ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 70/11

Benigno Sánchez García, con domicilio a efectos de notificacións en R/ Algalia de Abaixo, 24, Santiago de Compostela, designado árbitro en virtude de acta de compromiso arbitral asinada o día 28 de decembro de 2011 polos suxeitos lexitimados para elo (segundo se verá máis adiante) do conflito colectivo suscitado na empresa Asociación Protectora de Niños Anormales de Galicia (Aspronaga), no seu centro de traballo "Ricardo Baró", ubicado na avenida de Isaac Díaz Pardo, número 15, en Oleiros, provincia de A Coruña, e logo das actuacións practicadas, ven de ditar LAUDO ARBITRAL, en base ás seguintes consideracións
ANTECEDENTES
1. Con amparo no establecido no Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos Colectivos de Traballo (en adiante AGA), con data 28 de decembro de 2011 subscribiuse acta de compromiso arbitral asinada, en representación da dirección da empresa Aspronaga, por don Juan Fontenla Pérez e don Pompeyo Fernández Pérez; e, en representación da parte social, por dona Ana Mouro García, presidenta do Comité de Empresa, no centro de traballo afectado polo conflito, dona Pilar de Francisco Vázquez, membro de mesmo Comité de Empresa, don Henrique García Vázquez, representante sindical da CIG, e don Manuel Díaz Vázquez, tamén representante sindical da CIG. No expediente tramitado polo Consello Galego de Relacións Laborais consta certificación expedida pola xefa do Servizo de Relacións Laborais da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, o día 1 de decembro de 2011, acreditativa de que os cinco membros do Comité de Empresa, con mandato en vigor, do centro de traballo onde se suscita o conflito foron elixidos na candidatura do sindicato CIG.
2. Na acta de compromiso arbitral asinada, defínese como cuestión a someter a arbitraxe a "aplicación dos sete días de vacacións (4 en Nadal e 3 en Semana Santa) para os traballadores do turno de noite,

no centro de traballo denominado Ricardo Baró. Aplicación do actual art. 45.2 do convenio colectivo. O árbitro suxeitará a súa resolución a criterios de equidade".
3. 0 mesmo día 28 de decembro de 2011, logo da sinatura da acta de compromiso arbitral, o arbitro designado polar partes celebrou unha xuntanza conxunta coas partes en conflito, en presenza do xefe do Servizo de Solución de Conflitos do Consello Galego de Relacións Laborais, don Celso Araújo Castro, escoitando o posicionamento de cada unha delas, e formulando as preguntas aclaratorias que estimou oportunas en cada caso. A esta xuntanza seguiu unha máis con cada unha das dúas partes en conflito.
Na primeira destas xuntanzas un dos representantes da patronal, o señor Fontenla Pérez, comezou por facer unha descrición dos elementos principais don conflito, nos seguintes termos:
O conflito afecta, dentro do conxunto de centros de traballo que ten a empresa, unicamente ao centro "Ricardo Baró", onde prestan servizos 80 traballadores, se ben o conflito se suscita tan só en relación cos que prestan servizos na quenda de noite, dez en total. Estes dez traballadores están adscritos de xeito estable, aínda que con carácter voluntario, á esta quenda de noite.
- A quenda de noite esténdese entre as 22:00 dun día ata as 08:00 horas do día seguinte. A quenda de mañá vai desde as 08:00 ata as 15:00 horas, e a de tarde desde as 15:00 ata as 22:00 horas.
- O artigo 45 do convenio colectivo de aplicación (o VIII convenio colectivo provincial da empresa Aspronaga, que, con vixencia desde 01.01.2011, ten, de acordo co seu artigo 5, unha duración indefinida, salvo denuncia expresa cunha antelación mínima dun mes antes do remate de cada ano natural) establece no seu parágrafo primeiro: " Para todos os traballadores afectados polo presente Convenio, establécese un período de vacacións retribuído de trinta días naturais ao ano ou parte proporcional que corresponda segundo a data de alta ao traballo. Nos centros de traballo nos que se teña establecido un período de xornada reducida de verán, as vacacións deberán disfrutarse dentro do mesmo". No seu parágrafo segundo, o mesmo artigo dispón:

"Asimesmo establécese para todos os traballadores sete días ao ano que se disfrutarán preferentemente catro días en Nadal e tres días en Semana Santa, realizando quendas entre o persoal de xeito que o Centro non se peche e queden cubertos os servizos. Estes días poderán disfrutarse nas mesuras condicións ao longo do ano cun preaviso do traballador de 7 días de antelación", O terceiro parágrafo di: "Se a criterio da dirección, as necesidades dos Centros non permitisen o disfrute destes días nas datas indicadas, estas trasladaranse a outro momento do ano mediante acordo entre os traballadores e a dirección". Reamata o artgigo 45 cun terceiro parágrafo que dispón: "Estes dereitos non serán susceptibles por [de] compensación económica". Este artigo ten esta mesma redacción (coa única excepción do inciso final do parágrafo segundo, que é de nova incorporación neste VIII convenio colectivo) desde os primeiros anos 90.
Ata o de agora, e tamén desde os primeiros anos 90, os traballadores das quendas de día (mañá e tarde) veñen dispoñendo deses sete días adicionais de vacacións ao ano, normalmente tres en Nadal e catro en Semana santa, mentres que os traballadores adscritos á quenda de noite veñen disfrutando de cinco días adicionais.
Ata aquí, nesta descrición de feitos, o acordo da representación social co exposto polo señor Fontenla Pérez é pleno.
Sobre o fondo da cuestión debatida o señor Fontenla Pérez fai, en síntese, as seguintes consideracións:
a) Na medida en que as quendas de día (mañá e tarde, ambas de sete horas de duración) coinciden nun único día laborable, o disfrute dos sete días adicionais de vacacións, por parte dos traballadores que desenvolven a súa tarefa nesas quendas, implica o disfrute de sete días laborais; mentres que para os traballadores adscritos á quenda de noite, ao estenderse a súa xornada de traballo ao longo de dous días naturais , se computan cinco xornadas de traballo, normalmente dous en semana santa

e tres en Nadal, o que implica o disfrute de dez días libres adicionais
b) Ao xuízo do señor Fontenla Pérez, o espírito que impregnou desde o primeiro momento a negociación deste asunto foi o de facilitar con tres días en Semana Santa e catro en Nadal o disfrute de semanas completas de vacacións. Polo que ao aplicar aos traballadores da quenda de noite dous días en Semana Santa (que supoñen catro días libres) en tres en Nadal (que supoñen seis días libres) conséguese obter o mesmo resultado, disfrutar dunha semana completa.
Non comparten esa opinión os representantes da parte social, polos seguintes motivos:
a) A aplicación que se ven facendo destes días adicionais de vacacións para os traballadores das dúas quendas de día parte de considerar que os días adicionais aos que teñen dereito, en aplicación do parágrafo segundo do artigo 45 do convenio colectivo, son días laborais. De al que se fale de tres días para totalizar unha semana en Semana Santa, e de catro para completar unha semana en Nadal. O mesmo criterio tense que seguir en relación cos traballadores adscritos á quenda de noite: teñen dereito ao disfrute de sete días laborais adicionais, e non a cinco, como a empresa ven recoñecendo ata o momento.
b) Calquera outra interpretación supón unha discriminación entre os traballadores dunhas e outra quenda. Se, como con secuencia de todo elo, os traballadores adscritos á quenda de noite disfrutan de máis días naturais de vacacións que os integrados nas quendas de día, iso non é roáis que unha compensación polas condicións máis onerosas en que se produce a súa prestación de servizos.
Sucédense as intervencións de uns e de outros, ata que o árbitro considera, tras manter xuntanzas por separado con cada unha das representacións, que o tema está suficientemente debatido e da por rematada a xuntanza, tras comunicar ás partes que emitirá o seu laudo no prazo establecido no artigo 24.2 do AGA.

FUNDAMENTOS DO LAUDO
1. A cuestión a dilucidar reside, en definitiva, en resolver sobre cal é o sentido que hal que dar ao segundo parágrafo do artigo 45 do VIII convenio colectivo da empresa Aspronaga.
2. Aínda que as partes solicitaron do árbitro que subscribe que sometera a súa decisión á equidade, non podemos esquecer que a interpretación das normas conforme a este criterio non pode contrariar nin torcer o sentido que se desprenda do seu tenor literal, de xeito que, cando a dicción literal da norma non ofreza dúbidas, debe prevalecer a máxima latina de que "in claris non fit interpretatio", o que resulta consonte coa natureza do disposto no artigo 3.1 do Código Civil, conforme ao cal, para interpretar as normas haberá que estar, en primeiro lugar, ao sentido propio das palabras da norma a interpretar.
3. Por máis perfectible ou mellorable que resulte a redacción actual do segundo parágrafo do artigo 45 do VIII convenio colectivo da empresa Aspronaga, da súa literalidade despréndese que todos os traballadores teñen dereito a sete días adicionais ao ano de vacacións, con independencia da quenda á que estean adscritos.
4. Resulta tamén indubitado que a empresa ven aplicando este precepto de xeito diferente, en función de que os traballadores estean adscritos ás quendas de día, suposto en que se disfrutan sete días laborais adicionais de vacacións, ou de noite, suposto en que se disfrutan cinco días laborais adicionais de vacacións.
5. Este criterio de aplicación, sen deixar de entender a lóxica da argumentación da empresa para así establecelo, carece de soporte normativo, por canto o dereito dos traballadores da quenda de noite ao disfrute de cinco días laborais (ou dez días naturais) non se contempla no convenio colectivo de aplicación.
6. Na medida en que o convenio colectivo de aplicación non contempla distingos á hora do disfrute deses sete días de vacacións entre os traballadores, en función da quenda á que estean adscritos, esa aplicación diferente carece de xustificación, sendo, pois, establecida e mantida pola vía dos feitos.

7. Nembargante, no se pode esquecer o dato de que, a pesares de que a dirección da empresa ven interpretando e aplicando o precepto sinalado do xeito descrito desde hai uns vinte anos, esta interpretación e aplicación veu sendo "pacífica", no sentido de que, ata o de agora, non foi cuestionada formalmente polos representantes legais dos traballadores, aínda que esta fora unha cuestión "controvertida", segundo afirmacións dos representantes da parte social, desde 2003. Esta situación aconsella ao árbitro, en función do criterio de equidade consonte ao cal as partes Ile solicitaron que ditase o seu laudo, modular temporalmente a súa aplicación.
En consideración a canto antecede, e en exercicio das atribucións conferidas polas partes e do establecido nos artigos 20 a 24 do AGA, garantidos os principios de audiencia, contradición e igualdade daquelas no presente procedemento arbitral, a parte dispositiva deste Laudo concrétase na seguinte
RESOLUCIÓN ARBITRAL
ÚNICO.- O parágrafo segundo do artigo 45 do V111 convenio colectivo da empresa Asociación Protectora de Niños Anormales de Galicia (Aspronaga) debe ser interpretado, no centro de traballo "Ricardo Baró", ubicado na avenida de Isaac Díaz Pardo, número 15, en Oleiros, A Coruña, no sentido de que os traballadores adscritos á quenda de noite teñen dereito ao disfrute de sete días de vacacións adicionais. Nembargante, a aplicación desta resolución será gradual, de xeito que en 2012 os días a disfrutar serán seis, e sete en 2013 e anos seguintes, a salvo do que, sobre este particular, puidera establecer no futuro o convenio colectivo de aplicación.
O presente Laudo poderá ser recorrido diante da Xurisdición Social, nos termos establecidos no número 52 do artigo 24 do Acordo

Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA)
O que se di en A Coruña, a 10 de xaneiro de 2012.
O ÁRBITRO

Asdo.: Benigno Sánchez García