ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 25/08

JOSE Mª CASAS DE RON, designado árbitro en acta de compromiso arbitral de data 19.06.08, según o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), pola partes en conflicto na empresa Garevol, SL,  resolve a cuestión plantexada ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.- O comité da empresa Garevol, SL solicitou do Consello Galego de Relacións Laborais proceso de arbitraxe para o proceso de implantación dos tempos no proceso de forrado de pomos dos modelos 250 e 35-X, ante as diferencias existentes nas medicións da empresa e da representación social, diferencias que non poideron ser solventadas coa intervención da Comisión Paritaria.

Segundo.- Os efectos de solucionar o conflicto, mantívose reunión, na sede da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Vigo, en data 19.06.08.

Terceiro.- O árbitro comunicou ás partes a necesidade dun  estudio técnico e medición do sistema de traballo e productividade realizado pola empresa, trasladando ó Servicio de Solución de Conflictos este requerimento de estudio e medición por parte de técnicos independentes. Nesta reunión o actuante manifestou que, o estar ante un conflicto de interese material, faría súas as conclusións técnicas do citado peritaxe, dispoñéndose todos os requisitos de independencia, imparcialidade e publicidade.

Cuarto.- En data 17 de xullo compareceu na empresa o enxeñeiro industrial D. José Busquets Gubau, a fin de manter reunión preparatoria coa dirección da empresa e cos representantes do comité de empresa, sobre sistema, condicionantes, requisitos e garantías da actividade de medición que se ía a realizar polo Gabinete técnico dirixido polo citado enxeñeiro José Busquets.

Quinto.- De seguido, fíxose un percorrido do técnico, representantes de persoal, e dirección empresarial, polas instalacións da empresa susceptibles dos estudios técnicos precisos, co obxeto de determinar cantidades de traballo e produccións correctas e óptimas nos procesos de forrado de pomo e control de calidade do mesmo.

Sexto.- O árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradicción, avaliado polo árbitro esto mesmo na actuación do técnico competente.

Sétimo.- As operacións estudadas foron:
- Forrado pomo
o Encolar o inserto
o Colocar plantilla no inserto pomo
o Axustar plantilla a parte superior pomo
o Axustar plantilla a parte inserto
o Limpeza do pomo
o Colocar embelecedores
- Control de calidade do pomo.

Para o estudo dos tempos empregouse a técnica do cronometraxe, sendo a unidade de tempo dos cronometraxes a dezmilésima de hora . O tratamento de coeficientes de fatiga e necesidades persoais, foron realizadas de acordo coas recomendacións da OIT. Durante a toma de tempos, sempre estivo presente algún membro do comité de empresa e da dirección da mesma. Os cálculos de cronometraxe realizaronse nas oficinas técnicas do enxeñeiro industrial autor do informe pericial. Os resultados obtidos son idénticos para os dous modelos de pomos (35-X e 250).

Octavo.- As etapas desenvolvidas no estudo dos tempos levado a cabo foron:
a) Obter e rexistrar toda a información posible acerca da tarea, do operario e das condicións que poden influir na execución do traballo.
b) Rexistrar unha descripción completa do método de traballo empergado polo operario, descompoñendo a operación en elementos ou porcións.
c) Medir o tempo, mediante cronómetro, e rexistrar o tempo invertido polo operario en levar a cabo cada elemento da operación.
d) Determinar, simultáneamente, o ritmo efectivo do operario (actividade) mediante comparación co ritmo ou actividade normal.
e) Convertir os tempos observados en tempos normais.
f) Determinar, a través de táboas, os suplementos (k) por fatiga, necesidades persoais e continxencias.
g) Convertir os tempos normais en tempos correctos. Estandarización dos tempos correctos de cada operación.
h) Determinar o tempo correcto total da tarea ou operación.

Noveno.- O árbitro fai súas as conclusións do dictamen pericial, informe que obra no Servicio de Solución de Conflictos do Consello Galego de Relacións Laborais, e ven a dictar o seguinte laudo:


UNICO.- Os tempos correctos e óptimos para cada unha das operacións reflictidas quedan recollidos na táboa seguinte:

Operación Cantidade traballo (H./h. pomo) Cantidade traballo (minutos/pomo) Produccións Horarias (pomos/hora) Produccións por xornada efectiva traballo 7,5 h. ou 450 minutos (en número pomos)
Correcta Optima Correcta Optima Correcta Optima Correcta Optima
Encolar inserto 0,0182 0,0137 1,094 0,821 54,82 73,10
Colocar plantilla en inserto pomo 0,0329 0,0247 1,974 1,481 30,39 40,53
Axustar plantilla a parte superior pomo 0,0934 0,0701 5,605 4,204 10,70 14,27
Axustar plantilla a parte inserto 0,0553 0,0415 3,316 2,487 18,09 24,12
Limpeza do pomo 0,0055 0,0041 0,332 0,249 180,74 240,98
Colocar embelecedores 0,0225 0,0169 1,352 1,014 44,37 59,16
Total forrado pomo 0,2279 0,1709 13,674 10,256 4,39 5,85 32,91 43,88
Control calidade do pomo 0,0097 0,0073 0,584 0,438 102,67 136,89 770,01 1026,68

Nota: Nos cronometraxes das fases de forrado de pomos non se consideraron posibles operacións de reparación debidas a deficencias na pel do forrado; cando iso suceda, deberá anotarse aparte o tempo empregado para subsanar tal deficiencia.

En resumo, en base o anterior, a producción correcta (a actividade 100) por xornada, sería de 32,91 pomos por operario; e a producción óptima (a actividade 133) por xornada, sería de 43,88 pomos por operario.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdicción social nos termos establecidos no apartado 5º do artigo 24 do AGA.

Vigo, 5 de setembro de 2008
O árbitro



José Mª Casas de Ron