ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 16/11


JOSE M° CASAS DE RON, designado árbitro según o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), pola partes en conflicto na empresa Almacenamientos y Montajes, SAU (ALYMOSA), resolve a cuestión plantexada ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes
ANTECEDENTES
Primelro.- En data 19.07.10, durante a negociación do convenio colectivo da empresa Almacenamientos y Montajes, SAU (ALYMOSA), acadouse un preacordo, acodado coa intervención dos mediadores José M° Casas de Ron e Beatriz Sueiro Padín, que, no seu punto 11, recolle, textualmente:
"11.- As partes acordan acollerse o Procedemento Galego de Solución Extraxudicial de Conflictos Colectivos de Traban° o cuestión referida o estudio técnico e medición de tempos e sistema de treballa A estes efectos, na Comisión de Tempos da empresa se establecerán, por parte da representación legal dos traballadores os 10 postos de treballa significativos a estes efectos, para o seu estudio e valoración. As conclusións deste estudio serán establecidas en forma de laudo, con eficacia de convenio colectivo, polo árbitro do rexisfro do Colexio de Pontevedra, José M° Casas de Ron, que informará ás partes do réximen e prazo para realizar dita valoración e estudio técnico. Asimesmo, se someterá a valoración dos citados técnicos para a súa asunción polo árbitro antedito a cuestión de si no IP 95/100 sobre a escala de ALYMOSA mantén a proporcionalidade sobre a escala 95/100 de VILA AUTOMOOON, SAU."
O devandito preacordo foi elevado a acordo, perfeccionándose, pois, a mediación seguida con data 19.07.10, efectuada polos árbitros José M° Casas de Ron e Beatriz Sueiro Padín.
Segundo.- Con data 14.12.10, o árbitro que suscribe dictou laudo, que recollía, e facía súas, as conclusións técnicas da peritaxe realizada polo Gabinete dirixido polo enxeñeiro industrial D. José Busquets Gubau.
Terceiro.- A Comisión da redacción do convenio colectivo facilitado polo autoridade laboral (aínda sin publicación no diario oficial correspondente), con posterioridade o acordo reflexado no antecedente primeiro e o laudo antedito, reflexou, textualmente, no último parágrafo do seu artigo 17: "El valor de prima de producción a IP 95 está pendiente de un estudio por un gabinete técnico".



Cuarto.- Mantidas varias xuntanzas, tanto conxuntas como separadas, coas partes en conflicto, dada a imposibilidade de poñerse de acordo na interpretación de tal parágrafo, en data 30.03.11, presentouse, polo comité de empresa, escrito de promoción do procedemento de arbitraxe, procedemento ó que prestou a súa conformidade a representación da empresa. E, en data 05.04.11, asinouse compromiso arbitral, por unha banda, por D. Rogelio Fernández Liz, en representación da empresa; e pola outra D. Isaac Crespo Costas, D. Juan Carlos Vázquez Comesaña, D. Manuel Barcala Muiños, D. Manuel Simón Gruña, e D. Valentín Alonso Pérez, os tres primeiros membros do comité de empresa e actuando como asesores polo CIG e UGT, respectivamente, os dous últimos.
Quinto.-0 árbitro deu traslado ó Servicio de Solución de Conflictos do requerimento de estudio e medición por parte de técnicos independentes, en escrito no que, ademais de mencionar os antecedentes, decíase textualmente:
"Tendo en conta as regras de interpretación das normas e que a redacción do convenio colectivo se efectuou polos partes con posterioridade ós acordos asinados e ás laudos dictados polos, no seu día, mediadores-árbitros, entenden que cabe interpretar, sistemática e cronolóxicamente, todo o corpus normativo estudiado, de maneira que se estima necesario completar o estudio técnico efectuado polo equipo do Enxeñeiro industrial, D. José Busquets Gubau, ós efectos de que se determine, polos mesmos técnicos actuantes, a fin de manter a unidade de acto, un novo estudio que determine o comenzo da escala proporcional do IP na empresa Almacenamientos y Montajes, SAU (Alymosa) a fin de que garde o correspondente sistema de proporcionalidade cos da empresa do grupo Viza, SA.
Por tanto, entendemos que o Servizo de Solución de Conflictos do Consello Galego de Relacións Laborais, a través do AGA, deberá comunicar ás partes a posibilidade de someterse a un procedemento arbitral a fin de completar as anteriores actuacións e rematar definitivamente co conflicto colectivo plantexado no seu día."
Sexto.- O enxeñeiro encarregado realizou o correspondente estudio para determinar o valor IP 95 da escala de primas de ALYMOSA para que a proporcionalidade do tramo de rendimento 95-100 da devandita escala sexo igual a de VIZA AUTOMOCION,
Séptimo.- O árbitro fai seus o traballo, método e conclusións do dictamen pericial elaborado polo Gabinete dirixido polo Sr. Busquets, informe que obra no Servicio de Solución de Conflictos do Consello Galego de Relacións Laborais.


Octavo.- Con data 24.05.11, reúnese o árbitro coas partes, comunicando que se podían formular as cuesfións que as partes consideraran pertinentes.
Noveno.- O árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradicción, avallados polo árbitro esto mesmo na actuación dos técnicos competentes.
Décimo,- No tramo 95-100, a diferencia existente entre o valor do incentivo horario de Alymosa e de Viza Automación, é o que se indica continuamente

RENDIMENTO (IP) VIZA AUTOMOCIÓN ALYMOSA
Valor
Incentivo
Horario Diferencia Valor
Incentivo
Horario Diferencia
R 95 1,7500 E/h         ... 0,6787 E/h         ...
R 96 1,8400 €/h 5,14% 0,7515 E/h 10,73%
R 97 1,9300 €/h 4,89% 0,8244 E/h 9,70%
R 98 2,0300 €/h 5,18% 0,8972 E/h 8,83%
R 99 2,1200 €/h 4,43% 0,9701 E/h 8,13%
R 100 2,2200 €/h 4,72% 1,0429 €/h 7,50%
Diferencia en porcentaxe (entre valor a 95 e valor a 100 26 86%
, o 53,66%
Do anterior constátase que mentras na escala de Alymosa o valor do incentivo horario a rendemento 100 é superior ó establecido para o rendemento de 95 nun 53,66 %, na escala de Viza Automoción, a proporcionalidade daquel valor horario entrambos índices de rendemento és do 26,86 %. A proporcionalidade entre ámbalas escalas é diferente.
Partindo que o valor a IP 100 de Alymosa é de 1,0429 €/h, o valor que debe ter o IP 95, para que a escala de Alymosa taña a mesma proporcionalidade que a de Viza Automoción, no tramo IP 95/IP 100, é o seguinte
Novo IP 95 de Alymosa = 1,0429 €/h / (1 + 0,2686) = 0,8221 €/h
PARTE DISPOSITIVA
En concordancia cos feitos anteriores dítase o seguinte laudo cos novas valores de escala de rendementos para a empresa Almacenamientos y Montajes SAU (ALYMOSA):



RENDIMENTO (IP) Novo valor
Incentivo Horario de
Aiymosa Diferencia
R 95 .... ... ..
0,8221 €/h ...
R 96 0,8644 €/h 5,14%
R 97 0,9067 €/h 4,89%
R 98 0,9536 €/h 5,18%
R 99 0,9959 €/h 4,43%
R100 1,0429 €/h 4,72%
Diferencia en porcentaxe
(entre novo valor a 95 e valor a 100) 26,86%

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdicción social nos termos establecidos no apartado 5° do artigo 24 do AGA.
Vigo, 25 de malo de 2011 O árbitro

José Casas e Ron