ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 34/07



JOSE Mª CASAS DE RON, designado árbitro por acta de constitución de arbitraxe prevista no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA) de data 6 de xullo de 2007, no conflito surxido na negociación do convenio colectivo da empresa Setex Aparki, SA,  resolve as cuestións plantexadas ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.-En data 6 de xullo de 2007 constituise mesa de negociación no conflicto referido. Ante a situación de bloqueo polo estreito marxe de negociación das partes, éstas deciden someter o conflicto o procedemento de arbitraxe. A estes efectos, as partes son, dunha banda a representación empresarial integrada por Dª Lourdes López Aguilar, Directora de Recursos Humanos e D. Luis Ponte Herranz, delegado da empresa en Vigo, en representación de Setex Aparki, SA; e por outra, D. Xosé Fernández Piñeiro, Secretario Nacional da CIG, e D. Braulio Rodríguez Rocha, D. Jesús Miniño Alvarez, e D. Juan Vicente Lago Vilanova, Delegados de Persoal.

Segundo.- A cuestión que se plantexa a arbitraxe son as diferencias en materia económica / salarial na negociación do convenio colectivo para o ano 2007, sobre as últimas propostas reflictidas en acta de 26 de xuño de 2007. As partes atópanse nunha situación de grave contraposición dados os estreitos marxes na citada materia salarial.

Terceiro.- Aberta a sesión de comparecencia, o árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradicción, e o árbitro perfectamente informado das posicións das partes e as súas diferencias, toda vez a súa actuación precedente como mediador.

Cuarto.- A posición da empresa manifesta que, toda vez que se subrogan nas actividades da anterior contrata EYSSA, non poden outra cousa que establecer un convenio de transición dado o descoñecemento sobre as cuestións de interés empresarial, dado a súa recente incorporación a xestión da actividade nesta contrata. Sinalan que a súa concesión e por 16 anos e calquer movimiento en falso en materia salarial ten unha trascendencia multiplicadora que pode ter consecuencias negativas para a marcha da empresa.

Quinto.- A posición da representación dos traballadores sinala que tivo en conta as circunstancias da subrogación e que por eso aceptan un convenio de transición con efectos moi reducidos a fin de facilitar, xustamente, a xestión empresarial. Sinalan, a estes efectos, a súa predisposición para nun futuro chegar a acordos que interesen a ámbalas duas partes.

Sexto.- O árbitro, tomadas en consideración en varias reunións separadas, as posicións das dúas partes, establecen a triple premisa sobre a que baseará a súa decisión arbitral: o incremento salarial para o ano 2007, a búsqueda dun equilibrio de sacrificios, e a salvaguarda garantizadora de que as posibles diferencias de índole económica directa ou indirecta que poidan presentarse na negociación do seguinte convenio colectivo, xa non de transición, solventaranse a través dun procedemento de solución extraxudicial, voluntario, mediante laudo do árbitro actuante. E todo elo tendo en conta a doctrina das derradeiras posicións, plantexamentos finais que o árbitro asume como punto de partida para a solución do conflicto de intereses xurdido.

PARTE DISPOSITIVA

En base a todos os anteriores antecedentes, díctase o seguinte laudo, en conflicto de intereses, de conformidade coas normas previstas no art. 20 e seguintes do Acordo Galego para a Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo:

PRIMEIRA.- O incremento salarial para o ano 2007 por todos os conceptos será do 2,25 % sobre o IPC real ano 2006, e con efectos dende o 1 de abril de 2007.

SEGUNDO.- Durante o ano 2007 non será de aplicación a concesión de un día de vacacións a maiores (ano 2007: 1800 horas; ano 2008: 1789 horas).

TERCEIRO.- Incorporase o convenio colectivo como parte do seu contido mínimo a seguinte clásula: “No caso de diferencias na negociación do convenio colectivo seguinte, con vixencia a partir do ano 2008, as diferenzas insalvables entre as partes, que afecten a materia económica, directa ou indirectamente, se sustanciarán nun procedemento arbitral o abeiro do Acordo Interprofesional Galego para a Solución Extraxudicial de Conflictos de Traballo (AGA), nomeando a estes efectos como árbitro o actuante no presente.”

CUARTO.- Queda desconvocada a folga prevista para o día 9 de xullo, o poñerse fin o conflicto.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdición social nos termos establecidos no apartado 5º do artigo 24 do AGA.

Dado en Vigo, a 6 de xullo de 2007
O árbitro

José Mª Casas de Ron