ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 8/04

LAUDO ARBITRAL

JOSE Mª CASAS DE RON, designado polas partes árbitro en acta de compromiso arbitral de data 03 de marzo de 2004, en procedemento de solución de conflictos, en base ó establecido no Capítulo III do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciaies de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), no  que son interesados, dunha banda D. Cesar Graña Macenlle, en representación da Asociación de supermercados y autoservicios de la provincia de Pontevedra, D. Carlos Andrade Lago, D. Raul Vilariño Orge y D. José Manuel Francisco Mouriño, en representación da Asociación de comercio de mayoristas de la provincia de Pontevedra; e pola outra D. Roberto Puga Hermida, en representación de U.G.T., D. Manoel Zabala Iglesias, en representación de C.I.G., Dª Rosa Pérez Alvarez, en representación de CC.OO., y D. Luis A. Cardero Tabares, en representación de FETICO, partes firmantes da acta de compromiso arbitral citada, e lexitimados no conflicto sobre diverxencias surxidas entre as mesmas, pola falta de acordo na composición e número de asesores da comisión deliberadora do convenio provincial para o comercio de alimentación de Pontevedra; Visto o expediente e oídas as partes, resolvo a cuestión plantexada por medio do presente laudo en base ós seguintes

ANTECEDENTES:

1.- O árbitro proposto é o  presidente da mesa de negociación do citado convenio. Nas catro reunións precedentes a que se celebrou no dia de hoxe, non se atopa acordo sobre o número de asesores das centrais sindicais representadas na comisión deliberadora do convenio, plantexándose unha serie de diferencias insalvables entre as duas partes. No transcurso das intervencións o longo da sesión celebrada da comisión o día de hoxe, e ante o bloqueo que de feito afectaba a comisión para o arranque da negociación, as duas partes en litixio, propoñen unha solución arbitral en base o artigo 46 do denunciado convenio colectivo, que prevé os procedementos de solución de conflictos do AGA, solicitándose deste xeito a intervención do presidente – mediador, nomeandoo árbitro, para que dunha forma taxativa e urxente dirima o litixio plantexado e se poda escomenzar a negociación colectiva, cumprindo así o papel social atribuido as partes en negociación para o establecemento das condicións colectivas de traballo.

2.- Dada a perentoriedade e necesidade das cuestións plantexada polas partes, asinado o correspondente compromiso arbitral, o árbitro na mesma sesión da propia negociación, urxe ás partes a exposición das súas respectivas posturas a fin de que se cumpran os principios de audiencia, contradicción e igualdade.

3.- Dada a participación do árbitro tanto na reunión que se celebra nesta data, como a da anterior celebrada o día 25 de febreiro do ano en curso, da comisión deliberadora na que de xeito amplísimo e contradictorio foron expostas as diversas posturas e reivindicacións da cuestión en litixio, o árbitro entende que dispón de suficientes elementos para resolver a cuestión, que non é xurídica, dado que non se discute a composición da propia comisión deliberadora que, en todo caso se axusta os termos legais previstos na Lei do Estatuto dos Traballadores, senón que é cuestión a resolver en equidade, facendo da solución arbitral unha proposta equitativa e operativa, para que as partes desenvolvan o proceso negociador nunhas condicións positivas de garantía, igualdade negocial e ausencia de distorsións que poderían ser provocadas polas diferencias entre as partes no número de asesores ou de asistentes as reunións da comisión.

4.- O árbitro entende asimesmo que no presente laudo fixará o seu parecer, de xeito equilibrado e operativo, o número de asesores por cada sindicato; sin perxuicio desto, tamén entende que o presidente dun convenio colectivo debe ter unha certa marxe de operatividade para que en cuestións concretas ou específicas, nas que a propia complexidade o demande,  poda de xeito razoable, xustificado e proporcionado, alterar o número de asesores ou asistentes, que se incrementaría para tales cuestións puntuais, facendo, coa necesaria antelación, unha comunicación no seo da propia comisión deliberadora que garanta o principio de igualdade e publicidade, e fixando o número de asistentes ou asesores para a sesión correspondente.

En base os anteriores presupostos, a vista da situación plantexada, cumplidos os principios de garantía do procedemento, resolvo a cuestión  plantexada dictando o seguinte laudo conforme o artigo 24 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos Colectivos de Traballo publicado no D.O.G. de 04.05.95.

UNICO:  O número de asistentes ou asesores as representacións sindicais que forman parte da comisión deliberadora do convenio colectivo provincial do comercio de alimentación da provincia de Pontevedra será de xeito ordinario de dous asesores ou asistentes por cada central sindical, poidendo o presidente do convenio, para unha cuestión específica alterar o número incrementandoo, e comunicando a estes efectos tal aumento puntual ó resto de membros da  comisión deliberadora coa necesaria antelación.

O presente laudo poderá ser recurrido ante a xurisdicción social nos termos establecidos no apartado 4 do artigo 24 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA).



Dado en Vigo, a  3 de marzo de 2004
O árbitro