ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 2/07

LAUDO ARBITRAL


TERESA DÍAZ LÓPEZ, designada polas partes árbitro en acta de compromiso arbitral de data  26 de xaneiro de 2007, en procedemento de solución de Conflictos, en base ao establecido no Capítulo III do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución  de Conflictos de Traballo (AGA), procedemento número de referencia 2/07, no que son interesados, dunha parte a empresa  “EUROLIMP, S.A.” e doutra  a representación legal dos traballadores  a través do Comité de Empresa, que se compón de tres membros da CIG e dous de CC.OO así como os sindicatos C.I.G. e CC.OO, sendo partes asinantes da acta de compromiso arbitral citada a representación da empresa,  os representantes do sindicato CIG, os representantes de CIG no Comité de Empresa  e o representante de CC.OO,  que se consideran lexitimados no Conflicto sobre diverxencias xurídicas entre as mesmas na interpretación dos artigos 5 e 17 do colectivo de empresa aprobado por Resolución de 17 de setembro de 2004, visto o expediente e oídas as partes, resolvo a cuestión presentada por medio do presente LAUDO en base a os seguintes


Antecedentes


A partir do 28 de novembro de 2006 xorden discrepancias entre a empresa e os representantes dos traballadores do sindicato CIG en canto á aplicación dos artigos 5 e 17 do convenio colectivo. Non conseguindo chegar as partes a un acordo  por parte da representación da CIG solicitouse unha reunión da Comisión Paritaria. Tivo lugar unha xuntanza en data  19 de decembro do 2006, non acadándose ningún acordo. Esgotada as canles de solución interna, na propia acta da Comisión Paritaria a representación dos traballadores solicitou da empresa  someter o asunto ao sistema de solución extraxudicial de Conflictos Colectivos (AGA) a través de   mediación e si fora necesario a arbitraxe. En datas posteriores a empresa manifesta a súa conformidade.  Celebrada  mediación non se chega a ningún  acordo nas diversas reunións celebradas.

Iniciado o procedemento arbitral por parte do árbitro designado procedese a citar en comparecencia ás partes afectadas por o conflicto ca finalidade de garantir os principios de audiencia, contradicción e igualdade e o mesmo tempo para que o árbitro dispoña de todos os elementos de xuízo que lle permitan chegar a unha conclusión axustada a dereito.

En data 31.01.07 comparecen D. Dolores Rodríguez Vázquez, presidenta do Comité de Empresa e D.  Lois Soto Sabio e D. José Mª Figueroa Trigo, asesores, en nome  da CIG.
En data 01.02.07 comparece D. Juana Pedrosa Pedrosa e D. Nuria Pardo Corral, membros do Comité de Empresa, e D. Carlos Rodríguez Gesto asesor en nome de CC.OO.
D. Ramón González Fontaiña, xefe de área de Galicia de Eurolimp, S.A., D. Cristina Martín Vázquez, Técnico de RR.HH da empresa e D. José  Ángel Cienfuegos López, xestor.
Mantéñense reunións cas partes por separado e faise unha xuntanza conxunta con todas, a efecto de contrastar posicións.


Segundo a posición dos membros de CIG para cubrir a vacante existente por a xubilación dunha traballadora debe prevalecer o disposto no artigo 5.3 do Convenio Colectivo e por tanto terá preferencia  algunha das traballadoras que  con contrato fixo a tempo parcial e en xornada de sábado están prestando servicios. Por esta vía a cobertura da vacante e inmediata. Sen embargo recorrendo o artigo 17 disponse de 30 días para facer a ocupación. Ademais, as traballadoras que traballan os sábados a tempo parcial teñen mais antigüidade que as traballadoras a quenda de tarde.

A representación da empresa manifesta que o 01.10.2006  transformouse, a solicitude da presidenta do comité de empresa, en indefinido o contrato da traballadora que substituía á traballadora que se xubilou, durante o proceso de IT inmediatamente anterior a súa xubilación. O 30 de outubro publicouse no taboleiro de anuncios a adecuación de quendas (acoplamento). Considerando que lle corresponde a unha persoa de tarde pasar á quenda de mañá. Habitualmente, segundo se ían producindo vacantes contratáronse persoas en desemprego e non se ampliou a xornada ás traballadoras do sábado. Considera que cumpre co previsto no artigo 5 ca nova contratación a tempo indefinido e co establecido no artigo 17 ca reasignación de quendas.
Os representantes de CC.OO entenden que ningún dereito e incompatible: primeiro hai que facer o acoplamento das quendas  (artigo 17). O quedar un posto de traballo de tarde vacante podería ser ocupado por unha traballadora que presta servicios en sábado, ampliándoselle a xornada a tempo completo,  quedando desde xeito protexidos ambos intereses

PROBAS PRESENTADAS

-Contratos de traballo que se foron subscribindo para cobertura de vacantes.
-Relación de traballadores  que en data 1 de setembro do 2005 ,subrogou a empresa e que prestan servicios no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera,  na que consta a antigüidade e tipo de contrato.
-Comunicación de xubilación presentada a empresa por D. Mª Consolación Espiñeira Díaz.
- Dúas sentencias de Xulgados e unha do TSJ de Galicia.
- Comunicación de adecuación de placas vacantes.
Toda documentación presentada incorporase ó expediente e tense neste momento por reproducida.



Da análises  das probas aportadas e valorando as manifestacións dos comparecentes obsérvanse os seguintes FEITOS reais:

1.- Na empresa Eurolimp, SA, centro de traballo Materno Infantil Teresa Herrera de A Coruña, en data 1 de outubro do 2006 prodúcese unha vacante por xubilación.
2.- Para a cobertura da vacante producida a empresa optou por a contratación, con contrato indefinido, de unha traballadora D. María Cerqueiro Fosado, que anteriormente estivera contratada con un contrato de substitución para cubrir a baixa por IT da traballadora xubilada.
3.- As traballadoras Dª. Mª Luisa Martínez López e Dª. Carmen Nogueira Senra en data 31 de xaneiro do 2006 presentaron á empresa solicitude de ampliación de xornada para cando se producira unha vacante en base ó establecido no artigo 5.3 do convenio colectivo.
4.- A empresa en data 30 de outubro ofertou os traballadores/as, en base ó artigo 17 do convenio colectivo, a adecuación  de vacantes como consecuencia da existente por a xubilación da traballadora antes mencionada. En data  28 de novembro de 2006 concédelle o cambio de quenda a D. Juana Pedrosa Pedrosa, que, estando adscrita á  quenda de tarde pasa a de maña.
5.- A antigüidade de D. Juana Pedrosa Pedrosa é de 01/10/1998. A antigüidade de D. Carmen Nogueira Senra é de 05/09/1994, e a de Dª. Mª Luisa Martínez López dé de 15/03/1994.



FUNDAMENTOS XURIDICOS

A  cuestión sometida a arbitraxe e un conflicto de interpretación. Trátase de dirimir que precepto do convenio colectivo debe aplicarse ante a vacante creada por a xubilación dunha traballadora, e  incluso que orden de prioridades debe establecerse.

Si ben nos inicios do conflicto non foi pacífico entre as partes si a cobertura da praza que suscitou as presentes actuacións estaba motivada por unha vacante producida por unha causa distinta a xubilación esta situación esta claramente despexada e aceptada por todos no sentido que a vacante existentes e debida á xubilación dunha traballadora.

O artigo 5 do Convenio Colectivo de empresa está dedicado á regular as diversas  fórmulas de contratación.
-No punto 1º as partes fan unha renuncia expresa á realización de contratacións por horas a tempo parcial.
-No  punto 2º establécese que “A empresa obrigase a cubre as vacantes dos/as
traballadores/as que causen baixa no centro de traballo pro morte, xubilación ou invalidez....
No punto 3º establécese o compromiso  de que “Os actuais traballadores/as fixos descontinuos que prestan os seus sevizos no centro de traballo terán  dereito a completar a súa xornada laboral ata o 100 % da ordinaria, se así o solicitan cando se produzan vacantes por xubilación forzosa ou voluntaria, total ou parcial por  mortes ou prazas de nova creación”.

Facendo  unha interpretación literal do precepto hai que concluír que os/as  traballadores/as que non teñen unha xornada completa gozan dun dereito absoluto a cubrir, cando o soliciten, a vacante que se produza por xubilación, que e o caso que nos ocupa. Por tanto debe considerarse que e de aplicación o disposto no artigo 5.3 en relación co 5.2 do convenio colectivo en canto á cobertura da vacante producida por xubilación.

Por outro lado, no artigo 17 do convenio colectivo regula o procedemento de adecuación de prazas vacantes. Para elo establece que “no momento en que se produza unha vacante en calquera das quendas ou, ampliación de novas zonas de traballo que xeren unha praza, respectando en todo caso , o previsto no artigo 5 deste texto, a empresa tras a publicidade oportuna, establecerá un prazo dun mes para a recolocación interna.
A adxudicación farase por rigorosa orde de antigüidade no centro de traballo.

A antigüidade das traballadoras que solicitaron  a ampliación de xornada e superior a da traballadora que se lle adxudicou o cambio de quenda, por o que a traballadora   que cubra a vacante existente segundo os dictados do artigo 5.3 do Convenio colectivo, que estaba prestando os seus servicios en sábado, será a que de acordo cas regras de interpretación establecidas no artigo 3 do Código Civil, e, en concreto ca primeira que di que “as normas se  interpretaran  segundo o sentido propio das súas palabras” terá dereito a prestar os seus servicios na quenda de maña, en consideración a antigüidade que se lles ten recoñecido.

Por todo elo conforme ao artigo 24 do acordo Interprofesional galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos Colectivos de Traballo publicado no D.O.G de 04.05.95, dictase a seguinte

Resolución

A cobertura da vacante producida por a xubilación de unha traballadora terá que levarse a cabo segundo o disposto no artigo 5 puntos 2 e 3 do Convenio Colectivo de empresa. O procedemento de adscrición á quenda, unha vez respectado o previsto no artigo 5 deste texto, farase por rigoroso orde de antigüidade, o que significa que terá prioridade na elección de quenda a traballadora que ten dereito a cubrir a vacante por ampliación da xornada.

O presente laudo poderá ser recorrido diante da xurisdicción social nos termos establecidos no apartado 4 do artigo 24 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA).

Dado en A Coruña a 5 de febreiro de 2007

O árbitro




Teresa Díaz López.