ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsNormativa Convenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
AGA: ACORDO SOBRE SOLUCIÓN EXTRAXUDICIAL DE CONFLITOS COLECTIVOS DE TRABALLO

Ver texto do AGA

O Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais celebrado o día un de marzo de 1991 adoptou a resolución de instar ás organizacións nel representadas a comezar as negociacións dun acordo para a solución extraxudicial dos conflitos de traballo. Un ano despois, o día catro de marzo de 1992, as organizacións sindicais máis representativas da nosa Comunidade Autónoma (UGT-Galicia, SN de CCOO de Galicia, Confederación Intersindical Galega) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), asinaron o Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais para a Solución de Conflitos Colectivos de Traballo (AGA), acontecemento de gran transcendencia para o mundo das relacións laborais.

A continuación referirémonos aos datos correspondentes aos expedientes xestionados ao abeiro do AGA.

Nunha primeira aproximación a esta estatística, podemos dicir que dos 723 expedientes promovidos, o 58,5% corresponden ao sector servizos; o 38.7% ao da industria; o 1.24% ao da pesca, outro 1.24% ao da construción e, por último, un 0,28% corresponde ao sector agrícola.

Esta proxección porcentual segue a mesma liña que en anos precedentes.

AGA. EXPEDIENTES POR SECTORES ECONÓMICOS E TRABALLADORES AFECTADOS
(1.06.1992 / 31.12.2011)


Nº Expedientes Porcentaxe Nº Traballadores Porcentaxe
Agricultura 2 0,28 % 22 0,00 %
Pesca 9 1,24 % 7.600 1,17 %
Industria 280 38,73 % 126.006 19,38 %
Construción 9 1,24 % 15.959 2,45 %
Servizos 423 58,51 % 500.711 77,00 %
Total 723 100 % 650.298 100 %


Se analizámo-los expedientes promovidos segundo o ámbito do conflito (sector ou empresa) e diferenciando o seu ámbito xeográfico, ó mesmo tempo, conseguímo-la seguinte información:

EXPEDIENTES INICIADOS. TRABALLADORES AFECTADOS POR SECTOR E EMPRESA.
(01.06.1992 / 31.12.2011
)

Comunidade Autónoma A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Total
Expedientes iniciados 81 283 102 31 226 723
Traballadores afectados 101.367 265.647 42.002 8.388 232.894 650.298
Expedientes
conflitos sector
30 33 10 7 50 130
Traballadores afectados conflitos sector 88.361 216.891 22.150 5.727 212.198 545.327
Expedientes
conflitos empresa
51 250 92 24 176 593
Traballadores afectados conflitos empresa

13.006

48.756 19.852 2.661 20.696 104.971


Analizando os expedientes que tiveron entrada no rexistro do AGA segundo o seu resultado final, obtéñense os seguintes datos:

AGA. RESULTADO DOS EXPEDIENTES. DISTRIBUCIÓN TERRITORIAL (01.06.1992 / 31.12.2011)

Expdtes iniciados Expdtes rexeitados ou desistidos Conflictos resoltos por acordo previo Expdtes tramitados Expdtes con resultado positivo Expdtes con resultado negativo Expdtes en tramitación
Com. Autónoma 81 37 1 43 32 11  
A Coruña 283 98 12 173 143 30  
Lugo 102 39 3 60 53 7  
Ourense 31 8 1 21 17 4 1
Pontevedra 226 59 9 154 138 17 3
Total 723 241 26 451 383 69 5
 

      Ver texto do AGA


     Listado de mediadores e árbitros
        Mediadores e árbitros


     Modelos de Solicitudes
        Conciliación-Mediación
        Arbitraxe


     Datos anuais
        AGA do ano 2012
        AGA do ano 2011
        AGA do ano 2010
        AGA do ano 2009
        AGA do ano 2008
        AGA do ano 2007
        AGA do ano 2006
        AGA do ano 2005
        AGA do ano 2004
        AGA do ano 2003
        AGA do ano 2002