ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 28/06


Carlos Doménech de Aspe, designado árbitro no procedemento tramitado conforme ao artigo 26 do AGA promovido pola representación da empresa Corporación Alimentaria Peñasanta S. A. e aceptado pola representación dos traballadores, oídas as partes e examinada a documentación, dita o seguinte

LAUDO

ANTECEDENTES. -

Comunícase ao Comité de Empresa a necesidade de realizar traballos o día 20 de maio ao amparo do acordo formalizado o 7 de decembro de 2004.

A representación da empresa en data 15 de maio de 2006 remite ao Consello Galego de Relacións Laborais escrito de solicitude de arbitraxe obrigatoria ao amparo do establecido no acordo formalizado en data 7 de decembro de 2004.

Con data 16 de maio, o árbitro mantén reunión coas partes que manifestan en síntese o seguinte:

Por razóns produtivas, necesita que a sección “Torre de leite en polvo” traballe o vindeiro sábado, día 20 de maio, adicándose á fabricación de leite seco ou leite en polvo. A representación da empresa manifesta que se trata dunha medida produtiva, toda vez que a producción de leite líquida debe ser por ventas máis curta que o leite en polvo, provocándose que sexa necesario producir deste último. A empresa ten unha torre de leite en polvo en Asturias e outra en Lugo. Complementa estas cuestións sinalando que a producción UHT é rebaixada por razóns de mercado e, ao ser incrementada a producción de leite en polvo, a torre de secado funciona a pleno rendimento e vese saturada, polo que é preciso incrementar o traballo en sábado. Estas son as razóns para ter que fabricar este producto e así se  diseñou a producción, aportando na comparecencia os gráficos e a planificación de fabricación que, no seu momento, foi entregada aos traballadores.

Pola súa banda, a representación dos traballadores aduciu que non existía motivo ningún para incrementar a xornada de traballo en sábado xa que a produción que se pretende realizar ese día houbese podido ser perfectamente levada a cabo durante a semana normal, engadindo que, na semana en curso,.o único que se fai é diminuir a producción de leite en brik aumentando a producción en polvo polo que non existe causa productiva senón organizativa que, por outra parte, tampoco se xustifica, xa que o único que se efectúa é un trasvase de producto en brik a leite en polvo sin xustificar as razóns de dita medida.

Despois dun debate sobre os aspectos concretos da posible necesidade de realizar o traballo, exame dos cadros de programación e opinións contraditorias sobre a planificación e organización do traballo da empresa, non existe coincidencia das partes na necesidade da realización do traballo do sábado.

CONSIDERACIÓNS. -

É necesario, dado que este laudo ten precedentes noutras tres actuacións, facer mención aos criterios sustentados nos laudos anteriormente dictados.

E así é claro que “non pódese nin débese efectuar polo árbitro un xuízo profundo sobre a correcta ou incorrecta planificación da produción pola empresa nin suplir as posibles carencias na idoneidade da organización do traballo polos que no complexo empresarial teñen encomendada esa función con mais capacidade e coñecemento técnicos e posibilidade de acceso a todos os datos tanto reais como previstos” polo que non se entra en profundidade a xuzgar a idoneidade da planificación efectuada e mostrada na comparecencia ante o árbitro.

Todo iso foi perfectamente argumentado no laudo recentemente dictado por D. José María casas de Ron expoñendo que: “A doutrina científica e a xurisprudencia máis sentada consideran, analizando por analoxía o sistema causal previsto no Estatuto dos Traballadores para as materias referidas aos despedimentos colectivos do artigo 51, para a mobilidade xeográfica do artigo 40 e para os despedimentos por causas obxectivas do artigo 52.c), que as causas produtivas refírense ás cuestións da empresa en relación cos productos fabricados, cos pedidos ou situación comercial, coas situacións de almacenaxe, stockage ou rotación de mercaderías, etc., cuestións que teñen que ver coa actividade da empresa, xeito e resultado produtivo. Asi mesmo, a xurisprudencia considera, por vontade do lexislador nas reformas laborais dos anos 1994 e 1997, que a labor de xuíces ou administración, e conseguintemente para os árbitros dos procedementos de solución extraxudicial de conflitos colectivos de traballo, non é tanto unha valoración da xestión da empresa, toda vez os amplísimos poderes de organización e dirección que a lei laboral recoñece aos empresarios, e así o recolle o árbitro Carlos Doménech na fundamentación dun laúdo nesta concreta materia, senón a apreciación concreta de se a causa alegada é xustamente económica, técnica, organizativa e produtiva, sen invadir o campo propio de xestión empresarial no que, como se decía, nin xuices nin árbitros deben entrar.”

Pero si é necesario que, para que este árbitro poida emitir un laudo que valore a existencia ou non de razóns de carácter produtivo, acredítense suficientemente e, loxicamente, determinen a necesidade dunha modificación de xornada como a que se pretende coa conseguinte afectación aos traballadores que concretamente designe a empresa, feito extensible ao exacto coñecemento polos traballadores das causas últimas da decisión. En efecto, xa o último laudo dictado razoaba: “Pero tamén, entende este árbitro, que o procedemento establecido no acordo de 2004 ten que xestionarse de xeito distinto, non debendo admitirse un novo, sobre todo á vista de que existen sete posibilidades ao ano para traballar en sábado, que non garanta, previamente, que a representación dos traballadores tivo un perfecto e preciso coñecemento da realidade produtiva da empresa, para que xustamente poda valorarse previamente ao procedemento arbitral, a procedencia da petición empresarial ou, no seu caso, valorar na tramitación arbitral aquela petición” levando a establecer na sua parte dispositiva “que queda fixada a obrigatoriedade no caso dunha nova petición empresarial de facilitar unha información completa e precisa do réxime produtivo do centro, información que haberá que acreditar tamén no caso dun novo procedemento arbitral en función do acordo de mediación de 7 de decembro de 2004.”

Pois ben, no  presente caso a empresa volve a basar a sua petición  nunha planificación unilateralmente efectuada en uso das suas facultades, pero sin
acreditar fehacientemente as razóns de dita programación, que non reflexa un incremento de producción senón simplemente unha variación no producto a elaborar, sin que se  aportaran á representación dos traballadores nin ao árbitro as probas e xustificaciones que fundamentan o cambio.  Incumplese así o que xa se  advertira no anterior laudo e iso non permite acceder ao solicitado.

Baseándose nas consideracións apuntadas dítase a seguinte


RESOLUCIÓN

Non autorizar a realización de traballos o sábado día 20 de maio de 2006 por falta de acreditación das razóns de fondo de carácter produtivo que o permitirían en virtude do acordo de data 7 de decembro de 2004.

Santiago de Compostela a 16 de maio de 2006

O ÁRBITRO

Carlos Doménech de Aspe