ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 46/13

TERESA DÍAZ LÓPEZ, designada árbitro en acta de compromiso arbitral de data  01 de xullo  de 2013, subscrita  por parte da representación empresarial por  D. MARIA CRUZ RUBIO GARCÍA e D. ANTONIO LÓPEZ FERNÁNDEZ en  representación da empresa DAORJE MEDIOAMBIENTE, S.A  e por D. OSCAR SANTOME  LEMOS en representación da empresa  PLANTAS DE TRANSFERENCIA ZONA I e II –GESECO  e por parte da representación sindical por  D. JAVIER MIGUEZ  DOMINGUEZ  e  D. GONZALO VILLAR PIÑEREZ, delegados de persoal (UGT) e D. ROSA MARÍA ACUÑA SALGADO en representación da SEC. ORG. FES-UGT GALICIA,  en base ao establecido no  artigo 24 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA), visto o expediente e oídas as alegacións das partes, dita o presente

LAUDO

OBJETO DO  ARBITRAXE

O asunto sobre o que se solicita o arbitraxe ven motivado pola dificultade que supón, debido ás particularidades das Plantas de Transferencia, a aplicación do contido do artigo 15 “clasificación profesional”, do artigo 17 no relativo ao sistema de traballo -descanso 7-5, 7-5, 7-4; do artigo 18 “horarios e quendas de traballo”, e respecto ao artigo 35 o gravoso que resultaría a aplicación durante o ano 2013 da prima de produtividade e a prima mínima do 1%. Considérase que para a aplicación destes artigos sería necesario un incremento da plantilla  moi considerable.



Solicítase polas partes que o árbitro se axuste no  Laudo ditado a criterios de equidade.

ANTECEDENTES

De acordo ao artigo  26 do AGA, previa convocatoria por parte do Consello Galego de Relacións  Laborais, o día  01 de xullo do 2013  realizase a primeira reunión e fírmase o compromiso arbitral, constituíndose a Mesa.

Por parte da representación das empresas e da representación dos traballadores  formuláronse as propostas que consideraron convintes.

Por parte das empresas ponse de manifesto que a aplicación do contido do artigo 15 “clasificación profesional”, do artigo 17 no relativo a sistema de traballo -descanso 7-5, 7-5, 7-4; do artigo 18 “horarios e quendas de traballo”, e, respecto ao artigo 35 o gravoso que resultaría a aplicación durante o ano 2013 da prima de produtividade e a prima mínima do 1% requiriría un incremento da plantilla moi considerable, inasumible na actual situación.

A representación  dos traballadores recoñece as complicacións expostas pola representación das empresas para a aplicación dos artigos do convenio colectivo no termos indicados. Sen embargo, consideran que, en compensación á   non aplicación dos mencionados artigos, os traballadores deberían manter algunhas melloras que actualmente teñen  recoñecidas polo  convenio colectivo.

CONSIDERACIÓNS E FUNDAMENTOS XURÍDICOS

PRIMEIRO.- Habida conta que se solicita, e así se expresa a conformidade, a emisión dun laudo con criterios de equidade, o árbitro valora e pondera as pretensións de cada parte e  tense en conta o II Convenio Colectivo para as Plantas de Transformación de Galicia.

SEGUNDO.- A pretensión formulada pola empresa é a non aplicación do artigo 15 “clasificación profesional”, do artigo 17 no relativo ao sistema de traballo -descanso 7-5, 7-5, 7-4; do artigo 18 “horarios e quendas de traballo”, e respecto ao artigo 35 a non aplicación para o ano 2013 da prima de produtividade e da prima mínima do 1% .

Por parte da representación dos traballadores plantéxase que se manteñan as seguintes melloras, actualmente recoñecidas polo convenio colectivo:

-Complemento por IT en caso de enfermidade común ou accidente, ata alcanzar o 100%.

-Licencias: Ademais das contempladas no Convenio
• Un día de libre disposición ao ano
• O día do patrón
• A noite do 24 e 31 de decembro

-Aplicación a todos os traballadores da táboa salarial Anexa ao Laudo, que corresponde o turno pechado.

-Categorías laborais
Os ascensos  regularanse polo sistema actual

Por todas as consideracións apuntadas dita a seguinte

RESOLUCIÓN

1.-Procede a adopción das medidas propostas pola empresas da inaplicación de determinados artigos do Convenio Colectivo, concretado na non aplicación do artigo 15 “clasificación profesional”, do artigo 17 no relativo ao “sistema de traballo -descanso 7-5, 7-5, 7-4”; do artigo 18 “horarios e quendas de traballo”, e respecto ao artigo 35 a non aplicación para o ano 2013 da “prima de produtividade e a prima mínima do 1%”.

2.-En compensación, manteranse as seguintes melloras, actualmente recoñecidas polo convenio colectivo:

-Complemento por IT por enfermidade común ou accidente. A empresa estará obrigada a complementar ata alcanzar o 100% do salario e todos os complementos calquera que sexa a causa que de orixe á mesma.

-Licencias: Ademais das contempladas no convenio de aplicación, aplicaranse as seguintes:
• Un día de libre disposición ao ano
• O día do patrón, que se celebra o día 3 de novembro.
• A noite do 24 e 31 de decembro

-Aplicación a todos os traballadores da táboa salarial Anexa ao Laudo, que corresponde ao turno pechado.

-Categorías laborais
Os ascensos regularanse polo sistema actual. Aos traballadores que actualmente non as teñan regularizadas, aplicaráselles con efecto inmediato o día 1 de xaneiro de 2014, a categoría que segundo este sistema lle corresponda, salvo aqueles traballadores que actualmente teñan algunha reclamación en curso pola vía xurídica xa que a estes lles será de aplicación inmediata no momento que haxa unha sentencia favorable a elo.

A táboa anexa será de aplicación desde o día 1 de xaneiro de 2013 e os atrasos xerados desde o 1 de xaneiro de 2013 serán abonados á publicación do Laudo, non procederá a reclamación dos do ano 2012.
  


O presente Laudo poderá ser impugnado ante la Xurisdición Social de acordo con  punto 3 del artigo  27 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo.  

Dado en  A Coruña a 4 de xullo de 2013


O ÁRBITRO


Teresa Díaz López