ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 15/08

JOSE Mª CASAS DE RON, designado árbitro por acta de compromiso arbitral prevista no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA) de data 14 de febreiro de 2008, no conflito xurdido sobre diferencias na interpretación dos termos aplicativos anos 2007, 2008, 2009 e 2010, da cláusula de suba e revisión salarial no Convenio Colectivo da empresa Corporación de Prácticos del Puerto de Vigo, SC, para os anos 2005 e 2006, e laudo de 08.05.07,  resolve os asuntos plantexados ditando o seguinte laudo, para o que se acolle ó prazo excepcional fixado no artigo 24 do AGA, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.- En data 14 de febreiro de 2008, constituíuse a mesa ante o árbitro designado no procedemento, da que forman parte, por unha banda a representación empresarial integrada por D. Jesús Angel Lemos Giraldez, en representación da Corporación de Prácticos del Puerto y Ría de Vigo, SL. E por outra banda a representación sindical integrada por D. Manuel Alvariña Calvar, en representación dos traballadores.

Segundo.- As cuestións que se plantexaban a arbitraxe son as diferencias que teñen as partes sobre a interpretación dos termos do convenio colectivo da Corporación de Prácticos del Puerto de Vigo, SC, publicado no DOG de 22 de xuño de 2005, en canto a clásula de suba e revisión salarial, así como do laudo dictado polo árbitro que suscribe en data 08.05.07.

Terceiro.- Aberta a sesión de comparecencia, o árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradicción, e está totalmente informado das posicións das partes e das súas diferencias. Así mesmo comunica ás partes que, coñecidas as peticións e ofertas recíprocas, vai partir da doutrina das últimas posicións, para o cal solicitou das propias partes na comparecenza determinación das mesmas. Esta será a base da súa decisión no presente conflito.

Cuarto.- A parte social interpreta que a revisión salarial anual implica a non perda de poder adquisitivo que teñen adquirido os traballadores e un mecanismo que supoña, por exemplo para este ano, aplicar o IPC real do ano 2006 e no 2008 facer revisión entre real, previsto, e subir IPC real de 2007.

Pola banda da empresa entende que o mecanismo e subir o IPC real mais a suba do convenio sobre todos os conceptos, entendendo que os sistemas de revisión salarial o IPC real, o que non poden e provocar subas por riba do propio IPC real de cada ano.
Ambalas dúas partes entregan o árbitro escritos exemplificando as anteriores posicións.

Pois  ben, os anteriores presupostos, contidos nos puntos precedentes, son os que serven ó árbitro a fin de decidir a solución neste conflito derivado da aplicación do convenio colectivo propio e laudo de data 08.05.07, no aspecto material antedito


FUNDAMENTOS DA RESOLUCIÓN

A cuestión que se somete a decisión arbitral e o xogo combinado do precepto do convenio colectivo e o laudo arbitral a que se fixo referencia.

O convenio colectivo, no seu artigo 47, de revisión salarial, sinala textualmente que “una vez publlicado o IPC real interanual, no caso de que este supere o IPC previsto polo Goberno para ese ano, aplicarase unha revisión salarial, con efectos de 1 de xaneiro de ese ano, sobre tódolos conceptos polo importe da diferencia, entre o IPC real e o previsto, que servirá como base para a aplicación da suba para o segundo ano de vixencia”. Este mecanismo funciona, unha vez publicado o IPC real interanual (normalmente no mes de xaneiro de cada ano), e logo aboaranse os atrasos correspondentes na nómina do mes seguinte o que se efectúe a revisión salarial.

Por outra banda, o laudo de 08.05.07 establece “unha subida do IPC real máis un punto en tódolos conceptos, (...) respetando o sistema do anterior convenio colectivo”.

Ámbalas dúas normas, polo seu idéntico rango, teñen que interelacionarse ós efectos de acadar unha solución o conflicto, seguindo as reglas de interpretación que, con carácter xeral para todos os eidos, se establece no artigo 3 do Código Civil, baixo a premisa fundamental de que a finalidade establecida é o mantenemento do poder adquisitivo dos traballadores, e que o sistema sexa un sistema claro e perceptible para todos os interesados, ademais de respetar as normas do artigo citado do Código Civil, literalidade, sistemática e contexto.

Ademais, hai que ter en conta que o último parágrafo do citado artigo 47 do convenio colectivo estableceu un sistema específico para o segundo ano de vixencia do anterior convenio (vixencia 2005-2006), non entrando o árbitro nesta cuestión por estar establecido un sistema xeral no convenio colectivo para os anos 2007-2008-2009 e 2010.

Pois ben, a aplicación do sistema do convenio colectivo extraese da súa propia literalidade, primeiro e preferente mecanismo de interpretación das normas.  Para o ano 2007, sobre as taboas retributivas vixentes, e decir as retribucións finais totais por tódolos conceptos o final de 2006, coñecido o dato do IPC real, (fixado polo Goberno), aplicarase o diferencial entre o previsto, que serviu para a primeira subida salarial, e o que se engade o tanto por cento establecido no laudo/convenio de 1 punto, e o IPC real, segundo o dato gubernamental, sendo éstes as retribucións para o ano 2007. Así dase cumplimento o sistema do convenio colectivo e o previsto no laudo dunha subida do IPC real máis un punto en tódolos conceptos, debéndose aboar os atrasos correspondentes na nómina do mes seguinte o que se efectúe a revisión salarial.

Para o ano 2008 e seguintes dous anos, vixencia do convenio colectivo, aplicarase idéntico sistema; e decir, para este ano 2008, sobre retribucións finais 2007, aplicarase a suba consistente na diferencia IPC previsto 2007 IPC real 2007 (IPC real 2007 – IPC previsto anticipado o longo dos meses de 2007) máis un punto, revisión que implica a non perda de poder adquisitivo e que é a prevista no convenio colectivo e no laudo que mantén o sistema do anterior convenio, e todo elo sin facer referencia o que poido acontecer antes do ano 2006 nos trámites de administración ou de xestión de custos de persoal, por ser claro o sistema establecido neste convenio como en todos os que establecen un mecanismo de revisión salarial o IPC real interanual.

PARTE DISPOSITIVA

En base a todos os anteriores antecedentes, dítase o seguinte laudo, de conformidade coas normas previstas no art. 20 e seguintes do Acordo Galego para a Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo:

Aplicarase un sistema de revisión salarial, con efectos de 1 de xaneiro, sobre tódolos conceptos, por importe das diferencias entre o IPC real e os previstos de cada ano, que servirá como base para a aplicación das subidas de 1 punto porcentual anual durante a vixencia do convenio.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdicción social nos termos establecidos no apartado 5º do artigo 24 do AGA.

Dado en Vigo, a 10 de marzo de 2008

O árbitro




José Mª Casas de Ron