ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 16/09

JOSE Mª CASAS DE RON, en Vigo, a data 16 de marzo de 2009, designado árbitro en acta de compromiso arbitral de data 13.03.09,  según o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), polas partes en conflicto na empresa Boteros Amarradores de Vigo, SL (Botamavi),  resolve as cuestión plantexada ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.- O artigo 9 do convenio colectivo da empresa Boteros Amarradores de Vigo, SL sinala que as discrepancias que poidan xurdir se someterán o procedemento de arbitraxe previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA).

Segundo.- En data 13.03.09 asinouse o compromiso arbitral previsto no artigo 20 do AGA, sendo asinantes da mesma, por una banda, D. José M. García Vázquez e Dª Cristina Fernández Silva, asesorados por D. Camilo Castro Silva, por parte da empresa; e D. José Angel Rodríguez Diaz delegado de persoal, e D. Fernando Fonseca Malvido e D. Luciano Villar González, asesores da CIG. Nomease árbitro o asinante, ós efectos de someter as súas diferencias á resolución arbitral en canto a tempo de traballo, descansos, horas extraordinarias, complementos por incapacidade temporal, pequenas diferencias nas táboas salariais do ano 2009, e estructura e costes salariais dos traballadores incorporados en xaneiro de 2009.

Terceiro.- O árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradicción, e considérase suficientemente ilustrado para solucionar o conflicto plantexado, dada a súa intervención no conflicto colectivo xurdido na negociación do convenio colectivo da empresa, na que foi nomeado mediador e no que se chegou a acordo con data 10.10.08, despois de varias reunións da mesa de conflicto. Asimesmo, foi nomeado árbitro, e, en tal calidade, dictou o correspondente laudo, en relación co incremento do cadro de persoal necesario por imperativo legal.

FUNDAMENTOS DA RESOLUCION

No presente conflicto de intereses, o árbitro terá en conta as últimas posicións acadadas polas partes no proceso de mediación previo no que tamén participou, a fin de conquerir un acordo como desenvolvemento de todas as iniciativas acadadas en 2008 e en aras da consecución do compromiso de paz social.

PARTE DISPOSITIVA

En base a todos os anteriores antecedentes, dítase o seguinte laudo, de conformidade coas normas previstas no art. 20 e seguintes do Acordo Galego para a Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo:

1.- Tempo de traballo: No que se refire a consideración que ten o tempo que media, durante o periodo no que os traballadores teñen turno de retén, entre unha chamada para amarrar/desamarrar un barco e o amarre ou desamarre do seguinte, manterase a situación como está actualmente, comprometéndose as partes a reunirse durante os dous primeiros meses de 2010, para efectuar unha análise de cómo evoluciona a situación, e negociar posibles cambios na devandita consideración, que terían efectos a partir do 1 de xaneiro de 2010.

2.- Descansos.- A empresa fará públicos os turnos correspondentes a cada un dos traballadores con carácter mensual, a partir do 1 de abril de 2009.

3.- Horas extraordinarias.- A empresa efectuará un cómputo mensual de horas extraordinarias; e ditas horas teñen que ser compensadas, por acordo entre empresa e traballador, dentro da necesaria organización empresarial, e dentro do trimestre seguinte a sua realización; o número de horas extraordinarias así como o xeito de compensalas, debe ser exposto no taboleiro de anuncios.

4.- A parte social garantirá, durante o ano 2009 a paz social. En 2010, e durante os dous primeiros meses do ano, tal como se indicou no punto 1 do presente acordo, voltarán a reunirse as partes ós efectos de analisar a situación.

5.- En canto o complemento por IT, recollido no artigo 30 do convenio colectivo, que se rectificou no punto 4 da acta de mediación de data 10.10.08, xa reflictida, as partes establecerán un cauce que evite desviacións nas cuantías da IT, a fin de non incentivar o absentismo; polo que as retribucións percibidas polo traballador en situación de IT non deben superar, en ningún caso, as que percibiría si estivera traballando, garantindo o 100 % da base real de cotización, incluíndo as horas extraordinarias.

6.- A cuantía exacta correspondente ó Grupo 2.5 (patrón portuario) nas táboas salariais do ano 2009 queda establecida en 1.250,76 €.

7.- A contratación de 6 traballadores (4 amarradores e 2 patróns portuarios), obrigatoria para a empresa, como esixencia mínima, e por imperativo legal, para garantir o cumplimento das normas legais e regulamentarias sobre tempo de traballo e descansos mínimos, obriga recollida na parte dispositva do laudo de data 24.10.08, ó que xa se fixo referencia, e que se refiren a postos de estructura, indispoñibles para poder realizar os novos cadros horarios, sistema de descansos, cadros de vacacións, e que a organización empresarial sexa eficaz e eficiente, implica uns costes que se reflexan a continuación, en termos anuais:

Para a categoría de amarrador:
- Salario Base: 13.593,72 €
- Dietas:           936,00 €
- Plus disponibilidad:   2.940,00 €
- Plan pensiones:        72,12 €
- Pagas extraordinarias:    2.265,62 €
o Total                      19.807,46 €
- Coste sustitución traballador interino (30 días de vacaciones/amarrador): 1.745,02 €

- Coste salarial por cada amarrador: 21.552,48 € anuales

Para a categoría de patrón portuario:

- Salario Base: 15.009,12 €
- Dietas:           936,00 €
- Plus disponibilidad:   2.940,00 €
- Plan pensiones:        72,12 €
- Pagas extraordinarias:   2.501,52 €
o Total                     21.458,76 €
- Coste sustitución traballador interino (30 días de vacaciones/patrón portuario): 1.892,46 €

- Coste salarial por cada patrón portuario:  23.351,22 € anuales

Dado que se incorporaron, tal como se decía, 4 amarradores e 2 patróns portuarios, o coste salarial dos seis traballadores, en termos anuais é de 132.912,37 €.

A ese importe hay que incrementarlle os costes legais que implican a obrigatoriedade da cotización á Seguridade Social, tanto dos 6 traballadores incorporados como dos sustitutos para o mes de vacacións de cada un deles; e este coste salarial total é o que ten que asumir a empresa.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdicción social nos termos establecidos no apartado 5º do artigo 24 do AGA.

Vigo,  
O árbitro

José Mª Casas de Ron