Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
Carta do Presidente Natureza, finalidade e funcións do Consello Competencias e procedemento externo Órganos do C.G.R.L. Organigrama técnico administrativo Actividade

Segundo a súa normativa reguladora, Lei 5/2008, do 23 de maio, o Consello está composto por un presidente/a, un secretario/a e catorce conselleiras e conselleiros, en representación das organizacións sindicais e empresariais que teñan a condición de representativas en Galicia, agrupados/as da seguinte forma:

  1. Sete persoas membros das organizacións sindicais que superen o dez por cento da totalidade das e dos representantes legais dos traballadores/as de Galicia, computadas o 31 de decembro do ano anterior a aquel no que se produza a renovación do mandato das persoas membros representativas do Pleno do Consello. A súa designación farana, en proporción á súa representatividade, os respectivos sindicatos e serán nomeadas pola persoa titular da consellería competente en materia laboral.
  2. Sete persoas membros das organizacións empresariais de maior representatividade no ámbito da comunidade autónoma, considerando como tales, para os efectos desta lei, as que empregan como mínimo o dez por cento do persoal traballador no referido ámbito. Serán designadas por elas e nomeadas pola persoa titular da consellería competente en materia laboral.

As persoas conselleiras e conselleiros do Consello, tanto titulares como suplentes, serán designadas polas súas organizacións conforme os criterios de equilibrio entre ambos sexos, tal como recolle a Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, e a Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.
Todas as persoas integrantes do Consello, a excepción da secretaria/o, terán dereito a voto.
A duración do mandato das persoas membros con representación é de catro anos, sen prexuízo da súa reelección e da posibilidade de substitución das persoas titulares ou suplentes durante dito período, por proposta da organización á que representen.

Integrantes do Consello

PRESIDENTE: Demetrio Fernández López, nomeado polo presidente da Xunta por Decreto 281/2002, do 3 de outubro, que tomou posesión do seu cargo o 7 de outubro de 2002.

SECRETARIA: Marisa Peña Cebreiro, que ocupou este posto en comisión de servizos dende o día 31 de outubro de 2002 ata o 9 de abril de 2003, data na que obtén o citado posto por libre designación (Orde da Consellería de Asuntos sociais, Emprego e Relacións Laborais de 28 de marzo de 2003, publicada no DOG nº 69, do 08.04.2003), tomando posesión o día 10 de abril de 2003.

CONSELLEIRAS E CONSELLEIROS:

  • Pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia):

    Titulares:
    José Carlos Rodríguez del Río
    Eladio Romero Ares
    Mª Cruz Vázquez González

    Suplentes:
    Domingo Barros Montáns
    Ernesto Fontanes Blanco
    Mª Luisa Rodríguez Vázquez

  • Polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC OO):

    Titulares:
    Maica Bouza Seoane
    Xesús Castro Baamonde

    Suplentes:
    José Plácido Cazón Lamas
    José Hurtado Amador

  • Pola Confederación Intersindical Galega (CIG):

    Titulares:
    Fernando Roberto Acuña Rúa
    Manuel Currás Meira

    Suplentes:
    Francisco Xabier Cartelle Pérez
    Margarida Corral Sánchez

  • Pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG):

    Titulares:
    Antón Arias Díaz-Eimil
    José Manuel Fernández Cedrón
    Javier García Ruíz
    Jesús José López Calvo
    Julio Andrés López Garrido
    Luis Novoa Díaz
    Carlos Oliete Fernández

    Suplentes:
    María J. de Miguel Pérez
    Marina Graña Bermúdez
    Guadalupe Hervera Iglesias
    José Antonio Neira Cortés
    Fausto Santamarina Fernández
    Rafael Serrano Hernández
    Alberto Viejo López