|
O artigo 3 da Lei 7/1988, do 12 de xullo, pola que se crea o Consello Galego de Relacións Laborais,
configura a este non só como órgano de diálogo social e institucional entre empresarios e sindicatos,
senón tamén como órgano consultivo e asesor da Comunidade Autónoma de Galicia nas materias relativas á súa política laboral.
Así, unha das funcións básicas do Consello é a de emitir, con carácter preceptivo e non vinculante,
ditame sobre todos aqueles proxectos normativos da Xunta de Galicia en materia de política laboral.
Para facer máis áxil esta función, o 24 de abril de 1991 foi instituído polo Pleno do Consello o Comité Delegado polo Pleno
para a emisión de ditames cunha representación proporcional similar á do Consello e dotándoo dunhas normas de funcionamento interno.
|