ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 43/11

JOSÉ M° CASAS DE RON e BEATRIZ SUEIRO PADÍN, designados árbitros na acta de compromiso arbitral de data 21 de xullo de 2011, segundo o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Trabado (en diente AGA), pola partes en conflito na empresa MAIER FERROPLAST, S.L. resolven as cuestións formuladas ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

PRIMEIRO.- Na negociación do convenio colectivo da empresa MAIER FERROPLAST, S.L. xorde un conflito colectivo. En data de 27 de xullo de 2010 asínase acta de constitución da comisión de conciliación e mediación prevista no artigo 15 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de treballa (AGA), na que se nomea como mediadores aos agora nomeados árbitros. As partes acedan preacordo en acta de data de 28 de xullo de 2010.
SEGUNDO.- Na redacción do convenio colectivo en base ao devandito preacordo xorde un conflito colectivo. En data de 3 de novembro de 2010, e conforme ao procedemento de mediación do Acordo Galego para a solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo (AGA), desígnense como mediadores da comisión de conciliación e mediación de data de 03.11.2010, a José María Casas de Ron e Beatriz Sueiro Padín. Como consecuencia da mediación as partes chegan a acordo na mesma data.
TERCEIRO.- Durante a aplicación do devandito convenio colectivo xorde conflito colectivo na interpretación de varios artigos.
En data de 21.06.2011 asínase o compromiso arbitral previsto no artigo 20 do AGA, senda asinantes do mesmo, por una banda, D. MAURO PRIETO GIL, en representación da empresa, e D. ALFREDO BRIALES DE PORCIOLES, asesor da mesma; e pola outra Da DOLORES ARAUJO VALVERDE, Da ANA GONZÁLEZ PÉREZ, Da MARÍA ASCENSIÓN ARAUJO RODRÍGUEZ, D8 MARÍA GONZÁLEZ SAMPAYO, D. MANUEL ALONSO GONZÁLEZ, Da PAULA COMESAÑA GUISANDE, D. MANUEL FERNANDEZ LORENZO e D. MANUEL MOLARES PIÑEIRO, membros do comité de empresa polo sindicato CIG, acompañados do asesor D. SERXIO FONTANES, Secretario de Negociación Colectiva do mesmo sindicato, e D. EMILIO FIGUEIRIDO PRADO, membro do comité de empresa polo sindicato UGT. Noméanse como árbitros aos actuantes José María Casas de Ron e Beatriz Sueiro Padín.

OBXECTO DO ARBITRAXE

PRIMEIRO.- O conflito que se produce é consecuencia da diverxencia entre as partes na aplicación dos seguintes artigos do convenio colectivo:
- artigo 30.b, sobre a retribución da suspensión por paternidade,
- artigo 48, sobre o alcance da exclusión establecido no seu último parágrafo,
- e artigo 54, sobre a retroactividade de efectos do pagamento do complemento do cen por cen do salario durante a Incapacidade Laboral.
SEGUNDO.- Os actuantes entenden perfectamente garantidos os principios de iguaidade e contradición, atópanse totalmente informados sobre as posicións das partes e as súas diferenzas, e considérense plenamente ilustrados sobre os problemas formulados, dada a súa intervención como mediadores na negociación do acordo polo que se pon fin ao conflito.
TERCEIRO.- O obxecto do presente é interpretar xuridicamente os puntos discordantes do convenio colectivo, tendo en conta os criterios xurídicos aplicables consonte as regras de interpretación do Código Civil e, toda vez que os actuantes foron no seu día mediadores en conflito na empresa, que rematou con acta de acordo de data de 3 de novembro de 2010, recorren tamén as anotacións ou referencias obtidas por ambos durante o proceso mediador,
FUNDAMENTACIÓN XURÍDICA.
PRIMERO.- En relación co artigo 30.b do convenio, este dispón: "Art. ° 30°. Suspensión con Reserva do Posto de Traballo, En aplicación do artigo 48 do Estatuto dos Trabal/adores/as: (...) b. En relación coa suspensión do contrato por paternidade
Nos supostos de nacemento de filio/a, adopción ou acollemento o traballador/a de acordo co artigo 45.1.d) do Estatuto dos traballadores, terá dereito á suspensión do contrato durante cetro semanas interrompidas, ampliables en idénticas condicións, no suposto de parto, adopción ou acollemento múltiples en dous días máis por cada filio/a a partir do segundo. Esta suspensión é independente do goce compartido dos períodos de descanso por maternidade regulados no artigo 48.4 de dito estatuto dos traballadores.
No suposto de parto,a suspensión corresponde en exclusiva ó outro proxenitor. Nos supostos de adopción o acollemento, este dereito corresponderá soamente a un dos proxenitores, a elección dos interesados; non obstante, cando o período de descanso regulado no artigo 48.4 do Estatuto sexa gozado na súa totalidade por un dos proxenitores, o dereito á suspensión por paternidade unicamente poderá ser exercído polo outro. O traballadorla que exerza este dereito poderá facelo durante o período comprendido dende a finalización do permiso por nacemento de filio, previsto legal o convencionalmente, ou dende a resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou a partires da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ata que remate a suspensión do contrato regulada no artigo 48.4 do Estatuto dos Traballadores ou inmediatamente despois da finalización de dita suspensión.
A suspensión do contrato a que se refire este artigo poderá gozarse en réxime de xornada completa ou en réxime de xornada parcial dun mínimo do 50%, previo acordo entre o empresario e o traballador/a, e conforme se determine reglamentariamente.
O traballador/a deberá comunicar ó empresario, coa debida antelación, o exercicio deste dereito. Fixase por ambas partes que dita comunicación deberase realizar cun mínimo de tres días de antelación. O dito neste artigo será aplicable dende a sinatura do convenio, salvo o período de suspensión de catro semanas que so se poderá gozar a partir do primeiro de xaneiro do 2011. Ata a dita data, o traballador que se acolla a este dereito poderá facelo por un tempo máximo de 13 días (...)".
En relación con este punto os árbitros, a efectos de fundamentar a súa decisión, establecen as seguintes premisas:
1. 0 artigo regula unha mellora do permiso establecido no artigo 48.bis do Estatuto dos Traballadores, mellora esta que supón a implantación dunha medida de conciliación da vida laboral familiar e persoal dos traballadores da empresa. Neste senso o artigo 48.bis regula os dereitos para os traballadores na materia que son ampliados polo convenio asinado entre as partes. A problemática xorde no respecto ao abono dos días de mellora do convenio, toda vez que os mínimos legais, 13 días ininterrompidos, regúlanse no capítulo III, artigo 22 e seguintes, do Real Decreto 295/2009, de 6 de marzo, polo que se regulan as prestacións económicas do sistema da Seguridade Social por maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural, non atopándose regulado o pagamento dos días que restan ata as catro semanas ininterrompidas pactadas polas partes no convenio. Cabe engadir ao antecedente que todas as licenzas e permisos regulados no convenio atópanse no Capítulo VI do mesmo, sendo todas elas de carácter retribuído, coa única e lóxica salvidade das excedencias, reducións de xornadas e xubilacións parciais e forzosas. Non regula o convenio ningunha licenza sen dereito a retribución.
2. En materia de conciliación da vida laboral, familiar e persoal dos traballadores é a Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para la igualdade efectiva de mulleres e homes (BOE de 23 de marzo de 2007) a que dispón, no seu artigo 44, nomeado "os dereitos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral", que os dereitos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral recoñeceranse aos traballadores e as traballadoras en forma que fomenten a asunción equilibrada das responsabilidades familiares, evitando toda discriminación baseada no seu exercicio. Engadindo que para contribuír a un reparto máis equilibrado das responsabilidades familiares, recoñécese aos país o dereito a un permiso e unha prestación por paternidade, nos termos previstos na normativa laboral e de Seguridade Social.
3. Por outra banda o artigo 4 da mesma norma, sobre "Integración do principio de igualdade na interpretación e aplicación das normas" dispón que a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes é un principio informador do ordenamento xurídico e, como tal, integrarase e observarase na interpretación e aplicación das normas xurídicas.
4. Consonte o artigo 1284 do Código Civil, se algunha cláusula dos contratos admitirá diversos sentidos, deberá entenderse no máis axeitado para que produza efecto.
Tendo en consideración os artigos 1284 do Código Civil, e 4 e 44 da citada Lei Orgánica para a igualdade efectiva de mulleres e homes, conxuntamente coa aplicación do principio in dubio pro operario e tendo en conta unha interpretación sistemática, dada a ubicación do artigo 30.b no texto do convenio, compre concluir que considerar non retribuida a mellora dos mínimos do permiso por paternidade, levaría unha situación economicamente desfavorable para o traballador que menoscabaría o exercicio do dereito de conciliación da vida laboral, familiar e persoal ocasionando por tanto unha falta de efecto da devandita cláusula. A finalidade dos dereitos de conciliación da vida laboral, persoal e familiar dos traballadores é fomentar a asunción equilibrada das responsabilidades familiares, cunha compensación económica ao traballador. Polo que para garantir a efectiva aplicación do artigo 30,b do convenio, este será interpretado conxuntamente no sentido dos artigos 1284 do Código Civil, e 4 e 44 da citada Lel Orgánica para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Por todo o anterior, o período de suspensión que regula o artigo 30.b do convenio será retribuído pala empresa na mellora pactada sobre os mínimos do artigo 48.bis do Estatuto dos Traballadores.
SEGUNDO.- En relación co artigo 48 do convenio colectivo da empresa compre sinalar o seu tenor literal:
"Art.°48°. Plus por Puntualidade e Asistencia.
A partir do mes seguinte a sinatura deste convenio, por día efectivo de traballo xerarase un premio de puntualidade e asistencia para todo o persoal afectado polo presente convenio. Díto premio consistirá nunha cantidade pagadoira de forma mensual de 40 E e a súa percepción está suxeita as seguintes regras:
1. Entenderase por falta de puntualidade, cardo o traballador non estea no seu posto de traballo no momento de comezar a xornada laboral. Por cada falta de puntualidade o traballador perderá o 20% do global mensual do premio puntualidade e asistencia.
2. Se a incorporación do traballador prodúcese despois dos primeiros 30 minutos de comezada a xornada laboral, considerarase como falta de asistencia de media xornada, perdéndose por cada un de estas retrasos o 25% global mensual do premio.
3. Cada falta de asistencia, por causa non xustificada, dunha xornada de traballo completa, ademais das responsabilidades disciplinarias así como a perda da retribución diaria correspondente, ocasionará a perda do 50% do global mensual do premio.
As excedencias e licencias establecidas no presente convenio non serán consideradas como faltas de puntualidade e asistencia".
O confito xorde sobre a exclusión dalgunha licenza ou excedencia da excepción establecida no último parágrafo do precepto. Consonte ao tenor do artigo 1281 e 1283 do devandito Código Civil, se os termos dun contrato son claros e non deixan dúbida sobre a intención dos contratantes estarase ó sentido literal das súas cláusulas. Calquera que sexa a xeneralidade dos termos dun contrato, non deberán entenderse comprendidos nel causas distintas ou casos diferente daqueles sobre os que os interesados se propuxeron contratar.
A negociación colectiva supón a regulación das condicións laborais dos traballadores incluidos no seu ámbito de aplicación durante un período de vixencia que se sinala no texto da norma. De xeito que consonte se van negociando sucesivos convenios colectivos van mudando tales condicións. Na negociación do convenio obxecto de interpretación as partes non tratan ningunha excepción ao parágrafo último do convenio, e a redacción final da cláusula non sinala máis que as excedencias e licencias establecidas no presente convenio non serán consideradas como faltas de puntualidade e asistencia.
De acordo co sinalado nos artigos 1281 e 1283 do citado Código, cabe concluír que ande a norma non distingue, non cumpre distinguir, non debendo entenderse comprendidos no artigo 48 do convenio cousas distintas ou casos diferentes dos que se inclúen expresamente, resultando clara, deste xeito, a intención das partes. Polo que non cabe incluir excepcións ao último parágrafo do artigo 48 do convenio.
TERCEIRO.- O artigo 54 do convenio colectivo dispón:
"Art°. 54°. Baixas por Enfermidade ou Accidente.
A prestación por incapacidade temporal derivada de accidente laboratcomplementarase ó cen por cen dende o primeiro dia de baixa.
En caso de hospitalización o traballador/a percibirá o cen por cen do salario dende o primeiro dia.
Para ter dereito a esta mellora o traballadorIa deberá demostrar documental e fehacentemente ante a empresa o internamento nun centro hospitalario. A prestación por Incapacidade Temporal da primeira baixa do ano derivada de accidente ou enfermidade común completarase o "cen por cen" dende o primeiro dia da baixa.
Constituirase unha comisión de Traballo que pasará a nomearse como "Comisión de seguimento do Absentismo Laboral". A dito fin, dita Comisión se reunirá mensualmente con gallo de establecer os índices de absentismo existente na empresa; dita Comisión de Seguimento velará para que non se supere o índice de absentismo xeral do 4%. De superarse o índice de absentismo fixado, a Comisión de Seguimento modificar proporcionalmente os complementos de IT que dispón o presente artigo nas seguintes porcentaxes, para a enfermidade común e accidente non laboral:
Ata o 4% de absentismo 100%
Do 4,1 %e ata o 5% de absentismo 80%
Do 5,1 %e ata o 6% de absentismo 70%
Do 6,1 % e ata o 7 %de absentismo 60%
A partir do 7,1 70 de absentismo Non se complementa

O conflito das partes xira en torno a eficacia retroactiva ou non do citado artigo, entendendo a parte empresarial que o complemento do 100% da primeira baixa por continxencias comúns sexa pagada dende a sinatura do convenio e a parte social que o sexa con efectos retroactivos a xaneiro de 2010.
Neste senso compre traer a colación que os efectos da aplicación do convenio regúlense no artigo 2 do mesmo, que dispón que "salvo que se diga o contrario expresamente no seu carpo, o presente Convenio Propio terá unha vixencia dende o 1 de xaneiro do 2010 ata o 31 de decembro do 2012".
Ao longo do texto da norma sinálanse expresamente condicións ou dereitos sobre os que as partes acordan unha vixencia diferente á regulada no artigo 2, establecendo a data concreta a partires da cal terá vixencia a cláusula. Como exemplo do anterior, o xa tratado o artigo 30.b contén expresamente unha data de aplicabilidade diferente para o período de suspensión de catro semanas, non dispoñendo tal salvidade o artigo 54 do convenio. Tal e como dispón o citado artigo 2, non establecéndose expresamente o contrario no carpo do convenio, o artigo 54 do mesmo aplicarase dende o 1 de xaneiro de 2010 ata o 31 de decembro de 2012.

PARTE DISPOSITIVA

PRIMEIRO.- O período de suspensión por paternidade regulado no artigo 30.b do convenio da empresa MAIER FERROPLAST, S.L será retribuido pala empresa na mellora pactada sobre os mínimos do artigo 48.bis do Estatuto dos Traballadores.
SEGUNDO.- O último parágrafo do artigo 48 do convenio colectivo queda redactado nos mesmos termos, isto é, 'As excedencias e licencias establecidas no presente convenio non serán consideradas como faltas de puntualidad° e asistencia", sen que se poida incluir ningunha excepción ao mesmo,
TERCEIRO.- O artigo 54 do convenio colectivo da empresa é de aplicación dende o 1 de xaneiro de 2010.
O presente laudo poderá recorrerse ante a Xurisdición Social nos termos establecidos no apartado 5° do artigo 24 do AGA.

En Vigo, a 27 de xullo de 2011

Os árbitros

JOSÉ Mª CASAS DE RON
BEATRIZ SUEIRO PADIN