ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 56/08

JOSE Mª CASAS DE RON, designado árbitro por acta de compromiso arbitral  de data 19.11.08, prevista no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA), no conflito xurdido sobre diferencias na fixación do réxime de xornada de traballo – guardias/turnos e distribución de horas de presencia, días de descanso semanal e cadro de disfrute de días festivos, días de vacacións e réxime dos usos profesionais ou costumes de porto das actividades de practicaxe na Corporación de Prácticos del Puerto y Ria de Vigo, SLP, resolve os asuntos plantexados ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.- En data 19 de novembro de 2008, constituíuse a mesa ante o árbitro designado no procedemento, da que forman parte, por unha banda a representación empresarial integrada por D. Jesús Angel Lemos Giraldez e D. Gerardo Martínez Area, asesorados por D. Marcos Castro Cabaleiro, en representación da Corporación de Prácticos del Puerto y Ría de Vigo, SLP. E por outra banda a representación sindical integrada por D. Manuel Alvariña Calvar e D. Jorge Barcia Aparicio, en representación dos traballadores, na primeira das reunión, o día 19.11.08, e polo Sr. Alvariña Calvar na reunión do día 03.12.08, asesorados en ambas por D. Luciano Villar González e D. Fernando Fonseca Malvido.

Segundo.- As cuestións que se plantexan a arbitraxe son as diferencias que sobre a base do establecemento de gardas de 12 horas máximo, teñen as partes sobre fixación do réxime de xornada de traballo – guardias/turnos e distribución de horas de presencia, días de descanso semanal e cadro de disfrute de días festivos, días de vacacións e réxime dos usos profesionais ou costumes de porto nas actividades de practicaxe, e sempre sobre a base da plantilla e a súa composición na data de realizarse este arbitraxe.

Terceiro.- Aberta a sesión de comparecencia, o árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradicción, e está totalmente informado das posicións das partes e das súas diferencias. Así mesmo comunica ás partes que, coñecidas as peticións e ofertas recíprocas, vai partir da doutrina das últimas posicións, para o cal solicitou das propias partes na comparecenza determinación das mesmas. Esta será a base da súa decisión no presente conflito, tendo ademais en conta que o árbitro reuniuse previamente, os días 03 e 13.11.08, con uhna e outra representación, a fin de fixar os presupostos fácticos do conflicto, solicitando, asimesmo a documentación oportuna que servira, no seu caso, para facer os cálculos correspondentes de xornada, descansos e rotacións entre o persoal da empresa.

Cuarto.- Cada unha das partes achega a súa proposta para acadar o obxetivo de realizar xornadas que se axusten o establecido na normativa de aplicación,  e garantindo os descansos ós que os traballadores teñen dereito indispoñiblemente.

Pois  ben, os anteriores presupostos, contidos nos puntos precedentes, son os que serven ó árbitro a fin de decidir a solución neste conflito, unha vez establecido as gardas de 12 horas por cuestión organizativas e de seguridade, e admitidas por ambas representacións este presuposto fáctico de partida.

FUNDAMENTOS DA RESOLUCIÓN

A cuestión que se somete a decisión arbitral, na que o árbitro xa adiantou verbalmente a súa decisión na última xuntanza mantida, limítase a establecer as líñas maestras da solución, e establecer os presupostos sobre os que teñen que xirar o réxime de quendas e distribución de horas de presencia, días de descanso semanal e cadro de disfrute de días festivos, días de vacacións e réxime dos usos profesionais ou costumes de porto das actividades de practicaxe.

O presente conflicto é un conflicto no que se deben de empregar normas de equidade a fin da súa resolución, aplicando por outra banda as previsións establecidas no RD Leg. 1/1995, de 24 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, o RD 1561/1995, de 21 de setembro, sobre xornadas especiais de traballo, Ley 27/1992, de 24 de noviembre, de Puertos del Estado y de la Marina Mercante, as condicións para as Corporacións de Prácticos determinadas pola autoridade portuaria, e o convenio colectivo da Corporación de Prácticos del Puerto de Vigo, SLP.

PARTE DISPOSITIVA

En base a todos os anteriores antecedentes, e tendo en conta o plantexamento establecido no punto segundo dos antecedentes, dítase o seguinte laudo, de conformidade coas normas previstas no art. 20 e seguintes do Acordo Galego para a Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo:

Na empresa Corporación de Prácticos del Puerto y Ria de Vigo, SLP se establecerá un cadro horario nominativo con distribución de días laborables, turnos rotatorios, descansos semanas, festivos e vacacións, nas seguintes condicións:

1.- O persoal realizará 211 días laborables anuais.

2.- As gardas serán de 12 horas, en turnos rotatorios.

3.- Entre o fin dunha xornada laboral e o comenzo da seguinte mediarán, como mínimo, 12 horas.

4.- Os traballadores disfrutarán de 34 días de vacacións anuais en dous periodos de 17 días. Asimesmo disfrutarán de 17 días mais nun terceiro periodo coa consideración de días de descanso.

5.- O descanso será de 2 días completos por semana.

6.- Alomenos en 25 ocasións, o devandito descanso semanal coincidirá cun sábado ou cun domingo.

7.- Calquera exceso en tempo de traballo sobre as 211 xornadas anuais devengaránse como horas extraordinarias cun incremento sobre o valor da hora ordinaria dun 75 %.

8.- Mantéñense como usos e costumes profesionais aqueles que se viñeron manifestando ou significando ós traballadores polo paso do tempo, con respeto as normas de flexibilidade interna e presencia no centro de traballo, sen perxuicio da eficacia do prestamento dos servicios.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdicción social nos termos establecidos no apartado 5º do artigo 24 do AGA.

Dado en Vigo, a 12 de decembro de 2008

O árbitro




José Mª Casas de Ron