ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 37/08

LAUDO – CESPA - determinación dos servicios de recollida de resíduos sólidos urbanos

Ana Isabel Mariño Baamonde, con D.N.I.: 34.250.612 R, e domicilio a efectos de notificacións en C/ Cánovas del Castillo nº 18 de Vigo, designada árbitro en virtude de acta de sometemento a arbitraxe, asinada no día de hoxe, polos suxeitos, lexitimados para iso, do conflicto suscitado na empresa CESPA-Compañía Española de Servicios Públicos Auxiliares, S.A. (en adiante CESPA, S.A.), sobre determinación dos servizos de recollida de resíduos sólidos urbanos a prestar na devandita empresa durante a folga convocada nos seus centros de traballo do Concello de Nigrán, e logo das actuacións practicadas, ás que máis en adiante se aludirá, ven de dictar LAUDO ARBITRAL, en base as seguintes consideracións:

ANTECEDENTES

1. A Empresa CESPA, S.A. ten conferida polo Concello de Nigrán a prestación dos servizos de  limpeza de praias e recollida de resíduos sólidos urbanos dese Concello.

2. O Comité de empresa de CESPA, S.A., en data 03.07.08 convoca folga indefinida por considerar infructuosas as negociacións levadas ata ese momento coa dirección da Empresa sobre a negociación do convenio colectivo. A folga convocada iniciouse o pasado día 14 de xullo.

3. En data 10.07.08 se dicta Decreto polo do Alcalde do Concello de Nigrán establecendo os “Servizos esenciais con motivo dal folga do persoal do servizo de recollida de resíduos sólidos urbanos e limpeza viaria de Nigrán”. No devandito decreto determínase  como personal mínimo necesario para garantir a prestación diaria dos referidos servizos catro conductores (incluído o da máquina limpapraias) e cinco peóns.

4.- O Comité de Folga manifestou o seu desacordo con esta proposta.

5.-. As partes en conflito acordan someter a solución do conflito o procedemento arbitral previsto no Cap. IV do AGA.

6.- A través da Presidencia do Consello Galego de Relacións Laborais, o árbitro convoca ás partes para comparecer na sede da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra, o que se efectúa as 11’00 horas do mesmo día 18.07.08.
O día de hoxe, na sede da Inspección de Traballo e Seguridade Social en Vigo, as partes en conflicto asinan un acta de sometemento a arbitraxe, ó amparo do previsto no capítulo IV do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos colectivos de traballo (AGA), designando, de común acordo, árbitro a quen subscribe.
Os asinantes da referida acta son os que se indican a continuación:

-Pola representación social:
-D. Xusto Fernández Vilas (CIG)
-D. Rufino Santalices Gil (CIG)
-D. Roberto Pérez Costas (CIG)
-Pola representación da empresa:
-D. Francisco Javier Antón Maguregui
-D. Pablo Garrido Saavedra
-En representación do Concello:
-D. Juan A. González Pérez Concelleiro de Economía e Facenda e Urbanismo
-D. C. Costas Fernández, Concelleiro de Limpeza, Parques e Xardíns
-D. Juan José Hermida Lago, Concelleiro de Medio Ambiente

7.- O árbitro mantén reunións, na mesma data do presente laudo, conxuntamente e por separado con cada unha das partes, para, logo de recadar toda a información precisa, e garantindo os principios de audiencia, contradicción e igualdade, dar por rematada a comparecencia.





FEITOS ACREDITADOS NO PROCEDEMENTO ARBITRAL

1. Para a execución dos servicios concertados co Concello de Nigrán a empresa CESPA, S.A. conta na actualidade cun cadro de persoal, no período estival,  de 27 traballadores.
A efectos organizativos, as áreas de traballo concéntranse en 4 sectores, que inclúen a totalidade do termo municipal.

2. CESPA, S.A. realiza nesas zonas a recollida de resíduos sólidos urbanos así como a limpeza de praias.

Todos estes extremos foron confirmados a través da testemuña indubitada do representante da empresa na comparecencia ante quen subscribe no día de onte, e contrastados punto por punto coa representación social na mesma comparecencia.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS DO LAUDO

1. Corresponde a este árbitro resolve-la cuestión presentada polas partes nos termos en que foiformulada, esto é, a fixación dos servicios mínimos a garantir durante a duración da folga, servicios que poden ser obxecto do procedemento articulado no capítulo IV do AGA, ó amparo do que as partes suscitaron a arbitraxe que hoxe se plasma neste laudo.

2. Non é posible eludir o impacto que para a saúde pública teñen as actividades desenvolvidas por CESPA, S. A. Este é un elemento de suma importancia no que, por outra banda, existe unha ampla coincidencia entre as partes en conflicto, como quen subscribe puido percibir na comparecencia.

Por tal motivo o laudo debe considerar os requirimentos de saúde pública como un ben xurídico a protexer.

3. En todo caso, ese ben xurídico merecedor de protección non pode deixar sen contido o exercicio dun dereito fundamental, especialmente protexido pola nosa constitución, como é o dereito de folga, como resalta a abundante xurisprudencia, tanto ordinaria como constitucional, que de xeito sistemático se ten producido sobre o particular.

4. Segundo se desprende do feito acreditado número 2 deste procedemento arbitral, a actividade de CESPA, S.A. para o Concello de Nigrán, refírese as labores afectadas pola folga que son as que poden conectarse directamente cun posible impacto negativo para a saúde pública, de ser completamente desatendidas. Esto supón que, nunha situación de normalidade laboral, 20 traballadores serían teoricamente suficientes para atende-la totalidade das tarefas.

En consideración a todo canto antecede, e en exercicio das atribucións conferidas polas partes na acta de compromiso arbitral subscrita, e do establecido nos artigos 25 e 26 do AGA, a parte dispositiva deste laudo concrétase na seguinte


RESOLUCIÓN ARBITRAL

1. As tarefas a desenvolver por CESPA, S.A. en tanto dure a folga serán as seguintes:

I.- Nunha primerira xornada atenderáse a recollida do lixo acumulado nás áreas que se indican a continuación, consideradas as de maior risco sanitario:
-mercado de abastos
-centros comercias “A Romana” e “A Ramallosa”
-centro de saúde
-centro da terceira idade
-centro da Fundación Menela e Colexio Xoan María (centros de atención a personas con dependencia)
-garderías infantís.
-campings
-vaciado de papeleiras nos areais das praias

II.- Estes servicios continuaranse a prestar diariamente durante a duración  da folga para o que os recursos dispoñibles serán os seguintes:

-Un camión de carga lateral, no que prestará servizos un conductor
-Un camión de carga traseira no que prestarán servizos un conductor e dous peóns
-Dous peóns para atender o servizo de vaciado de papeleiras nos areais das praias.

III.- A partires do momento en que as zonas indicadas no punto 1.I queden “barridas”, manterase o servizo diariamente nestas zonas. Unha vez atendidas estas zonas proioritarias, se empregarán os medios disponibeis durante a  duración residual da xornada de traballo nas demais áreas do Concello segundo o seguinte calendario de recollida:
A.- Zona de Priegue
B.- Zona de Ramallosa
C.- Zona de Souto, Viso e Cabreira
D.- Zona de Chan de Brito, Camos e Prado.

A rotación da prestación dos servizos nestas zonas levarase a cabo segundo a mesma periodicidade da prestación ordinaria do servizo.






2. Con suxeición ós anteriores criterios, o traballo de quen teñan que presta-los seus servicios en cumprimento deste laudo será organizado polos responsables de CESPA, S.A., en tanto que detentadores do poder de dirección no seo da empresa.

3. O Comité de Folga terá a obriga de garanti-lo recto e estricto cumprimento do resolto neste laudo.

O presente laudo poderá ser recorrido diante da xurisdicción social nos termos establecidos no número 4º do artigo 24 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de conflictos colectivos de traballo

O que se di en Vigo, a 18 de xullo de 2008


O árbitro
Ana Isabel Mariño Baamonde