ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 49/10

JOSE Mª CASAS DE RON e BEATRIZ SUEIRO PADÍN, designados árbitros na acta de compromiso arbitral de data 15 de setembro de 2010, segundo o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (en diante AGA), polo partes en conflito na empresa ALMACENAMIENTOS Y MONTAJES, SAU (en diante ALYMOSA) resolven as cuestións plantexadas ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes
ANTECEDENTES
PRIMEIRO.- Durante a negociación do convenio colectivo da empresa citada xorde un conflito colectivo e parte do comité de empresa (CIG e UGT) convocan folgo. En data de 15 de xullo de 2010 asínase acta de constitución da comisión de conciliación e mediación prevista no artigo 15 do AGA para a solución do conflito, entre a representación empresarial e sindical. Na mesma data asínase acta polo que a mediación remata sen avinza entre as partes.
En data de 19 de xullo de 2010, asínase nova acta de constitución da comisión de mediación e se acada un preacordo, que se transcribe a continuación:
"En Vigo, a data 19 de xullo de 2010, e conforme o procedemento de mediación do Acordo Galego Para a Solución Extraxudicial de Conflictos Colectivos de Traballo (AGA), no conflito seguido polo estancamento na negociación do convenio colectivo que afecta á empresa Almacenamientos y Montajes, SAU (ALYMOSA), as partes que a continuación se reflexan chegan os acordos que a continuación se reflicten, actuando de mediadores os designados en acta de constitución da comisión de conciliación e mediación de data 19.07.10, D. José M'' Casas de Ron e Da Beatriz Sueiro Padín.
Reunidas as partes, que son, en representación da empresa D. Antonio Vega Martínez, D. Rogelio Fernández Liz, D. Luis Jorge Conde Colina, e D. Juan José Carou Lorenzo; e polo cutre D. Isaac Crespo Costas, D. Juan Carlos Vázquez Comesaña, D. Manuel Barcala Muiños, D. José María Serodio Costas, D. Manuel Simón Graña, D. Henrique Pérez González, e D. Valentín Alonso Pérez, todos eles membros do comité de folgo e actuando como asesores polo CIG e UGT, respectivamente, os tres últimos, chegan os seguintes acordos:
1.- A vixencia do convenio será para os anos 2010, 2011 e 2012, con efectos económicos de xaneiro de 2010, a partir de 1 de setembro de 2010 para o complemento de productividade IP 100 e a partir de 1 de xullo de 2010 ós efectos do complemento de presencia.
2.- Crease o complemento de presencia, no modelo establecido no vixente Convenio Colectivo de PSA PEUGEOT CITROEN. Deste xeito, aboaríase tal complemento durante as vacacións, e no disfrute de todos os permisos establecidos no Estatuto dos Traballadores e dos da negociación colectiva. Para o ano 2010 o importe deste complemento será de 28,06 €, a abonar en 12 meses.
3.-  Todas as incidencias se consideran productivas, con dúas únicas excepcións:                 - Paro avería intervención
- Paro falta de material próximo non imputable o proveedor.
4.- Os incrementos futuros, durante a vixencia do convenio, no complemento do Plus de Transporte establecido no convenio colectivo, irán integrándose no salario base.
5.- Elimínase o artigo 26 do Convenio Colectivo, "Claúsula de Conxelación Salarial", que no seu caso se sustituiría nos temas salariais pala normativa laboral vixente.
6.- Prima de producción. A prima de producción establécese entre un IP 95 e IP 100. A estes efectos, establécese un valor entre 0,6787 €/hora productiva e 1,0429 €/hora productiva.
7.- Para o ano 2010 establécese un salario base de 1150,42 E/mes para un traballador da categoría Especialista I.
8.- Reducción de xornada.- Durante a vixencia do convenio se reducirá unha xornada no ano 2011 e outra no 2012. Esta reducción de xornada será efectuada en función do acordo entre empresa e traballador.
9.- Establécense as seguintes subidas salariais:
- Ano 2011: IPC real + 0,5 %
- Ano 2012: IPC real + 0,5 %
No ano 2011 e 2012 se efectuará unha suba a conta, non consolidable, do 2 % cada un dos anos.
10.- A evolución do 1PC non suporá, en ningún caso, a devolución de cartos por parte dos traballadores. No caso de IPC negativo, ás efectos salariais o indicador se porá ó 0 %,
11.- As partes acordan acollerse o Procedemento Galego de Solución Extraxudicial de Conflictos Colectivos de Traballo a cuestión referida o estudio técnico e medición de tempos e sistema de traballo. A estes efectos, na Comisión de Tempos da empresa se establecerán, por parte da representación legal dos traballadores os 10 postos de traballo significativos a estes efectos, para o seu estudio e valoración. As conclusións deste estudio serán establecidas en forma de laudo, con eficacia de convenio colectivo, polo árbitro do rexistro do Colexio de Pontevedra, José M° Casas de Ron, que informará ás partes do réximen e prazo para realizar dita valoración e estudio técnico. Asimesmo, se someterá a valoración dos citados técnicos para a súa asunción polo árbitro antedito a cuestión de si no IP 95/100 sobre a escala de ALYMOSA mantén a proporcionalidade sobre a escala 95/100 de VIZA AUTOMOCION, SAU.
12.- 0 persoal de loxística percibirá o promedio da prima de producción obtida polo persoal de man de obra directa.

13.- 0 abono das nóminas os traballadores de ALYMOSA, farase do mesmo xeito que está regulado en VIZA AUTOMOCION, SAU, eliminándose o actual sistema de anticipas.
Este preacordo será sometido pala representación dos/das traballadores/as á plantilla, para a súa decisión, procedéndose con respecto a folgo convocada consonte a decisión tomada, os efectos da súa posible desconvocatoria.
E, en proba de conformidade, e poñendo fin a xuntanza, asinan todas as partes a presente acta, conxuntamente cos mediadores, en Vigo, a data arriba indicada, sendo as 10,30 h."
O devandito preacordo foi sometido á votación da asemblea. Por unanimidade dos traballadores apróbase o acordo acodado polo comité de folgo.
Actúan como mediadores nos xuntanzas os designados árbitros no presente procedemento.
Na redacción do convenio colectivo xorden discrepancias sobre algúns puntos do acordo de 19 de xullo.
SEGUNDO.- En data 15.09.2010 asínase o compromiso arbitral previsto no artigo 20 do AGA, sendo asinantes do mesmo, por una banda, D. ROGELIO FERNÁNDEZ LIZ e D. JUAN JOSÉ CAROU LORENZO, en representación da empresa; e polo outra D. ISAAC CRESPO COSTAS, D. MANUEL BARCALA MUIÑO, D. JUAN CARLOS VÁZQUEZ COMESAÑA e D. JOSÉ MARÍA SERODIO COSTAS, membros do comité de empresa e asinantes do acordo, co asesoramento de D. MANUEL SIMÓN, Secretario Comarcal do metal da CIG, e D. VALENTÍN ALONSO PÉREZ, Dinamizador sindical da UGT. Noméanse como árbitros ós actuantes.
TERCEIRO.- O conflito que se produce é consecuencia da diverxencia entre as partes na interpretación do acordo de data de 19 de xullo de 2010, para a redacción do convenio colectivo da empresa que se está a negociar, nos seguintes puntos:
- Punto 2 : o complemento de presenza,
- Punto 3: cáles son as incidencias produtivas
- Puntos 3 e 1; os efectos económicos das incidencias produtivas,
- Punto 5: a cláusula de conxelación salarial (artigo 26 do convenio colectivo para os anos 2006 a 2009), e
- Punto 6 e 12: abono da prima de produción ós monitores de zona.
CUARTO.- Os actuantes entenden perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradición, atópanse totalmente informados sobre as posicións das partes e as súas diferenzas, e considéranse plenamente ilustrados sobre os problemas formulados, dada a súa intervención como mediadores na negociación do acordo polo que se pon fin á folgo.
QUINTO.- O obxecto do presente é interpretar os puntos discordantes do acordo das partes, ós efectos da redacción do convenio colectivo que se negocia, tratándose entón dun conflito xurídico, sen perxuicio de que algunha das cuestións teñan aspectos propios dun conflito de interese.
FUNDAMENTACIÓN XURÍDICA. PARTE DISPOSITIVA
PRIMEIRO.- O obxectivo final na interpretación do acordo debe ser descubrir a vontade real das partes para fixar o alcance e contido do pactado e determinar as obrigas asumidas por cada unha delas. Para iso, empréganse as regras de interpretación dos contratos regulados nos artigos 1281 e seguintes do Código Civil (en diante CC). Neste senso, se os termos dun contrato son claros e non deixan dúbida algunha sobre a intención das partes haberá que estar ó sentido literal das súas cláusulas (art. 1281 CC). Non obstante, examinado o texto do acordo, e oídas as partes, constátase que xorden diferenzas sobre cuestións non expresamente recollidas no pacto. Empréganse para as presentes fundamentacións, as regras precitadas para a interpretación do acordado polas partes en confino.
SEGUNDO.- En relación co PUNTO 2, relativo ó complemento de presenza, cabe sinalar que durante o proceso negociador púxose na mesa negociadora a creación dun denominado "plus de absentismo" de carácter individual, sempre que non se superase o índice do 5%, cun rexeitamento expreso, pola parte social, da aprobación dun de carácter colectivo, A parte social rexeita en todo momento a aprobación de tal complemento. Durante a negociación exponse a creación dun complemento no modelo que se regula no citado convenio colectivo de PSA PEUGEOT CITRÓEN (en diante PSA), isto é, como complemento de presenza. Negócianse os conceptos que se considerarían ausencias ós efectos do seu cobro e a cantidade á que ascende o mesmo, Acórdanse ámbolos dous extremos. As discrepancias das partes neste punto recaen en varios aspectos:
1. A primeira pasa pola incorporación do punto 4 do artigo 35 do convenio colectivo da empresa PSA ó texto do convenio colectivo de ALYMOSA. Neste punto, para xulgar a intención das partes, deberá atenderse principalmente ós actos destes, coetáneos e posteriores ó contrato (artigo 1282 CC).
De conformidade co regulado no artigo 1283 do mesmo CC, calquera que sexa a xeneralidade dos termos dun contrato, non deberán entenderse comprendidos nel cousas distintas e casos diferentes daqueles sobre os que os interesados se propuxeron contratar. As partes en ningún intre negociaron sobre o apartado citado. Se a iso se Ile engade que o proceso negociador se articulaba sobre unha filosofía de complemento individuais, a pretensión de incluír dito apartado 4 debe ser rexeitada.

Tendo en conta as devanditas regras de interpretación, non se negociou, e polo tanto non se acordou a incorporación ó convenio colectivo de ALYMOSA o punto 4 do artigo 35 do convenio colectivo da empresa PSA.
2. A segunda versa sobre a inclusión ou non da folga dentro das causas que non se considerarían ausencias ós efectos do cobro do complemento de presenza. Sobre este aspecto cumpre sinalar que as partes negociaron expresamente as causas que terían tal característica, non tendo tratado a folga en ningún intre. Cabe engadir que o acordo recolle expresamente as causas retribuidas, non facendo mención algunha respecto da folgo. Como xa se expuxera, de conformidade co artigo 1281 do CC dispón que se os termos dun contrato son claros e non deixan dúbida algunha sobre a intención das partes haberá que estar ó sentido literal das Búas cláusulas.
Non cabe ter por negociado, e polo tanto, tampouco por acordado, que a folga non sexo considerada como ausencia ós efectos do cobro do complemento de presenza. Sen prexuízo do anterior, no caso de que un traballador exercera o seu dereito de folgo legal, somentes se descontará do complemento de presenza a parte proporcional que corresponda ó número de días ou horas de folga.
3. A terceira das diferenzas das partes na interpretación do punto 2 do acordo trata sobre a consideración ou non das faltas de puntualidade ós efectos do cobro do complemento de presenza. Neste senso cabe salientar que o citado convenio colectivo de PSA regula, no seu artigo 34, o complemento de puntualidade e asistencia, isto é, por separado do complemento de presenza (artigo 35). Esta regulación trata a súa remuneración, e as condicións xerais de aplicación da mesura.
Durante as negociacións non se trata nada relacionado con este aspecto, e polo tanto non se acorda, a incorporación do citado artigo 34 no convenio a negociar polas partes, senón a substitución do inicialmente ofertado "plus de absentismo" por un complemento baseado no modelo do artigo 35 do convenio colectivo de PSA, nos puntos xa citados.
Non cabe, pois, ter por incorporado no acordo unha prima ou condición non negociada como a puntualidade.
TERCEIRO.- En relación con PUNTO 3 do acordo, as diferenzas das partes son dúos:
1. A primeira radica na posibilidade de eliminación do antigo convenio colectivo o apartado b), do artigo 12, á vista das incidencias pactadas como produtivas durante a mediación. As partes acordan que tódalas incidencias se consideran produtivas, con dúos únicas excepcións:
- paro avería intervención
- paro falta de material próximo non imputable ó provedor
É preciso traer a colación que a mediación realizase na base dunhas táboas, aportadas polas partes, que empresa e traballadores empregan diariamente, na que se consignan as incidencias e os códigos empregados para a súa identificación. Tralas oportunas deliberacións e mediacións, as partes acordan que desa táboa se consideren produtivas tódalas incidencias, coas dúos salvidades indicadas. Pero cabe formular dúas precisións:
a. Dunha banda, con respecto á incidencia con código 16, denominada paro falta de material, as partes subdividen este código en dous tipos, e acórdase que non sexan produtivas, ós efectos de que os repartidores da fábrica non dilaten o aprovisionamento do posto, ás relativas ó material próximo (facendo alusión ás caixas), que non sexan imputables ó provedor. Polo que tódalas demais faltas de material serán produtivas.
b. Doutra banda, cabe recordar que á táboa engadiuse unha nova incidencia non contemplada con anterioridade, a falta de fluido eléctrico, á que se Ile atribuíu un código 0. Nada se tratou sobre outras incidencias non consignadas expresamente na táboa referida.
O artigo 12.b do antigo convenio alude a "...falta de materiais de traballo, fluido eléctrico ou calquera causa de forza maior...".
Tendo en conta que non se acordou que tódalas faltas de materiais, nin que tódalas causas de forza maior foran produtivas, non cabe a supresión total do artigo 12.b do antigo convenio da empresa.
2. A segunda das diferenzas no PUNTO 3 do acordo, relativo ás incidencias produtivas, está ligado ó PUNTO 1 do mesmo, e versa sobre a retroactividade dos efectos económicos das incidencias produtivas. As partes acordan, no punto 1, que os efectos económicos do convenio serán de 1 de xaneiro de 2010, pero engaden dúas datas diferentes para o complemento de produtividade e de presenza. As incidencias produtivas atópanse intimamente ligadas e vinculadas á prima de produtividade, para a que se pactan expresamente efectos económicos dende o 1 de setembro de 2010.
De conformidade co artigo 1285 do CC, as cláusulas deberán interpretarse as unhas polos outras, atribuíndo ás dubidosas o sentido que resulta do conxunto de todas, deste xeito, non poden ser obxecto de interpretación separada os efectos económicos do complemento de produtividade da das incidencias, cando estas últimas van ligadas a aquel. Téndose expresamente establecidos os efectos económicos do complemento de produtividade, non cabe establecer outros efectos para unhas incidencias relacionadas con éste.
Polo tanto, as incidencias produtivas terán efectos económicos da mesma data do complemento de produtividade, 1 de setembro de 2010.
CUARTO.- A diferenza das partes sobre o PUNTO 5 do acordo versa sobre a supresión total ou parcial do artigo 26 do antigo convenio da empresa. Neste punto a redacción do acordo é clara e non deixan dúbida algunha sobre a intención das partes, polo que, de conformidade co artigo 1281 do CC, haberá que estar ó sentido literal da cláusula "eliminase o artigo 26 do convenio colectivo `cláusula de conxelación salarial', que no seu caso se substituiría nos temas salaríais polo normativa laboral vixente". Deste xeito as partes acordaron a supresión do antigo pacto facendo unha remisión á normativa laboral vixente, remisión esta que resulta ociosa, tendo en conta a prelación nas fontes do dereito do traballo.
Así pois, o artigo 26 do antigo convenio da empresa será totalmente suprimido.
QUINTO.- A discrepancia que xorde en relación co PUNTO 6 e PUNTO 12 fundaméntase en que o acordo non recolle expresamente que os monitores terán dereito ó percibo da prima de produción. Todo o proceso mediador estivo tinguido da participación equitativa de tódolos traballadores no proceso produtivo e a repercusión desta nas retribucións salariais. Cabe salientar:
- Por unha banda, as partes acordaron que non se considerase produtiva a incidencia de falta de material próximo, non imputable ó provedor, isto é, do material que subministran os repartidores; fomentando deste xeito a celeridade no abastecemento, para evitar dilacións (punto 3).
- E por outra banda, no punto 12 inclúese o persoal de loxística, que percibirá a media da prima de produción obtida polo persoal de man de obra directa. Na negociación deste punto facíase fincapé en que había traballadores que participan no proceso produtivo de xeito diferente que deberían ter dereito ó cobro da prima. Sendo esta a filosofía coa que se negociou o percibo da media da prima obtida pola man de obra directa.
Na redacción do preacordo non figuran os monitores de zona, non obstante, trátase de persoal que se dedica a axudar nos postos de traballo, coma un apoio ás encargados, polo tanto incluidos dentro do colectivo de traballadores sobre os que se negociou o cobro da prima.
Polo tanto, os monitores de zona teñen dereito ó percibo da media da prima de produción obtida polo persoal de man de obra directa.
O presente laudo poderá recorrerse ante a Xurisdición Social nos termos establecidos no apartado 5° do artigo 24 do AGA.
En Vigo, a 21 de setembro de 2010
OS ÁRBITROS

JOSÉ Mª CASAS DE RON
BEATRIZ SUEIRO PADÍN