ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 53/13

JOSE M° CASAS DE RON, designado árbitro segundo previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA), en Acta de constitución de arbitraxe de data 19.07.2013, polos partes en conflito na empresa INERGY AUTOMOTIVE SYSTEM, S.A. , resolve a cuestión plantexada ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.- En data 19.07.13, ante os problemas surxidos por discrepancias na valoración dos rendementos exixibles en diversas seccións ou departamentos da fábrica, as partes promoveron un procedemento do AGA, con fin de acodar unha solución a ditas discrepancias. Plantexadas éstas, ante o que suscribe, observouse que as mesmas consisten en diferenzas fácticas sobre rendementos, e no seu encuadre técnico-xurídico, polo que as mesmas acordan acollerse o Procedemento Galego de Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo para a cuestión referida cun estudio previo técnico e medición de tempos e análise do sistema de traballo.
A estes efectos, a representación legal dos traballadores establecería 9 postos de traballo significativos para o seu estudio e valoración. As conclusións deste estudio serán utilizadas polo árbitro o fin de basear no aspecto técnico o seu laudo, que terá eficacia de convenio colectivo, e que informaría ás partes do (exime e prazo para realizar dita valoración e estudio técnico.
Segundo.- As partes foron informadas hoxe mesmo das condicións de quen, a través do Servizo de solución de conflitos do Consello Galego de Relacións Laborais, realizaría o correspondente traballo técnico, as condicións de participación da representación empresarial e dos representantes dos traballadores, e o sistema de valoración que o árbitro designado empregaría a fin de ditar o seu laudo, resolvendo o conflito.
Terceiro.- Os representantes dos traballadores comunicaron ao árbitro asignado os nove postos de traballo nos seccións de soprado e mecanizado B9, soprado B78, e Montaxe liño M3, M4. A representación do empresa considerou axeitada a selección de postos efectuada polos representantes legais.
Cuarto.- Foi designado polo Servizo de solución de conflitos, o gabinete técnico dirixido polo enxeñeiro industrial D. José Busquets Gubau, que actuou xunto con outro técnico do seu gabinete, os días 17 e 18 de setembro de 2013, nos quendas de maña e de tarde, nos instalacións da factoría.
Quinto: O árbitro considera perfectamente cumpridas tódalas garantías establecidas no acordo galego e no estudio e medicións, na que estiveron presentes representantes dos traballadores e do dirección da empresa, presenza tamén que se mantivo no reunión previa de explicación do método de traballo e protocolos utilizados, que tiveron en canta tódalas técnicas para determinar as cantidades de traballo e o seu réxime, incluídos os tratamentos de coeficiente de fatiga e de necesidades persoais recomendadas polo OIT.
Sexto.- En función do antedito o árbitro fai seus o traballo, método e conclusións do difame pericial elaborado polo Gabinete dirixido polo Sr. Busquets, informe que obra no Servizo de Solución de Conflitos do Consello Galego de Relacións Laborais,
Sétimo.- Con data 14.10.2013, reúnese o árbitro coas partes, ao fin de que Ile puideran comunicar calquera tipo de cuestión antes da emisión do laudo. Estas manifestáronse no sentido de que todo se había disposto con corrección e sen que se apreciara incidencia algunha.
Oitavo: Sen perxuizo do estudo completo que obra no servizo de Solucións de Conflitos do AGA, o cadro resumo do estudio técnico realizado, é o seguinte referido aos pastos de traballo seleccionados na xuntanza antedita:



Noveno: Como conclusións en base aos anteditos cadros, sinalose o seguinte:
Dos nove postas de traballo valorados nos referencias da liño MI (montaxe depósito B9), e dos cinco operarios asignados á mesma, o numerado como numero 3, debe desenvolver un rimo de traballo superior ó correcto.
- No operación de soprado tubo B9 , MF I, o tempo establecido polo empresa e inferior ido procedente, segundo o estudio
- Na operación de mecanizado do depósito B9 diesel FAP o tempo establecido polo empresa é tamén inferior o que debería de proceder, unha vez efectuado o estudio, valoración e análise técnico.
- Nos seis postas de trabalo restantes estudados non se aprecio discordancia entre os tempos fixados e o onálise valorativo efectuado polo gabinete técnico.
En función de todo o antedito, dítase o seguinte laudo que ten a seguinte

PARTE DISPOSITIVA,

e no que hai que ter en canta aos efectos de cómputo de prazos, a necesidade dos estudos técnicos mentados, circunstancia esta que xa foi posta de manifesto ás dúos partes polo laudante:
1.- O pasto de traballo número 3 de montaxe depósito B9 ten que ser fixado un 4,19 % menos ó fin de establecer unha cadencia axeitada de ritmo de traballo,
2.- O pasto de traballo de mecanizado depósito B9 diesel FAP, ten que ser rectificado nun 2,16 %, ao fin de adecualo á cadencia axeitada.
3.- No posto de traballo sobrado tubo B9 MF1, o operario deberá desenrolar un ritmo corrixido nun 2,16 % a fin tamén de adecuarse ao valor esixible axeitado.
O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdición social nos termos establecidos no apartado 5° do artigo 24 do AGA.

Vigo, 18 de outubro de 2013

O árbitro                  

José Mª Casas Ron