ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 32/06

JOSE Mº CASAS DE RON designado mediador por acta de constitución da  mesa de conciliación e mediación prevista no art. 15 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA) de data 1 de xuño de 2006, procedemento referencia 32/06, no conflito surxido na negociación do convenio colectivo provincial de Pontevedra para as empresas de comercio de alimentación, por habilitación das partes, resolve as cuestións plantexadas ditando o seguinte laudo baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.- Na negociación do convenio colectivo as partes manteñen desacordos en canto a número de reunións e tempo de negociación, número de integrantes da comisión negociadora, número de asesores sindicais e orde temático da propia negociación. Estas cuestións impiden a posta en marcha do proceso negociador cos perxuizos inherentes.

Segundo.- En data 1 de xuño, en mesa constituída ante o mediador designado no procedemento, por dunha banda a representación empresarial integrada por D. Rafael Souto Outeda, D. Luis García Cobreros e D. Manuel Martínez Silva en representación da Asociación de Supermercados de Alimentación de Pontevedra (ASAP) e D. Juan Manuel Francisco Mouriño, D. José Carlos Andrade Lago e D. Antonio Bermúdez Pérez, da Asociación de Mayoristas de Alimentación, e por outra banda a representación sindical integrada por Dna. María do Transito Fernández Fernández, D. Fernando Porto Loureiro, D. Carlos Aljan Collazo, Dna. Gloria García Fandiño, Dna. María Rosa Quintela Bello e Dna Ana Meijide González, en representación de CIG; D. Luis A. Cardero Tabares e Dna.Dolores Vaz Martínez en representación de FETICO; D. Jesús Gómez Vieitez e Dna. Mª Teresa Pérez Lago en representación de USO; Dna. Rosa Pérez Álvarez, Dna. Juan Mª Gómez do Val, D. Pedro Bouzada Míguez, D. Jesús Molares Luis e D. José Manuel Gómez García en representación de CC.OO.; D. Roberto Puga Hermida, Dna. Rosa Mª Ribas Santiago, D. Javier González Álvarez, D. Carlos J. Esperón Fernández, Dna. Eva Mª Rojas Fiestras e D. Jesús Germa Chapela en representación de UGT, habilitaron ao mediador para ditar unha solución arbitral nas cuestións de conflito sinaladas no apartado primeiro.

Terceiro.- Considerase ao actuante perfectamente informado das posicións das partes e das súas diferenzas. A estes efectos na reunión mantida as partes puxeron de manifesto as materias indispoñibles da negociación e o réxime da mesma.

Cuarto.- Enténdense perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradición na comparecencia e sesión celebrada o longo da tarde do día 1 xuño.

En consecuencia resolvese a cuestión plantexada no conflito, para que a subseguinte negociación colectiva do convenio provincial de Pontevedra do sector do comercio de alimentación, se realice en base os seguintes puntos, de conformidade coas normas previstas no art. 20 e seguintes do Acordo Galego para a solución extraxudicial de conflitos colectivos de traballo:

1.- As reunións da mesa de negociación terán cadencia semanal, celebrándose preferentemente o día xoves con horario de 17 a 20 horas.

2.- O marco temporal negocial establécese de xeito referencial ata o fin da terceira semana do mes de xuño.

3.- A comisión negociadora para cada parte seguirá formada por 15 membros.

4.- O número de asesores por cada sindicato integrante na mesa será de 2. O mediador poderá autorizar un número maior en determinadas sesións, dando conta coa antelación necesaria á outra parte de tal alteración.

5.- As partes negociarán o convenio coma un todo e de xeito global, entendéndose que non haberá acordos por materias concretas ata a firma definitiva do convenio.

6.- As partes recoñécense reciprocamente capaces de negociar todos os puntos plantexados polas contrapartes sen que se poda admitir excepción algunha.

7..- A orde de materias negocial será a seguinte:

- Tempo de traballo.
- Antiguedade.
- Estabilidade no emprego.
- Promoción profesional.
- Compensación e absorción de melloras.
- Incrementos salariais.
- Outras condicións laborais.
- Vixencia do convenio.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdición social nos termos establecidos no apartado 4º do art. 14 do AGA.

Dado en Vigo a 2 de xuño de 2006.

O árbitro

José Mª Casas de Ron