ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
AGA ANO 2016

Rematado o mes de novembro deste 2016, as estatísticas do procedemento de resolución de conflitos colectivos de traballo (AGA) amosan os seguintes resultados:



RESULTADO FINAL DE CADA EXPEDIENTE (01.01.2016 / 31.12.2016)

Expdtes iniciados Expdtes rexeitados ou desistidos Conflictos resoltos por acordo previo Expdtes tramitados Expdtes con resultado positivo Expdtes con resultado negativo Expdtes en tramitación
Com. Autónoma 8 2 1 3 2 1 2
A Coruña 29 11 1 15 7 8 2
Lugo 7 6 1 1
Ourense 3 1 2
Pontevedra 35 6 1 26 26 2
Total 82 26 3 45 36 9 8


Ao desagregar estes 82 expedientes, vemos que se desenvolveron do seguinte xeito:

AGA 2016
02/12/2016
EXPEDIENTES XESTIONADOS

• Expediente AGA 1/16: Mediación promovida polo Comité de Empresa na empresa ALCOA INESPAL CORUÑA, SL, ante os desacordos entre as partes no referente ás aportacións da empresa de diversas Primas ao Plan de Pensións. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 2/16: Mediación promovida polo Comité de Empresa na empresa ALCOA INESPAL CORUÑA, SL, ante a existencia de discrepancias na aplicación dos calendarios de quendas. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 3/16: Arbitraxe promovida de mutuo acordo na empresa ALMACENAMIENTOS Y MONTAJES, SAU. (ALYMOSA) ante a existencia de diferencias na aplicación do ERE para o ano 2016. Os arbitros designados foron D. José Mª Casas de Ron e Dª Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 4/16: Mediación promovida polo Comité de Empresa na empresa BEBIDAS GASEOSAS DEL NOROESTE, S.A. (BEGANO), motivada, entroutros motivos, pola discrepancias na negoción dunha serie de traslados. O mediador designado é D. Carlos Domenech de Aspe. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 5/16: Mediación promovida na empresa TELEMARK-SPAIN, SL, por parte do Comité de Empresa, ante as situacións irregulares existentes no relativo ao desfrute do descanso de fin de semana. O mediador designado é D. Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo, ao non acadar acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 6/16: Mediación promovida na empresa ELABORADOS METÁLICOS EMESA, SL, por parte do Comité de Empresa, derivada da situación de bloqueo existente na negociación do convenio colectivo de aplicación. O mediador designado é D. Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado negativo, ao non acadar acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 7/16: Mediación solicitada polo Comité de Empresa na empresa SANTOS COCINA Y BAÑO, SL e motivada ao alegarse incumprimento da empresa dun acordo preexistente en materia de redución de xornada. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 8/16: Mediación solicitada por MCA-UGT Lugo-Lemos no SECTOR DA INDUSTRIA SIDEROMETALÚRXICA DA PROVINCIA DE LUGO ante a situación de bloqueo existente na negociación dun novo Convenio colectivo de sector. O mediador designado foi José Vázquez Portomeñe. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 9/16: Mediación solicitada pola CIG na empresa CELSA ATLANTIC, SL, alegando modificación de xornada-réxime de quendas do persoal de produción, así como incumprimento do acordo ERTE do 22.07.2014. O mediador designado foi D. Benigno García Sánchez. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 10/16. Mediación promovida polo Comité de Empresa en HALAGO ALIMENTARIA, SA e derivado da reclamación de aboamento das pagas extraordinarias de Nadal e setembro do ano 2015. A mediadora designada foi Dª Teresa Díaz López. A mediación rematou con resultado negativo ao non ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 11/16: Arbitraxe promovido de mutuo acordo na CORPORACIÓN DE PRÁCTICOS DEL PUERTO Y RÍA DE VIGO, SLP, e derivado da existencia de diversas discrepancias na negociación do Convenio colectivo de referencia. O árbitro designado foi D. José María Casas de Ron. O arbitro designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 12/16: Mediación promovida polo sindicato CIG na empresa CELUISMA, S.A. (Centro de traballo do Hotel Os Tilos) ante o incumprimento por parte da empresa dos prazos para o aboamento da débeda salarial contraída cos traballadores do citado centro. A mediadora designada foi Verónica Martínez Barbero. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 13/16: Mediación promovida polo sindicato CIG na empresa 4M HOTELES SANTIAGO, SL (Centro de traballo do Hotel Santiago Apóstol), e derivada da pretensión da empresa de modificar o sistema de compensaciòn dos festivos, o calendario de vacacións e outras cuestións relativas á xornada de traballo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 14/16: Mediación promovida polo sindicato SN de CC.OO. de Galicia na empresa 4M HOTELES SANTIAGO, SL (Centro de traballo do Hotel Universal), e derivada da pretensión da empresa de modificar o sistema de compensaciòn dos festivos, o calendario de vacacións e outras cuestións relativas á xornada de traballo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 15/16: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ALUMINIO ESPAÑÓL-ALÚMINA ESPAÑOLA, SA (ALCOA) polo conflito derivado da aplicación do Permiso de matrimonio coincidinte con vacacións. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 16/16: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ALUMINIO ESPAÑÓL-ALÚMINA ESPAÑOLA, SA (ALCOA) polo conflito suscitado polo listado de becarios, así como por algunhas actuacións relacioandas con eles dentro da empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 17/16: Mediación derivada en arbitraxe promovida de mutuo acordo polas representacións do persoal (CIG) e da empresa en SISTEMAS AVANZADOS DE TECNOLOGÍA, SA polo conflito existente na citada empresa en materia de cesión ilegal de traballadores. A mediadora designada é Verónica Martínez Barbero. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 18/16: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ALUMINIO ESPAÑÓL-ALÚMINA ESPAÑOLA, SA (ALCOA) polo conflito xurdido na revisión de descrición e valoración dos postos que operan na zona ATEX. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 19/16: Arbitraxe promovido de mutuo acordo na empresa THUNE EUREKA, SA, e derivado da existencia de diferencias sobre a aplicación e a interpretación do artigo 23 do Convenio Colectivo de empresa. O árbitro designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 20/16: Mediación promovida polo Comité de Empresa de MAIER FERROPLAST, S.COOP, conflito que deriva da aplicación do calendario laboral na citada empresa. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 21/16: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa TYM GANAIN, SLU para resolver diversas cuestións relativas á contratación e tempo de traballo. O mediador designado foi José María Casas de Ron. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 22/16: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa CALDERERÍA NAVAL DEL MIÑOR, SLU para resolver diversas cuestións relativas á contratación e tempo de traballo. O mediador designado foi José María Casas de Ron. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 23/16: Mediación promovida desde o Consello Galego de Relacións Laborais na empresa CORTEFIEL nos seus centros de traballo na cidade da Coruña, e relativa á existencia de discrepancias de diversa natureza nos citados centros. O mediador designado foi Benigno Sánchez García. O procedemento rematou con resultado negativo, ao non acadar acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 24/16: Mediación promovida polo Comité de Empresa en OSIATIS-ECONOCOM por conflitos derivados do establecemento do calendario laboral e de vacacións. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 25/16: Mediación promovida pola empresa en NAVIERA MAR DE ONS, SL e relacionada coa situación de bloqueo no período de consultas para proceder á inaplicación do Convenio colectivo vixente. O procedemento rematou co rexeitamento da parte sindical a participar no mesmo.
• Expediente AGA 26/16: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa FAURECIA EMISSIONS CONTROL TECHNOLOGIES (Centro de Vigo) motivada ante a convocatoria de folga no citado centro de traballo por diferenzas no Plan Industrial da empresa. O mediador designado foi José María Casas de Ron. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 27/16: Mediación promovida polo sindicato CIG na empresa SOCISER GALICIA, S.L, relativa as discrepancias existentes en materia de xornada laboral. A mediadora designada foi Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado negativo, ao non acadar acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 28/16: Mediación promovida polo Comité de Empresa de GADISVEN,SL no seu centro de traballo na Coruña, ante a situación de bloqueo existente na negociación do convenio colectivo. O mediador designado foi Carlos Domenech de Aspe. O procedemento rematou con resultado negativo, ao non acadar acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 29/16: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa FAURECIA SISTEMA DE ESCAPES ESPAÑA, SA (Centro de Vigo) pola existencia de diferenzas sobreo o Plan industrial de competitividade na empresa. O mediador designado foi José María Casas de Ron. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 30/16: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ALUMINIO ESPAÑÓL-ALÚMINA ESPAÑOLA, SA (ALCOA) por un conflito relativo a cambio de horarios de xantar aos mantedores de xornada normal cando cubren ausenzas da Brigada de quendas. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 31/16: Arbitraxe promovida de mutuo acordo na empresa REMOLCADORES NOSA TERRA, SA (REMOLCANOSA) ante a existencia de diferenzas xurídicas sobre a condición dos Xefes de Equipo de mergullo, segundo a lexislación aplicable e o Convenio colectivo propio. O árbitro designado foi José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 32/16: Mediación promovida na empresa ARVATO IBERIA, SL pola Federación de Servizos de CC.OO. motivada na falta de aplicación de convenio colectivo. O mediador designado foi Benigno Sánchez García. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 33/16: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa ASIENTOS DE GALICIA, SA con motivo do bloqueo na negociación do convenio colectivo en materia salarial, categorías, garantías e outros. Os mediadores designados foron Verónica Martínez Barbero e José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 34/16: Mediación promovida na empresa CONCENTRA SERVICIOS Y MANTENIMIENTO, SA pola central sindical CIG-Industria, motivada pola falta de acordo na regularización do segundo trienio do Complemento de Permanencia e Rendemento na citada empresa. O procedemento rematou ao chegarse a unha solución previa entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 35/16: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa CALDERERÍA NAVAL DEL MIÑOR, SLU para resolver o conflito orixinado con motivo da negociación dun anexo ao convenio colectivo provincial para as empresas da industria siderometalúrxica sen convenio propio da provincia de Pontevedra que afecta á referida empresa (contratacións por obras ou servizos determinados). O mediador designado foi José María Casas de Ron. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 36/16: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa TYM GANAIN, SLU para resolver o conflito orixinado con motivo da negociación dun anexo ao convenio colectivo provincial para as empresas da industria siderometalúrxica sen convenio propio da provincia de Pontevedra que afecta á referida empresa (contratacións por obras ou servizos determinados). O mediador designado foi José María Casas de Ron. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 37/16: Mediación promovida na empresa INDUSAL RÍAS ALTAS polos delegados de persoal (CIG) con motivo dunha modificación de horarios de carácter colectivo establecida unilateralmente pola empresa. En tramitación.
• Expediente AGA 38/16: Mediación promovida na empresa PÉREZ TORRES MARÍTIMA, SL polos delegados de persoal (CIG), motivada pola discrepancia na aplicación de diversos acordos en materia salarial. O procedemento rematou ao chegarse a unha solución previa entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 39/16: Mediación promovida na empresa UNÍSONO SOLUCIONES DE NEGOCIO, S.A., pola Secretaría Comarcal da Federación de Banca da CIG, motivada nos incumprimentos de diversos acordos. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 40/16: Mediación derivada en Arbitraxe promovida no SECTOR DO COMERCIO DE ALIMENTACIÓN DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, pola Asociación Provincial de Supermercados e Autoservicios da provincia de Pontevedra, con motivo do bloqueo na constitución da Mesa Negociadora do Convenio colectivo. O arbitro designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 41/16: Arbitraxe promovida na empresa KAUMAN, S.A.U., polo Sindicato Comarcal de CC.OO de Industria de Vigo, con motivo das discrepancias en materia de aplicación de incrementos salariais. O arbitro designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 42/16: Mediación promovida na empresa STENDHAL MUSEUM SOLUTIONS, S.L., pola central sindical CIG, derivado das discrepancias en materia de convenio colectivo aplicable. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 43/16: Mediación promovida na empresa CLECE, S.A., polo Comité de Empresa, motivada polas discrepancias na regularización das horas non realizadas polos traballadores e traballadoras dentro do primeiro trimestre do ano 2016, durante o segundo trimestre do mesmo ano. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado negativo, ao non acadar acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 44/16: Mediación derivada en Arbitraxe promovida na empresa ACCIONA FACILITY SERVICES, S.A. (Concesionaria do servizo de limpeza do Hospital Álvaro Cunqueiro, Hospital Meixoeiro e Hospital Nicolás Peña), pola representación sindical, derivada do bloqueo na constitución da Mesa Negociadora do Convenio colectivo. Os árbitros designados foron Dª. Verónica Martínez Barbero e D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 45/16: Mediación promovida na empresa VEOLIA SERVICIOS NORTE, S.A.U., coa conformidade da representación empresarial e sindical, no conflito xurdido na negociación das condicións de aplicación transitoria aos traballadores e traballadoras do Hospital Alvaro Cunqueiro da empresa VEOLIA, en tanto en canto non se acade un Convenio de centro. A mediadora designada foi Dª. Verónica Martínez Barbero. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 46/16: Mediación promovida na empresa POVISA, S.A. (POLICLÍNICO DE VIGO), coa conformidade da representación empresarial e sindical, en relación co réxime de quendas de traballo (compensación, organización e limitacións). O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 47/16: Mediación promovida na empresa M. CAEIRO, S.A. pola central sindical CIG, con motivo discrepancias xurdidas en relación coa inaplicación do Convenio de empresa. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 48/16: Mediación derivada en Arbitraxe promovida pola empresa DORNIER, S.A. (Adxudicataria do Servizo de Xestión de Estacionamento Regulado en Vía Pública de Vigo – XER), con motivo do bloqueo na negociación do Convenio dolectivo. O arbitro designado foi D. José María Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 49/16: Mediación promovida na empresa OHL SERVICIOS INGESAN, S.A. (Adxudicataria do servizo de limpeza do HUAC  A Coruña), pola representación sindical, polas discrepancias en materia de retribucións. A mediadora designada foi Dª. Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado negativo, ao non acadar acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 50/16: Mediación promovida no SECTOR DE LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA PROVINCIA DA CORUÑA, polas centrasi sindicais CIG, CC.OO e UGT, con motivo do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. O mediador designado foi D. Carlos Domenech de Aspe. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 51/16: Mediación promovida na empresa NAVIERA MAR DE ONS, S.L., con motivo das discrepancias xurdidas na negociación dun procedemento de inaplicación de Convenio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte social a participar no mesmo.
• Expediente AGA 52/16: Mediación promovida na empresa SATEC ENHANCED SERVICES, S.L., con motivo das discrepancias xurdidas na negociación de determinadas condicións laborais. A mediadora designada foi Verónica Martínez Barbero. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 53/16: Mediación promovida na empresa MONGASA, S.L., con motivo da negociación das futuras condicións de afectación do ERE 3/16 e tramitación dun novo para os traballadores excluídos daquel. A mediadora designada foi Verónica Martínez Barbero. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 54/16: Mediación promovida no SECTOR DE PERSOAL LABORAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL, pola FeSP – UGT Galicia, polas discrepancias na interpretación do establecido no artigo 26.5 do V Convenio Colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia. O procedemento rematou co rexeitamento da representación da Consellería a participar no mesmo.
• Expediente AGA 55/16: Arbitraxe promovida na empresa AUTOESTRADAS DE GALICIA, S.A., con motivo do bloqueo na negociación do Convenio Colectivo. O arbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 56/16: Mediación promovida de mutuo acordo na empresa CLECE, S.A. (Servizo de Axuda a domicilio no Concello de Vigo), con motivo das diferenzas de criterio respecto da aplicabilidade do II Convenio colectivo de Axuda a domicilio de Galicia. A mediadora designada foi D. Ana Pouso Lijó. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 57/16: Mediación promovida na empresa INVERSIONES SUBEL, S.L. pola CIG, con motivo da reclamación de cantidades. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 58/16: Mediación promovida na empresa VALORIZA AGUA, S.L. (Centro de traballo da Coruña) polo Delegado de Persoal, ante o desacordo pola falla de aplicación de determinados incrementos salariais. A mediadora designada foi Dª Teresa Díaz López. O procedemento rematou con resultado negativo, ao non acadar acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 59/16: Mediación promovida na empresa VIZA AUTOMOCIÓN, S.A.U., con motivo da convocatoria dunha folga indefinida na antedita empresa. Os mediadores designados foron D. José Mª Casas de Ron e Dª Verónica Martínez Barbero. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 60/16: Mediación promovida na ONG MÉDICOS SIN FRONTERAS pola Sección Sindical da CNT na antedita organización, polas discrepnacias coa inclusión de determinadas cláusulas nos contratos celebrados pola mesma. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 61/16: Mediación promovida na empresa ESCO EXPANSIÓN, S.L., pola CIG – Lugo, con motivo das discrepancias xurdidas no Convenio Colectivo de aplicación. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 62/16: Mediación promovida pola empresa AUTONEUM SPAIN, S.A.U., ante a convocatoria dunha folga na mesma. O procedemento rematou ao chegarse a unha solución previa entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 63/16: Mediación promovida na empresa CORPORACIÓN RADIO E TELEVISIÓN DE GALICIA polo Comité Intercentros, con motivo das discrepancias xurdidas ante a falla de criterios para a asignación de traballadores e traballadoras na cobertura dos procesos eleitorais. A mediadora designada foi Dª Teresa Díaz López. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 64/16: Mediación promovida na empresa CLECE, S.A., polo Comité de Empresa, motivada polas discrepancias en materia de regularización de horas de exceso ou defecto polos traballadores e traballadoras, así como en materia de calendario de vacacións. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 65/16: Mediación promovida na empresa STRADIVARIUS ESPAÑA, S.A., polo Comité de Empresa, motivada polas discrepancias sobre o cumprimento do establecido no artigo 13.c) do Convenio de Comercio vario (Licenzas retribuídas). O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 66/16: Mediación promovida na empresa UNIVERSAL SUPPORT, S.A., polo Comité de Empresa, motivada polo incuprimento do establecido no artigo 18 do V Convenio colectivo de ámbito estatal do sector de contatct center. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 67/16: Mediación devenida en arbitraxe na empresa MARCELINO ACUÑA, SA motivada pola falta de acordo entre as partes na negociación de pacto de empresa en temas slalriais e outros. O arbitro designado foi D. José Mª Casas de Ron. O procedemento rematou con resultado positivo unha vez ditado o pertinente laudo arbitral.
• Expediente AGA 68/16: Mediación promovida na empresa CLECE, SA relativo á modificación substancial das condicións de traballo e mobilidade xeográfica levadas a cabo no mes de xullo de 2016. A mediadora designada foi Dª Ana Pouso Lijó. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 69/16: Mediación promovida no SECTOR DE LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA PROVINCIA DE OURENSE, polas centrais UGT, CC.OO e CIG,  derivada do estancamento na negociación do Convenio colectivo do sector. O mediador designada foi D. Benigno Sánchez García. En tramitación.
• Expediente AGA 70/16: Mediación promovida na empresa TECNOCOM, pola representación dos traballadores, motivada polas discrepancias en materia de compensacións por festivos. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 71/16: Mediación promovida no SECTOR DE OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITARÍAS, REPOSTERÍAS E PRATOS COCIÑADOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, motivada pola falta de acordo entre as partes na negociación de taboas salariais así como doutros aspectos recollidos no convenio colectivo do sector. O mediador designado foi D. José Mª Casas de Ron. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.
• Expediente AGA 72/16: Mediación promovida na MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO VAL MIÑOR, pola central sindical CSI-F, derivada do bloqueo na negociación do Convenio colectivo do persoal laboral da Mancomunidade. O procedemento rematou co rexeitamento da representación daquela a participar no mesmo.
• Expediente AGA 73/16: Mediación promovida polo Comité de Empresa de ALUMINIO ESPAÑÓL-ALÚMINA ESPAÑOLA, SA (ALCOA) polo conflito derivado da implantación unilateral do Plan de Igualdade e o incumprimento das reunións trimestrais da Comisión de Igualdade. O procedemento rematou co rexeitamento da representación daquela a participar no mesmo.
• Expediente AGA 74/16: Mediación promovida pola representación sindical na empresa DINAHOSTING ante as discrepancias xurdidas na negociación dun novo convenio colectivo na empresa. O procedemento rematou ao chegarse a unha solución previa entre as partes en conflito.
• Expediente AGA 75/16: Mediación promovida pola CIG na empresa Quadernas Consultoría, SL, e relativa á existencia de incumplimentos de diversas cuestións pactadas en materia salarial. A mediadora designada foi Dª Teresa Díaz López. En tramitación.
• Expediente AGA 76/16: Mediación promovida na empresa SETEX-APARKI, S.A,  pola UGT, e relativa a incumprimentos en materia de gastos en roupa de traballo. O procedemento rematou co rexeitamento da parte empresarial a participar no mesmo.
• Expediente AGA 77/16: Mediación promovida na empresa ECOURENSE, UTE, polo Comité de Empresa, e derivada do bloqueo na negociación do Convenio colectivo. O mediador designado foi D. José Vázquez Portomeñe. En tramitación.
• Expediente AGA 78/16: Mediación promovida no SECTOR DO COMERCIO DO METAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, polas centrais sindicais CIG, UGT e CC.OO, con motivo do bloqueo na constitución da Mesa Negociadora do Convenio colectivo. En tramitación.
• Expediente AGA 79/16: Mediación promovida no SECTOR DO COMERCIO DE ALIMENTACIÓN DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, pola Asociación Provincial de Supermercados e Autoservicios da provincia de Pontevedra ASAP, con motivo do bloqueo na negociación do Convenio colectivo. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. En tramitación.
• Expediente AGA 80/16: Mediación promovida no SECTOR DE RESIDENCIAS PRIVADAS DA TERCEIRA IDADE, por CC.OO, polas discrepancias no relativo ao as cantidades a aboar na paga correspondente as vacacións  e a inclusión na mesma do plus de asistencia. En tramitación.
• Expediente AGA 81/16: Mediación promovida no SECTOR DE RESIDENCIAS PRIVADAS DA TERCEIRA IDADE, por UGT, con motivo do bloqueo na negociación do Conevnio colectivo. O procedemento rematou co rexeitamento da maioria da representación social a participar no mesmo.
• Expediente AGA 82/16: Mediación promovida no SECTOR DO INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACIÓN, CONFEITERÍAS, PASTELERÍAS, REPOSTERÍAS E PRATOS COCIÑADOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ao efecto de proceder a regularización salarial e os atrasos do Conevnio colectivo. O mediador designado foi D. José María Casas de Ron. A mediación rematou con resultado positivo ao ter chegado a acordo as partes en conflito.