión de adoptar medidas de redución salarial. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 64/14: Mediación promovida pola representación da empresa DENSO SISTEMAS TÉRMICOS ESPAÑA, S.A., con motivo do bloqueo na negociación do Convenio colectivo. A mediadora designada foi Dª. Ana Pouso Lijó. O procedemento rematou ao acadarse unha solución previa entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 65/14: Mediación promovida na empresa HOSPITAL QUIRÓN A CORUÑA, por parte do Comité de Empresa, e derivada das discrepancias xurdidas en materia de xornada de traballo, festivos e descanso semanal. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 66/14: Mediación promovida no CONCELLO DE MELIDE, por parte da representación de CC.OO no mesmo, con motivo do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. En tramitación.
• Expediente AGA 67/14: Mediación promovida pola representación da empresa TREVES GALICIA, S.L.U., con motivo da convocatoria dunha folga indefinida na referida empresa. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 68/14: Mediación solicitada pola parte social nas UTEs  NATUTECNIA – EURAL, NATUTECNIA – EIMFOR –EURAL, EIMFOR – NATUTECNIA – EURAL e HASA – NATUTECNIA, con motivo das discrepancias xurdidas na interpretación e aplicación do disposto en determinados artigos dos convenios colectivos de aplicación ás referidades UTEs, en concreto os relativos á distribución irregular da xornada, retribucións e permiso por formación. A mediadora designada foi Dona Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 69/14: Mediación promovida pola CIG na empresa CLECE, S.A. (Servizo de axuda a domicilio da mancomunidade de municipios de Ordes), con motivo da interpretación do disposto no artigo 7 do convenio colectivo de aplicación. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 70/14: Mediación promovida na empresa ALN TELEMARKETING, S.L., con motivo da falla puntual no aboamento de salarios. A mediadora designada foi Dona Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 71/14: Mediación promovida pola empresa JOSÉ LANTERO E HIJOS, S.A. con motivo do recoñecemento como ilegal da folga convocada na referida empresa. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 72/14: Mediación promovida pola empresa JOSÉ LANTERO E HIJOS, S.A., con motivo da intervención na folga convodada na mesma. O procedemento rematou polo desestimento do mesmo.
• Expediente AGA 73/14: Mediación promovida na empresa JOSÉ LANTERO E HIJOS, S.A. de mutuo acordo pola representación da empresa e a dos traballadores, derivada da intervención nun ERE da referida empresa en substitución do periodo de consultas. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 74/14: Mediación promovida na empresa CLEANET EMPRESARIAL, S.L., con motivo da falla de pago puntual de salarios e outras cuestións organizativas. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 75/14: Mediación promovida na IBS PADRE RUBINOS, polo Comité de Empresa, e derivado da perda do dereito á comida dun determinado grupo de traballadores que así o viñan desfrutando. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 76/14: Mediación promovida na empresa PULEVA FOOD, S.L. (Centro de traballo de Nadela – Lugo), polo Comité de Empresa, e relativo a discrepancias existentes en materia das condicións de traballo no citado centro. O mediador designado foi D. José Váquez Portomeñe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 77/14: Mediación promovida pola empresa LIMPIEZAS DEL NOROESTE, S.A. (LINORSA) nos seus centros de traballo en Ourense,  con motivo da convocatoria dunha folga ne mesma. O mediador designado foi D. José Mª. Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 78/14: Mediación promovida na empresa SOCISER GALICIA, S.L. (Servizo de axuda no fogar do Conecello de Teo), pola CIG, e derivada da interpretación e aplicación do artigo 7 do Convenio Colectivo de axuda no fogar de Galicia, en relación co incumprimento do disposto na sentenza de do TSXG de data 29 de outubro de 2013. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 79/14: Mediación promovida pola empresa QUESUM CHESSE LOVERS POINT, S.L., con motivo da negociación dun procedemnto de descolgue salarial. A mediadora designada foi Dª. Ana Pouso Lijó. En tramitación.
• Expediente AGA 80/14: Mediación promovida na empresa SOCISER GALICIA, S.L. (Servizo de axuda no fogar do Concello de Brion), pola CIG, e derivada da interpretación e aplicación do artigo 7 do Convenio Colectivo de axuda no fogar de Galicia, en relación co incumprimento do disposto na sentenza de do TSXG de data 29 de outubro de 2013, así como do artigo 37 (xornada e horario de traballo). O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 81/14: Mediación promovida na empresa ISOLUX INGENIERÍA, S.A., polo S. N de CC.OO de Galicia, con motivo das discrepancias xurdidas na aplicación de determinados preceptos do Convenio Colectivo, en concreto os relativos  a ascensos, atrasos e entrega de partes de incidencias de nóminas e partes de dietas e kilometraxe. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 82/14: Mediación promovida en PORTOS DE GALICIA, polo Comité de Empresa, e motivado nas discrepancias xurdidas na aplicación do Convenio Colectivo, entroutras, en materia de mobilidade funcional, contratación de persoal, horas extraordinarias, implantación do organigrama, recoñecementos médicos, formación, etc. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 83/14: Mediación solicitada polo Comité de Empresa de Aluminio Español, SA – Alumina Española, SA (ALCOA) e relativa á revisión, valoración e descrición de diversos postos de traballo, así como polas discrepancias en materia de interpretación e aplicación do artigo 30.1 do Convenio Colectivo, relativo aos permisos retribuídos. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 84/14: Mediación promovida no SECTOR DE GUINDASTRES MÓBILES AUTOPROPULSADOS DE GALICIA, polas centrais sindicais UGT, CC.OO e CIG, con motivo do bloqueo na actualización e revisión das táboas salariais do Convenio. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 85/14: Mediación promovida no SECTOR DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA DA PROVINCIA DA CORUÑA, polas centrais sindicais UGT, CC.OO e CIG, con motivo do bloqueo na negociación d Convenio Colectivo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 86/14: Mediación solicitada polo Comité de Empresa de Aluminio Español, SA – Alumina Española, SA (ALCOA) e relativa á revisión, valoración e descrición de diversos postos de traballo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 87/14: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa ERMA, S.L., e derivada en arbitraxe, motivada na elaboración dun Plan de Futuro Viable na antedita empresa. O arbitro designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 88/14: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa na empresa LIMPIEZAS DEL NOROESTE, SA motivado pola situación de impago de salarios existente na empresa. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 89/14: Mediación promovida no LABORATORIO INTERPROFESIONAL GALEGO DE ANÁLISE DO LEITE (LIGAL), polos representantes de persoal, con motivo do bloqueo na actualización e revisión das táboas salariais do Convenio correspondentes ao ano 2013. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 90/14: Mediación promovida na empresa ISOLUX INGENIERÍA, S.A., polo S. N de CC.OO de Galicia, derivado da falla de cumprimento pola empresa dos acordos adoptados con motivo dun ERE substanciado na mesma. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 91/14: Arbitraxe promovida de mutuo acordo na empresa COPO IBÉRICA, S.A. con motivo das diferencias xurdidas na aplicación de métodos e tempos en varias liñas de produción que implican valoración técnica. O árbitro designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 92/14: Mediación promovida na empresa VALORIZA FACILITIES, SA. (Servizo de limpeza do Hospital Materno Infantil da Coruña) pola Federación de Servizos da CIG, con motivo do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. O procedemento rematou ao acadarse unha solución previa entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 93/14: Mediación promovida pola empresa CONSULTORES QS-MEDIA, S.L.U., con motivo da convocatoria dunha folga. O procedemento rematou ao acadarse unha solución previa entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 94/14: Mediación promovida na empresa JOSÉ LANTERO E HIJOS, S.A., por parte do Comité de Empresa, e motivada na substitución do periodo de consultas dun ERE polo procedemento de mediación. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 95/14: Mediación promovida pola empresa ULLASTRES EXTERNALIZACIÓN DE CONTRATOS, derivado da intención da mesma de promover a negociación dun convenio colectivo de empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte social a participar no mesmo.
• Expediente AGA 96/14: Mediación promovida pola empresa VIDISCO, S.L. (PIZZA MÓVIL), derivado da negociación dun procedemento de descolgue salarial na mesma. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 97/14: Mediación promovida no SECTOR D EVENTOS, SERVIZOS E PRODUCIÓNS CULTURAIS DE GALICIA, polas centrais sindicais UGT, CCOO e CIG, con motivo do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo do referido sector. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 98/14: Mediación promovida na empresa CLECE, S.A. (Servizo de limpeza da USC Campus de Santiago de Compostela), por parte das Centrais Sindicais UGT, CC.OO, CIG e CUT, polas discrepancias xurdidas en materia de, entroutras, xornada, mobilidade, cobertura de IT/ausencias, concesión de días de asuntos propios. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 99/14: Mediación solicitada polo Comité de Empresa de Aluminio Español, SA – Alumina Española, SA (ALCOA), derivada das discrepancias relativas ao recoñecemento do dereito do Comité de obter copia do contrato de comedor. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 100/14: Mediación solicitada ne empresa COBRA SERVICIOS AUXILIARES, S.A. por parte da CIG, motivado nas discrepancias relativas ao convenio colectivo de aplicación aos traballadores que prestan servizos na antedita empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 101/14: Mediación promovida na empresa BABCOCK KOMMUNAL MBH Y TÉCNICAS MEDIAMBIENTALES TECMED, S.A.- UTE (ALBADA), pola CIG, e derivado das diferenzas de interpretación de determinados artigos do Convenio Colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 102/14: Mediación promovida de xeito conxunto na empresa EAT – COMPOSTELA (PANS & COMPANY CENTRO COMERCIAL AS CANCELAS), con motivo da convocatoria dunha folga na mesma. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 103/14: Arbitraxe promovida de xeito conxunto na empresa NOR RUBBER S.A.L., derivada das discrepancias en materia de categorías profesionais. O arbitro designado foi D. José María Casas de Ron. En tramitación
• Expediente AGA 104/14: Mediación promovida na empresa ALCOA INESPAL CORUÑA, S.L., polo Comité de Empresa, ao efecto de proceder á constitución da Comisión Negociadora  regulada no R.D. 1483/2012, de 29 de outubro. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 105/14: Mediación promovida na empresa POLIPROPILENO DE GALICIA, S.A.U. (POLIGAL), polo Comité de Empresa, derivado dos incumprimentos e cambios substanciais nas condicións de traballo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.