ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 5/12

JOSE M° CASAS DE RON, designado árbitro por acta de constitución de arbitraxe prevista no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA) de data 20 de decembrol de 2011, no conflito xurdido no empresa Corporación de Prácticos del Puerto y Ría de vigo, S.L.P.,sobre diferencias no establecemento de quendas de traballo e tablas salariais, resolve os asuntos plantexados ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.- En dota 20 de decembro de 2011, constituíuse a mesa ante o árbitro designado no procedemento, da que forman parte, por unha banda a representación empresarial integrada por D. Fidel Teira Sampedro e a sua asesora, a letrada D° Beatriz Lago Gómez, en representación da Corporación de Prácticos del Puerto y Ría de Vigo, SLP. E por outra banda a representación dos traballadores integrada polo delegado de persoal por D. Manuel Alvariña Calvar e a sua asesora, a letrada D° Mariño Vázquez Rodríguezo, en representación dos traballadores.
Segundo.- As cuestións que se formulan á arbitraxe son as diferencias que teñen as partes sobre o establecemento dun novo sistema de quendas que sustitua ó anterior fixado en laudo do ano 2008, sistema de quendas que afecta ó réxime de traballo diario, gordas, descansos semanais, vacacións anuais e por outra banda o réxime retributivo da plantilla para o ano 2012.
Terceiro.- A parte social comunica que existe consenso entre os traballadores para intentar mudar o sistema de quendas de traballo, establecido en laudo de este mesmo árbitro no ano 2008. O non chegar a acordo coa empres é polo que acoden a este procedemento arbitral. As suas pretensións son incorporar ao citado sistema de gordas de traballo efectivo e horas en stand-by, que permitiría realizar o traballo. A estes efectos aporta os cuadros horarios que se incorpora o expediente para o seu estudio polo árbitro.
Nun segundo orde de cousas a representación social considera que é de xustiza aplicar un acordo salarial, pois a última suba foi no ano 2010, a pesares de que entenden a situación económica provocada pola crise en tódalas empresas. Tamén comunica nesta comparecencia os suas reivindicacións salariais para os últimos dous anos, contraposta as pretensións empresariais no contexto de crise referido.
Cuarto.- A empresa sinala que o sistema de quendas foi establecido en laudo de 2008. 0 que pretende é un sistema estable e con tódalas garantías de legalidade. Por outra parte lembra que o poder de organización e dirección recae na empresa, dereito este absolutamente innegociable. Nesta fase de comparecencia, o árbitro a vista da documentación previa, en borrador dun posible cadro de quendas comunica ao árbitro que sería posible a súa corrección técnica.
Na segunda das cuestión sinala a gravísima situación que soporta a Corporación pola disminución do volume de negocio consecuencia da baixada de tráficos. Considera que calquera solución ten que ser viable económicamente, se se quere que a empresa sobreviva maniendo o emprego.
Pois ben, os anteriores presupostos, contidos nos puntos precedentes, son os que serven ó árbitro a fin de decidir a solución neste conflito de interés derivado da negociación ordinaria nos aspectos materiais anteditos.
Quinto.- O árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradicción, e está informado das posicións das partes e das súas diferencias. Así mesmo comunica ás partes que, coñecidas as peticións e ofertas recíprocas, vai partir da doutrina das últimas posicións, para o cal solicitou das propias partes na comparecenza determinación das mesmas. Esta será a base da súa decisión no presente conflito.

FUNDAMENTOS DA RESOLUCIÓN

Parece claro que o árbitro, na proposta de solución arbitral, ten que acoller as últimas posicións das partes, toda vez que é un conflito de intereses e que as posicións últimas poden ser asumidas como elementos determinantes ós efectos de marcar a solución, e tomen establece, que vai decidir en función da exposición das partes, sen acudir a casuístima comparada de outros portos dada a delimitación clara que existe entre a pretensión social de implantar un novo sistema de quendas e a pretención tomen clara e precisa, de garantía do servicio portuario de practicaxe por parte da Corporación de Prácticos do Porto da Ria de Vigo. Trátase de establecer en disposición que afecta de xeito colectivo a empresa e traballadores, un sistema plausible, neste caso cun duración dun ano, máis con vontade de ser prorrogable no seu caso.
As premisas que mantén o árbitro xiran sobre os presupostos fixados no laudo 2008 dictado polo actuante, nun contexto de aplicación flexible concertada, propio dos tempos, en que é necesario unha maior adaptabilidade ós requisitos empresariais, que se presta nun contexto de crise, pero tamén cunhos requisitos de garantía do servicio esencial portuario, absolutamente indispensables. Estas cuestións son as que necesariamente no servicio de practicaxe implican unha aplicación flexible, de boa fe, negociada no transcurso da vixencia do laudo, para dar solución a situacións que se poidan presentar nun ente en réxirne de concesión administrativa, no que nos recursos están prefixados e sempre limitados, e o traballo suxeto o réxime aleatorio dos tráficos portuarios, situacións meteorolóxicas, ou a propia situación dalgún integrante da plantilla.
O árbitro segue mantendo que a xornada ordinaria, de 1800 horas en cómputo anual, é un módulo razoable para os tripulantes de embarcacións da practicaxe. O volcamento nunha base de datos e folla de cálculo dun sistema de quendas/gardas de 36 horas, das que en promedio, 8 horas serían de actividade, e 28 horas de presencia localizada, cunhos tempos de resposta de 30 minutos, reducidos a 15 minutos nos casos de emerxencia, é un sistema pausible e posible para os 7 traballadores en plantilla afectados polo réxime de gordas como tripulantes das lanchas de prácticaxe. Na parte dispositiva do laudo establécense as condicións específicas para a realización deste sistema de quendas, que en calquera caso ten que gardar tódalas condicións de seguridade do servizo e de prevención de riscos na sua realización.
A segunda das cuestión é a solución da discrepancia con respecto á fixación de posible incrementos salariais dende a derradeira suba nos tablas salariais que foron as correspondentes ao ano 2010. A empresa manifesta a grave situación de crise do tráfico portuario, consecuencia do decaemento da actividade económica xeral, que incide de xeito directo e inmediato na actividade portuaria. Lembra a estos efectos, que a empresa está nunha situación económica moi difícil e que noutros mollas casos se está reducindo ó persoal , abaratando custos, externalizando servizos, e incluso procedendo a Regulacións de Emprego. Considera que deixando as cousas como están sería a opción roáis segura.
O representante dos traballadores sinala que non é xusto que se faga recaer todo na perda de nivel adquisitivo dos traballadores, é que algo hai que facer, ainda recoñecendo a situación de crise, tanto a nivel xeral como a nivel específico na Corporación.
O árbitro nesta cuestión, típico conflicto de interés que hai que analizar no contexto económico productivo, e que se desenvolve a actividade empresarial, optará por unha decisión táctica que intente conciliar os dereitos dos traballadores, ainda que con sacrificios, pero tamén concilialos cunha realidade empresarial que tivo que afrontar unha importante suba no ano 2010 en pleno descenso de actividade portuaria, razón de ser do su funcionamento como empresa de servicios.

PARTE DISPOSITIVA

En base a todos os anteriores antecedentes, dítase o seguinte laudo, de conformidade coas normas previstas no art. 20 e seguintes do Acordo Galego para a Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo:
1.- Período de vixencia do laudo; Establécese un período de vixencia do laudo para o ano 2012.
2.- Xornada: Mantense a xornada ordinaria establecida no laudo anterior do 2008, de 211 días laborables máximos 1800 horas en cómputo anual; así mesmo, para cubrir as especificidades do servizo de practicaxe, establécense 696 horas de presencia. Asemesmo mantéñense os 51 días de vacacións.
3.- Establécese un sistema de traballo de turnos ou gardas de 36 horas co seguinte réxime; sobre un módulo de 8 horas de traballo por turno e 28 horas de presencia localizada co persoal en expectativa, a fin de garantir o servicio esencial portuario de practicaxe. Este sistema será rotatorio en ciclos de 7 semanas. Os cambios de quenda ou gorda, entre traballadores, terán que ser comunicados de xeito expreso e fehaciente á dirección da corporación de prácticos. En todo caso sempre haberá presencia no local dun traballador que reúna os requisitos esixibles pola Autoridade Marítima. Igualmente respetaranse os módulos de resposta, nos supostos de gardas presenciales localizadas, de 30 minutos, ou de 15 nos casos de emerxencias. Estes módulos de resposta poderán ser modificados no caso de que así sexan esixidos pola Capitanía Marítima.
4.- Queda excluído do anterior réxime, o persoal administrativo.
5.- A aplicación do anterior sistema, caracterizado polos duas premisas de garantía do servizo portuario e de seguridade e prevención de riscos, contén criterios de flexibilidade, aceptados tanto polo parte empresarial como polo parte social, non podendo establecerse no sua aplicación condicións discriminatorias para calquera traballador.
6.- Condicións económicas: Sobre as táboas salariais vixentes para o ano 2010, e que foron mantidas no ano 2011, establécese unha subida do IPC real en todos os conceptos salariais, para o ano 2012, de vixencia do laudo, para tódolos traballadores, sen alterarse as condicións económicas percibidas no ano 2011.
7.- As partes quedan comprometidas, antes da finalización da vixencia do presente laudo, 31 de decembro de 2012, a acudir ao procedemento de arbitraxe do Acordo Galego de Solución Extraxudicial de Conflictos Colectivos de Traballo, a fin de fixar as condicións para o ano ou anos seguintes, no caso de que por algunha razón non houbera posibilidade de concertar as mesmas.
8.- Establécese específicamente nesta parte dispositiva do laudo que a parte social, desiste e renuncia a tódalas accións, demandas ou recursos, presentados nas anteriores materias en calquera instancia, sometidas ó laudo.
O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdicción social nos termos establecidos no apartado 50 do artigo 24 do AGA.

Dado en Vigo, a 30 de decembro de 2011

O árbitro

José Mª Casas de Ron