ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 49/07

JOSÉ Ma CASAS DE RON, designado árbitro en acta de compromiso de data 17 de outubro de 2007, prevista no artigo 20 do Acordó Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA) de data 13 de marzo de 2006, no conflicto que afecta á empresa DORNIER, SA, dirime a cuestión resolvendo a situación de litixio conforme ó presente laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Prímeíro.- En data 17 de outubro de 2007, reunidos dunha parte D. Antonio Jiménez Torre, Da María Antón López, Da Baltasara Blanco Gutiérez, e D. Alberto Baña Neira, en representación da empresa antedita, e por outra D. Luis Cordovés Álvarez, D. Julio Fernández Collazo, D. Carlos Martín Landín Guillen, delegados de persoal, e Da Olga Alonso Suarez (UGT), acordan someterse a un procedemento de arbitraxe, recoñecéndose mutuamente lexitimados no procedemento, e designando como arbitro ó actuante.

Segundo.- O conflicto e folga subseguinte está motivado polas diferencias entre as partes nas materias relativas as condicións de traballo, interlocución social, control horario e participación dos representantes dos traballadores.

Terceiro.- O trámite de audiencias ás partes, ós efectos de manifestar as súas alegacións ó arbitro, tivo lugar nesta mesma data. Os participantes son as mesmas persoas que figuran na acta de compromiso arbitral, e as que se fixo referencia no apartado primeiro destes antecedentes.

Cuarto.- No presente procedemento, o arbitro considera perfectamente garantidos os principios de audiencia, contradicción e igualdade, xa que as partes puideron explicar ante o arbitro diferencias e motivos destas, alegando o que estimaban pertinente, con contradicción entre estas.

Quinto.- O árbitro resolverá o conflicto tendo en conta a doctrina das derradeiras posicións das partes, nas materias suxeitas a arbitraxe, que son coincidentes coa relación da parte dispositiva deste laudo.

FUNDAMENTOS DA ARBITRAXE

Baseándose en todo o anterior, resolvo a cuestión formulada no conflicto dictando o seguinte laudo, conforme ó artigo 24 do Acordó Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos Colectivos de Traballo, publicado no DOG do 4 de marzo de 1995, que ten a seguinte





PARTE DISPOSITIVA

1.- Calendario de vacacións.- Será de aplicación o calendario de vacacións para 2007 asinado, que se incorpora o acervo normativo da empresa con carácter obrigatorio.

2.- A confección de nóminas realizarase dacordo co modelo normalizado de empresa. En caso de que se produxera algún cambio na súa confección, serán informados os Delegados de Persoal así como todos os traballadores/as por comunicación individual e escrita.

3.- Recadación.- As labores de recadación serán realizadas por dous traballadores simultáneamente. Efectuarase Avaliación de Riscos particularizada desta operación, formación dos traballadores nos riscos específicos resultantes, dotarase á empresa, para o seu centro de Vigo, dos vehículos "ad hoc" antes de 1 de xaneiro de 2008, e, por último, sustituiranse as bolsas semitransparantes por unhas opacas, con carácter inmediato.

4.- Tabla salarial.- Incorporase os efectos da súa publicación a tabla salarial que aplica o 5,5% de suba a partir do día 10 de setembro de 2007. A estes efectos, os conceptos de plus de recadación, axuda familiar e axuda escolar incorporarán o citado aumento do 5,5%.

5.- Revisarase a Avaliación de Riscos da empresa. Con respecto a roupa de traballo, ésta estará a disposición dos traballadores a partir do 30 de novembro de 2007; ata esta data, os traballadores/as terán a obriga de empregar a anterior roupa de traballo posta o seu dispor pola anterior empresa.

6.- O centro de traballo de Vigo terá, ós efectos de interlocución sociolaboral, un responsable Xefe de Centro que reunirá funcións ou capacidades organizativas, tanto nas materias de distribución do tempo de traballo, de formulación de pactos colectivos e facultades disciplinarias. A persoa responsable será comunicada os delegados de persoal de xeito inmediato, así como os cambios que se poideran producir.

7.- -Introdúcese, como dereitos mínimos de información os delegados de persoal, o contido do artigo 64 do Estatuto dos Traballadores. A estes efectos, as partes certificarán o árbitro o cumprimento dos dereitos de información nun prazo de 90 días.

8.- Días de asuntos propios. Para todos os traballadores, establécense, para o resto do ano a partir do 10 de setembro, 3 días, nos termos da regulación establecida no convenio colectivo.




9.- Préstamos. Seguirase co uso empresarial na tramitación e concesión de préstamos, adaptando o tempo de tramitación os prazos mínimos posibles.

10.- Establécese un sistema de control horario consistente nun fichaxe o comezo e o final das xornadas de maná e de tarde, que se efectuará na máquina expendedora desinada da área de traballo. O traballador/a incroporará os catro tickets de control ó parte diario, para o que se habilita un tempo de 10 minutos dentro da xornada efectiva de traballo de cada día. Este parte contera un apartado para consignar incidencias, incluidas as producidas nos desprazamentos. Igualmente, efectuarase polo Servizo de Solución de Conflictos do AGA unha medición para o establecemento dos tempos de desprazamento en todas as rutas entre os locáis e o inicio das zonas de traballo, tempo que, en todo caso, considérase xornada efectiva de traballo.

11.- Efectuarase unha Avaliación de Riscos sobre posibles efectos do estrés laboral. Os traballadores/as colaborarán na información dos usuarios nas materias propias do servizo de Xestión de Estazonamentos Regulados, seguindo os protocolos da empresa.

12.- Nos cambios organizativos serán escoltados os Delegados de Persoal. En caso de discrepancia grave que afecte colectivamente, acudirase os procedementos previstos no AGA.

13.- Deixanse sen efecto todas as sancións a traballadores/as a partir do 10 de setembro de 2007 ata a data deste laudo. Igualmente, quedan sin efecto todas as denuncias interpostas polos representantes dos traballdores en calqueira ámbito.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdición social nos termos establecidos no apartado 5° do artigo 24 do Acordó Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de conflictos Colectivos de Traballo (AGA).

Dado en Vigo, a 18 de outubro de 2007

O árbitro

José Mª Casas de Ron


TABOAS SALARIAIS


VIGO CON 5,5%
105,50%
SALARIO PLUS           PLUS PLUS PAGAS
BASE ASISTEN       CALIDAD      EXTRASAL EXTRAS
* dia tra.       * dia tra      * dia tra Ver.Nav.Ben.
ENCARG 32,86 7,07        27,13 6,68 985,90
OF. MAN 29,66 6,38        14,46 6,68 889,68
VIGIL 26,70 5,39          0,00 6,68 801,06
OP.EMIS 26,70 0,00         7,78 6,68 801,17
OF. 2ª A 813,34 0,00       229,53 137,37 813,34
AUX AD 813,34 0,00      157,91 137,37 813,34



Plus Recaudación 3,45 €
Ayuda Familiar 79,31 €
Ayuda Escolar 89,27 €


Según laudo arbitral de 18/10/07 se incrementan los pluses en un 5,5%