ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 4/08

JOSE Mª CASAS DE RON, designado árbitro en acta de compromiso arbitral de data 28.02.08,  según o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), pola partes en conflicto na empresa Dornier, SA,  resolve as cuestión plantexada ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.- En data 28.02.08 asinouse o compromiso arbitral previsto no artigo 20 do AGA, sendo asinantes da mesma, por una banda, D. Alberto Baña Oveira, e D. Francisco Matías Moyano, por parte da empresa; e D. Luis Cordovés Alvarez, D. Carlos Landín Guillén e D. Julio Fernández Collazo, delegados sindicais pola central sindical UGT. Nomease árbitro o asinante, ós efectos da fixación de tempo de traballo en operaciones de desprazamento base/comenzo de ruta; e tempo e método de traballo para o control de estancia de vehículos máis de dúas horas de estacionamento, na mesma praza, tendo aboado o ticket do sistema, nos controis de estancia de vehículos en rutas de vixiancia.

Segundo.- En laudo dictado polo árbitro que suscribe en data 18 de outubro de 2007, no apartado 12 da parte dispositiva, decía textualmente: “Nos cambios organizativos serán escoitados os Delegados de Persoal. En caso de discrepancia grave que afecte colectivamente, acudirase ós procedementos previstos no AGA”.

Terceiro.- Dadas as discrepancias xurdidas, e a imposibilidade de chegar a acordo no tema indicado, o árbitro  comunicou ó Servicio de Solución de Conflictos a necesidade de solicitar un dictamen  a un técnico de métodos e tempos sobre a determinación do tempo necesario para efectuar o desprazamento dende os vestiarios ó posto/ruta de traballo, e por outra sobre o control de vehículos que superen as dúas horas de estacionamento tendo aboado o ticket do XER.

Cuarto.- O actuante comunicou ás partes que este dictamen técnico sería determinante e empregado a fin de resolver o litixio plantexado, e que entón servirá de base no presente procedemento de solución de conflictos. O devandito estudio foi realizado polo enxeñeiro,  D. David Gómez Merayo, técnico especialista en métodos e tempos. A estes efectos, o traballo de toma de datos mediante a técnica de cronometraxe foi realizada os días 5 e 25 de marzo de 4 de abril do ano en curso, mantivendo reunión coa dirección da empresa e os delegados de persoal antes de iniciar dito traballo, na que ambas partes expuseron ó técnico as súas posturas, a vez que se lle comunicou ás partes o traballo a realizar, e a técnica a empregar. Durante o proceso de toma de tempos, sempre estivo presente algún membro delegado de persoal; Empregouse como escala para medir o ritmo de traballo ou a actividade, a escala inglesa 75-100, na que 75 é a actividade normal, e 100 a actividade óptima, empregando o minuto centesimal como unidade de tempo. O ritmo ou actividade tipo, foi determinada en 4,8 km./hora para un home de físico corrente, que camiña sen carga, en liña recta e en terreo chan. O ritmo óptimo sería o equivalente a camiñar nas mesmas condicións a 6,4 km./h. Estes valores son os que determiñan o tempo medio para realizar cada recorrido, e serven para efectuar as conclusións do técnico nas dúas encomendas realizadas.

Quinto.- O árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradicción, e asimesmo considera que o dictamen técnico, comunicado ó Servicio de Solución de Conflictos, polo enxeñeiro D. David Gómez Merayo, serve como elemento técnico independente, imparcial e motivado, e capaz, a fin de solucionar o conflicto plantexado.

Sexto.- En primeiro lugar, con respecto ós tempos necesarios para os desprazamentos de vestiarios os inicios de rutas de traballo, concretados os tempos medios ó realizar os desprazamentos de ida e volta, dende as bases ó inicio das rutas ou postos de traballo, dan como resultado que nos recorridos os tempos a empregar son os correctos, exixindo a empresa, pois, ós técnicos controladores a dilixencia normal para ese tipo e posto de traballo.

Séptimo. Con respecto a segunda das cuestións, o control de vehículos que superen as dúas horas de estacionamiento, ocupando a mesma prazo, e tendo aboado o ticket do XER, os delegados de persoal escolleron dúas zonas para medir o traballo realizado, empregándose o método establecido pola empresa, e tendo en conta o técnico o número de voltas, distancia, pasos de cebra, estado dos semáforos, número máximo de prazas, denuncias, tarxetas de residentes, e número de máquinas, o fin de averiguar tempos medios das diferentes operacións, despois dun cronometraxe, tanto na espera en paso de cebra, comprobación de residentes con PDA, tempo de identificación do vehículo, número de matrícula, data e hora do ticket; tempo de verificación do parkímetro, tempo medio para notificar parkímetro non OK, tempo de tramitación de proposta de denuncia, retirada de recibos da máquina, e introducción ficha de marcado de reloxo e retirada de recibo con hora de fichaxe. A conclusión técnica neste segundo aspecto, é que as operacións realizadas, nas condicións anteriormente citadas, tendo en conta o dispositivo establecido pola empresa, e as condicións empregadas polo técnico, é de que o traballador pode realizar ditas funcións no tempo de traballo tanto na xornada de mañán, de 9 a 14 h., como na de tarde, de 16 a 20 h., poidendo existir, nalgún caso, algunha dificultade na quenda de tarde, para a localización de vehículos na situación de ter sobrepasado as dúas horas de estacionamento con ticket en vigor. Esta posición favorable do técnico ten en conta ademais unha serie de situacións que non teñen que ver estrictamente co traballo medido, como poden ser a información a viandantes, información a clientes e queixas.

PARTE DISPOSITIVA

En base a todos os anteriores antecedentes, facendo o actuante seu o informe técnico, dítase o seguinte laudo, de conformidade coas normas previstas no art. 20 e seguintes do Acordo Galego para a Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo:

UNICO.- Os tempos establecidos pola empresa para os desprazamentos entre bases e inicio de ruta/posto de traballo, nas circunstancias establecidas polo técnico actuante, considéranse axeitadas o fin organizativo establecido e tendo en conta a dilixencia normal exisible ós controladores; e por outra banda, o sistema de control de vehículos que superen as dúas horas de estacionamento tendo aboado o ticket do XER, tamén se considera como un sistema de traballo que non vulnera os dereitos de exisencia de dilixencia normal establecidos para os traballadores/as controladores/as do sistema XER. Nesta cuestión, o árbitro, quere sinalar, nembargantes, que a empresa e os seus representantes sindicais, nas correspondentes quendas de tarde, deben de prevenir algunha posible situación que distorsione o desenvolvemento normal do sistema, no caso de que os traballadores/as non localicen vehículos na situación de ter sobrepasado as dúas horas, aínda a pesar de que no traballo de investigación técnica dita situación non se deu.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdicción social nos termos establecidos no apartado 5º do artigo 24 do AGA.

Vigo, 21 de maio  de 2008

O árbitro



José Mª Casas de Ron