ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 55/09


JOSE Mª CASAS DE RON, designado árbitro en acta de compromiso arbitral de data 08.10.09, según o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), pola partes en conflicto na empresa Industrias Frigoríficas del Louro, SA,  resolve a cuestión plantexada ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.- O comité da empresa Industrias Frigoríficas del Louro, SA  solicitou do Consello Galego de Relacións Laborais proceso de arbitraxe polas discrepancias sobre o sistema de tempos e rendimentos que afectan a Sección de Despiece de Porcino (Liña de deshuese de chuleteiros), ante as diferencias existentes nas medicións da empresa e da representación social, diferencias que non poideron ser solventadas coa intervención da Comisión Paritaria nin coa da Comisión de Valores.

Segundo.- Por parte da representación social asinan a acta do procedemento o presidente do comité de empresa, D. José Doval Ucha, D. José Fernández Sequeiros, membro do comité de empresa do Sindicato Independente, D. José Antonio Rodríguez Martínez, membro do comité de empresa de UGT, D. Victor Manuel Alonso Miguez, membro do comité de empresa de CCOO, e D. Antonio Fernández Pexegueiro, membro do comité de empresa de UNOS. A empresa foi representada por Dª Ana María Moreno Lugrís, D. Moisés Otero González e D. Miguel González Gómez, da dirección da mesma.

Terceiro.- Os efectos de solucionar o conflicto, mantívose reunión, na sede da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Vigo, en data 08.10.09.

Cuarto.- O árbitro comunicou ás partes a necesidade dun  estudio técnico e medición do sistema de traballo e productividade, trasladando ó Servicio de Solución de Conflictos este requerimento de estudio e medición por parte de técnicos independentes. Nesta reunión o actuante manifestou que, o estar ante un conflicto de interese material, faría súas as conclusións técnicas do citado peritaxe, dispoñéndose todos os requisitos de independencia, imparcialidade e publicidade.

Qinto.- En data 18 de novembro compareceu na empresa o Gabinete dirixido polo enxeñeiro industrial D. José Busquets Gubau, a fin de manter reunión preparatoria coa dirección da empresa e cos representantes do comité de empresa, sobre sistema, condicionantes, requisitos e garantías da actividade de medición que se ía a realizar polo Gabinete técnico dirixido polo citado enxeñeiro José Busquets.

Sexto.- De seguido, fíxose un percorrido do técnico, representantes de persoal, e dirección empresarial, polas instalacións da empresa susceptibles dos estudios técnicos precisos, co obxeto de determinar cantidades de traballo e produccións correctas e óptimas nos procesos realizados na liña de despiece de chuleteiros na Sección de Despiece de Porcino.

Sétimo.- O árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradicción, avaliado polo árbitro esto mesmo na actuación do técnico competente.

Octavo.- As operacións estudadas foron:
- Chuleteiro sen cabeza
o Posto número 1.- Descolgar chuleteiro do soporte do carro de alimentación, arrancar solomillo, deixándoo na cubeta, e dar corte na zona dorsal. Inclúe, como elementos de frecuencia, aproximar, desaproximar e dar volta o carro de alimentación, reposición de cubetas e afiar coitelos.
o Posto número 2.- Dar corte profundo en zona costillar e sacar magro oso agulla, votar a cubetas cordón do solomillo, grasa e carne agulla. Inclúe, como elementos de frecuencia, reposición de cubetas e afiar coitelos.
o Posto número 3.- Separar totalmente a cinta do oso, voltear o lomo deixándoo coa grasa cara arriba limpando exceso de grasa e votar á cubeta a grasa. Inclúe, como elementos de frecuencia, reposición de cubetas e afiar coitelos.
o Posto número 4.- Separar cordón magro (sacar cartílago) troceando e votando a cubetas e limpar grasa da cinta do lomo. Inclúe, como elementos de frecuencia, reposición de cubetas e afiar coitelos.
- Chuleteiro con cabeza
o Posto número 1.- Descolgar chuleteiro do soporte do carro de alimentación, arrancar solomillo, deixándoo na cubeta, e dar corte na zona dorsal. Inclúe, como elementos de frecuencia, aproximar, desaproximar e dar volta o carro de alimentación, reposición de cubetas e afiar coitelos.
o Posto número 2.- Dar corte profundo en zona costillar separar do oso en zona de cabeza e sacar magro oso agulla, votar a cubetas cordón do solomillo, grasa e carne agulla. Inclúe, como elementos de frecuencia, reposición de cubetas e afiar coitelos.
o Posto número 3.- Separar totalmente a cinta do oso, voltear o lomo deixándoo coa grasa cara arriba limpando exceso de grasa e votar á cubeta a grasa; cortar a cabeza con arreglo de grasa e votar á cubetas a cabeza, a grasa e o magro. Inclúe, como elementos de frecuencia, reposición de cubetas e afiar coitelos.
o Posto número 4.- Separar cordón magro (sacar cartílago) troceando e votando a cubetas e limpar grasa da cinta do lomo. Inclúe, como elementos de frecuencia, reposición de cubetas e afiar coitelos.
Ademais, para o posto primeiro da liña de deshuese, cronometrouse a operación adicional de “Cortar e retirar corda do chuleteiro”, por canto hai partidas nas que no extremo do chuleteiro hai atada unha corda que previamente hai que retirar, cortándoa con coitelo.

Para o estudo dos tempos empregouse a técnica do cronometraxe, sendo a unidade de tempo dos cronometraxes a dezmilésima de hora . O tratamento de coeficientes de fatiga e necesidades persoais, foron realizadas de acordo coas recomendacións da OIT. Durante a toma de tempos, sempre estivo presente algún membro do comité de empresa e da dirección da mesma. Os cálculos de cronometraxe realizaronse nas oficinas técnicas do enxeñeiro industrial autor do informe pericial.

Noveno.- As etapas desenvolvidas no estudo dos tempos levado a cabo foron:
a) Obter e rexistrar toda a información posible acerca da tarea, do operario e das condicións que poden influir na execución do traballo.
b) Rexistrar unha descripción completa do método de traballo empregado polo operario, descompoñendo a operación en elementos ou porcións.
c) Medir o tempo, mediante cronómetro, e rexistrar o tempo invertido polo operario en levar a cabo cada elemento da operación.
d) Determinar, simultáneamente, o ritmo efectivo do operario (actividade) mediante comparación co ritmo ou actividade normal.
e) Convertir os tempos observados en tempos normais.
f) Determinar, a través de táboas, os suplementos (k) por fatiga, necesidades persoais e continxencias.
g) Convertir os tempos normais en tempos correctos. Estandarización dos tempos correctos de cada operación.
h) Determinar o tempo correcto total da tarefa ou operación.

Décimo.- Recibido o informe pericial elaborado polo Gabinete antedito, o árbitro púxose en comunicación e valorou o mesmo cos técnicos actuante, o fin de obter as conclusións e verificar os procedementos, protocolos e garantías seguidos. A estes efectos debe terse en conta o previsto no apartado 2 do artigo 24 do texto do procedemento, texto revisado publicado DOG 04.05.95.

Undécimo.- O árbitro fai seus o traballo, método e conclusións do dictamen pericial elaborado polo Gabinete dirixido polo Sr. Busquets, informe que obra no Servicio de Solución de Conflictos do Consello Galego de Relacións Laborais, e ven a dictar o seguinte laudo:

Duodécimo.-  En data 28.12.09, o árbitro reuniu ás partes a fin de comprobar que o procedemento reuniu os requisitos e garantías propios, comunicando o árbitro que se podían formular as cuestións que as partes consideraran pertinentes. Nesta xuntanza interviron D. José Fernández Sequeiros e D. Ricardo Rodríguez Pérez, polo sindicato SIF, D. José Antonio Rodríguez Martínez e D. Juan Luis Fernández Ojea, do sindicato UGT, D. Victor M. Alonso Miguez e D. Miguel Romón Caride, do sindicato CCOO e Antonio Fernández Pexegueiro do sindicato UNOS. Por parte da dirección da empresa compareceron Dª Ana María Moreno Lugrís, D. Moises Otero González e D. Miguel González Gómez. Todos os intervintes son membros da Comisión de Valores. Nesta xuntanza o representante de UGT, D. Juan Luis Fernández Ojea, preguntou explícitamente si a maneira de faenar dos traballadores da quenda de tarde valdría para a mañán, o que obtivo a resposta positiva por parte dos representantes da empresa, que trasladaron o árbitro que o sistema de traballo da tarde é válido na quenda de mañán.

UNICO.- Os tempos correctos e óptimos para cada unha das operacións reflictidas quedan recollidos na táboa seguinte:


A) CHULETEIRO SIN CABEZA


Producto Código Posto da liña Turno Resultados en Sistema Bedaux
Cantidade de Traballo         (Valor Punto) Producción horaria (Chuleteiros/hora)
Esixible Óptima Esixible Óptima
Chuleteiro Sin Cabeza (e con solomillo) 6851 Posto  nº 1 Mañá 0,3350 0,2513 179,09 238,78
Tarde 0,3360 0,2520 178,55 238,06
Valor Medio 0,3355 0,2517 178,82 238,42
Posto  nº 2 Mañá 0,2964 0,2223 202,44 269,92
Tarde 0,2826 0,2120 212,30 283,07
Valor Medio 0,2895 0,2171 207,26 276,34
Posto  nº 3 Mañá 0,2767 0,2076 216,81 289,08
Tarde 0,2637 0,1978 227,49 303,32
Valor Medio 0,2702 0,2027 222,02 296,03
Posto  nº 4 Mañá 0,3193 0,2395 187,90 250,54
Tarde 0,3009 0,2257 199,41 265,89
Valor Medio 0,3101 0,2326 193,49 257,98
TOTAL Liña 0,3355 0,2517 178,82 238,42
Por empregado 1,3422 1,0066 44,70 59,61


B) CHULETEIRO CON CABEZA


Producto Código Posto da liña Turno Resultados en Sistema Bedaux
Cantidade de Traballo         (Valor Punto) Producción horaria (Chuleteiros/hora)
Exigible Óptima Exigible Óptima
Chuleteiro Con Cabeza (e con solomillo) 6850 Posto  nº 1 Mañá 0,3512 0,2634 170,84 227,79
Tarde 0,3585 0,2689 167,36 223,14
Valor Medio 0,3549 0,2661 169,08 225,44
Posto  nº 2 Mañá 0,3697 0,2773 162,31 216,41
Tarde 0,3617 0,2712 165,90 221,20
Valor Medio 0,3657 0,2742 164,08 218,78
Posto  nº 3 Mañá 0,4134 0,3101 145,12 193,50
Tarde 0,4103 0,3077 146,25 195,00
Valor Medio 0,4119 0,3089 145,68 194,24
Posto  nº 4 Mañá 0,3193 0,2395 187,90 250,54
Tarde 0,3009 0,2257 199,41 265,89
Valor Medio 0,3101 0,2326 193,49 257,98
TOTAL Liña 0,4119 0,3089 145,68 194,24
Por empregado 1,6474 1,2356 36,42 48,56


Operación adicional: Cortar e retirar corda do chuleteiro: 0,03830 minutos/vez.


PARTE DISPOSITIVA

Os tempos técnicos anteriores establecidos no estudio do Gabinete dirixido polo Sr. Busquets, fainos seus o árbitro, incorporándose como anexo, debendo a empresa adoptar as medidas oportunas, comunicando e xestionando o presente laudo coas medicións na Comisión de Valores.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdicción social nos termos establecidos no apartado 5º do artigo 24 do AGA.

Vigo, 30 de decembro de 2009

O árbitro



José Mª Casas de Ron