Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
Carta do Presidente Natureza, finalidade e funcións do Consello Competencias e procedemento externo Estructura Órganos do C.G.R.L. Organigrama técnico administrativo


O Consello desenvolve a súa actividade de acordo co planificado polo Pleno e a Comisión Permanente a comezos de cada ano e das funcións que ten atribuídas pola súa lei de creación.

Así, desenvolve a actividade de emisión de ditames con carácter preceptivo e non vinculante sobre os proxectos normativos da Xunta de Galicia en materia relativa a súa política laboral, dentro da función que ten asignada como órgano consultivo.

De conformidade co Acordo Galego de Solución Extraxudicial de Conflictos Colectivos o Consello xestiona a solución extraxudicial dos conflictos colectivos de traballo que son sometidos voluntariamente por empresas e traballadores.

Unha das actividades que desempeña máis intensamente o Consello é o seguimento dos contidos dos convenios colectivos e revisións salariais elaborando informes sobre a situación da negociación colectiva en Galicia de carácter semestral. Presta, así mesmo, apoio e asistencia técnica á negociación colectiva que se fai en Galicia.

Dentro das funcións de fomenta-lo debate social o Consello organiza ó longo do ano, encontros, cursos e xornadas diversas sobre temas de actualidade laboral, entre os que cabe salienta-lo Encontro Galego de Relacións Laborais, que reúne tódolos anos unha parte esencial do mundo laboral galego, así como numerosos estudios e informes.

Finalmente, o Consello elabora e publica a Revista Galega de Dereito Social e o Informe anual sobre a Situación Sociolaboral da Comunidade Autónoma Galega, ámbolos dous de alta calidade técnica e fondamente valorados por todos aqueles que, dun xeito ou doutro, entán vencellados co eido laboral.

En definitiva, toda a actividade céntrase nun obxetivo de estar presente, ser partícipe e protagonista das relacións laborais en Galicia.