ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 14/07


JOSE Mª CASAS DE RON, designado árbitro por acta de compromiso arbitral prevista no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA) de data 7 de marzo de 2006, pola partes en conflicto na negociación do II Convenio Colectivo para o persoal laboral e servizos da Universidade de Vigo, a fin de fixar as condicións retributivas para todo o persoal do ámbito do convenio colectivo da Universidade de Vigo, resolve as cuestión plantexada ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.- En data 7 de marzo de 2007, a mesa, da que forman parte, por unha banda a representación da Universidade de Vigo, integrada por D. Pedro M. Sánchez Fernández e D. Antón Vidal Andino; e por outra a representación sindical integrada por D. Paulino del Rio Iglesias e D. Carlos Mollinedo Lois, en representación da CIG; D. Marcos Estévez Orge, Dª María Magar Ledo e D. Manuel Marcos García, en representación de CC.OO.; e D. José Andrés Zapirain Fernández, en representación de UGT, habilitan ao mediador actuante como árbitro en acta de compromiso arbitral referida a fin de que dicte laudo e fixe as condicións retributivas para o período do convenio, tendo en conta as posicións das partes, ante a imposibilidade de chegar a un acordo en esta cuestión concreta neste proceso de mediación.

Segundo.- A cuestión que se plantexa a arbitraxe, é a fixación das condicións retributivas para todo o persoal do ámbito de aplicación do Convenio Colectivo para o Persoal Laboral de Administración e Servizos da Universidade de Vigo.

Terceiro.- Aberta a sesión de comparecencia, o árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradicción. Por outra parte, o árbitro considerase perfectamente ilustrado e con coñecementos suficientes para poder ditar laudo neste conflicto de interese.

Cuarto.- As posicións das partes quedan reflectidas nos seguintes cadros:

Grupo profesional Posición empresarial Posición social
I 31.374 € 34.105 €
II 26.502 € 29.036 €
III 21.098 € 22.022 €
IV 18.508 € 20.225 €
V “a extinguir” en proporción en proporción

Quinto.- Ó arbitro tivo en conta implicitamente outras cuestións, ademais das estrictamente salariais a fin de ditar o laudo neste conflicto de intereses que incorpora asimesmo a denominada doutrina das últimas posicións, que serve de marxe o árbitro para establecer os módulos retributivos correspondentes. Asimesmo dado que as condicións retributivas teñen un aspecto global o árbitro tivo en conta outras condicións como son o período e efectos de homologación retributiva e o importe da denominada paga de compensación.

En base a todos os anteriores antecedentes, díctase o seguinte laudo, de conformidade coas normas previstas no art. 20 e seguintes do Acordo Galego para a Solución Extraxudicial de Conflictos Colectivos de Traballo ca seguinte parte dispositiva:

Primeira.- Retribucións básicas 2007

Grupo profesional Básicas anuais
I 31.723 €
II 26.806 €
III 21.353 €
IV 18.913 E
V “a extinguir” 16.962 €


Retribucións ano 2008

Grupo profesional Básicas anuais
I 32.073 €
II 27.110 €
III 21.609 €
IV 19.319 E
V “a extinguir” 17.325 €



Segundo.- Incorporase un parágrafo no art.. 6  do Convenio Colectivo: “Así mesmo, cando se produza unha desviación entre o incremento do IPC na Comunidade Autónoma de Galicia e a revisión establecida na Lei de orzamentos, negociarase a revisión das condicións retributivas procurando compensa-la perda de poder adquisitivo, no marco en que as dispoñibilidades orzamentarias o permitan.”

Terceiro.- No art. 35 incorporase o seguinte parágrafo o: “Os efectos económicos, nos casos procedentes, que se deriven da homoxeneización terán efectos do 1 de xaneiro de 2007, pagándose a partir de xaneiro de 2008 e completándose a homoxeneización no primeiro trimestre de 2009.

A disposición adicional undécima reflexará: “sen prexuízo do disposto no art.. 4 os traballadores suxeitos o ámbito persoal deste convenio percibirán unha paga compensatoria de 1800 euros.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdicción social nos termos establecidos no apartado 5º do artigo 24 do AGA.

Vigo, 8 de marzo de 2007

O árbitro



José Mª Casas de Ron