ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
AGA ANO 2015

Rematado o ano 2015, as estatísticas do procedemento de resolución de conflitos colectivos de traballo (AGA) amosan os seguintes resultados:

RESULTADO FINAL DE CADA EXPEDIENTE (01.01.2015 / 31.12.2015)

Expdtes iniciados Expdtes rexeitados ou desistidos Conflictos resoltos por acordo previo Expdtes tramitados Expdtes con resultado positivo Expdtes con resultado negativo Expdtes en tramitación
Com. Autónoma 6 1 4 4 1
A Coruña 36 17 2 17 12 5
Lugo 6 6
Ourense 3 2 1 1
Pontevedra 19 3 1 14 12 2 1
Total 70 29 3 36 28 8 2


Desagregando estes 70 expedientes, observamos que desenvolveronse do seguinte xeito:

AGA 2015
31/12/2015
EXPEDIENTES XESTIONADOS

• Expediente AGA 1/15: Mediación promovida na empresa BABCOCK KOMMUNAL MBH Y TÉCNICAS MEDIAMBIENTALES TECMED, S.A.- UTE (ALBADA), polos membros do Comité de Empresa, e derivado das diferenzas de interpretación de determinados artigos do Convenio Colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 2/15: Arbitraxe promovida na empresa AURORA, PILAR Y ANA, S.L., coa conformidade das representacións empresarial e sindical, derivada das discrepancias en materia de compensación e desfrute de vacacións. O arbitro designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 3/15: Mediación promovida na empresa OESIA NETWORWS, S.L., por parte dos representantes de CC.OO no Comité de Empresa, con motivo das discrepancias, entroutras, en materia de quendas de traballo, traballo en festivos, horario nocturno, asignación de categorías e desfrute de vacacións. O procedemento rematou co rexeitamento da maioría da parte social a participar no mesmo.
• Expediente AGA 4/15: Mediación promovida na empresa INGENIERÍA ELECTRÓNICA COMERCIAL, S.A. INELCOM, por parte dos representantes de persoal (CC.OO) con motivo das discrepancias, entroutras, en materia de quendas de traballo, traballo en festivos, horario nocturno e asignación de categorías. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 5/15: Mediación promovida na empresa LEYMA CENTRAL LECHERA, S.A. (GRUPO LECHE RÍO), por parte do Comité de Empresa, derivado do incumprimento do artigo 50 do convenio colectivo (Cesta de nadal). O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 6/15: Mediación promovida na empresa ARTEIXO TELECOM, S.A, por parte do Comité de Empresa, derivado do incumprimento dos acordos acadados en materia de reducións salariais. A mediadora designada foi Dona Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 7/15: Mediación solicitada polo Comité de Empresa de Aluminio Español, SA – Alumina Española, SA (ALCOA), derivada das discrepancias en materia de promoción de Xefes de Equipo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 8/15: Mediación solicitada polo Comité de Empresa de Aluminio Español, SA – Alumina Española, SA (ALCOA), derivada das discrepancias na interpretación do establecido no Artigo 20 “Traballos de superior categoría” do Convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 9/15: Mediación solicitada na empresa ECOURENSE, UTE, pola represnetación de USO no Comité de Empresa, polas discrepancias na plicación da revisión salarial do ano 2015. O procedemento rematou co rexeitamento da maioría da parte social a participar no mesmo.
• Expediente AGA 10/15: Mediación solicitada na empresa SPORT ZONE ESPAÑA, S.A. pola Federación de Servizos da CIG Vigo, polas discrepancias en materia de Convenio Colectivo de aplicación. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 11/15: Mediación promovida no GRUPO DE EMPRESAS MANUEL REY, pola federación de Industria de CCOO da Coruña, co obxecto de ratificar ante o AGA os acordos para o aboamento dos atrasos correspondentes ás revisións salariais acordadas pola Comisión Paritaria do Conevnio  para a Industria Siderometalúrxica da provincia da Coruña para os anos 2012 e 2013. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 12/15: Mediación promovida no SECTOR DE ESTABLECEMENTOS SANITARIOS DE HOSPITALIZACIÓN, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANÁLISES CLÍNICAS DA PROVINCIA DA CORUÑA – SANIDADE PRIVADA DA CORUÑA, por parte da Federación de saúde da CIG, derivada en arbitraxe, a raíz das discrepancias na interpretación do establecido no Artigo 4 do Convenio Colectivo, en relación ao incremento salarial para o ano 2014. O arbitro designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 13/15: Mediación solicitada polo Comité de Empresa de ALCOA INESPAL CORUÑA, S.L., derivada das discrepancias sobre os calendarios laborais (Artigo 22 do Convenio Colectivo). O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 14/15: Mediación solicitada polo Comité de Empresa de JOSÉ LANTERO E HIJOS, S.A., derivada das discrepancias sobre o establecemento de quendas de traballo pola empresa. O procedemento rematou ao acadarse unha solución previa entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 15/15: Mediación promovida na empresa SISTEMAS AVANZADOS DE TECNOLOGÍA, S.A. (SATEC), pola representación da empresa e dos traballadores, con motivo da incorporación á referida empresa de determinados traballadores que na actulidade prestan servizos en empresas subcontratisitas, e as condicións de incorporación. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 16/15: Mediación promovida na empresa ISOLUX INGENIERÍA, SA., por parte de CC.OO, derivado das discrepancias sobre a aplicación do artigo 66 do Convenio Colectivo, relativo ao Premio de Permanencia. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 17/15: Mediación solicitada polo Comité de Empresa de Aluminio Español, SA – Alumina Española, SA (ALCOA), derivada das discrepancias nas materias relativas ao transporte de persoal e a descrición do posto de traballo de Xefe de Equipo de Captación. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 18.15: Mediación promovida en FONCALOR ("Asociación de Empresas de Instalación, Mantenimiento y Reparación de Agua Caliente Sanitaria, Calefacción, Climatización, Contra Incendios, Electricidad, Equipos a Presión, Fontanería, Frío Industrial, Gas, Productos Petrolíferos Líquidos, Refrigeración, Saneamiento y Ventilación"), polos taraballadores/as , e derivada das discreoancias con diversas decisións adoptadas pola empresa e que entenden perxudican o correcto desempeño do traballo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 19/15: Mediación promovida na empresa MARFRÍO, S.A, de xeito conxunto pola representación dos traballdores e da empresa, e derivada das discrepancias na interpretación do establecido no artigo 39 do Convenio Colectivo, relativo ao incremento salarial. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. En tramitación.
• Expediente AGA 20/15: Mediación promovida na empresa HPS INDUSTRIAL JOBS, S.L.U. ( centro de traballo sito na empresa GKN DRIVELINE VIGO, S.A.), co obxecto de negociar as condicións laborais a aplicar aos traballadores da empresa que prestan servizos no refrido centro de traballo. A mediadora designada foi Dª. Ana Pouso Lijó. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 21/15: Mediación promovida na empresa URBASER, S.A. (servizo de recolllida de lixo no Concello de Redondela), pola representación dos traballadores, pertencente a central sindical CUT, con motivo da convocatoria dunha folga na referida empresa. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 22/15: Mediación promovida na empresa GADISVEN, S.A., polo Comité de Empresa, e derivada das discrepancias en relación coas decisións adoptadas pola empresa en materia de calendario de vacacións. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 23/15: Mediación promovida na empresa URBASER, S.A. (Servizo de recolllida de lixo no Concello de Marín), con motivo da convocatoria dunha folga na referida empresa, derivada do bloqueo na negociación do Convenio colectivo. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 24/15: Mediación promovida na empresa PLÁSTICOS FERRO, S.L., polo Comité de Empresa, con motivo do bloqueo na constitución da mesa de negociación do Convenio Colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 25/15: Mediación promovida na empresa SEVERIANO SERVICIO MÓVIL, S.A. polo Comité de Folga, con motivo da convocatoria dunha folga na referida empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 26/15: Mediación promovida no SECTOR DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA DA PROVINCIA DE OURENSE, pola Federación de Servizos á Cidadadanía de CC.OO de Galicia, derivada do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da maioria da representación da parte social a participar no mesmo.
• Expediente AGA 27/15: Mediación promovida na empresa LIMPISA-GRUPO NORTE (Servizo de Limpeza da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela), por parte de da central sindical CIG, pola inaplicación de diferentes acordos de empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 28/15: Mediación promovida na empresa SANTIAGO DOS, S.L., de xeito conxunto pola representación sindical e empresarial, e derivada da falla de aboamento das pagas extra do ano 2014. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 29/15: Mediación promovida na empresa TREVES GALICIA S.L.U. de xeito conxunto pola representación sindical e empresarial, e derivada das discrepancias en materia de estructura salrial dos líderes-xefes de equipo. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 30/15: Arbitraxe promovida de xeito conxunto polas representacións empresarial e sindicais no SECTOR DE AXENCIA MARÍTIMAS, CONSIGNATARIAS, ESTIBADORAS DE BUQUES E ACTIVIDADES AFÍNS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, e derivada das discrepancias en materia de interpretación do establecido no artigo 12 do Convenio (Retribucións), en relación coa Cláusula de revisión salarial (V. Cláusulas Adicionais). bO árbitro designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 31/15: Mediación solicitada polo Comité de Empresa de ALCOA INESPAL CORUÑA, S.L., derivada das discrepancias na aplicación do establecido no artigo 25 do Convenio colectivo (Absentismo). O procedemento rematou co rexeitamento da maioria da representación da parte social a participar no mesmo.
• Expediente AGA 32/15: Mediación promovida de xeito conxunto polas representacións empresarial e sindicais no SECTOR EXTRACTIVO DA PEDRA NATURAL – CANTEIRAS – DE PONTEVEDRA, derivada do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo do sector. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 33/15: Mediación promovida na empresa HIJOS DE PAN DE SORALUCE, S.A. pola CIG, derivada do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. O procedemento rematou ao acadarse unha solución previa entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 34/15: Mediación promovida na empresa SANTOS COCINA Y BAÑO, S.L., polo Comité de Empresa, con motivo da folga indefinida que estaba a ter lugar na mesma, derivada do bloqueo na negociación en materia de salarios e xornada continuada. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 35/15: Mediación solicitada polo Comité de Empresa de Aluminio Español, SA – Alumina Española, SA (ALCOA), derivada das discrepancias na cobertura das baixas con máis de sete días do persoal do servizo de comedor. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 36/15: Mediación promovida na empresa GRUPO TRES MARES, S.A. polos delegados de persoal, derivada do retraso no aboamento das pagas extraordinarias. O procedemento rematou co rexeitamento da maioria da representación da parte social a participar no mesmo.
• Expediente AGA 37/15: Mediación promovida de xeito conxunto na empresa MADERAS IGLESIAS, S.A., con motivo da convocatoria dunha folga. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 38/15: Mediación promovida de xeito conxunto na empresa MADERAS IGLESIAS, S.A., con motivo do desacordo en materia de aboamento de pagas ordinarias e extraordinarias  de xuño, control de legalidade da distribución de xornada e sistema de contratación. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez aceptada polas partes a proposta de mediación efectuada polo mediador.
• Expediente AGA 39/15: Mediación solicitada polo Comité de Empresa de ALCOA INESPAL CORUÑA, S.L., derivada das discrepancias na aplicación do establecido no artigo 17.1 do Convenio colectivo (Cambio de nivel de clasificación dentro do mesmo grupo funcional). O procedemento rematou co rexeitamento da maioria da representación da parte social a participar no mesmo.
• Expediente AGA 40/15: Mediación solicitada na empresa BEBIDAS GASEOSAS DEL NOROESTE, S.A. BEGANO, pola Sección Sindical de CC.OO, con motivo das discrepancias nas retribucións que perciben os traballadores segundo a súa permanencia. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 41/15: Mediación solicitada polo Comité de Empresa de JOSÉ LANTERO E HIJOS, S.A., derivada das discrepancias na aplicación do acordo acadado no seo do AGA en dat 6.02.15. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 42/15: Mediación promovida de xeito conxunto na empresa SOCISER GALICA, S.L. (Servizo de axuda no fogar do Concello de Ames), con motivo da falla de aboamento dos atrasos derivados do convenio colectivo. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 43/15: Mediación promovida de xeito conxunto na empresa VIZA AUTOMOCIÓN, S.A., derivada das diferenzas xurídico materiais na aplicación do anexo 1 do Convenio coelctivo de empresa (2012-2015) relativo bolsa de horas. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 44/15: Mediación promovida na empresa ARAMARK SERVICIOS DE CATERING, S.L.U. (Servizo de cafetería e restaurante do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela), por parte do Comité de Empresa, e derivada da decisión de eliminar a posibilidade de efectuar cambios de quendas entre traballadores/as. A mediadora designada foi Dona Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 45/15: Mediación solicitada polo Comité de Empresa de Aluminio Español, SA – Alumina Española, SA (ALCOA), derivada das discrepancias na valoración e descrición de determinados postos de traballo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 46/15: Mediación promovida na empresa HALAGO ALIMENTARIA, S.A., polo Comité de Empresa, derivado da falla de aboamento da paga de setembro de 2014, recoñecida noa rtigo 23 do Convenio colectivo de aplicación da empresa Panrico, S.A. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 47/15: Mediación promovida na empresa URBASER, S.A. (servizo de Limpeza Pública e Recollida de Residuos Sólidos Urbanos do Concello de Santiago de Compostela), polo Comité de Empresa, derivado da implantación dun novo sistema de convocatoria para as prazas vacantes de conductores. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 48/15: Mediación promovida na empresa ARAMARK SERVICIOS DE CATERING, S.L.U. (Servizo de cafetería e restaurante do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela), por parte do Comité de Empresa, e derivada da decisión de modificación unilateral pola empresa do cadrante anual de traballo dos camareiros da cafeteria do Complexo Hospitalario. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 49/14: Mediación promovida na empresa VALORIZA FACILITIES, SA. (Servizo de limpeza do Hospital Materno Infantil da Coruña) polo Comité de Empresa con motivo das discrepancias na interpretación do establecido no artigo 14, apartados 1 e 6, do Convenio colectivo de empresa, relativo a retribucións  e ao cobro integro da paga extra de xuño sen desconto de ningún tipo. O mediador designado foi D. Celso Araújo Castro. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 50/15: Mediación promovida na empresa ARAMARK SERVICIOS DE CATERING, S.L.U. (Servizo de cafetería e restaurante do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela), por parte do Comité de Empresa, e derivada da decisión de eliminar a posibilidade de efectuar cambios de quendas entre traballadores/as. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 51/15: Mediación promovida na empresa SAPA EXTRUSIÓN PERFIALSA, S.L.U., polo Comité de Empresa, solicitando o aboamento  das contías  relativas ao premios de vinculación de conformidade co establecido na Clausula Transitoria de Garantía recollida no Convenio colectivo de aplicación. A mediadora designada foi Dona Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 52/15: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa ALTHENIA, S.L., con motivo dunha folga convocada na referida empresa. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 53/15: Mediación promovida na empresa CONELEC, S.A., por parte Federación de Industria de CC.OO de Lugo, con motivo da convocatoria dunha folga na antedita empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 54/15: Mediación solicitada polo Comité de Empresa de ALCOA INESPAL CORUÑA, S.L., derivada das discrepancias con determinadas decisións en materia de mobilidade funcional e modificacións substancias das condicións de traballo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 55/15: Mediación promovida na empresa ALN TELEMARKETING, S.L., polo Comité de Empresa, derivada do retraso no pagamento de salarios. A mediadora designada foi Dona Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 56/15: Mediación promovida no COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA, pola UGT, con motivo do bloqueo na negociación do Convenio colectivo. O mediador designado foi D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes
• Expediente AGA 57/15: Mediación promovida pola CIG, no SECTOR DE LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA PROVINCIA DE OURENSE, derivada do estancamento na negociación do Convenio colectivo do sector. A mediadora designada foi Dona Rocío de Frutos Madrazo. O procedemento rematou con resultado negativo por non terse chegado a un acordo entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 58/15: Mediación solicitada polo Comité de Empresa de ALCOA INESPAL CORUÑA, S.L., derivada das discrepancias con determinadas decisións en materia de mobilidade funcional e modificacións substancias das condicións de traballo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 59/15: Mediación promovida na empresa URBASER, S.A. (Servizo de recolllida de lixo no Concello de Santiago de Compostela), polo Comité de Empresa, motivado pola negativa da empresa a dar o curso CAP aos conductores en tempo de traballo ou compensar esas horas. O procedemento rematou con rexeitamento unha vez transcorrido o prazo sen resposta da parte empresarial
• Expediente AGA 60/15: Mediación promovida pola CIG, no SECTOR DE LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA PROVINCIA DA CORUÑA, derivada das discrepancias na interpretación do artigo 12, apartado primeiro (Duración das vacacións e retruibución das mesmas)do Convenio colectivo de aplicación, á vista do artigo 7.1 da Directiva 2003/88/CE e da xursiprudencia comunitaria que o interpreta. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 61/15: Mediación promovida polos delegados de persoal da empresa CLH, SA no seu centro de traballo na Coruña-Bens e derivada dun proceso de modificación sustancial das condicións de traballo. O procedemento rematou con rexeitamento unha vez transcorrido o prazo sen resposta da parte empresarial
• Expediente AGA 62/15: Mediación promovida pola empresa Compañía Radiotelevisión de Galicia (CRTVG) e derivada das discrepancias xurdidas na constitución do Comité de Seguridade e Saúde Laboral na citada empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 63/15: Mediación promovida polo Comité de Empresa de Trèves Galicia, SLU ante as discrepancias entre as partes en materia de xornada de traballo. A mediadora designada foi Dona Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 64/15: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa Vidisco, SL (Pizzamóvil) ante a situación de bloqueo xurdida na negociación dun novo Convenio colectivo de empresa. A mediadora designada foi Dona Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 65/15: Mediación promovida pola Federación de Servizos para a Mobilidade e o Consumo de UGT-Galicia na empresa Ambuibérica, SL no seu centro de traballo de Vimianzo (A Coruña) ante o que aquela define como unha situación crecente de conflitividade derivada da falta de aplicación do disposto sobre diversas cuestións no Convenio colectivo de referencia. O procedemento rematou ao acadarse unha solución previa entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 66/15: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa Supervisión y Control, SA, e que ten como motivo a situación de bloqueo na negociación do Convenio colectivo de empresa. O mediador designado é Don Carlos Domenech de Aspe. En tramitación.
• Expediente AGA 67/15: Mediación promovida polo sindicato CNT no Concello de A Guarda relativo á situación dos traballadores que superaron as probas selectivas para a provisión de prazas de persoal laboral para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES). O procedemento rematou co rexeitamento por parte do Concello a participar no mesmo.
• Expediente AGA 68/15: Mediación promovida polo sindicato CIG na empresa Tórculo Comunicación Gráfica, SA,  e relativo ao retraso no aboamento da paga extraordinaria correspondente ao mes de decembro de 2014. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.
• Expediente AGA 69/15: Mediación promovida polo Comité de Empresa de Alcoa Inespal Coruña, SL derivada da imposibilidade de chegar a un acordo coa Dirección da empres apara fixar os servizos mínimos nunha folga convocada na empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 70/15: Mediación promovida de mutuo acordo no Sector de Mármores e Pedras da provincia de Pontevedra relativa á interpretación, aplicacio´n e redacción do artículo 9.7 do Convenio colectivo de sector. Os mediadores designados foron Dª Verónica Martínez Barbero e D. Alberto Fresco González. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez acadado acordo entre as partes.