ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 62/10


JOSE Mª CASAS DE RON, designado árbitrs según o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), pola partes en conflicto na empresa Almacenamientos y Montajes, SAU (ALYMOSA),  resolve a cuestión plantexada ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.- Durante a negociación do convenio colectivo da empresa Almacenamientos y Montajes, SAU (ALYMOSA)  xurdiu un conflicto, con convocatoria de folga por parte do comité de empresa (CIG e UGT); en data 15.07.10 asinouse acta de constitución da comisión de conciliación e mediación prevista no artigo 15 do AGA para a solución do conflito entre a representación empresarial e sindical; nesa data, a xuntanza rematou sen avinza entre as partes.

Segundo.- En data 19.07.10, asinouse nova acta de constitución da comisión de mediación, por unha banda, por  D. Antonio Vega Martínez, D. Rogelio Fernández Liz, D. Luis Jorge Conde Colina, e D. Juan José Carou Lorenzo en representación da empresa; e pola outra D. Isaac Crespo Costas, D. Juan Carlos Vázquez Comesaña, D. Manuel Barcala Muiños, D. José María Serodio Costas,  D. Manuel Simón Graña, D. Henrique Pérez González, e D. Valentín Alonso Pérez, todos eles membros do comité de folga e actuando como asesores pola CIG e UGT, respectivamente, os tres últimos.

Terceiro.- Na mesma data acadouse un preacordo que, no seu punto 11, recolle, textualmente:

“11.- As partes acordan acollerse o Procedemento Galego de Solución Extraxudicial de Conflictos Colectivos de Traballo a cuestión referida o  estudio técnico e medición de tempos e sistema de traballo. A estes efectos, na Comisión de Tempos da empresa se establecerán, por parte da representación legal dos traballadores os 10 postos de traballo significativos a estes efectos, para o seu estudio e valoración. As conclusións deste estudio serán establecidas en forma de laudo, con eficacia de convenio colectivo, polo árbitro do rexistro do Colexio de Pontevedra, José Mª Casas de Ron, que informará ás partes do réximen e prazo para realizar dita valoración e estudio técnico. Asimesmo, se someterá a valoración dos citados técnicos para a súa asunción polo árbitro antedito a cuestión de si no IP 95/100 sobre a escala de ALYMOSA mantén a proporcionalidade sobre a escala 95/100 de VIZA AUTOMOCION, SAU.”

O devandito preacordo foi elevado a acordo, perfeccionándose, pois, a mediación seguida con data 19.07.10, efectuada polos árbitros José Mª Casas de Ron e Beatriz Sueiro Padín.

Cuarto.- O actuante puso de manifesto as partes que, o estar ante un conflicto de interese material, faría súas as conclusións técnicas do citado peritaxe, dispoñéndose todos os requisitos de independencia, imparcialidade e publicidade.

Quinto.- O árbitro deu traslado ó Servicio de Solución de Conflictos do requerimento de estudio e medición por parte de técnicos independentes.

Sexto.- En data 8 de novembro compareceu na empresa o Gabinete dirixido polo enxeñeiro industrial D. José Busquets Gubau, a fin de manter reunión preparatoria coa dirección da empresa e cos representantes do comité de empresa, sobre sistema, condicionantes, requisitos e garantías da actividade de medición que se ía a realizar polo Gabinete técnico dirixido polo citado enxeñeiro José Busquets.

Sétimo.- De seguido, fíxose un percorrido do técnico, representantes de persoal, e dirección empresarial, polas instalacións da empresa susceptibles dos estudios técnicos precisos, co obxeto de determinar cantidades de traballo e produccións, correctas e óptimas, de diversas operacións de montaxe. Na xuntanza previa, a dirección da empresa fixo entrega do método de traballo das operacións a cronometrar así como os valores do sistema de primas, tanto de ALYMOSA como de VIZA AUTOMOCION, os cales foron refrendados pola parte social.

Octavo.- O árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradicción, avaliados polo árbitro esto mesmo na actuación dos técnicos competentes.

Noveno.-  Colabora co árbitro designado no presente laudo a mediadora tamén actuante, Beatriz Sueiro Padín, como participante na conclusión do acordo de mediación.

Décimo.- As operacións estudadas foron:

Armadura Referencia Operación
VU 517353700-2 Montaxe Armadura AV. Izq. C/PR + TNB
524087900-2 Montaxe Armadura AV. Izq. AC + TB + ABVU (VP) TNB
VP 517354200-2 Montaxe Armadura Dereita
517354500-2 Montaxe Armadura Esquerda
Respaldo PLC 513377230-2 Montaxe Respaldo 2/3 PLC
513371410-2 Montaxe Respaldo 1/3 PLC
Respaldo BAR 440971400-4 Montaxe Respaldo1/3 B9 BAR
440971800-4 Montaxe Respaldo 2/3 B9 BAR
B9 Respaldo y Cojín Central 442384600-4 Montaxe Respaldo P. Central DAG
442385000-4 Montaxe Coxín Central DAG
X61 L0091215 Montaxe Armadura X61
B58 134005611-V Montaxe + Comprobar Arm. Fila 3 B58
Baquet 442384800-4 Descargar de Gancho e Embalaxe


Para o estudo dos tempos empregouse a técnica do cronometraxe, sendo a unidade de tempo dos cronometraxes a dezmilésima de hora . Os resultados finais traducíronse a minutos. O tratamento de coeficientes de fatiga e necesidades persoais, foron realizadas de acordo coas recomendacións da OIT. Durante a toma de tempos, sempre estivo presente algún membro do comité de empresa e da dirección da mesma. Os cronometraxes (toma de datos) levaronse a cabo na factoría o longo dos días 8, 9 e 10 de novembro de 2010, tanto no turno de mañá como no de tarde. Os cálculos de cronometraxe realizaronse nas oficinas técnicas do enxeñeiro industrial autor do informe pericial.

Undécimo.- As etapas desenvolvidas no estudo dos tempos levado a cabo foron:
a) Obter e rexistrar toda a información posible acerca da tarea, do operario e das condicións que poden influir na execución do traballo.
b) Rexistrar unha descripción completa do método de traballo empregado polo operario, descompoñendo a operación en elementos ou porcións.
c) Medir o tempo, mediante cronómetro, e rexistrar o tempo invertido polo operario en levar a cabo cada elemento da operación.
d) Determinar, simultáneamente, o ritmo efectivo do operario (actividade) mediante comparación co ritmo ou actividade normal.
e) Convertir os tempos observados en tempos normais.
f) Determinar, a través de táboas, os suplementos (k) por fatiga, necesidades persoais e continxencias.
g) Convertir os tempos normais en tempos correctos. Estandarización dos tempos correctos de cada operación.
h) Determinar o tempo correcto total da tarefa ou operación.

Duodécimo- O árbitro, despois das últimas opinións técnicas efectuadas polo xefe do gabinete técnico, enxeñeiro Busquets, a solicitude do actuante, entede perfectamente definidos todos os parámetros dos estudos técnicos efectuados. O árbitro púxose en comunicación e valorou tal estudio cos técnicos actuantes, o fin de obter as conclusións e verificar os procedementos, protocolos e garantías seguidos.

Décimoterceiro.- O árbitro fai seus o traballo, método e conclusións do dictamen pericial elaborado polo Gabinete dirixido polo Sr. Busquets, informe que obra no Servicio de Solución de Conflictos do Consello Galego de Relacións Laborais.

Décimocuarto.-  En data 09.12.10, o árbitro reuniu ás partes a fin de comprobar que o procedemento reuniu os requisitos e garantías propios, comunicando o árbitro que se podían formular as cuestións que as partes consideraran pertinentes. Non se puxeron reparos as actuacións de medición por ningunha das partes.

PARTE DISPOSITIVA

UNICO.- Os tempos correctos e óptimos para cada unha das operacións reflictidas quedan recollidos na táboa seguinte:


Armadura Referencia Nº Descripción Operación ESTUDIO REALIZADO VALORES EMPRESA Diferencia (%)
Cantidade de traballo Óptima (minutos) Producción óptima (pezas/hora) Cantidade de traballo Óptima (minutos) Producción óptima (pezas/hora)

VU 517353700-2 50 Montaxe Armadura AV. Izq. C/PR + TNB 4,225 14,20 4,388 13,67 3,8%
524087900-2 50 Montaxe Armadura AV. Izq. AC + TB + ABVU (VP) TNB 4,422 13,57 4,524 13,26 2,3%
VP 517354200-2 50 Montaxe Armadura Derecha 5,361 11,19 5,209 11,52 -2,8%
517354500-2 50 Montaxe Armadura Izquierda 5,675 10,57 5,400 11,11 -4,9%
Respaldo PLC 513377230-2 50 Montaxe Respaldo 2/3 PLC 1,048 57,23 1,081 55,50 3,1%
513371410-2 50 Montaxe Respaldo 1/3 PLC 0,931 64,43 0,931 64,45 0,0%
Respaldo BAR 440971400-4 50 Montaxe Respaldo1/3 B9 BAR 0,853 70,30 0,906 66,23 6,2%
440971800-4 50 Montaxe Respaldo 2/3 B9 BAR 0,992 60,51 1,044 57,47 5,3%
B9 Respaldo y Cojín Central 442384600-4 50 Montaxe Respaldo P. Central DAG 1,195
442385000-4 50 Montaxe Coxín Central DAG 0,871
TOTAL Cojín + Respaldo 2,066 29,04 2,160 27,78 4,6%
X61 L0091215 50 - 100 Montaxe Armadura X61 9,836 6,10 10,273 5,84 4,4%
B58 134005611-V 50 Montaxe + Comprobar Arm. Fila 3 B58 1,660 36,13 1,647 36,43 -0,8%
Baquet 442384800-4 50 Descargar de Gancho e Embalaxe 0,361 166,33 0,372 161,29 3,1%




Os tempos técnicos anteriores establecidos no estudio do Gabinete dirixido polo Sr. Busquets, fainos seus o árbitro, tal como foi exposto ás partes na última xuntanza referida, no sentido de que as medicións efectuadas polos técnicos independentes serían os empregados polo árbitro na súa decisión, comunicando e xestionando o presente laudo coas medicións na Comisión de Tempos.

Do anterior dedúdecese, ademáis, os seguintes puntos:

1.- En relación co estudo técnico de medición de tempos e sistema de traballo, a empresa ten establecido un sistema de incentivos á producción, sendo a escala para medir o rendimento a 75-100, na que o índice 75 corresponde o rendimento correcto e o 100 o rendimento óptimo. Entre ambos existe un 33 % de diferencia que é a diferencia recomendada pola Organización Internacional de Traballo (OIT).

No que respecta o sistema de incentivos pactado no convenio colectivo, para percibir o incentivo debe acadarse, como mínimo, o rendimento 95, no que se cobra, según valores do ano 2010, 0,6787 € por hora de traballo. Para os rendimentos IP 96, 97, 98 e 99, cobraríase proporcionalmente. Cando se acada o rendimento óptimo (IP 100) o valor do incentivo horario é de 1,0429 €/hora.

Para medir o rendimento, cada operación ten establecido un tempo concedido, o cal, dividido polo tempo empregado polo operario para a sua realización, da o rendimento acadado na súa execución.

Do estudo de tempos realizado polo Gabinete técnico dirixido polo Enxeñeiro Busquets, de diversas operacións escollidas pola representación social (en concreto, 13 referencias relativas a 8 productos/armaduras diferentes), constatouse que os tempos fixados pola empresa, a rendimento óptimo, están correctamente establecidos.

O que precede, e o feito de que as diferencias entre o tempo establecido pola empresa e o obtido polos técnicos anteditos estén dentro do intervalo +-5%, que é o admitido para considerar si son ou non correctos, é o que conleva a conclusión arbitral de que os tempos fixados pola empresa, a rendimento óptimo, estén correctamente establecidos.

2.- Na cuestión relativa a proporcionalidade da escala de productividade entre as empresas VIZA e ALYMOSA, caben salientar dúas análises:

a) Por unha banda, observando os parámetros correspondentes o valor do incentivo horario de ambas empresas, no tramo 95/100, acádase, para o ano 2010, a un rendimento 95, as cantidades de 1,75 €/hora para os traballadores de VIZA e 0,6787 €/hora para os de ALYMOSA; e a rendimento 100, as cantidades de 2,22 €/hora para os traballadores de VIZA e 1,0429 €/hora para os de ALYMOSA. Deste xeito, a diferencia na porcentaxe entre o valor do IP 95 e o valor do IP 100 é do 26,86 % na empresa VIZA e do 53,66 % na empresa ALYMOSA.

E decir, a proporcionalidade da escala de ALYMOSA é superior á de VIZA, toda vez que o valor do incentivo horario a rendimento 100 é superior o fixado para o 95 nun 53,66 %, mentras que na escala de VIZA, a proporcionalidade entre ambos índices é do 26,86 %.

b) Pola outra banda, os valores horarios en VIZA son superiores ós de ALYMOSA, en igualdade de rendimento. E na empresa VIZA o incentivo empézase a percibir cando se acada o rendimento IP 75, de xeito que se van percibindo valores superiores a medida que o rendimento van aumentando, ata o óptimo (IP 100), mentras que en ALYMOSA, para percibir incentivo debe traballarse a rendimento mínimo  IP 95, e máximo de IP 100, percibíndose proporcionalmente nos rendimientos IP 96, 97, 98 e  99.

Sobre esta segunda cuestión serán as partes as que poidan establecer novos acordos, como lexitimadas para a negociación colectiva, o remate da vixencia dos presupostos do convenio colectivo actual.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdicción social nos termos establecidos no apartado 5º do artigo 24 do AGA.

Vigo, 14 de decembro de 2010

O árbitro



José Mª Casas de Ron