ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 10/07

JOSE Mª CASAS DE RON, designado árbitro por acta de constitución de arbitraxe prevista no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA) de data 13 de marzo de 2007, no conflito surxido na aplicación das cláusulas de revisión salarial para o ano 2007-2008 no Convenio Colectivo provincial de Pontevedra para as empresas de comercio de alimentación, resolve as cuestións plantexadas ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.- En data 13 de marzo de 2007, constituiuse a mesa ante o árbitro designado no procedemento, da que forman parte, por unha banda a representación empresarial integrada por D. Luis García Cabreros e D. Rafael Souto Outeda, en representación da Asociación de Supermercados de Alimentación de Pontevedra (ASAP), e D. José Carlos Andrade Lago e D. José Manuel Francisco Mouriño en representación conxunta da Asociación de Mayoristas de Alimentación de Pontevedra e da Federación Gallega del Comercio e Industria de la Carne. E por outra banda a representación sindical integrada por Dª María do Tránsito Fernández, Dª Ana Maijide González, D. Luis Mosquera Fernández e D. Carlos Alján Collazo, en representación de CIG; D. Jesús Molares Luís e D. Ramón Pérez en representación de CC.OO; D. Roberto Puga Hermida en representación de UGT; D. Luis Cardero Tabares, en representación de FETICO; e Dª Mª Teresa Pérez LAGO, Dª Mª Victoria Rodríguez Vello e Dª Mercedes Rodríguez Parada en representación de USO.

Segundo.- A cuestión que se plantexaba a arbitraxe é a interpretación do artigo 23 do convenio colectivo para os anos 2006, 2007 e 2008, sobre incrementos salariais, para os anos 2007-2008, dadas as diferencias que teñen as partes na valoración do mesmo.

Terceiro.- Aberta a sesión de comparecencia, o árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradicción, e o árbitro perfectamente informado das posicións das partes e as súas diferencias.

Cuarto.- O presente conflicto, o que se somete a decisión arbitral, é a aplicación dos incrementos retributivos para os anos 207-2008. Convén sinalar, que o actual árbitro foi mediador, no seu día, na negociación do presente Convenio Colectivo afectado, e tamén foi designado árbitro a fin de fixar a proposta salarial e a súa aplicación para os anos 2006, 2007 e 2008. As diferencias salariais entre as partes, que teñen un alcance superior o das partes clásicas, pois entre as propias representacións

empresariais e sindicais non se atopa unanimidade, e xiran sobre a conceptuación das cláusulas de revisión e a aplicación dos denominados IPCs reais ou previstos. A estes efectos, o árbitro pide a todas as partes que lle transmitan por escrito as súas posicións, que se reflecten do seguinte xeito:

a) D. José Manuel Francisco Mouriño e D. José Carlos Andrade, en representación da Asociación de Mayoristas de Alimentación de Pontevedra e da Federación Gallega del Comercio e Industria de la Cane, indican que debe aplicarse un 4,5% en 2006; o IPC real máis o 0,72% en 2007; e o IPC real máis un 0,72% en 2008.

b) D. Rafael Souto Outeda,  manifesta que no 2006 houbo un 4,5% de aumento, xa que a revisión era sobre o IPC real; en 2007, o IPC real de 2006 (que supón un 2,7%) máis o 0,72%, e decir, un 3,42 % de aumento, máis a revisión o IPC real do 2007; e en 2008, o IPC real de 2007 revisado máis o 0,72%.

c) D. Luis García Cabreros, de la ASAP, opina que en 2006, o 4,5%, o superar o IPC real (2,7%), polo que non hai revisión; en 2007, o IPC previsto (2%) máis o 0,72%, con cláusula de revisión o IPC real do 2007 máis o 0,72%; e en 2008 o IPC previsto máis o 0,72%, con cláusula de revisión o IPC real do 2008 máis o 0,72%.

d) As centrais sindicais CC.OO, CIG e UGT, manteñen que no ano 2006 era un 4,5%; Revisión: diferencia entre IPC previsto e IPC real: do 2 ó 2,7%, e decir, un 0,7%, aplicable as táboas salariais do 2006; no ano 2007, o IPC real do 2006 máis o 0,72% (2,7%+0,72%=3,42%); e no ano 2008, o IPC real de 2007 máis o 0,72%.

e) A representación de FETICO indica que en 2006 é o 4,5 %, con revisión o IPC real; no 2007, o IPC real revisado de 2007 máis o 0,72% (a aplicación práctica loxíca o IPC previsto máis o 0,72% e revisión en xaneiro de 2008, pero é certo que a empresa pode non dar nada a conta); e no 2008 o IPC real revisado de 2008 máis o 0,72% (revisión en xaneiro de 2009). Na negociación sempre se falou de IPC real, e entendeu que era a do ano, non a aplicación do ano anterior.

f) A central sindical USO manifesta que, en canto a 2006, está claro: o 4,5% supera o IPC real do ano, o quedar éste en 2,7%, polo que non hai lugar a revisión; en 2007, o IPC previsto máis o 0,72%, e decir, un 2,72%. Cando se constate, a 31.12.07, o IPC real, procederase a efectuar a revisión; e en canto a 2008, nos mesmos termos que en 2007.

Quinto.- O árbitro consultou as súas actas como consecuencia do seu labor como mediador e árbitro ó longo dos meses de maio, xuño e xullo de 2006, e, no capítulo V tocante a condicións retributivas, e concretamente no artigo 23, incrementos salariais, dictou literalmente a seguinte parte dispositva como árbitro: “O incremento salarial, aplicable para os conceptos de táboas salariais, gastos de locomoción, axuda escolar, axudas de custo, kilometraxe e complemento de incapacidade, para o ano 2006 será do 4,5% con revisión ao IPC, para os anos 2007 e 2008 será do IPC real revisado máis 0,72%, conforme á decisión arbitral do mediador do presente procedemento habilitado a estes efectos por tódolos componentes da mesa, decisión arbitral que se reflicte clásula segunda do acordo de mediación do AGA.”

FUNDAMENTOS DA RESOLUCION

Pois ben, o árbitro ten que facer, a efectos da súa decisión, en primeiro lugar, unha interpretación literal, pois tamén está suxeito á decisión adoptada no procedemento arbitral no seu día. Tamén, dado este novo procedemento arbitral, pódense ter en conta os antecedentes a fin de que a súa decisión sexa concernente o espíritu e termos da súa decisión arbitral.

En función desto, sinala o árbitro que as ideas sustentadoras da súa decisión estaban efectuadas sobre a base dun incremento significativo para o ano 2006, e a utilización dos conceptos de IPC reais para fixar os incrementos dos anos 2007 e 2008, toda vez que, dado o momento de negociar o convenio para os salarios de 2007 se aplicaría o IPC real establecido oficialmente a principios do ano e o cual se lle incrementaría o 0,72%; e para o 2008 se actuaría, do mesmo xeito, debéndose ter en conta a estes efectos que o árbitro, no seu laudo, estableceu, para o ano 2006, unha suba significativa consorte coas posicións últimas das partes, e unha cláusula de salvagarda en función do IPC, e para os anos 2007 e 2008 o IPRC real aplicacable, e a porcentaxe decidida no laudo arbitral tamén en función das últimas posicións entre partes, e decir, o sentido do presente laudo arbitral atópase justamente nas últimas propostas e no xeito das mesmas establecidas no procedemento arbitral de xullo do pasado ano.

PARTE DISPOSITIVA

En base a todos os anteriores antecedentes, díctase o seguinte laudo, de conformidade coas normas previstas no art. 20 e seguintes do Acordo Galego para a Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo:

UNICA: O incremento para o ano 2006 é do 4,5%, tendo en conta que a revisión actuaba sobre o IPC real. Para o ano 2007 debe de aplicarse o IPC real correspondente a 2006 máis o 0,72% fixado. No ano 2008, aplicarase o incremento correspondente o IPC real de 2007 máis o 0,72% fixado.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdición social nos termos establecidos no apartado 5º do artigo 24 do AGA.

Dado en Vigo, a 14 de marzo de 2007

O árbitro



José Mª Casas de Ron