ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 53/07

JOSE Mª CASAS DE RON, designado árbitro por acta de compromiso arbitral prevista no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA) de data 12 de decembro de 2007, pola partes en conflicto na empresa Asientos de Galicia, SA, en canto a fixación dos termos de aplicación da cláusula 2ª do acordo de data 3 de abril de 2007, en canto a prazo, integrantes e funcións, resolve as cuestión plantexada ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.- En data 12 de decembro de 2007, a mesa, da que forman parte, por unha banda a representación da empresa, integrada por D. Fernando Criado Llorente, director de RRHH, e D. José Gregores Pérez, director de producción; e por outra a representación sindical integrada por D. José M. Barbosa Piran,  D. Ivan Varela Couñago, D. Pablo Yañez Pedrosa, D. Juan Iglesias Suarez, D. Marcial martínez Martínez e D. Rogelio Salgado López, en representación da CIG; D. José Antonio Costas Díaz, delegado sindical pola CUT; D. José Antonio Boullosa Vázquez, D. Alberto Galvez Galvez, D. Francisco Javier Diaz Aniceto e Dª Begoña Rodríguez Piñeiro, en representación de UGT; D. Avelino Barros González, D. Enrique Villar Cameselle, D. Julio Cameselle González e D. Francisco González Alvarez, en representación de CCOO; habilitan ao mediador actuante no acordo de mediación de data 3 de abril de 2007, como árbitro na acta de compromiso arbitral de 12 de decembro, a fin de que dicte laudo, tendo en conta as posicións das partes, ante a imposibilidade de chegar a un acordo.

Segundo.- En data 3 de abril de 2007, actuando como mediador o que suscribe, asinouse acta, que se da por reproducida, na que, no seu apartado segundo, indicábase: “As partes manifestan o seu acordo ó solicitar ó Servicio Provincial de Seguridade e Saúde Laboral unha revisión de quince postos de traballo tipo, do taller de producción, elixidos en reunión previa polos delegados de prevención, con asistencia da representación correspondente do Servicio de Prevención Empresarial. Esta solicitude tramítase co achegamento ó citado servicio dunha copia deste acordo.”

Terceiro.- A cuestión que se plantexa a arbitraxe, é precisamente a fixación dos termos de aplicación da cláusula 2ª transcrita en canto a prazo, integrantes e funcións, derivado dunha situación fáctica que se presenta xustamente no  intre do presente procedemento, como é a falta de recoñecemento dos delegados de prevención operativos na data do acordo refererido de 3 de abril de 2007.
Cuarto.- Aberta a sesión de comparecencia, as partes manifestan a súa profunda discrepancia sobre o particular, entendendo a empresa que a situación anterior era unha situación que non ten por qué ser consolidable, senón únicamente tolerada, revocable por canto nada se dispón no convenio colectivo, e é de aplicación total a regulación legal existente que sinala que os delegados de prevención son elixidos por e entre os representantes legales dos traballadores, e os catro traballadores actuantes como delegados de prevención en data 3 de abril non serían recoñecidos como tales no presente, o non ser membros do comité de empresa.

Pola contra, a representación dos traballadores sinala que é unha situación consolidada pola práctica e polo paso do tempo, que a empresa os recoñeceu nos últimos anos, e que incluso obtiveron a súa formación por conta da empresa, e que ademais o comité de empresa e representantes do persoal non teñen coñecementos específicos sobre materias de prevención, polo cal a situación sería de inferioridade con respecto os técnicos do servicio de prevención da empresa, na revisión dos citados postos.

Quinto.- O árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradicción. Por outra parte, o árbitro considerase suficientemente ilustrado ademais para poder dictar laudo neste conflicto, dada a súa intervención, como mediador, no conflicto suscitado con anterioridade, e que deu lugar o asinamento do acordo de 3 de abril de 2007 xa reflictido.

FUNDAMENTOS DA ARBITRAXE

Como primeira premisa o árbitro sinala que non é obxeto do presente procedemento arbitral decidir sobre as antagónicas posicións das partes sobre a realidade da designación ou funcionamento dos delegados de prevención, como órgano especializado dos traballadores para a participación na prevención dos riscos da empresa. O que se trata é de atopar unha solución para a operatividade do acordo de 3 de abril na súa clásula segunda, referida a unha determinada cuestión de prevención dos riscos e específicamente dos requisitos ergonómicos do sistema productivo da empresa. A estes efectos, establecíanse unhas previsións nas que participaban os delegados de prevención, e por outra banda as partes acordaron solicitar o servicio provincial de seguridade e saude laboral (área de seguridade e saude laboral da Delegación Provincial de Traballo, da Consellería de Traballo, da Xunta de Galicia, e decir, do Gabinete Técnico de Rande, como é en xeral coñecido). Esta revisión afectaría a 15 postos de traballo tipo (representativos das gamas e operacións de traballo existentes na empresa con requisitos ergonómicos), “elixidos en reunión previa polos delegados de prevención”, tal como se explicita na citada cláusula segunda do acordo de mediación en base as propostas efectuadas polo conciliador-mediador naquel día.

Pois ben, o árbitro basea a súa resolución no presente conflicto plantexado xustamente na necesidade operativa derivada de que o ben a protexer, ben fundamental como é o aspecto ergonómico previsto nas condicións de seguridade e saúde para os traballadores, teña unha solución con independencia do litixio de fondo que plantexan as partes cas súas dúas posicións.

E neste punto, por coherencia, e acudindo a unha interpretación lóxica dos plantexamentos do acordo de 3 de abril, é necesario suliñar que as partes decidiron acordar e pactar unha revisión de 15 postos na situación, circunstancias e con intervención das persoas que xustamente compuñan a situación o día 3 de abril de 2007.  A alteración destes presupostos fácticos derivaría, o xuicio do árbitro, nun plantexamente incoherente coa realidade dos feitos que motivaron o acordo colectivo do citado 3 de abril.

Entende o árbitro que o presente conflito ten unha solución axeitada, consonte os mecanismos de  interpretación das normas, neste caso a cláusula segunda do citado acordo colectivo, e que ademais significa unha solución coherente en base os antecedentes e desenvolvemento da necesidade que motivou o citado.

O árbitro, a estes efectos, solicitou o final da comparecencia os nomes dos traballadores delegados de prevención en data 3 de abril, dato que foi proporcionado pola empresa, que obtivo refrendo da outra parte na comparecencia, e que finalizou coa explicación dos criterios que empregaría o árbitro na presente resolución arbitral, que conforme ó artigo 24 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos Colectivos de Traballo, publicado no DOG do 4 de marzo de 1995, que ten a seguinte

PARTE DISPOSITIVA

UNICA.- Ós efectos da revisión prevista na cláusula segunda do acordo do AGA de 3 de abril de 2007:

a) Antes do día 15 de xaneiro será efectuada a comunicación prevista dos quince postos de traballo tipo ó servicio da área de seguridade e saude da Delegación Provincial de Traballo da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia (Gabinete de Rande).
b) Estes quince postos de traballo serán elixidos polo Comité de Empresa.
c) Os traballadores da empresa D. Marcos Benavides Álvarez, D. Miguel Bujón Alfonso, D. Antón Silveira Posada, e D. Eduardo Arias Costas actuarán, ós efectos da citada revisión, participando, tal como se establece nos artigos 36 e 40 da Lei 31/95, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, en todos os actos de participación, mentras duren, da citada revisión, e en todas as accións complementarias, consonte o previsto na cláusula segunda do acordo de 3 de abril de 2007.
d) Así mesmo, na citada revisión e actos complementarios participarán os membros representantes do servicio de prevención empresarial.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdicción social nos termos establecidos no apartado 5º do artigo 24 do AGA.

Vigo, 14 de decembro de 2007

O árbitro



José Mª Casas d