Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
Carta do Presidente Natureza, finalidade e funcións do Consello Estructura Órganos do C.G.R.L. Organigrama técnico administrativo Actividade



A nova lei destaca na súa exposición de motivos a necesidade de definir as funcións do organismo, coa finalidade de ampliar o seu campo de acción no que se refire á xestión de acordos, especialmente dos acordos sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos, e nas materias referentes á negociación colectiva. De aí que no artigo 3º se faga unha reelaboración das competencias do Consello, que se detallan máis exhaustivamente no artigo 10º do regulamento interno, ao facer referencia ás funcións do Pleno como máximo órgano de decisión, e que se relacionan a continuación:

· Elaborar e remitirlles, por propia iniciativa, estudos e informes aos departamentos da Administración autonómica e de calquera outra institución da comunidade autónoma e formularlles propostas en materia de política laboral.

· Emitir ditames sobre os proxectos normativos dos organismos e departamentos da Administración autonómica e doutras institucións da comunidade autónoma en materia laboral, que lle serán solicitados preceptivamente.

· Fomentar e ampliar a negociación colectiva dentro do respecto ao principio de autonomía colectiva consagrado no artigo 37.1 da Constitución española e impulsar unha axeitada estrutura dos convenios, nos ámbitos territorial e sectorial.

· Preparar e redactar propostas relativas a acordos laborais e recomendar a súa aplicación ás organizacións empresariais e sindicais.

· Desenvolver as actuacións que considere necesarias para acadar o acordo marco interprofesional sobre a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, previsto na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.

· Promover e facilitar a mediación e arbitraxe previstos nos conflitos laborais, por pedimento das partes interesadas. Para tal fin poderá efectuar propostas, recomendacións e ofrecemento de arbitraxes ou mediacións, en especial respecto dos conflitos de ampla repercusión na comunidade autónoma.

· Ter información actualizada do desenvolvemento do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos do traballo (AGA), así como controlar o seu funcionamento e impulsar a súa ampliación.

· Promover a creación de comisións paritarias, nos diversos ámbitos de negociación colectiva, coa composición e as competencias que o Pleno determine.

· Solicitar e recibir dos órganos competentes da Administración autonómica e de calquera outra institución da comunidade autónoma canta información precise para o desempeño das súas funcións.

· Xestionar os acordos que lles sexan encomendados polas entidades recoñecidas como interlocutoras sociais.

· Desenvolver as funcións que o RD 718/2005, do 20 de xuño, polo que se aproba o procedemento de extensión de convenios colectivos, establece nos artigos 6 e 7.2º.

· Aprobar o informe anual sobre a situación sociolaboral da comunidade autónoma e a memoria anual sobre a actuación do Consello.

· Aprobar o orzamento do Consello para cada exercicio.

· Promover a participación en conferencias ou congresos de interese laboral, así como nas iniciativas de estudos, debates, etc., vinculados coa difusión de cuestións relacionadas co dereito laboral.

· Aprobar a creación das comisións de traballo e as súas competencias.

· Aprobar a planificación anual de actividades do Consello.

· Examinar o desenvolvemento das relacións laborais en Galicia e propoñer medidas que contribúan á súa mellora.

· Aqueloutras funcións asignadas ao Consello, non atribuídas expresamente a outro órgano no Regulamento de Funcionamento Interno do organismo.