ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 39/07

LAUDO ARBITRAL


CARLOS DOMENECH DE ASPE, designado árbitro en acta de compromiso arbitral de data 2 de agosto de 2007 subscrita polas representacións da empresa e dos traballadores de JOSÉ LANTERO E HIJOS S.A. baseándose no establecido no Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA), visto o expediente e oídas as alegacións das partes, dita o presente

LAUDO


OBXECTO DA ARBITRAXE
Realización dunha análise de tempos na liña de produción da máquina troqueladora Ward-1.

ANTECEDENTES
Por escrito de data 12 de xullo de 2007 as representacións dos traballadores e da empresa José Lantero e Hijos, S.A., ínstase o procedemento de arbitraxe co fin de que, por experto cualificado, se proceda á medición de tempos dos traballadores que prestan servizos na troqueladora WARD-1.

O 2 de agosto de 2007 subscríbese polas partes compromiso arbitral no que se designa ao que subscribe como árbitro.

Nese mesmo día mantense reunión con ambas as dúas representacións na que, despois de debater e centrar o tema, o árbitro comunica que se designará un experto para efectuar as medicións de tempos e que o informe técnico que emita servirá de base para ditar a resolución pertinente.

Designado, como experto, D. José Busquets Gubau procede a efectuar un estudo de tempos co fin de determinar as cantidades de traballo e producións horarias, correctas e óptimas, das diversas operacións que se realizan na máquina impresora/troqueladora de pranchas de cartón ondulado, WARD-l, que a Empresa JOSÉ LANTERO E HIJOS, S. A. posúe na factoría sita en VILAGARCIA DE AROUSA (Pontevedra)

Para iso, leva a cabo as cronometraxes os días 29 de xaneiro e 13 de febreiro de 2008, reuníndose previamente coa Dirección e o Comité de Empresa.

Consecuencia das medicións efectuadas e os cálculos realizados posteriormente, emítese o informe técnico en data 25 de febreiro de 2008, que obra no expediente do Consello Galego de Relacións Laborais

CONCLUSIÓNS

Das cronometraxes realizadas obtivéronse os valores que, expresados en dezmilésimas de hora e en minutos, se indican a continuación:


Operacións de preparación da máquina
Operario Tempo Correcto (C) Tempo Óptimo (Ci)
Descrición da operación a realizar que a Observacións
Realiza ººh minutos ººh minutos
Axustar alimentación Entrada 292,49 1,75 219,37 1,32
Abrir máquina Entrada 250,88 1,51 188,16 1,13
Desmontar un cliché do rodillo da máquina Entrada 538,58 3,23 403,94 2,42
Montar un cliché no rodillo da máquina Maquinista 570,19 3,42 427,64 2,57
Axustar rodillos de arrastre Maquinista 751,63 4,51 563,72 3,38
Desmontar troquel do bombo Saída 817,60 4,91 613,20 3,68
Montar troquel no bombo Saída 1.097,38 6,58 823,03 4,94
Montar 6 gomas de arrastre no rodillo da máquina Maquinista 1.185,07 7,11 888,80 5,33
Desmontar 6 gomas de arrastre do rodillo da máquina Entrada 702,24 4,21 526,68 3,16
Lavado dun corpo de impresión Entrada 502,43 3,01 376,82 2,26 Só traballo operario
Lavado dun corpo de impresión Entrada 2.308,78 13,85 2.276,27 13,66 Incluído o T.M. automático
Enchido dun tinteiro do corpo de impresión Entrada 430,15 2,58 322,61 1,94
Pechar máquina e regular presións Maquinista 640,11 3,84 480,08 2,88
Axustar posición das correas do vibrador e do apilador Maquinista 1.082,26 6,49 811,69 4,87
Regular as marcas Maquinista 959,28 5,76 719,46 4,32
Introducir parámetros no ordenador Lectori Maquinista 542,08 3,25 406,56 2,44
Introducir parámetros no ordenador Serco Saída 257,60 1,55 193,20 1,16
Introducir parámetros no ordenador Palmac Saída 340,48 2,04 255,36 1,53
Cumprimentar parte de autocontrol Maquinista 235,76 1,41 176,82 1,06
Axustar saída do apilador Saída 344,96 2,07 258,72 1,55
Limpar cliché montado no rodillo da máquina Entrada 1.075,87 6,46 806,90 4,84




A partir dos valores anteriores, determinouse o tempo correcto (a actividade normal) que se require para realizar un cambio de máquina, con tres operarios, no suposto de pasar dunha tiraxe con tres cores a outra de tres cores distintas e cambiando o cuño. O resultado obtido é o seguinte:


PREPARACIÓN DE MÁQUINA PARA O SUPOSTO DE PASAR DUNHA
TIRAXE DE TRES CORES A OUTRA DE TRES CORES DISTINTOS,
                                      CAMBIANDO O TROQUEL
Tempos en minutos necesarios
por operario (A actividade
Descrición da operación normal)
Operario Maquinista Operario
Entrada Saída
Apertura da máquina 1,51
Axustar alimentación 1,75
Desmontar tres c1ichés dos rodillos da máquina 9,69
Montar tres clichés aos rodillos da máquina 10,26
Axustar rodillos de arrastre 4,51
Desmontar troquel do bombo 4,91
Montar troquel no bombo 6,58
Lavado de tres corpos de impresión 9,04
Enchido de tres tinteiros do corpo de impresión 7,74
Pechar máquina e regular presións 3,84
Axustar posición das correas do vibrador e do apilador 6,49
Regular as marcas 5,76
Introducir parámetros no ordenador Lectori 3,25
Introducir parámetros no ordenador Serco 1,55
Introducir parámetros no ordenador Palmac 2,04
Cumprimentar parte de autocontrol 1,41
Axustar saída do apilador 2,07
Tempo total en minutos para realizar a operación 29,74 35,53 17,15
(A actividad normal)
Ocupación 83,71 % 100,00% 48,26%






Operacións do proceso de tiraxe de caixas
FORMATO PLANCHA 930 x 1.100 CANAL SENCILLO (2 CAIXAS POR PLANCHA)
Concepto Operario Operario Maquinista TOTAL
Entrada Saída (Instalación)
Cantidade de traballo a actividade normal (para 100 formatos ou 200 caixas) en H. 0,0328
Cantidade de traballo a actividade óptima (para 100 formatos ou 200 caixas) en H. 0,0316
Producción horaria (formatos / hora) a actividade normal 3.050,6
Producción horaria (formatos / hora) a actividade óptima 3.160,4
Carga de traballo en H/h. de cada operario 0,0182 0,0095 0,0046
Saturacións 0,57 0,30 0,14
Ocupación 55,5% 29,0% 13,9%
FORMATO PLANCHA 1.016 x 1.205 CANAL SENCILLO (6 CAIXAS POR PLANCHA)
Concepto Operario Operario Maquinista TOTAL
Entrada Saída (Instalación)
Cantidade de traballo a actividade normal (para 100 formatos ó 600 caixas) en Hh 0,0353
Cantidade de traballo a actividade óptima (para 100 formatos ó 600 caixas) en Hh 0,0341
Producción horaria (formatos / hora) a actividade normal 2.833,9
Producción horaria (formatos / hora) a actividade óptima 2.935,9
Carga de traballo en H/h. de cada operario 0,0182 0,0062 0,0049
Saturacións 0,53 0,18 0,14
Ocupación 51,5% 17,4% 13,9%
Neste caso cronometrouse a tiraxe de dous tipos de formato/caixa, dos diversos existentes. Os resultados obtidos foron os seguintes

En consecuencia, este árbitro por todas as consideracións apuntadas dita a seguinte

RESOLUCIÓN

Realizadas as correspondentes medicións das diversas operacións que se realizan na máquina impresora/troqueladora de pranchas de cartón ondulado WARD-l na Empresa JOSÉ LANTERO E HIJOS, S. A. por un técnico experto imparcial, designado polo Consello Galego de Relacións Laborais, estas son, nos termos expresados, as que deben servir de referencia para a dirección e traballadores da empresa.

O presente Laudo poderá ser impugnado ante a Xurisdición Social de acordo co punto 5 do artigo 24 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo.

Dado en A Coruña a 14 de marzo de 2008



                                                            O ÁRBITRO



                                                 Carlos Domenech de  Aspe