ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 43/07

JOSE Mª CASAS DE RON, designado árbitro por acta de constitución de arbitraxe prevista no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA) de data 12 de setembro de 2007, no conflito de dimensión colectiva da empresa Setex Aparki, SA,  resolve as cuestións plantexadas ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.-En data 12 de setembro de 2007 constituise mesa de negociación no conflicto referido. Ante a situación de bloqueo polo estreito marxe de negociación das partes, éstas deciden na mediación, como procedemento de solución, someter o conflicto o procedemento de arbitraxe. A estes efectos, as partes son, dunha banda a representación empresarial integrada por Dª Lourdes López Aguilar, Directora de Recursos Humanos e D. Luis Ponte Herranz, delegado da empresa en Vigo, en representación de Setex Aparki, SA; e por outra, D. Xosé Fernández Piñeiro, Secretario Nacional e D. Carlos Martínez Lamosa, como representantes da CIG, e D. Braulio Rodríguez Rocha, D. Jesús Miniño Alvarez, e D. Juan Vicente Lago Vilanova, Delegados de Persoal e comité de folga; acordan designar como árbitro o mediador que viña intervindo, entendendo, como se decía, que é o único xeito de solucionar o conflicto de dimensión colectiva plantexado pola situación de determinado persoal na empresa, e específicamente do traballador Sr. Escarabajal Adán.

Segunda.- Aberta a sesión de comparecencia, o árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradicción, e así mesmo perfectamente informado das posicións das partes e as súas diferencias, toda vez a súa actuación precedente como mediador.

Tercera.- A parte social entende que a solución do conflicto pasa por retomar a situación de plantilla anteriormente á folga plantexada e desconvocada como consecuencia da mediación anterior a este laudo arbitral, sin perxuicio de que empresa e o traballador Escarabajal Adán poidan atopar un pacto rescisorio e que interese ás dúas partes. O resto da problemática supedítase a esta cuestión, comprometéndose a parte social a solucionala dentro dos procesos normais da negociación para os pactos de empresa.

Cuarto.- Pola parte empresarial enténdese que a situación do traballador é derivada da subrogación empresarial que se produciu na primaveira pasada. O paso do tempo implicou, vistas as funcións do Sr. Escarabajal, unha perda de confianza, que se confirma nunha perda de atribucións.

Quinto.- O árbitro ten en conta, ós efectos da súa decisión arbitral que, por unha banda, queda probado que o Sr. Escarabajal era encargado, tiña funcións de encargado, dende moito tempo antes, e que tales funcións, que incluso abranguen asuntos de interlocución cas administracións, implica o concepto de confianza por parte da dirección da empresa, toda vez as funcións, obxetivamente delimitadas na sesión de comparecencia, e as amplas facultades que o dito traballador ostentaba.

Sexto.- O árbitro ten que decidir, en función de situacións obxetivas, na base dialéctica da confianza e dun principio de estabilidade no empleo que é principio absoluto nas relacións laborais. Entende perfectamente que determinados postos teñen que basearse na confianza recíproca, pero tamén entende que nas empresas existen outros postos de traballo nos que o traballador pode desenvolver outras labores sin perda de posto de traballo na empresa.

Séptimo.- E ésta é a cuestión fundamental. Ante o árbitro, a parte social entende que se dan as causas suficientes para unha modificación ou novación contractual, pola necesidade da confianza por parte de quen era encargado na empresa, posto de máxima responsabilidade despois do delegado da empresa. Pero, por outra banda, tamén é certo que pode haber outros postos de traballo na empresa nos que o traballador pode desenvolver o seu traballo. E esta cuestión fundamental vese complementada co mandato que, neste mesmo acto arbitral, se establece para que se sustancie simultáneamente a cuestión coa negociación e a aceptación da solución plantexada por parte dos dous protagonistas da relación bilateral que se establece por un contrato de traballo, base primaria da vinculación entre empresa e traballador, e decir, por medio do presente laudo establécese o baseamento para a negociación entre empresa e traballador a fin de solucionar, por unha vía ou outra, a crise plantexada.

PARTE DISPOSITIVA

En base a todo o anterior, e con estas premisas, o árbitro, solucionado o conflicto colectivo de folga na mediación anterior, procede a dictar as seguintes cláusulas do presente laudo:

PRIMEIRA.- Readmisión de D. José Escarabajal Adan, con efectos de 1 de setembro de 2007.

SEGUNDO.- Aceptación colectiva de causa de novación contractual a categoría de conductor do traballador citado, en base á perda de confianza para a categoría e funcións de encargado.

TERCEIRO.- Establecemento, no seu caso, dun periodo de adaptación para a consecución do permiso de conducción clase C, nun prazo de 6 meses a partir da data deste laudo, como consecuencia da nova categoría de conductor, no caso de continuación da relación laboral.

CUARTO.- No caso de que, por causas imputables o traballador, non se acadara o citado permiso de conducción, no prazo establecido no punto anterior, amortizarase o posto de traballo por causa obxetiva, pero coa indemnización fixada para o despido improcedente no Estatuto dos Traballadores.

QUINTO.- Mantemento ad-personam como condición máis beneficiosa para o traballador D. José Escarabajal Adan, das condicións retributivas correspondentes a categoría de encargado do convenio colectivo, sin percepción dos pluses complementarios por confianza, no caso de que se opte pola continuación laboral no novo posto de traballo.

SEXTO.- Salvo a situación prevista no punto cuarto, a empresa comprométese a non amortizar postos de traballo, mantendo a plantilla neta, como norma xeral.

SEPTIMO.- Establécese a indemnización consignada no Xulgado do Social no caso de despido do traballador Sr. Escarabajal Adán como importe mínimo ós efectos de indemnización da rescisión.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdición social nos termos establecidos no apartado 5º do artigo 24 do AGA.

Dado en Vigo, a 17 de setembro de 2007
O árbitro


José Mª Casas de Ron