ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 19/09


JOSE Mª CASAS DE RON, designado árbitro en acta de compromiso arbitral de data 24.03.09,  según o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), pola partes en conflicto na empresa Viza Automoción, SAU  resolve as cuestión plantexada ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES


Primeiro.- En data 24.03.09 asinouse o compromiso arbitral previsto no artigo 20 do AGA, sendo asinantes da mesma, por una banda, D. Antonio Vega Martínez, D. Rogelio Fernández Liz, D. Luis Jorge Conde Colina e D. Herminio Fernández Castiñeiras, por parte da empresa; e pola outra D. Xavier Prieto Torre, D. Ricardo Barroso Vázquez D. Francisco Javier Dominguez Lemos, D. Eugenio Puga Pujales, D. Manuel Costas Benavides, e D. Julio César Domínguez Lago, membros do comité de folga co asesoramento de  D. Miguel Anxo Malvido da central sindical CIG. Nomease como árbitro o actuante.

Segundo.-  O actuante entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradicción, e está totalmente informado das posicións das partes e das súas diferencias, e considérase totalmente ilustrado sobre o problema plantexado, dada a súa intervención nas conversas mantidas durante a negociación do citado conflicto e a consecución dun acordo noutros temas en proceso de mediación ante o Delegado de Traballo D. Pedro Borrajo Rivas.

Terceiro.- O conflicto que se produce é consecuencia da diverxencia entre as partes sobre a cobertura de postos de traballo de repartidores na nave de soldadura da empresa, e que motivou a convocatoria de folga parcial o día 17 dos correntes e indefinida a partir do día de hoxe, entendendo a parte empresarial que estes postos poden ser cubertos co persoal da empresa de loxística e montaxe do grupo Almacenamientos y Montajes, SA (Alymosa), empresa que dispón de negociación colectiva e convenio propio, e unha especialización nas funcións loxísticas e de montaxe, posición totalmente antagónica coa mantida polo comité de folga no caso concreto explicitado.

Cuarto.- O presente conflicto debe de acadar a súa solución a través dun análise das posibilidades de externalización e os límites a mesma establecidos na norma e na diversa xurisprudencia existente na materia, presupostos éstes que son os que emprega o árbitro tendo tamén en conta as últimas posicións establecidas polas partes en litixio na súa derradeira reunión de data 23.03.09.

Quinto.- O árbitro quere deixar constancia que, pese o conflicto e posicións antagónicas das partes, non se cuestiona o sistema xeral de externalización existente no sector de automoción, sector de enorme complexidade productiva, e asimesmo hai que deixar constar que non se poden plantexar situacións que poidan implicar discriminacións entre os traballadores, e tampouco limitacións máis alá das establecidas nas leis e na xurisprudencia entre as posibilidades innegables de externalización entre empresas do mesmo grupo, con espacios propios e diferencias funcionais, posibilidades que competen, como non podía ser doutra maneira, a quen ostenta os poderes de organización e dirección.


PARTE DISPOSITIVA

En base a todos os anteriores antecedentes, dítase o seguinte laudo, de conformidade coas normas previstas no art. 20 e seguintes do Acordo Galego para a Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo, que pon fin o conflicto e folga convocada:

UNICO.- Ata tanto en canto sexa renovado e modificado o sistema de loxística da empresa Viza Automoción, SAU, polos denominados trens de reparto, os postos de traballo de repartidores da nave/sección de soldadura, terán que ser cubertos polo persoal en plantilla da empresa Viza Automoción, SAU.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdicción social nos termos establecidos no apartado 5º do artigo 24 do AGA.

Vigo,  24 de marzo de 2009

O árbitro



José Mª Casas de Ron