ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
Nesta sección están incluídas as dúbidas e preguntas máis comúns para o uso e a solución de problemas típicos da Revista Galega de Dereito Social do Consello Galego de Relacións Laborais.

Para calquera consulta relacionada coa revista que non estea documentada nesta sección, pode dirixirse ó Consello utilizando o formulario da sección contacto, indicando no campo de comentario as súas dúbidas.


Requirimentos do sistema

Para a correcta visualización da Revista necesitará dispor dun equipo informático coas seguintes especificacións mínimas:

Plataforma Intel
- Procesador Pentium ou equivalente
- Windows 9x, NT, 2000, ME ou superior
- 32 MB de memoria RAM
- Espacio valeiro en disco de 10 MB
- Adobe Acrobat Reader 4.05 ou superior para Windows

Plataforma Apple
- Procesador xxx ou superior
- 32 MB de memoria RAM
- Espacio valeiro en disco de 10 MB
- Adobe Acrobat Reader 4.05 ou superior para Macintosh

Si necesita imprimi-lo contido total ou parcial da Revista tamén precisará dunha impresora de chorro de tinta ou láser.


Solución de problemas

No caso de que teña dificultades para a descarga, visualización ou impresión da Revista pode consulta-los problemas típicos que poideran xurdir na seguinte lista.
Se o seu problema particular non estivera documentado, diríxase ó Consello utilizando o formulario de contacto especificando co maior detalle posible o seu problema.


Non consigo descarga-la revista

Este problema pode derivar das seguintes situacións:

- A súa conexión a Internet é inestable. Esta situación provoca que o seu acceso a Internet sexa interrompido, co que non se chega a descargar de forma completa a Revista

- Non dispón dun navegador actualizado. A web do CGRL está preparada para a maioría dos navegadores do mercado, tanto para as versións actuais como para algunhas das versións antigas. En calquera caso, funcionará correctamente no Microsoft Internet Explorer v4.0 ou superior e no Netscape Navigator v.4.51 ou superior


Cando finaliza a descarga non podo abri-lo arquivo

Posiblemente non ten instalado o programa gratuíto de Adobe Acrobat Reader versión 4.05 ou superior, ou ten unha versión incompatible co seu equipo. É dicir, necesita ter instalada a versión correcta segundo o seu sistema operativo (Windows 95, Windows 98, Windows NT, ...)


Grava-la Revista

Para almacenar de forma permanente a Revista no seu equipo e poder consulta-la sen ter que conectarse a Internet debe segui-los seguintes pasos:

- Descarga-lo número da Revista que desexe
- Unha vez completada a descarga pulse no botón que aparece na barra de navegación e seleccione onde quere grava-la Revista.


Imprimi-la Revista

Para imprimir todo ou parte do contido da Revista debe seguir os seguintes pasos:

- Descarga-lo número da Revista que desexe
- Unha vez completada a descarga pulse no botón que aparece na barra de navegación e seleccione as páxinas da Revista que desexa imprimir.