ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 33/08

Sendo presidida a sesión de mediación polo delegado provincial da Consellería de Traballo, D. Pedro Borrajo Rivas, no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, na sala A do cuarto andar, foi designado árbitro D. José Mª Casas De Ron asistido por Dª. Verónica  Martínez Barbero, Inspectora de Traballo e Seguridade Social, por acta de constitución de arbitraxe prevista no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA) de data 23 de xullo de 2008,  a fin de resolver o conflicto xurdido na negociación do Convenio Colectivo da empresa CESPA, SA (Recollida de Residuos Sólidos Urbáns e Limpeza Viaria no Concello de Nigrán), resolve as cuestións plantexadas ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes


ANTECEDENTES

Primeiro.- En data 23 de xullo de 2008, habilitouse como árbitro o antedito, que viña actuando como mediador no conflicto seguido na empresa CESPA, SA (RSU e Limpeza Viaria – Nigrán) sendo partes, pola empresa D. Javier Antón Mauregui e D. Manuel Polledo Cerdeiriña e pola representación sindical D. Javier Aballe Sanroman, D. Roberto Pérez Costas, D. Fernando Costas Costas, D. Ramón Álvarez Costas, D. Jose Gregorio Domínguez, D. Juan Carlos Iglesias Trabazos, D. Manolo González Núñez, D. Ángel Fernández Comesaña, D. Roberto Soto Sanroman, D. Alfonso Cabreira Fernández, D. Carlos Ceriz Fernández, D. Víctor Manuel Martínez Parajua, D. Jorge Soto Rodiño, D. Alexandro Fernández Campo e D. José Fernández González, membros do comité de folga e Dª Mª do Tránsito Fernández Fernández (Asesora – CIG), D. Xusto Fernández Vilas (Asesor – CIG) e  Dª. Ana Meijide González (Asesora – CIG).

Segundo.- A solución que se pretende da solución arbitral e a fixación dos incrementos salariais e do convenio colectivo de empresa-centro de traballo de Nigrán con vixencia de dous anos, dadas as diferencias insalvables na última fase da mediación seguida.

Terceiro.- O árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradicción e así mesmo , e perfectamente informado das posicións das partes e as súas diferencias.

Cuarto.- O presente conflicto e un conflicto de intereses que se resolverá con criterios de equidade e fundamentado nas derradeiras posicións das partes en negociación.

Quinto.- O presente laudo se comunicará con carácter inmediato ás partes a fin de poñer fin ao exercicio  da folga, dados os intereses cidadáns de saúde pública que afectan ao Concello de Nigrán.


PARTE DISPOSITIVA

En base a todos os anteriores antecedentes, díctase o seguinte laudo, de conformidade coas normas previstas no art. 20 e seguintes do Acordo Galego para a Solución Extraxudicial de Conflictos Colectivos de Traballo:

1º.- A fin de que os traballadores da empresa, tomando como categoría de referencia a de Peóns de día, acheguen un salario anual de 17.000 € a 31 de decembro de 2009, establécese a seguinte estructura salarial cos respectivos incrementos nas presentes táboas:


NIGRAN TABLA DE SALARIOS 2008
SALARIO BASE X365 PLUS TOXICOX251 PLUS NOCTURNIDADX251 PLUS ACTIVIDADX251 PLUS TRANSPORTEX251 días efectivos trabajados PLUS PRODUCTIVIDADX60 PAGAS EXTRAS (X 105 días) BRUTO ANUAL
ENCARGADO 40,44 12,13 12,13 11,32 4,80 251,00 6,58 4246,32 29.539,28
CONDUCTOR DIA / OFICIAL 1ª MEC 26,09 7,83 2,19 4,80 251,00 6,58 2739,97 16.379,46
CONDUCTOR NOCHE 26,09 7,83 9,13 2,19 4,80 251,00 6,58 2739,97 18.671,90
PEON DIA 24,87 7,46 1,56 4,80 251,00 6,59 2611,67 15.555,64
PEON NOCHE 24,87 7,46 8,71 1,56 4,80 251,00 6,59 2611,67 17.740,74


ADMVO 711,48 69,21 77,97 251,00 711,48 13.596,43

NIGRAN TABLA DE SALARIOS 2009
SALARIO BASE X365 PLUS TOXICOX251 PLUS NOCTURNIDADX251 PLUS ACTIVIDADX251 PLUS TRANSPORTEX251 días efectivos trabajados PLUS PRODUCTIVIDADX60 PAGAS EXTRAS (X120) BRUTO ANUAL
ENCARGADO 41,86 12,56 14,65 11,71 4,99 251,00 7,04 5022,79 31.743,26
CONDUCTOR DIA / OFICIAL 1ª MEC 27,78 8,33 2,33 4,99 251,00 7,04 3333,10 17.823,95
CONDUCTOR NOCHE 27,78 8,33 9,72 2,33 4,99 251,00 7,04 3333,10 20.264,05
PEON DIA 26,60 7,98 1,67 4,99 251,00 7,04 3192,26 17.000,13
PEON NOCHE 26,60 7,98 9,31 1,67 4,99 251,00 7,04 3192,26 19.337,13
ADMVO 16.302,12

2º.- No artigo 16 referido a xornada de traballo, a partir do 1 de xaneiro do 2009 o descanso será de 48 días/ano.

3º.- Nun novo artigo establécese que en caso de baixa na empresa dun operario con categoría dun oficial, establecerase un réxime para ocupar a praza de modo que na primeira vacante será elixida a persoa pola representación de persoal, entre o persoal idóneo, e a segunda pola dirección da empresa, e así sucesivamente.

4.- Os actuais contratos de relevo transformaranse en indefinidos no momento da xubilación total do relevado.

5.- A partires do primeiro de xaneiro de 2009, o concepto de toxicidade pasará a ser o equivalente ao 35% do salario base en cada categoría profesional.

6º.- A póliza de seguro colectivo terá o incremento do IPC real anual do ano anterior. Esta  será efectiva a partir da publicación do convenio no Boletín Oficial correspondente.


O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdición social nos termos establecidos no
apartado 5º do artigo 24 do AGA.


Vigo,  24 de xullo de 2008

O árbitro



José Mª Casas de Ron