ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

Ano 2017

Este Comité Delegado emitiu ó longo do ano 2017 un total de 10 ditames, dos que se dá conta a continuación.


  Ditame 1/17

Ditame sobre o proxecto de orde pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente aos exercicios de 2017 e 2018.


  Ditame 2/17

Proxecto de Orde pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2017 e 2018.


  Ditame 3/17

Ditame sobre o proxecto de orde pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en Unidades Formativas das Empresas e dos incentivos á contratación.


  Ditame 4/17

Ditame sobre o proxecto de orde pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 e o Programa II , de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.


  Ditame 5/17

Ditame sobre o proxecto de orde pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas novas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX), correspondente aos exercicios de 2017 e 2018.


  Ditame 6/17

Ditame sobre o proxecto de orde pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración, e se procede a súa convocatoria para o ano 2017.


  Ditame 7/17

Ditame sobre o proxecto de orde pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, das entidades asociativas de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de empresas de inserción laboral, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.


  Ditame 8/17

Proxecto de orde pola que se establecen as bases reguladoras e o procedemento de concesión directa da subvención especial e da contía adicional previstas no Real Decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001 e 25/2001, do 31 de xullo.


  Ditame 9/17

Ditame sobre o proxecto de orde pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.


  Ditame 10/17

Ditame sobre o proxecto de Orde pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais para o ano 2017.