ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 56/09


JOSE Mª CASAS DE RON, designado árbitro por acta de compromiso arbitral prevista no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA) de data 22 de outubro de 2009, pola partes en conflicto na empresa Naviera Mar de Ons, SL, resolve a cuestión plantexada ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes



ANTECEDENTES

Primeiro.- En data 22 de outubro de 2009, a mesa, da que forman parte, por unha banda a representación da empresa, integrada por José Nascimento Soto e Dª Mónica Martínez Martínez; e, por outra a representación sindical integrada por D. Jorge Rios Malvido, secretario do comité de empresa, D. Francisco Moares Rial, D. Rodrigo Molares Paz e D. Jaime Fernández Castro, membros do comité de empresa, asesorados polo dirixente sindical D. Xesús García Couso, secretario local da CIG do Morrazo, sométese á decisión dirimente do árbitro actuante na solución do conflicto plantexado na negociación do convenio colectivo da empresa, en canto a vixencia do convenio colectivo, horas presenciais, xornada e solución económica do mesmo, dado que as partes non foron quen de chegar a acordo nas diversas xuntanzas celebradas dende o 17.02.09 ata o 30.09.09.

Segundo.- En xuntanzas celebradas coas partes, tanto de forma conxunta como con cada unha delas por separado, as partes  tiveron ocasión de perfilar as súas posicións en canto os distintos puntos en discordia, en canto a vixencia do convenio, horas presenciais, xornada laboral e táboas salariais.  

Terceiro.- A estes efectos, as partes concertan someter a arbitraxe os puntos reflexados no antecedente segundo.

Cuarto.- O árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradicción. e considerase suficientemente ilustrado ademais para poder dictar laudo neste conflicto, dadas as xuntanzas mantidas con ámbalas dúas partes, e o estudio da documentación aportada polas partes en conflicto.

Quinto.- Deberá terse en conta a dilación producida no prazo para dictar laudo, toda vez as averiguacións efectuadas polo árbitro sobre as empresas do sector da provincia de Pontevedra, os efectos dunha máis axeitada solución económica, tendo en conta os parámetros de competencia, polo que diferiuse por mutuo acordo de todas as partes o prazo de decisión arbitral, o que se dí os efectos do artigo 24 do texto do AGA revisado e publicado no DOG 04.05.95.

FUNDAMENTOS DA ARBITRAXE

Neste conflicto de intereses,  catro principalmente son os asuntos que se plantexan o árbitro, como son a vixencia do convenio,  horas presenciais, xornada e táboas salariais. Escoitadas as partes e efectuadas as correspondentes averiguacións, o árbitro entende que, dados os termos do litixio, a solución non pode ser outra que a que pode conter o parecer independente e coa máxima obxetividade do propio árbitro, tendo en conta que o único obxetivo final e a máxima competitividade e operatividade da empresa tendo en conta, eso sí, as características do servicio que presta. A vista destes presupostos, o que quere o árbitro e garantir a continuidade productiva, e que se poidan atender todas as necesidades organizativas da mercantil. Para elo entende que deben de producirse cambios no contido dalgúns dos artigos do convenio colectivo.

En base a estes fundamentos, díctase a seguinte:

PARTE DISPOSITIVA

1.- Vixencia do convenio: O Convenio se establece para os anos 2009, 2010 e 2011, rematando o 31 de decembro dese ano. Os efectos económicos terán carácter retroactivo dende o 1 de xaneiro de 2009. E para os anos 2010 e 2011, respectivamente, a 1 de xaneiro de cada ano. Asimesmo, teñense en conta as cantidades anticipadas o longo do ano 2009.

2.- Horas presenciais: O apartado A) Liña Regular, do artigo 14 do Convenio Colectivo queda redactado do seguinte xeito:

“A fin de cubrir eventuais continxencias que poidan afectar a seguridade ou operatividade de calqueira dos buques adscritos o servicio público de transporte de pasaxeiros na Ría de Vigo, establécese un tempo de presencia para o persoal adscrito a estas liñas según o seguinte detalle:

Cada tripulante adscrito ás liñas Cangas-Vigo e Moaña-Vigo, así como as tripulacións de Porto e de retén cando haxa, poderán realizar, no seu caso, según as necesidades do servicio, ata un máximo de 12 horas presenciais, realizadas dentro de cada periodo de cómputo de xornada de 28 días previsto no artigo 23 do convenio colectivo e según unha cadencia de 4 semanas.

Na xornada de verán, a elección do traballador, poderá establecerse o límite máximo en 40 horas presenciais mensuais, en cómputo de 28 días. Esto pode implicar, dependendo da liña asinada o traballador,  o disfrute dun único día de descanso semanal. A empresa instrumentará un procedemento para que cada traballador poida optar a dita ampliación, debéndose manter a opción escollida durante toda a temporada estival. Estas horas serán retribuidas según o establecido no Anexo I do Convenio Colectivo.

Na xornada prevista para a realización dese tempo presencial, e nas labores propias da súa categoría profesional, a empresa poderá requerir a estes tripulantes para a súa incorporación as tarefas habituais da naveira, incluso as previstas, con cargo a estas horas presenciais, ata agotar o tempo presencial previsto neste punto que pasará a ser computado como tempo efectivo de traballo, sen que, neste caso, teña que ser compensado pola realización dun número equivalente de horas presenciais en prazo algún.”

3.- Xornada laboral: O artigo 24 do convenio colectivo no que se refire o “Porto (Tripulación Retén)”, debe modificarse do seguinte xeito:

“- Luns a Venres:
• Mañá: de 9,00 a 13,00 h.
• Tarde: de 15,00 a 19,00 h.
Cando se realice calqueira servicio ou actividade que implique o finalizar a xornada laboral da mañá máis alá das 13,00 h., posporase o comenzo na xornada de tarde na mesma proporción.

- Sábados e Domingos: de 7,00 a 15,00 h.
A empresa poderá requerir a estes tripulantes para os servicios propios das liñas, ou para calqueira tipo de imprevisto, poidendo ser modificado nestes casos o horario antes sinalado. Os días de descanso serán martes ou venres e sábado ou domingo.”

No mesmo artigo 24, e dentro do apartado “Liña ás Islas Cies”, o parágrafo antepenúltimo debe sustituirse polo seguinte: “Para o persoal embarcado, polo menos un dos dous días de descanso semanal coincidirá en sábado ou domingo, repartidos éstes de xeito equitativo entre os traballadores afectados. Nos meses de verán o descanso semanal  non terá necesariame que coincidir en sábado ou domingo.”

E o último parágrafo do citado artigo, debe modificarse do seguinte xeito: “Para o persoal de taquilla, o reparto de días de descanso realizarase de forma equitiva en catro turnos, de xeito que, en ciclos de catro semanas, nunha semana os días de descanso coincidan en sábado e domingo e no resto das semanas un dos días de descanso poderá coincidir en sábado ou domingo.

4.- Réxime económico: Establécese unha suba nos mesmos conceptos salariais do convenio colectivo que se sustitúe de 1,25% para o ano 2009, con efectos económicos dende o 1 de xaneiro dese ano. Eses atrasos, a fin de evitar un impacto económico e financieiro excesivo á empresa nas actuais circunstancias, poderá prorratearse nos meses de marzo a xullo do ano 2010. Para o ano 2010 establécese unha subida dun 1,00 %, e para o ano 2011, dun 2,00 %, con efectos económicos de 1 de xaneiro de cada ano respectivo. Mantense o plus de antiguedade do artigo 11 do Convenio publicado no BOP de 25.11.08, revisándose nas anteriores porcentaxes.

O remate da vixencia do convenio, se efectuará unha revisión o IPC real para o conxunto dos tres anos.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdicción social nos termos establecidos no apartado 5º do artigo 24 do AGA.

Vigo,  12 de febreiro de 2010

O árbitro



José Mª Casas de Ron