ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 20/11

VERONICA MARTINEZ BARBERO, designada árbitro na acta de compromiso arbitral de data 18.04.11, según o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), polo partes en conflicto na empresa Plastic Omnium Componentes Exteriores, S.L., resolve as cuestións plantexadas ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.- En data 18.04.11 asinouse o compromiso arbitral previsto no artigo 20 do AGA, sendo asinantes do mesmo, por unha banda, D. Ángel Núñez Pintos, por parte da empresa; e polo outra D. Manuel Bouzón Bouzón, D. Fernando Chavez Beceiro, D. Manuel Castro Moure, D. Antonio Sobrado Fernández, membros do comité de empresa co asesoramento de D. Javier Puga Álvarez, da central sindical CCOO, e de D. José Carlos Casal iglesias, da central sindical UGT. Nomease como árbitro á actuante.
Segundo.- O trámite de audiencias ás partes, ós efectos de manifestar as súas alegacións ó arbitro, tivo lugar nesta mesma data. Os participantes son os que se fixo referencia no apartado primeiro destes antecedentes.
Terceiro.- No presente procedemento, a árbitro considera perfectamente garantidos os principios de audiencia, contradición e igualdade, xa que as partes puideron explicar ante a árbitro diferenzas e motivos destas, alegando o que estimaban pertinente, con contradición entre éstas.
Cuarto,- O conflicto prodúcese a consecuencia da diverxencia entre as partes sobre o dereito dos traballadores/as ó disfrute das vacacións unha vez transcorrido o ano natural, cando a causa que imposibilitou dito disfrute foi unha licenza por mor de enfermidade, derivada de continxencias comúns ou de continxencias profesionais, e cumpríndose as seguintes dúos condicións:
a. A baixa iniciase con anterioridade ás datas acordadas no calendario anual de vacacións.
b. A reincorporación ó traballo prodúcese despois da finalización do ano natural no que tivo inicio a devandita baixa.
A cuestión sometida a arbitraxe non se centra, polo tanto, na determinación do dereito ó gozo das vacacións cando o traballador/a estivo inmerso nun proceso de incapacidade temporal nas datas de disfrute das mesmas, si a volta ó traballo acontece dentro do ano en que se produciu dita incapacidade, garantindo en dito caso a empresa o mantemento do seu dereito aínda que teñan transcorrido as datas fixadas no calendario anualmente pactado cos representantes unitarios.
A empresa, como derradeira petición do seu escrito, solicita que o dereito dos traballadores/as a que se fixe un novo calendario vacacional trala súa reincoporación, se circunscriba ó ano natural en que se produciu a incapacidade.
Os representantes unitarios e sindicais expuxeron, durante o trámite de audiencia, que a súa reivindicación respecta non só ó dereito do disfrute das vacacións cando o traballador/a está de baixa todo o ano natural do seu disfrute, se non tamén ó prazo de recuperación das mesmas, que eles fixan en dous anos.
En conclusión, as cuestións sometidas ó presente procedemento arbitral son as seguintes:
1. Dereito as vacacións anuais unha vez transcorrido o ano natural do seu disfrute, cando a imposibilidade derive dunha incapacidade temporal iniciada con anterioridade ás datas de vacacións anuais fixadas no calendario.
2. No seu caso, período temporal a que se extende o dereito anterior ou, dito doutro xeito, número de períodos vacacionais perdidos por estar de baixa que son recuperables trala reincorporación ó traballo.

FUNDAMENTOS DA ARBITRAXE

Baseándose en todo o anterior, resofvo a cuestión formulada no conflito, ditando o seguinte laudo, conforme ó artigo 24 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos Colectivos de Traballo, publicado no DOG do 4 de marzo de 1995, que ten os seguintes puntos:
Primeiro: Aínda non sometido directamente palas partes para a resolución da diverxencia plantexada, revélase unha cuestión indirecta que debe ser aclarada previamente para maior baseamento do laudo a ditar.
Dita cuestión céntrase en si o tempo de baixa por incapacidade temporal debe ser considerado ou non como de prestación de servizos, ó efecto de reducir proporcionalmente o período convencional de vacacións anuais, contractual ou estatutariamente previsto.
En relación á mesma, o presente ditame necesariamente debe ()caerse ó disposto no Convenio 132 da Organización Internacional do Traballo (01T), en particular ós seus artigos 5.4 e 6.1. 0 artigo 5.4 establece que "as faltas ó traballo por motivos alleos á vontade da persoa interesada, como enfermidade, accidente ou maternidade serán contadas como parte do período de servizos"; e no artigo 6.1 di que "os períodos de incapacidade para o traballo resultantes de enfermidade ou accidente non poden ser descontados como parte das vacacións remuneradas ó ano (...). "
En conclusión, debe considerarse que os períodos de licenza por motivo de enfermidade, derivada de continxencias comúns ou de continxencias profesionais, non poden ser descontados a fin de determinar o dereito e / ou a duración das vacacións anuais, se non, poi() contra, deben considerarse como tempo de traballo efectivo a estes efectos.
Segundo: En relación cocí principal cuestión sometida ó presente procedemento, a salvagarda das vacacións perdidas como consecuencia dunha baixa temporal previa ás mesmas, aínda cando xa transcorreu o ano natural do seu disfrute e o traballador/a non se reincorporou ó seu posto, a solución ven marcada pola sentenza do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas do 20 de xaneiro de 2009, que orixinou un xiro radical na xurisprudencia do Tribunal Supremo español.
A sentenza do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas do 20 de xaneiro de 2009 esclarece que a finalidade da pausa para as vacacións, cuio obxectivo é o ocio e a recreación, é revelada claramente diferente ca da baixa por enfermidade e que, polo tanto, non é apto facer calquera tipo de compensación entre eles.
Neste sentido, a Gran Sala refírese á xurisprudencia do propio Tribunal de Xustiza sobre a baixa por maternidade, na que afirma que unha licenza garantida polo dereito comunitario non pode menoscabar o dereito de disfrutar outra licenza avalada por esta lei.
A devandita sentenza do Tribunal Superior de Xustiza aborda a cuestión sobre o momento de disfrute das vacacións anuais, cando non se puido executar porque o traballador estaba en licenza por motivo de enfermidade. A este respecto, o Tribunal afirma que admitir que a incapacidade laboral extingue o dereito de gozar das vacacións, suporía violar as disposicións do dereito social que o artigo. 7 a da Directiva 2003/88/CE recoñece a tódolos traballadores. Declaración que se retire mermo para aqueles supostos onde a enfermidade tomou as anualidades de referencia na súa totalidade.
Así, se conforma a sentenza do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas do 20 de xaneiro de 2009 o traballador/a, nestas circunstancias, non perde o dereito a disfrutar das vacacións, haberá de sinalarse un novo período de vacacións no intre en que leña o alta médica e se reincorpore ó seu pasto de traballo.
De conformidade co exposto, dicta laudo, coa seguinte parte dispositiva:
1.0 carácter de dereito social básico da vacación anual para o traballador/a, cuxa finalidade é o lecer e a recreación, leva a que esta non poida ser confundida coa típica doutros descansos, en particular a que corresponde á baixa por enfermidade.
2.En congruencia co anterior, o período de baixa por incapacidade temporal, xa sexa ésta derivada de continxencia común ou profesional, debe ser tido en conta como tempo de traballo efectivo aos efectos de Bañar as vacacións anuais.
3.Seguindo o mesmo razoamento, o traballador/a conserva o seu dereito ó disfrute das vacacións anuais remuneradas cando a reincorporación
seu pasto trata licenza por enfermidade ou accidente teña lugar unha vez transcorrido o ano natural do inicio da mesma e, de xeito equivalente, as datas fixadas no calendario vacacional anual.
4.En consecuencia, a empresa ten a obriga de fixar un novo calendario de vacacións para aqueles traballadores/as que se reincorporan tras unha baixa, aínda que a reincorporación ó posto sexa posterior ó ano natural do inicio da mesma.
5. Por último, no referido á prazo máximo de recuperación das vacacións anuais perdidas polo licenza de enfermidade, e dado o carácter de dereito social básico das mesmas e a diversa finalidade que teñen en canto tales, conclúese a non existencia do cuestionado límite, recoñecendo ós traballadores/as o dereito á recuperación das vacacións no momento da reincorporación ó posto, con independencia do tempo transcorrido dende o inicio da baixa.

A árbitro

Verónica Martínez Barbero